productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

A OMC protagoniza unha operación de marketing a favor de Núñez Feijoo Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Decembro 2012 23:21

medicos-madrid-recortes Diante das informacións aparecidas na prensa sobre o informe “Profesión médica e reforma sanitaria” solicitado polo presidente da Xunta, e entregado este luns polo presidente da Organización Médica Colexial (OMC), a Agrupación Médica de CIG Saúde quere que @s facultativ@s e o conxunto da poboación coñezan a súa valoración do sucedido:

1.  Estamos diante dunha operación de imaxe a maior gloria dun Núñez Feijoo quen, na introdución do documento asinada polo presidente estatal da Organización Médica Colexial (OMC), é louvado e posto como exemplo de boa xestión en época de crise e recortes, nunha clara e extemporánea demostración de que, entre outras cousas, o señor Rodríguez Sendín ten un coñecemento escaso das políticas reais que ven aplicando o goberno do Sr. Feijoo a prol da privatización da sanidade pública galega.

2.  O Sr. Feijoo quere dar unha imaxe de si mesmo máis “centrista” e o presidente da OMC colabora entusiastamente nesa operación. O presidente da Xunta quere desmarcarse da imaxe cavernícola, por servil aos intereses privatizadores que, noutras CCAA, proxectan os sectores máis integristas do seu propio partido, sectores polo demais con importantes vencellos persoais cos grupos económicos da sanidade privada. Non sorprende que nesa operación de maquillaxe participen os máximos dirixentes de algún dos colexios de médicos galegos máis vinculados ao PP e que participaron no fiasco que, desde o punto de vista da eficiencia significaron as novas formas de xestión xa ensaiadas e fracasadas en Galiza (fundacións hospitalarias, Medtec, ...). Sorprende máis a presenza doutras organizacións colexiais de ámbito provincial que queremos pensar que non eran plenamente conscientes de que estaban sendo utilizadas.

3.  O persoal da sanidade madrileña está loitando para evitar a salvaxe privatización da sanidade pública que o goberno de Madrid pretende levar a cabo. O apoio a esta loita, na que o persoal facultativo está a xogar un importante papel, debería ser a prioridade das organizacións médicas profesionais e sindicais. Todas as organizacións médicas madrileñas, científicas, profesionais e sindicais téñense manifestado en contra da brutal privatización que nesa CC.AA. pretende efectuar o PP. En Madrid están tentando aplicar o “programa máximo” e, desmarcándose do que pasa alí, o Sr. Feijoo pretende poñerse un fardel de moderado que non lle corresponde. A política sanitaria que ven aplicando o goberno galego, é tamén claramente privatizadora da sanidade pública, como se pon claramente de manifesto nas propostas de construción con modelos de financiación público-privada (PFI) dos novos hospitais públicos de Vigo e Pontevedra e dun bo número de centros de saúde, modelos que a experiencia amosa que son claramente ineficientes.

4.  Cómpre termos claro que, se a política sanitaria do goberno galego semella mais moderada que a que está incendiando a sanidade madrileña, isto é debido fundamentalmente ás importantes mobilizacións en defensa da sanidade pública que se desenvolveron en Galiza nos últimos anos, promovidas fundamentalmente pola plataforma unitaria “SOS Sanidade Pública”. Nesas mobilizacións en defensa do sistema sanitario público galego é imprescindible incrementar a presenza do persoal médico como grupo profesional.  A solidariedade c@s nos@s colegas madrileñ@s, que están loitando man a man co resto de persoal, pode ser un excelente campo para facernos oír como médic@s e dar un salto cualitativo na implicación do persoal facultativo galego na loita en defensa da sanidade pública e contra a súa privatización.

5.  No que fai o informe en si, debe sinalarse que contén algúns elementos interesantes e outros nos que estamos en desacordo, mais debe ficar claro que representa so a opinión dos seus 10 redactores, e en todo caso do presidente da OMC e da cúpula estatal dos colexios de médicos. Desde logo non representa a opinión d@s facultativ@s galeg@s, que non tivemos participación ningunha na súa elaboración.

6.  Desde unha perspectiva estritamente sindical, como Agrupación Médica de CIG-Saúde, queremos deixar absolutamente claro que non compartimos para nada unha pretendida disposición d@s facultativ@s a aceptar reducións salariais como propón o documento. As condicións salariais dos traballadores e traballadoras da sanidade pública, incluídas as do persoal facultativo, son por lei competencia da negociación entre a administración e os sindicatos, e a OMC e os colexios de médicos deberían de ser máis escrupulosos e respectuosos coas organizacións sindicais e evitar meterse en aspectos que non son da súa competencia.


Ver Nota de Prensa  ico_pdf

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info