productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

O Partido Popular impón o copago Imprimir Correo-e
Martes, 24 Abril 2012 13:00

O Partido Popular impón, vía decreto, non só o copago farmacéutico senón tamén o sanitario.

CIG-Saúde esixe da Xunta de Galiza que manifeste o seu rexeitamento e oposición frontal á invasión de competencias do goberno central

TSI-Visa-SergasO Boletín Oficial do Estado publica hoxe o Real Decreto Lei de medidas urxentes en materia de sanidade. CIG-Saúde denuncia que desde o goberno de Madrid se impoñen así, toda unha serie de medidas sobre materias que “son de competencia exclusiva da Xunta de Galiza” e que esas medidas van moito máis alá das anunciadas tras da xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde do pasado 18 de abril, estabelecendo xa unha carteira de servizos comúns básicos e, ademais do copago farmacéutico, o copago sanitario para a prestación dalgúns servizos que non son considerados como tal.


CIG-Saúde, que está a estudar o alcance destas medidas e que presentará unha análise pormenorizada das mesmas, esixe que desde a Xunta de Galiza se adopte unha postura de rexeitamento e oposición frontal fronte á “invasión de competencias que se fai desde o goberno central” e denuncia que se está conculcando o propio Estatuto de Autonomía.

A federación xa se dirixiu por carta á conselleira de Sanidade , Rocío Mosquera, e á Directora de Recursos Humanos, Esperanza Fernández Lago, tras recibir, vía correo electrónico, unha comunicación desta última na que se afirma que “xa estamos analizando as citadas medidas no seu conxunto e, dun xeito específico ás que teñen repercusión na área de recursos humanos e sexan susceptíbeis de tratamento na mesa sectorial”.

Para CIG-Saúde esta afirmación indica que na consellaría de Sanidade, ou cando menos no departamento de Recursos Humanos, “nin sequera se tiña coñecemento das medidas que se ditan desde Madrid unilateralmente e invadindo competencias desta administración, e que se aceptan e se acatan sen oposición de ningún tipo”.

Neste sentido, CIG-Saúde sinala que no Real Decreto establécense mesmo medidas que modifican a actual regulación das condicións laborais do persoal, e pregúntase como pode consentir a administración que se diten unilateralmente normas que afectan drasticamente a materias sobre as que Galiza ten competencia exclusiva. “Non entendemos que se adopte unha postura de submisión absoluta aos ditados do goberno central e se faga deixadez de funcións no que respecta ás competencias que, en sanidade ten a Xunta de Galiza”.

CIG-Saúde manifesta ademais que “non toleramos que se acepte de bo grao esta invasión de competencias e se actúe como administración marioneta en mans do goberno central”.

Compostela, 24 de abril de 2012

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info