productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Presentada en rolda de prensa SOS Sanidade Pública Imprimir Correo-e
Sábado, 16 Outubro 2010 11:04

"SOS Sanidade Pública" convoca unha Manifestación nacional en defensa da Sanidade Pública, o 21 de novembro en SOS-sanidadepublica-pequenoCompostela

Este venres, 15 de outubro, presentouse en Compostela a Plataforma “SOS Sanidade Pública”, na que están integradas todas as plataformas en defensa da Sanidade Pública comarcais, a Confederación de Asociacións Veciñais (COGAVE), as organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT e as organizacións políticas BNG e PSOE, ademais das asociacións, sindicatos e organizacións políticas e veciñais que forman parte das Plataformas comarcais.

Alén de denunciar o grave deterioro do sistema sanitario público galego, a plataforma alertou do perigo real de privatización que hai nestes momentos, diante das políticas que se están a pór en marcha desde a Xunta de Galiza. Por iso, fíxose un chamamento a participar masivamente na manifestación nacional convocada en Compostela o vindeiro 21 de novembro.

As Plataformas en defensa da Sanidade Pública agrupadas na plataforma Galega decidiron, o pasado 6 de outubro, constituír unha plataforma que sexa quen de dar resposta global á situación de perigo de desaparición da Sanidade Pública (SOS Sanidade Pública) e convocar unha manifestación en Compostela o día 21 de novembro de 2010.

Este acordo adoptouse logo de que a consellaría de Sanidade tomara dúas decisións que consideran que supoñen un punto de inflexión para o futuro da sanidade pública galega: reducir o orzamento sanitario e dar entrada ao capital privado no financiamento e xestión das novas infraestruturas sanitarias recorrendo a colaboración público privada (PFI ou Concesión de Obra Pública), seguindo o exemplo das comunidades de Valencia e Madrid onde tamén goberna o PP.

Decisións que foron xustificadas por mor da crise económica e a necesidade de reducir gastos buscando apoio no sector privado e que, segundo alertaron, teñen como resultado unha importante perda de calidade da atención que se presta desde o sistema sanitario, que xa comezan a padecer os usuarios e usuarias, que son todos os galegos e galegas.

Privatización do sistema público de saúde

No manifesto presentado en rolda de prensa denuncian que a política sanitaria da actual Xunta de Galiza está a deteriorar e facer inviábel economicamente o sistema sanitario público galego como paso previo á súa privatización.

As consecuencias desta política xa comezan a facerse patentes no atraso na apertura do hospital de Lugo, que leva anos terminado, facéndose o equipamento con capital privado e privatizando o servizo de lavandaría. Na privatización e atrasos na construción do novo hospital de Vigo e da ampliación do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Dúas obras que tiñan previsto un financiamento e construción a través da Sociedade Pública de Investimento, e que son agora entregadas ao sector privado, que asumirá o seu financiamento, construción e xestión (parcial) a través da fórmula de colaboración público-privada (PFI), que encarecerá entre tres e cinco veces o custo destas infraestruturas sanitarias.

O novo hospital de Vigo será bastante menos ambicioso en tamaño e servizos que o que inicialmente estaba previsto e, en Pontevedra, a ampliación do Hospital de Montecelo é substituída polo proxecto privatizador de Monte Carrasco. Ademais, xa se ten anunciado desde a consellaría a cesión ao sector privado dos novos recursos de alta tecnoloxía dos hospitais públicos, comezando pola radioloxía e os laboratorios.

Paralización dos Plans de mellora de Atención Primaria e de Saúde Mental

Xunto a estas medidas, o PP optou por abandonar o Plan Mellora de Atención Primaria que tiña previsto investir 62 millóns de euros en catro anos para resolver a masificación das consultas e a súa baixa capacidade resolutiva e por construír os novos centros de saúde con financiamento privado.

Ademais, abandonáronse o Plan de Saúde Mental, o Plan de Drogodependencias e da atención sanitaria, eliminouse a actividade dos hospitais pola tarde, desviando aos doentes a centros privados concertados, o que ten ocasionado un incremento das listas de espera.

Para a plataforma tamén é especialmente grave o anuncio do peche dos servizos de radioloxía de urxencia nos hospitais comarcais para concentralos nun só centro, afastando aos pacientes dos especialistas, limitando a realización de ecografías e substituíndoas por TACs, máis caros e que someten a radiación innecesaria aso doentes. “Os informes radiolóxicos pretenden que os fagan os radiólogos nos seus domicilios ou nas empresas privadas”, aseguran.

Na rolda de prensa tamén denunciaron o inicio do proceso de desmantelamento das areas sanitarias, necesarias para a planificación e a asignación equitativa dos recursos sanitarios e a anulación de todos os acordos alcanzados cos sindicatos nas Mesas Sectoriais que contemplaban melloras salariais e das condicións de traballo, volvendo aso contratos lixo.

SOS Sanidade Pública considera que Núñez Feijoo e o seu goberno saben que esta política é incompatíbel co mantemento da Sanidade Pública, xa que os seus enormes custos e o endebedamento asociados ao financiamento privado non poden ser asumidos, e menos nun contexto de crise, que reduce os ingresos da facenda pública. “A Xunta coñece perfectamente os sucesivos informes dos Tribunais de Contas de Valencia e Madrid, que denuncian o enorme endebedamento sanitario que leva á bancarrota a estas comunidades, por recorrer ao financiamento privado para os novos centros”.

O propio portavoz da plataforma, Manuel Martín, denunciou que estas políticas só favorecen “aos bancos, ás construtoras e ás multinacionais, que acabarán por apoderarse das sanidades públicas”.

Apoio da CIG

Neste sentido, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, que participou na rolda de prensa, asegurou que “é absurdo ir cara un modelo de xestión que aínda vai ser máis caro” e acusou aos distintos gobernos de afondar, coas políticas que están adoptando, no capitalismo neoliberal, promovendo o incremento de beneficios para o capital privado en detrimento do sistema público.

Seixo alertou de que camiñamos cara un modelo de sociedade máis inxusto e antidemocrático, porque “é o capital privado quen toma estas decisións” e asegurou que a CIG fará todos os esforzos necesarios para que a manifestación do 21 de novembro sexa multitudinaria.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info