productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

POLA LIBERDADE DE COLEXIACIÓN Imprimir Correo-e
Domingo, 20 Febreiro 2011 23:27

POLA LIBERDADE DE COLEXIACIÓN NAS PROFESIÓNS SANITARIAS

omc-candado-2

O Tribunal Constitucional declarou a suspensión cautelar da Lei 1/2010 de Colexiación Obrigatoria da Xunta de Galicia. Agora é preciso que o goberno central note que somos moitísimos os profesionais sanitarios que reclamamos que no desenvolvemento da Lei Ómnibus, que proximamente realizará o Parlamento Español, se inclúa a Colexiación Voluntaria.  ico_pdf

A suspensión cautelar da Lei 1/2010 que ven de establecer o Tribunal Constitucional, a instancias do Ministerio de Economía e Facenda do Goberno Central, implica que no momento actual a colexiación é voluntaria. A Lei 1/2010 aprobada polo parlamento galego a instancias da actual Xunta de Galicia, a principios de 2010, rematou coa liberdade de colexiación que existía con anterioridade, malia que os Colexios se empeñaran en negar esa realidade. Deste xeito, durante o ano 2010 e até agora, os licenciados e diplomados que facíamos asistencia sanitaria directa, estabamos obrigados por lei a pertencer ao correspondente colexio profesional.

A situación actual, de liberdade de colexiación é moi inestábel, pois en pouco tempo o Parlamento Español abordará o desenvolvemento da chamada Lei Ómnibus (A Lei 25/2009, BOE do 23 de decembro de 2009, transposición da Directiva Europea 2006/123/CE), onde se establecerá definitivamente o carácter voluntario ou obrigatorio da colexiación. No goberno central as posicións están divididas e, desgraciadamente, teñen un peso considerábel opinións, como a da Ministra de Sanidade, que defenden abertamente a colexiación obrigatoria.

CIGSaúde non se opón a existencia dos colexios profesionais, senón que defende que a colexiación ten que ser voluntaria. Parécenos aceptábel que grupos de profesionais consideren que é bo aglutinarse ao redor dun órgano corporativo, como é un colexio profesional, na procura dun mellor desenvolvemento e defensa dos intereses e valores da súa profesión. Máis esiximos que a pertenza a tal órgano corporativo sexa voluntaria, pois unha organización deste tipo, se a pertenza a ela é obrigada, forma parte dun modelo social, profesional e laboral que xa non ten nada que ver coa realidade actual.

Nesta situación, CIG‐Saúde considera que ten que facerse notorio o clamor dos miles de profesionais licenciados e diplomados que esiximos a liberdade de colexiación e, ente outras iniciativas, e en concordancia con iniciativas similares que están xurdido en Galiza e noutras zonas do estado, pedímoslles aos profesionais que envíen correos electrónicos, reclamando a liberdade de colexiación, aos enderezos do Ministerio de Economía e Facenda e do Ministerio de Sanidade‐Política Social e Igualdade:

Ministerio de Economía e Facenda: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Ministerio de Sanidade‐PSI: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Con este texto ou outro equivalente:

Considero que la pertenencia obligatoria a un colegio profesional es claramente injusta y contradictoria con la época en que vivimos. Por lo que les solicito que, en el desarrollo de la Ley Ómnibus, la pertenencia a los colegios profesionales sea declarada de carácter voluntario.

Alén do texto reclamando a liberdade de colexiación, no correo electrónico deben figurar o Nome, o DNI e a Profesión.


 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info