productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2017

Orde Conf. Nóminas

2017

Orde Nominas 2017

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

CIG-Saúde e a Carreira Profesional Imprimir Correo-e
Venres, 06 Xullo 2018 14:19

CIG-SAÚDE apoia o documento de carreira profesional pactado na Mesa Sectorial do SERGAS

Compostela, 6 de xullo de 2018.- Despois de 8 meses de negociación na mesa sectorial, mobilizacións e folga,  desde a CIG-SAÚDE conseguimos superar as limitacións que había na negociación da carreira, condicionada pola acta asinada polo resto das organizacións sindicais de mesa sectorial, que non incluía ao persoal interino na carreira, condicionaba o valor económico do complemento de carreira ás dispoñibilidades orzamentarias e limitaba o acceso excepcional a un só grao retribuído.


A CIG-Saúde soportou a intención dalgunha Organización Sindical, que pretendía que a Admón nos deixase fóra desta negociación, e que só negociase coas/os asinantes da acta. Tamén houbo de soportar unha campaña baseada en argumentos absurdos e claramente demagóxicos que xa forman parte da campaña electoral para as eleccións sindicais do 2019, sen que puideramos observar a mesma combatividade na negociación da Carreira na Mesa Sectorial.

O logro das medidas que se recollen neste acordo é froito do traballo sindical da CIG-SAÚDE e das/os traballadoras/es. O persoal, coa información que as/os delegadas/os lle facían chegar, apoiaron as mobilizacións, que en solitario convocaba a CIG-SAÚDE, para que se producira unha verdadeira negociación de carreira.

Estes son os motivos polos que desde a CIG-SAÚDE decidimos asinar este documento de Carreira Profesional:

1.- Por contar co apoio das/os trabalaldoras/es que formaron parte desta negociación coa súa participación nas mobilizacións convocadas pola CIG-SAÚDE.

2.- Por conseguir negociar un único documento de carreira profesional para todas as categorías, a diferencia do réxime extraordinario, que se cobrou con anos de diferencia segundo as categorías.

3.-Por ter superado as limitacións iniciais na negociación, que foran aceptadas nunha acta asinada polo resto de organizacións sindicais da Mesa Sectorial:

  -Porque a carreira ordinaria inclúe ao persoal interino que quedaba fóra.

  -Porque o valor retributivo  do grao  desta carreira é o mesmo valor que o do réxime extraordinario.

  -Porque o persoal vai acceder a 2 graos de carreira de xeito excepcional.

4.- Porque se establece un sistema de carreira ordinaria sen cupos, todo o persoal poderá acceder a carreira.

5.- Porque o SERGAS con este acordo restitúe un dos acordos suspendidos desde o ano 2010.

CIG-Saúde recoñece que esta carreira asinada non recolle o 100% das súas reivindicacións, pero cando negociamos sabemos que é moi difícil chegar ao 100%, e pensamos que este documento asinado é un paso positivo para o conxunto das traballadoras e traballadores e para o desenvolvemento da sanidade pública do futuro.

Agora todas as organizacións apuntaranse a isto, mais agardamos que reflexionen sobre a acta que asinaron, que dificultou esta negociación.

O esforzo negociador da CIG-Saúde conseguíu que o SERGAS incremente a Masa Salarial destinada á Carreira Profesional en máis do dobre do previsto inicialmente.

Este recoñecemento ao persoal é imprescindible para poñer en valor o esforzo dos/as traballadoras ao longo destes últimos 8 anos, tanto no ámbito económico como no laboral.

Cadro do valor do grao:
Carreira-cantidades

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info