productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Os Medicamentos Xenéricos e o Real Decreto 16/2012 Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Xullo 2012 13:11

pilulas1 CIG-Saúde ven de dirixir un escrito á Conselleira de Sanidade amosando a preocupación pola situación creada pola aplicación do R.D 16/2012, no referente á prescrición de Medicamentos Xenéricos e os problemas denunciados polo Colexio de Farmacéuticos de Ourense, pedíndolle a Rocío Mosquera que asuma as súas responsabilidades e esixa ao Ministerio de Sanidade que á súa vez cumpra e faga cumprir coas súas.   ico_pdf

Rocio Mosquera Álvarez.
Conselleira de Sanidade.

Diante da situación denunciada polos Colexios Profesionais de Farmacéuticos e a alarma creada entre os/as pacientes e os/as médicos/as que asumen a responsabilidade da prescrición dos medicamentos, CIG-Saúde quere manifestar á opinión pública a súa preocupación pola situación creada pola aplicación do Real Decreto 16/2012, que ten un claro fin economicista, e que parece non ter en conta as necesidades de seguridade e garantía nin de pacientes nin de profesionais relacionados co medicamento.

É responsabilidade do Ministerio de Sanidade a valoración dos estudos de bioequivalencia completos, onde conste o país de realización, os equipos científicos responsables, os comités éticos implicados, o número de pacientes incluídos nos estudios e os resultados finais, antes de autorizar a comercialización dun medicamento como xenérico, en referencia a outro que xa está no mercado. Tamén é a súa responsabilidade o establecemento de mecanismos de control de calidade que permitan garantir a trazabilidade dos principios activos e a calidade dos procesos de fabricación.

Para dar resposta ás dubidas xeradas non chega cunha nota da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), na que se limita a recordar a normativa aplicable á autorización dos medicamentos, xenéricos ou non, no Estado, senón que é preciso responder cos estudos científicos que permitan aclarar que se cumpriu toda a normativa, á que fai referencia a nota, no caso dos laboratorios postos en cuestión.

Ten que quedar fora de toda dubida que, máis alá das batallas comerciais e do interese do Ministerio e da Consellería de Sanidade de recortar o gasto farmacéutico, están os dereitos dos/as pacientes a ser tratados/as cos principios activos prescritos polos seus/súas médicos/as e fabricados nas condicións establecidas nas Normas de Correcta Fabricación (NCF) aplicables na Unión Europea.

Tamén é obriga da administración sanitaria garantir a continuidade dos tratamentos prescritos, para evitar que os diferentes modelos da embalaxe  e da forma, de tamaño e de cor das cápsulas e comprimidos dificulten a continuidade do tratamento nos enfermos crónicos.

Vostede, como Conselleira de Sanidade de Galiza, tén a obriga de esixir do Ministerio de Sanidade que cumpra e faga cumprir as súas responsabilidades nestas materias, para garantir a seguridade da poboación que confía nas autoridades sanitarias e na vixilancia e control adecuados dos medicamentos que se lle dispensan.

CIG-Saúde solicita da Consellería de Sanidade unha pronta resposta que clarifique esta situación, e que valore a posibilidade de ir máis alá na normativa de medicamentos xenéricos e que se obrigue aos laboratorios fabricantes a manter a homoxeneidade no aspecto da embalaxe e a forma, tamaño e cor das cápsulas e comprimidos.



Un saúdo.

Compostela,19 de xullo de 2012.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info