productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Denunciamos a "Campaña" sobre o uso responsable da Sanidade Pública Imprimir Correo-e
Domingo, 12 Decembro 2010 23:17
HospitalPara a CIG-Saúde a campaña publicitaria posta en marcha pola Xunta de Galiza, sobre o uso responsable da Sanidade Pública, xunto coas “reportaxes” aparecidas nestes días na prensa, forman parte da resposta da administración á grande Manifestación do día 21 de novembro convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública.

Neste momento de crise económica, que se utilicen cartos públicos para dicirlle á cidadanía que ten que facer un uso responsable da Sanidade Pública, resulta, para a CIG-Saúde irónico, sobre todo por ser a propia Xunta a que está a facer un uso claramente irresponsábel ao tomar medidas que afectan á súa financiación e xestión e que poñen en grave risco a súa supervivencia. Ao clamor da cidadanía en defensa da Sanidade Pública a Xunta responde cunha campaña publicitaria pedindo un uso responsable.

Por iso, desde CIG-Saúde pedimos á Xunta que se aplique o seu eslogan e que faga un uso responsábel da xestión da Sanidade Pública, e que coas súas decisións políticas non hipotequen o sistema sanitario público até limites insoportábeis que o leven a tomar medidas como o copago e a limitación da carteira de servizos.

Facer un uso responsable da Sanidade Pública non é, para CIG-Saúde, pór en mans de intereses privados o coidado da nosa saúde, centrando a súa xestión na obtención de beneficios económicos, senón xestionar tendo en conta os intereses da cidadanía, contando cos profesionais e co único obxectivo de mellorar a saúde e calidade de vida da cidadanía.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info