productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Relación definitiva de admitid@s para as probas de especialistas sanitari@s Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Xaneiro 2012 08:08

MIR-verdeNo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (Paseo del Prado, 18-20 - 28071-MADRID), e nas Delegacións e Subdelegacións do Goberno exhíbense as relacións definitivas de admitid@s e non admitid@s ás probas selectivas 2011.

Contra estas relacións definitivas pódese presentar recurso de Alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa exhibición.

As persoas Admitidas provisionalmente ao exame deben consultar o apartado da web do Ministerio "prazos para achegar documentación", incluido dentro da información xeral destas probas selectivas.

A data do exercicio é o sábado 28 de xaneiro de 2012, segundo a Resolución que publicará en breve o Boletín Oficial do Estado, na que se contén o nomeamento das Comisións Calificadoras.

As persoas aspirantes deben comparecer ante a Mesa de Exame que se lles sinalara provistos do documento acreditativo da súa identidade co que participaran nas Probas Selectivas (D.I, Pasaporte ou Número de identificación de extranxeiros), ás quince trinta horas do sábado 28 de xaneiro. Para contestar a folla de respostas, só se poderá utilizar bolígrafo, non estando permitido o uso de lápis, rotuladores, prumas, etc.

Non está permitida a utilización de calculadora, excepto no caso de aspirantes a prazas de Radiofísica Hospitalaria.

Non está permitido o uso de teléfonos móbiles, nin de calquera outro dispositivo con capacidade de almacenamento de información ou posibilidade de comunicación mediante voz ou datos, dentro do recinto de exame, unha vez iniciado o exercicio e ata a fin do mesmo.

Duración do exercicio:

Cinco horas máximo, para Médic@s, Farmacéutic@s e outros graduad@s/licenciad@s universitari@s do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física.

Dúas horas máximo para graduad@s/diplomad@s en Enfermaría.

As respostas deben escribirse na folla que se destina para iso; non se admite resposta no cuestionario.

O exercicio debe ser realizado ante a Mesa que se sinalara a cada aspirante. As Mesas non admitirán a ningún/ha aspirante que non figure na relación de convocad@s ante elas.

Máis información aqui. Tamén podedes consultar a vosa situación particular premendo aqui.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info