Presentación da "Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública na Coruña" |
![]() |
![]() |
Xoves, 23 Setembro 2010 17:56 |
- Asociación Coruñesa de Fibromialxia e Fatiga Crónica (ACOFIFA), BNG, CCOO, CIG, Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e Área Metropolitana, PSdeG-PSOE, UGT e a Xunta de Persoal da Área de Saúde da Coruña. A Plataforma, por acordo dos seus membros constituíntes, quere ser un instrumento da cidadanía para a mellora da sanidade pública da Coruña. Explicitamente non é un instrumento de acción partidario e faise un convite a que calquera organización relacionada coa sanidade e que desexe unha sanidade pública forte, accesible, equitativa e eficaz e que estea de acordo con estes obxectivos se integre libremente na mesma. Os obxectivos da Plataforma son os seguintes: 1) O obxectivo xeral é a mellora da atención sanitaria na área de saúde da Coruña 2) No concreto esta Plataforma quere ser a) Un instrumento de información e de participación da cidadanía e de denuncia de todas as políticas e accións que ameacen a sanidade pública b) Un instrumento de promoción de accións de mellora así como de utilización da sanidade e dos centros sanitarios públicos da área de saúde da Coruña 3) Actuar de xeito coordinado coa Plataforma Galega de Defensa da Sanidade Pública para impedir a posta en marcha de políticas de privatización da sanidade pública 4) Na Área da Coruña a Plataforma está preocupada prioritariamente, en concreto, por: a) A ralentización das obras do Plan Director do Hospital Universitario da Coruña. b) As excesivas listas de espera de todas as especialidades médicas e cirúrxicas e de realización de probas diagnósticas. c) A paralización do Plan Estratéxico de Saúde Mental. d) A Paralización do Plan de Mellora de Atención Primaria. e) O recorte de prazas de persoal en todas as categorías da sanidade pública. f) A previsión de financiamento privado dos novos centros de saúde. Estaban presentes, polas organizacións constituíntes, as seguintes persoas: - Asociación Coruñesa de Fibromialxia e Fatiga Crónica: Manuel Vázquez Cela, Vicepresidente da Asociación (ACOFIFA); - BNG: Ramón Veras Castro, Responsable da Comisión Nacional de Sanidade do BNG; - CCOO: Xosé M. Lado Lestón, Secretario Xeral U.C. de CCOO da Coruña; - CIG: Paulo Carril Vázquez, Secretario Xeral da Unión Comarcal de A Coruña; - Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e Área Metropolitana: María Luisa Varela Insua, Presidenta da Federación; - PSdeG-PSOE: José Manuel Dapena Varela, Secretario de Medio Ambiente y Secretario Adjunto de Organización de la agrupación local de A Coruña; - UGT: José Carrillo Souto, Secretario Xeral da Unión Comarcal de UGT Coruña; - Xunta de Persoal da Área de Saúde da Coruña: María Jesús Seijo García, Presidenta da Xunta de Persoal. |