productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

MOBILIZATE CONTRA O SAQUEO AO QUE NOS SOMETE O GOBERNO DO PP Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Outubro 2012 11:06

urna2VOTA O 21 DE OUTUBRO, DILLE A FEIJOO QUE NON!!


Non consintas que os mercados e as políticas neoliberais nos convertan en escravas/os dos seus intereses. A súa avaricia non ten límites, e para isto contan co apoio e a complicidade de FEIJÓO E DE TODO O PARTIDO POPULAR.

Non podemos permitir que mentres hai cada día máis ricos/as, e aumenta a súa riqueza, o resto do pobo nos quedemos sen traballo, sanidade pública, educación, servizos sociais...

Qué compensación están a recibir o Sr FEIJÓO e o seu goberno por condenar ao pobo Galego a límites de pobreza extrema  destruíndo os servizos públicos e o estado de benestar?

Desde CIG-SAÚDE queremos enumerar algunhas das medidas que o goberno do PP implementou na Galiza para conseguir o seu obxectivo: “desmantelamento da sanidade pública para vendela ao mellor postor”.


Entre outras, estas son as medidas que “avalan” ao goberno de Núñez Feijóo


1.- No 1º ano de goberno  o Partido Popular reduciu  en máis de 300 millóns de euros o orzamento destinado a sanidade.

2.- Feijóo e o PP iniciaron unha campaña pública de desprestixio de traballadores/as: “Esta panda de vagas/os que reciben un soldo inmerecido”.

3.- Incrementou a xornada laboral. Suprimiu días de libre disposición e permitiu a supresión de días adicionais de vacacións, e días de antigüidade do E.B.E.P.

4.- Eliminou postos de traballo impoñendo a taxa de reposición do 10%, de cada 10 persoas que se xubilen só se cubrirá unha praza.

5.- Incrementou o número de camas pechadas durante os meses de verán. Co incremento exponencial das listaxes de espera, e redución da contratación para a cobertura de vacacións.

6.- Reduciu a contratación do persoal eventual, non se cobren as ausencias do persoal: días libres, incapacidade laboral, xubilacións...

7.- Suprimiu o complemento retributivo en situación de Incapacidade Temporal, instaurando un verdadeiro “imposto á enfermidade”.

8.- Eliminou o Plan de Mellora da Atención Primaria. Deixáronse sen cubrir 1049 postos de traballo que xa estaban orzamentados.

9.- Eliminou o Plan Galego de Saúde Mental. Deixáronse  sen cubrir 154 postos de traballo que xa estaban orzamentados.

10.- O Plan Galego de Condutas Adictivas (drogadicción) sufriu unha redución orzamentaria de máis de 1.400.000€.

11.- Introduciu no SERGAS do modelo de financiamento privado, modelo PFI. Privatización pura e dura da sanidade pública.

12.- Repago da asistencia sanitaria. Copago  farmacéutico para as/os pensionistas.

13.- Eliminou, por Decreto, o dereito a ter unha sanidade, pública, universal, gratuíta e de calidade.


Ademais disto, unha vez se celebren as eleccións do día 21, o Partido Popular aprobará no Consello Interterritorial o pago por:

- Transporte sanitario para as/os doentes que teñan que recibir asistencia oncolóxica, diálise, rehabilitación.


- Realización das mamografías solicitadas pola/o médica/o ante a sospeita dun cancro.


De todas estas medidas síntese orgulloso o Sr Feijóo. Desde CIG-SAÚDE preguntámonos:

- Como se pode presumir de precarizar a sanidade pública?

- Como se pode presumir de precarizar as condicións de vida das/os pensionistas, obrigando a pagar polos medicamentos?

- Como se pode presumir de deixar sen asistencia sanitaria a algunhas persoas?

- Pode haber algo máis inhumano que non atender a unha persoa cando esta enferma?

A túa mellor ferramenta para cambiar a situación, votar o 21 de outubro.

Digámoslle a Feijóo que NON!

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info