productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2018

 Orde-Nominas-2018-2.pdf

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Denunciamos o desmantelamento do sistema sanitario. Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Abril 2012 11:20

CIG-Saúde denuncia a submisión do goberno da Xunta ás políticas de desmantelamento do sistema sanitario e de desprotección das persoas.


Considera que o Real Decreto responde a principios ideolóxicos da dereita máis reaccionaria que entende a sanidade como beneficencia e non como un dereito universal.


DemilicionO Real Decreto Lei de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde desmantela, segundo denuncia CIG-Saúde, o sistema sanitario público, elimina a universalidade da prestación sanitaria e principios básicos como a promoción da saúde, a prevención o tratamento e a rehabilitación, agravando os problemas de saúde pública. A isto engade que o Partido Popular, respondendo a principios ideolóxicos reaccionarios estabelece criterios discriminatorios dificultando o acceso a prestacións e medicamentos ás persoas, en función da súa renda ou da súa condición de asegurado/a, concibindo a sanidade como beneficencia e non como un dereito, co obxectivo de obrigar aos usuarios/as a recorrer a seguros privados para cubrir aqueles servizos que queden excluídos do catálogo de prestacións na sanidade pública.


CIG-Saúde lembra que a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 1999, afianzaba a universalidade do sistema sanitario desvinculando a asistencia sanitaria da cotización á seguridade social. “A sanidade finánciase con impostos que pagamos todas e todos, polo tanto o dereito á atención sanitaria integral é tamén de todas e de todos”, afirma a secretaria nacional, María Xosé Abuín, quen engade que “con este decreto que vén de promulgar o goberno do Partrido Popular vincúlase o dereito á prestación sanitaria, e polo tano a súa declaración como aseguradas, ás persoas que estean de alta na seguridade social, criminalizando moi especialmente ás persoas máis desfavorecidas: inmigrantes, xubilados..., sen que se articule ningunha medida para facer agromar a economía somerxida, nin atallar a fraude fiscal existente, que si afectan ao conxunto dos ingresos que percibe o estado”.

CIG-Saúde lembra que no que respecta á economía somerxida, ás máis afectadas son unha vez máis as mulleres e inmigrantes, que en non poucos casos se ven abocados a traballar sen que exista unha relación contractual regulada legalmente.

A partir deste decreto, explica, regúlase o recoñecemento e o control da condición de asegurado/a ou beneficiario/a do mesmo, que dependerá do INNS e é só a partir deste recoñecemento cando nacerá o dereito a asistencia sanitaria.

Para a CIG-Saúde tamén resulta sorprendente que xa se estabelezan os tres niveis de carteira de servizos (carteira común básica, carteira común suplementaria e carteira común de servizos accesorios) cando tras da xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde celebrado o pasado día 18 de abril, anunciábase que isto debateríase nunha seguinte xuntanza, ao igual que o copago por certas prestación, que xa aparecen incluídas neste decreto.

No desenvolvemento da carteira común de servizos recóllese que non se incluirán aquelas técnicas, tecnoloxías e procedementos cuxa contribución eficaz á prevención, diagnóstico, tratamento.. non estea suficientemente probada. Abuín alerta do perigo que entraña esta definición, porque a evidencia científica está elaborada por profesionais e “suficientemente probada” é unha decisión da administración sen base científica. “Que entenden por ‘suficientemente probada’ na rehabilitación, curación das doenzas, diminución da dor e sufrimento?”, pregúntase a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

Na carteira común suplementaria establécese o copago por prestación ortoprotésica, por produtos dietéticos e por transporte sanitario “non urxente”, suxeito a prescrición facultativa e por razóns clínicas. Na porcentaxe de aportación económica que ten que facer o usuario, di literalmente o decreto, “non se aplicará ningún límite”.

Respecto da carteira común de servizos accesorios esta será determinada polo goberno central en función do que consideren eles que non son servizos esenciais na prestación sanitaria ou “que son coadxuvantes ou de apoio para a mellora dunha patoloxía de carácter crónico”, advertindo a este respecto que están “suxeitas á aportación e ou reembolso por parte do usuario”.

