productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Queremos Indicadores do CPV negociados na Mesa Sectorial XA! Imprimir Correo-e
Venres, 23 Decembro 2011 09:03

productivity13Queremos Indicadores do CPV consensuados e que avalíen o traballo realizado por cada profesional.


Diante da confusión creada polo ámbito de negociación dos criterios de aplicación do CPV, na Agrupación Médica de CIG-Saúde defendemos que o Complemento de Produtividade Variable son retribucións, e como tais, teñen que ser negociadas na Mesa Sectorial. As e os profesionais temos que ter claras as condicións nas que se aplican os criterios polos que somos avaliados para cobrar unha parte da nosa retribución. Os indicadores de avaliación do CPV do 2012 deben coñecerse en xaneiro e ser consensuados na mesa sectorial e cos profesionais.


Non está en discusión a lexitimidade da Administración para establecer unha determinada liña estratéxica e, polo tanto, marcar uns obxectivos concretos en cada ámbito asistencial; o que si está en discusión é o ámbito onde se negocia o marco regulador deses obxectivos e os seus criterios de aplicación e o que é inaceptable é que se entreguen e coñezan en maio-xuño cando se van avaliar desde xaneiro.


A Agrupación Médica de CIG-Saúde segue a defender a creación dun Grupo Técnico, emanado da Mesa Sectorial, que elabore unha proposta de CPV (obxectivos, indicadores, ...) que poida ser acordada pola administración e as organizacións sindicais. O documento inicial elaborado polo Grupo Técnico tería que ser debatido e, coas modificacións oportunas, consensuado e aprobado pola administración e as organizacións sindicais da Mesa Sectorial. Logo ese documento sería concretado e consensuado entre profesionais afectados e as xerencias das distintas áreas sanitarias.


A Agrupación Médica de CIG-Saúde defende o necesario avance da cultura da eficiencia e do traballo por obxectivos entre os facultativos da sanidade pública, mais ten ben claro que ese avance será moito máis difícil se o SERGAS sigue empeñándose en usar a vía impositiva e non participativa na elaboración dos obxectivos do CPV, ou se esta negociación se produce nun ámbito distinto ao legalmente establecido, no que están presentes tódalas organizacións que representan ao colectivo afectado.


So un acordo producido na Mesa Sectorial, que cumpra uns criterios mínimos,  e publicado no DOG, serve de garantía para que a maioría das e dos profesionais sexan avaliados en función da súa implicación, do seu esforzo e da calidade que aporten á atención ao paciente, e de que esta avaliación estará adaptada á situación concreta de cada profesional.


A Agrupación Médica de CIG-saúde lémbralle a administración que se está retrasando un ano máis a presentación dos obxectivos en tempo e con boas formas.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info