productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Adxudicada a construción e xestión do Novo Hospital de Vigo Imprimir Correo-e
Luns, 13 Decembro 2010 23:45

Polo seu interese publicamos a nota da Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo sobre a adxudicación polo Consello da Xunta do venres 10 de decembro do Novo Hospital de Vigo

Diante da adxudicación da construción e xestión do Novo Hospital de Vigo a unha Unión Temporal de Empresas, prevista para o Consello da Xunta de hoxe, a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo quere manifestar o seguinte:

A construción do Novo Hospital para a área sanitaria de Vigo é unha necesidade reclamada desde fai moito tempo por esta Plataforma.

O seu retraso supón unha importante discriminación para a cidadanía, xa que recibe unha sanidade pública de peor calidade e con máis listas de espera que a do resto do país.

A pesares disto, a noticia da súa adxudicación non supón unha boa nova para a Sanidade Pública, xa que o modelo de financiamento e xestión elixido, por unha decisión política, non técnica nin económica, supón unha clara hipoteca que condicionará o futuro da nosa área sanitaria e do conxunto da sanidade pública.

Este modelo de xestión xa ten demostrado que encarece o servizo público até limites insoportables, que abrirán a porta ao copago e a diminución da carteira de servizos, e suporá un negocio importante para as aseguradoras privadas.

Este modelo tamén ten demostrado que ofrece peor calidade na asistencia sanitaria que presta á cidadanía, xa temos exemplos claros e coñecidos por todos (e nunca desmentidos pola administración). A precarización e perda de postos de traballo e os criterios economicistas, de beneficio económico condicionando o beneficio social, terán consecuencias que acabaremos lamentando no próximo futuro.

A área Sanitaria de Vigo volve a ser utilizada para iniciar a privatización da Sanidade Pública, como xa se ten feito con anterioridade: MEDTEC, concerto singular con POVISA.

Con esta adxudicación xa temos claros os nomes dos futuros donos da Sanidade Pública da área sanitaria de Vigo, e que intereses defenderán; tamén en función de qué principios se fará a Planificación Sanitaria: pérdense os da sanidade pública, gañan os do mercado.

Vigo, 10 de decembro de 2010

Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info