productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

SOLIDARIZARNOS CON MADRID, É DEFENDER O NOSO Imprimir Correo-e
Luns, 14 Xaneiro 2013 20:29

SOLIDARIZARNOS CON MADRID, É DEFENDER O NOSO. 

Mani-Madrid    Despois do parón do Nadal, os facultativos e facultativas madrileñas están relanzando a súa loita e, para dentro dunhas semanas, están convocadas novas folgas contra a salvaxe privatización do sistema sanitario madrileño que lles pretende impoñer.

   Até agora, a loita dos e das traballadoras da sanidade pública madrileña, ten contado coa simpatía da grande maioría das e dos facultativos galegos. Sen embargo, esa simpatía non se ten aínda concretado en medidas de solidariedade tanxíbeis con eles, que fagan evidente que a súa e tamén a nosa loita. Malia que é bastante evidente que, no caso de que a “batalla de Madrid” remata coa vitoria dos partidarios da privatización, temos moitas posibilidades de que despois pretendan aplicar esas medidas en Galicia. Na opinión da Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG), os e as facultativas galegas deberíamos topar a forma de facer evidente a nosa solidariedade cos nosos colegas madrileños, na plena consciencia de que, se eles perden, os seguintes somos nos.

     O goberno de Nuñez Feijoo xa ten demostrado que está pola privatización do sistema sanitario público galego, e aí están para demostralo a súa aposta para construír, con modelo PFI, os novos hospitais de Vigo e Pontevedra, así como numerosos centros de saúde. Que ninguén dubide de que o que até agora teñen presentado é só o seu programa mínimo e que, como gañen a “batalla de Madrid” existe unha elevada probabilidade de que tamén aquí tenten levar adiante o seu “programa máximo”, promovendo a privatización con moita maior forza. E non debemos esquecer que, se avanza a privatización, alén de que supoñerá un deterioro na calidade asistencial, a nós tamén nos afectará fortemente: teremos que soportar fortes presións para que renunciemos ao vínculo estatutario e aceptemos a laboralización, pois nos ameazarán con trasladarnos se nos negamos a facelo (a existencia de área única semella dar pé a ameaza); ademais, se profundizará moito máis o proceso de deterioro das nosas condicións retributivas e laborais pois a privatización leva aparellada unha redución de salario e unha clara precarización das condicións de traballo.


Saír da parálise!!,   Solidarizarnos con Madrid!!,   Defender a Sanidade Pública!!,  

é a mellor maneira de defendérmonos.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info