productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Crónica dunha Elección Amañada Imprimir Correo-e
Domingo, 15 Xullo 2012 22:33

O sectarismo e parcialidade do tribunal para elixir ao Xefe de Servizo de Psiquiatría do CHOP, resultou escandalosa.

Law1      No momento de redactar esta nota aínda non se coñece o “veredicto” do tribunal. Máis o acontecido, na presentación pública dos Proxectos Técnicos e os Currículos dos dous profesionais que optaban á praza de Xefe do Servizo de Psiquiatría do CHOP, deixa pouco espazo a dúbida. Por motivos claramente extraprofesionais, e malia a abismal diferenza nos méritos, un tribunal claramente hostil a un dos candidatos, vai nomear xefe de servizo ao candidato buscado pola dirección do SERGAS.


      O pasado xoves, 12 de xuño, no salón de Actos do Hospital Montecelo, asistín á defensa dos proxectos técnicos e os currículos dos dous candidatos así como ás preguntas ás que foron sometidos por parte dos membros do tribunal elixido para a elección do xefe de servizo de psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP). Aínda non o dou dixerido. Pasáronse tanto que me resultou insoportábel.



      Sabía que un dos candidatos, o anterior xefe de servizo o Dr. Pedreira, vírase obrigado dun xeito claramente irregular a volver a optar á xefatura que levaba trinta anos exercendo, durante os que tiña demostrado sobradamente a súa capacidade como profesional e como xestor, e que os indicadores de actividade do seu servizo topábanse entre os mellores dos servizos de psiquiatría de Galiza.

      Sabía da enorme diferenza nos méritos e na experiencia entre os candidatos. Sabía que o outro candidato obtivera o título de especialista en psiquiatra, no ano 2003, e que non empezara a traballar como psiquiatra até o ano 2006, cando conseguiu un contrato eventual no servizo de psiquiatría do CHOP. Sabía que, no ano 2010, conseguira unha praza de cadro de psiquiatra do SERGAS por promoción interna desde a súa praza de médico de urxencias somáticas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, e que so desde o ano 2011 tiña praza en propiedade como psiquiatra no CHOP como resultado do último concurso de traslados.

    Sabía tamén que o tribunal tiña unha composición que facía pouco probábel unha decisión ecuánime e baseada en criterios de profesionalidade: dos seus cinco membros, dous eran directivos do CHOP e os outros tres eran coñecidos membros da corrente psiquiátrica oposta á aquela na que se situaba o anterior xefe do servizo, e que algún deles tiña unha coñecida enemistade con el.

      Mais o que contemplei no Salón de Actos de Montecelo sobordou ampla e desagradabelmente a miña capacidade de sorpresa. Pensaba que, na posta pública do guión predeseñado, gardarían minimamente as formas, máis non foi así. Despois de que o Dr. Pedreira realizara unha excelente presentación, comezou unha rolda de preguntas dos membro do tribunal, nas que, sobre todo os tres psiquiatras, realizaron continuos xuízos de valor e fixeron gala dunha enorme agresividade e animadversión contra o candidato. O espectáculo foi esperpéntico, sobre todo cando o comparamos coa “comprensiva” actitude que tiveron cando o outro candidato, despois da súa exposición, foi tamén interpelado polo tribunal.

      Foi unha clara posta en escena dun nepotismo descarado, mais iso si, formalmente respectuoso coas formas legais que regulan o acceso ás xefaturas no SERGAS. O que se comprobou o pasado 12 de xullo no Salón de Actos do Hospital de Montecelo é que esas normas, que permiten a total discrecionalidade da Dirección do SERGAS na composición dos tribunais, en absoluto garanten o dereito dos facultativos a acceder ás xefaturas do SERGAS en condicións de igualdade, e baseándose en criterios de mérito e coñecemento.

      Pasáronse tanto que xa resulta insoportábel. Coido que o sucedido ten un valor que soborda a situación local: se son capaces de facer o que están facendo nunha situación na que a disparidade de méritos e capacidade entre os candidatos é abrumadora, que non farán en situacións nas que as diferenzas entre candidatos sexan menos evidentes?. É preciso cambiar as normas de acceso ás xefaturas no SERGAS.



Manuel González Moreira.

Agrupación Médica de CIG-Saúde.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info