productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2017

Orde Conf. Nóminas

2017

Orde Nominas 2017

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

O 1 de decembro cambia a Xestión da IT Imprimir Correo-e
Luns, 09 Novembro 2015 15:26

CAMBIOS NA XESTIÓN DA INCAPACIDADE TEMPORAL A PARTIR DO 1 DE DECEMBRO ico_pdf

O Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo, polo que se regulaban determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros 365 días da súa duración, introduciu modificacións na xestión da Incapacidade Temporal. O maior cambio que traía ese Real Decreto versaba sobre a expedición dos partes médicos de baixa, de confirmación e de alta. Para desenvolvelo ditouse a Orde ESS/1187/2015, de 15 de xuño, que regula con máis detalle os procesos de tramitación, expedición e funcionamento destes partes médicos, así como o control das situacións de incapacidade temporal. Esta Orde entrará en vigor o 1 de decembro de 2015.

O primeiro a destacar desta Orde é a introdución de novos modelos de partes médicos de baixa/alta e de confirmación da incapacidade temporal, os cales se poden ver nos seus anexos. Doutra banda, tanto o Real Decreto como a Orde clasifican os procesos de IT segundo a súa duración e en base a esta duración estimada (a estimación farase con referencia a unhas táboas elaboradas en función das estatísticas dos últimos anos) establécese cando deben expedirse os partes de confirmación da baixa médica:

PARTE DE BAIXA.

O persoal facultativo terá que escribir a duración estimada do proceso e as baixas clasificaranse en función desa duración:

• moi curta: inferior a 5 días naturais

• curta: de 5 a 30 días naturais

• media: de 31 a 61 días naturais

• longa: mais de 61 días naturais

PARTE DE CONFIRMACIÓN.

Dependendo da duración:

·         Baixas de moi curta duración. O/A traballador/a non terá que ir recoller a alta. O persoal facultativo emite a baixa e a alta no mesmo parte médico. O/A traballador/a poderá solicitar recoñecemento médico para o día da alta, se considera que non está inda recuperado/a.

·         Baixas de máis de 5 días. No parte de baixa sempre figurará a data da próxima revisión.

         •        Curta - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 14 días

         •        Media - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 28 días

         •        Larga - 1º parte máximo 14 días, 2º e sucesivos 35 días

Modificación ou actualización do diagnóstico. Emitirase un parte de confirmación co diagnostico actualizado, a duración estimada e a data de revisión.

Cambio de Servizo Público de Saúde que presta servizos. Emitirase un parte de confirmación no que se recolla o novo servizo e a data da próxima revisión.

PARTE DE ALTA.

Pode ser por curación, melloría, recuperación da capacidade laboral, proposta de incapacidade permanente, inicio da situación de maternidade, ou comparecencia a revisión médica.

TRAMITACIÓN DOS PARTES ALTA/BAIXA E CONFIRMACIÓN.

Presentación na empresa pola persoa traballadora:

·         Parte de baixa e confirmación, en 3 días a partir da data de emisión.

·         Parte de alta, dentro das 24 horas seguintes á emisión.

·         IT de moi curta curación, parte de baixa/alta dentro das 24 horas da data de alta. Se a/o facultativa/o emite o 1º parte de confirmación (se se solicita revisión e a/o facultativa/o estima que non pode haber alta), dentro das 24 horas da emisión.

Desde a CIG-Saúde denunciamos que na tramitación do marco legal da regulación da xestión das Baixas Laborais non se escoitou as e os profesionais e non se teñen en conta os dereitos das e dos pacientes.

Diante da entrada en vigor da reforma están aínda moitos aspectos sen aclarar, como quen e en que momento ten a competencia para emitir a baixa, e en que condicións se fai o seguimento. Tampouco están dispoñibles as táboas de tempos medios de duración das baixas en función dos diagnósticos e das condicións dos postos de traballo, táboas que, ademais, non poden condicionar a capacidade do profesional para establecer a duración da baixa.

Coa posta en marcha desta reforma increméntase a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria coa elaboración de informes repetidos que non garanten un mellor seguimento clínico das e dos pacientes e que só ten xustificación na presunción, non xustificada, de fraude xeneralizado por parte das traballadoras e traballadores.
 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info