productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Xoves 17 de xaneiro: concentracións nas principais cidades. Imprimir Correo-e
Venres, 11 Xaneiro 2013 19:50

A totalidade das Organizacións Sindicais con representación no Sector Público convocan concentracións nas principais cidades, o próximo xoves 17 de Xanerio, as 19 horas, rexeitando as medidas do Goberno contra as traballadoras e traballadores públicos.

Convocan:  CIG; CCOO; UGT; CSI·F; CESM; OMEGA; SATSE; USAE; STEG; ANPE; USO; USTG; CGT; STAJ; SIAT; ACAIP.


As comedicosNonRecortesncentracións terán lugar nos seguintes sitios:

A Coruña: Delegación do Goberno.

Santiago: Praza do Toral

Ferrol: Praza de España.

Pontevedra: Subdelegación do Goberno.

Vigo: Museo MARCO

Ourense: Subdelegación do Goberno.

Lugo: Subdelegación do Goberno.


 
Manifesto da Convocatoria.



As Organizacións Sindicais con representación no Sector Público autonómico rexeitan as medidas do Goberno

      Dende o inicio da crise económica, no ano 2009, os Servizos Públicos e empregados/as Públicos, vivimos un permanente acoso que pretende a fin do Estado de Benestar que construímos con permanentes loitas e conquistas que fomos conseguindo ao longo de moitos anos.

       Esta agresión que os Empregados/as Públicos sufrimos pódese resumir nun case estado de excepción, no que se nos nega a negociación das relacións laborais sendo sometidos a un agresivo frenesí normativo que dita por decreto as nosas condicións de traballo, reducindo progresivamente os dereitos adquiridos ao longo de décadas. A salientar:

1.    Rebaixa salarial anual nunha media do 5%, en determinadas categorías de ata o 9%, no 2010 (RD Lei 8/2010), cun IPC do 2,9%. Ao tempo utilizábase como coartada que a porcentaxe de empregados/as públicos, dun 9,5%, era elevada obviando que a media da UE era do 16%, cun altísimo crecemento do emprego público dun 1% na última década, para unha poboación que medraba en 6 millóns de persoas. Tamén se esquecen que somos o país da UE que en termos porcentuais menos investimento efectúa no emprego público tal e como reflicte o elevado número de traballadores e traballadoras que son mileuristas.

2.    Conxelación salarial no 2011, que levou aparellada a conxelación de Ofertas de Emprego Público (Lei 39/2010, de Orzamentos Xerais do Estado), cun IPC do 2,4%.

3.    Supresión de dereitos e acordos sobre xornada laboral (RDL 20/2011), e outros dereitos como as achegas aos plans de pensións.

4.    Implantación da xornada mínima anual de 37,5 horas en todas as Administracións, (Lei 2/2012, de Orzamentos Xerais do Estado), nova conxelación salarial, mantendo pagas extraordinarias reducidas e abundando na imposibilidade de incrementar as taxas normais de reposición de efectivos.

5.    Reforma Laboral, RD Lei 3/2012, que introduce o despedimento colectivo e individual do persoal laboral do sector público, por causas económicas, técnicas e organizativas. Expedientes que soamente poden ser de extinción de posto de traballo, non de redución de xornada ou suspensión temporal de contrato.

6.    Supresión de días adicionais de vacacións. Reducen os días de asuntos propios (APs) que pasan a ser unicamente 3 ao ano. Supresión da paga extraordinaria do Nadal (o que significa un 7% de redución salarial anual). Supresión dos acordos e pactos de dereitos sindicais. Anúlase a posibilidade de xubilación parcial dos funcionarios, así como as melloras económicas en IT, RD Lei 20/2012, e Lei 1/2012 Galicia.

   Como novo ataque aos empregados/as públicos elabórase un anteproxecto de Lei que reduce o salario o 4% para o ano 2013, minorando as pagas extraordinarias nun 40%.       

   Por iso, dicimos basta, xa abonda, e rexeitamos esta nova medida en contra dos empregados/as públicos de Galicia, que sumará unha perda en tres anos de máis do 20% de salario, e convocamos mobilizacións que terán, como primeira medida, concentracións nas sete comarcas o día 17 de xaneiro as 19:00 horas.


CIG; CCOO; UGT; CSI·F; CESM; OMEGA; SATSE; USAE;

STEG; ANPE; USO; USTG; CGT; STAJ; SIAT; ACAIP.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info