productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

VERGOÑA E PRIVATIZACIÓN Imprimir Correo-e
Domingo, 13 Xaneiro 2013 22:21

Güemes e a indignidade dunha “Porta Xiratoria” que compre pechar.

Vergoña para quen o practica e para aqueles que o xustifican.

giratoria1O espectáculo que están dando determinados políticos, fundamentalmente do PP, usando o seu paso pola dirección dos servizos públicos en beneficio dos seus intereses na empresa privada (a “Porta Xiratoria”), non debe quedar impugne e debe ser legalmente imposibilitada. Unha lei de incompatibilidades que o impida, debe ser unha medida de hixiene democrática que todas as persoas honradas deberían apoiar.

A desvergonza do marido da inefable Andrea Fabra (que se fodan!!), exemplifica claramente cales son os motivos reais do proceso de salvaxe privatización que está sofrindo o sistema sanitario madrileño. E non debemos ser inxenuos, se triúnfan en Madrid, van tentar repetir a operación co sistema sanitario público galego. A batalla de Madrid tamén e nosa.

A empresa da que é conselleiro Juan José Güemes quédase coa xestión das análises clínicas que él mesmo privatizou. O exconselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid forma parte desde agosto do consello de administración da empresa sanitaria Unilabs, integrada no grupo Capio. Unilabs acaba de comprar o 55% da Unión Temporal de Empresas á que o propio Güemes, sendo Conselleiro de Sanidade, adjudicou o servizo público de análises en seis hospitais madrileños. Son os seis centros cuxa xestión sanitaria quere privatizar proximamente a Comunidade de Madrid. Cadena Ser.

Unha empresa de Güemes integrada en Capio vai lucrarse da privatización que él mismo aprobou. O exconselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid pertence a Unilabs, quen ven de mercar o 55% da empresa á que Güemes adxudicou o servizo público de análise nos seis hospitais que quere privatizar o goberno madrileño. Publico.es.

A porta xiratoria entre a sanidade pública e a privada. Manuel Lamela ya creó la mercantil Madrid Medical Destination tras abandonar el cargo de consejero de Sanidad de Madrid. El País, 12/01/2013.

Non somos ninguén. Manolo Rivas comenta o fenómeno da Porta Xiratoria. El País 12/01/2013.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info