productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

O Servizo de Hematoloxía do CHUVI en perigo Imprimir Correo-e
Luns, 07 Marzo 2011 07:49

leucemia-1O Servizo de Hematoloxía do CHUVI en perigo pola falta de compromiso da Xerencia.

O Servizo de Hematoloxía do CHUVI é un servizo punteiro do complexo hospitalario, que ten demostrada a súa alta cualificación ao ser o responsable de máis da metade dos transplantes de medula que se fan na comunidade autónoma.

A Dirección do CHUVI está a por dificultades para que esta actividade punteira siga a desenvolverse, cando se producen ausencias de profesionais non son substituídas e non permiten reorganizar o servizo para que se poidan seguir a facer, as medidas de reorganización que propón a Dirección imposibilitan a realización destes transplantes. Ademais, pola mesma razón de falta de profesionais, deixouse de realizar unha técnica analítica complexa que se realizaba con plenas garantías no servizo (citometría de fluxo)  e se contrata a súa realización cun laboratorio privado, co sobrecuste correspondente, o que levou á Dirección a restrinxir a realización destas probas.

Os problemas organizativos no servizo chegan a poñer en perigo a acreditación docente que permite formar profesionais da especialidade.

Os profesionais mais comprometidos co traballo asistencial do servizo veñen denunciando esta situación diante da Dirección, e propoñendo medidas para solucionar os problemas existentes, algunhas de tipo organizativo e outras con propostas de contratacións de profesionais, como o actual residente da especialidade que remata a súa formación en maio.

Desde CIG-Saúde queremos denunciar que esta actitude da Dirección do CHUVI supón un grave risco para a calidade da asistencia sanitaria que se presta á cidadanía, e pon en perigo prestacións punteiras que poden desaparecer desta Área Sanitaria sendo trasladadas a A Coruña ou Santiago.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info