productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Nova especialidade de Farmacia Hospitalaria e de Atención Primaria Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Febreiro 2013 22:22

A AgM-CIG propón unha vía excepcional de acceso á nova especialidade de Farmacia Hospitalaria e de Atención Primaria.
 

Farmacia-AtencionPrimaria      O 14 de febreiro rematou o período de alegacións ao Proxecto de Real Decreto (RD) polo que se regula a Troncalidade ...”. Nese proxecto, o Ministerio introduciu o cambio de nome da até agora denominada Especialidade de Farmacia Hospitalaria, que pasará a denominarse Especialidade de Farmacia Hospitalaria e de Atención Primaria.

      Na Galiza, alén da Categoría Profesional de Farmacia Hospitalaria, existe tamén a Categoría Profesional de Farmacia de Atención Primaria, cada unha delas coa súa OPE específica. Os Farmacéuticos de Atención Primaria (FAPs) do SERGAS son máis de 70, traballan directamente nos Centros de Saúde e, na súa grande maioría, non están en posesión do actual título de especialistas en Farmacia Hospitalaria, e son propietarios das súas prazas, após da correspondente OPE.

      O cambio de denominación da especialidade deixa aos FAPs non especialistas nun limbo legal que consideramos que non é positivo, e que coidamos debe resolverse. Por iso propoñemos a habilitación dunha vía especial de acceso destes profesionais á nova especialidade, o que concretamos na presentación do documento Alegacións de CIG-Saúde ao Proxecto de RD de troncalidade relacionadas co cambio de denominación da Especialidade de Farmacia Hospitalaria, que o 13/02/2013 remitimos ao Ministerio.

      Na Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) somos conscientes de que a proposta que facemos será mal recibida por algúns sectores dos farmacéuticos hospitalarios especialistas e, tamén, dos FAPs non especialistas; porén consideramos que é a nosa obriga facela. CIG-Saúde sempre defendeu e sigue defendendo o sistema MIR/FIR, e diante de posíbeis conflitos interprofesionais, a nosa obriga como sindicato é ofrecer e defender solucións que, partindo desa defensa do sistema MIR/FIR, teña como principal obxectivo defender os intereses globais do sistema sanitario público. Iso é o que pretendemos coa nosa proposta de que no RD se inclúa unha Disposición Transitoria que abra unha vía excepcional de acceso á nova Especialidade de Farmacia Hospitalaria e de Atención Primaria, para os actuais FAPs non especialistas.

       A vía especial de acceso ao novo título que propoñemos, deberá estar aberta para aquelas persoas que acrediten un tempo mínimo de traballo profesional como farmacéuticos/farmacéuticas de AP. Ademais esa vía especial, ficará aberta só durante un tempo limitado, esixirá a realización dun programa de formación regrado, cun tempo formativo mínimo acreditado, así como a realización dunha proba obxectiva (similar á ECOE) dirixida a demostrar a pertinente competencia. Como é evidente, trátase dunha solución moi similar á que, no seu momento, permitiu resolver o problema do acceso dos médicos pre-95 ao título de Especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info