Alén de considerar isto de “especial gravidade”, CIG-Saúde advirte que no propio decreto se especifica que “a aportación do usuario/a ou no seu caso, o reembolso rexerase polas mesmas normas que regulan a prestación farmacéutica”, pero tomando como referencia o prezo final de facturación que se decida para o Sistema Nacional de Saúde, “sen estabelecer un tope por renda, como no caso da prestación farmacéutica básica e que o usuario terá que efectuar o pagamento correspondente no momento da prestación”.

Prestación farmacéutica

O mesmo ocorre coa prestación farmacéutica, para a que se ten que efectuar o pagamento no momento da dispensación e a comunidade autónoma revisará cunha periodicidade semestral se procede ou non facer reintegros.

“A invasión de competencias é total, xa que as comunidades autónomas non poderán estabelecer medidas singulares de prescrición, dispensación e financiamento de fármacos e produtos sanitarios”, denuncia María Xosé Abuín.

Para a CIG-Saúde vulnérase ademais a protección de datos personais, xa que no propio articulado recóllese que o INSS poderá acceder aos nosos datos económicos para determinar a contía da achega na prestación farmacéutica sen consentimento previo do interesado.

Respecto da prescrición farmacéutica, a secretaria nacional da federación entende que as declaracións realizadas este luns pola conselleira de Sanidade en comparecencia parlamentaria, “son inaceptábeis”. Denuncia que a conselleira “intentou trasladar a responsabilidade da xestión farmacéutica do Sergas aos pensionistas” e aclara que se hai almacéns de medicamentos nas casas, “é porque alguén os prescribe, porque os pensionistas non teñen talonarios de receitas para automedicarse”.

Abuín sinala que Rocío Mosquera “non falou de prescrición eficiente en ningún momento”, considerando que esa é a súa responsabilidade e que “non se trata de prescribir nin o caro nin o barato, senón o que precisas”.

No almacenamento de medicamentos, atribúe tamén moita responsabilidade aos dispensadores farmacéuticos, que “non actúan como profesionais sanitarios senón como axentes comerciais” e lembra que o propio persoal farmacéutico de primaria está demandando o desenvolvemento de crónicos para poder facer unha prescrición efectiva e os médicos e médicas de primaria ter tempo abondo de consulta para actualizar as prescricións e para estas sexan reais e efectivas. “O que non merecemos é esta conselleira”.

Recursos humanos

O decreto consolida a conxelación dos cadros de persoal coa correspondente desaparición das prazas motivadas polas xubilacións. CIG-Saúde entende que dun plumazo anulan así todas as convocatorias de procesos selectivos incluídas as que estaban vinculadas á taxa de reposición do 10%. 

Só así se explica que se introduza a necesidade urxente de garantir a mobilidade dos profesionais a través dun catálogo de categorías profesionais, que permite que os profesionais poidan acceder ás prazas vacantes doutros servizos de saúde, segundo entende o Ministerio “mellorando a calidade de asistencia”.

Tamén modifican o sistema retributivo introducindo o concepto de “avaliación do desempeño do posto”, que se terá en conta aos efectos da determinar unha parte das retribución complementarias, vinculadas precisamente á produtividade e ao rendemento. “Este sistema retributivo é o que estaba vixente nas fundacións sanitarias. As retribucións dividíanse en dúas porcentaxes, o 70% ou 80% eran retribucións fixas, e a restante porcentaxe acadábase por cumprimento de obxectivos e os períodos de Incapacidade Temporal estaban penalizados”, explica a secretaria nacional.

Integran ademais por decreto, no réxime estatutario, ao persoal funcionario ao servizo de institucións sanitarias públicas e, que en cada servizo de saúde se determinen as condicións de integración de persoal de cupo e zona. Para a CIG-Saúde é “inadmisíbel” que “vía decreto, anulando os acordos asinados en Galiza e sen pasar pola Mesa Sectorial, se modifiquen condicións laborais do persoal, anulando calquera posibilidade de negociación colectiva”, di Abuín, que se pregunta “cantas modificacións máis das nosas condicións laborais se atreverán a introducir por decretazo”.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info