Martes, 04 Outubro 2011 08:21 |
PLANO DE ESTABILIDADE 2011-2014 DO GOBERNO DO ESTADO ESPAÑOL =
PERDA DE POSTOS DE TRABALLO NA SANIDADE PÚBLICA
O Plano de Estabilidade 2011-2014 foi presentado perante a Comunidade Europea por Elena Salgado, Ministra de EconomÃa e Facenda, e ratificado por Mariano Rajoy na súa reunión con Angela Merkel. Este efecto perverso de eliminación de postos de traballo na Sanidade Pública manterase ata o ano 2014. É dicir, ata o 2014 só se poderá cubrir un 10% das prazas vacantes. O resto das prazas serán amortizadas. Con posterioridade ao 2014 o cadro de persoal da Sanidade Pública estará tan mermado que a prestación de servizos será inviable.
Desde a CIG-Saúde, ao igual que fixemos no ano 2011, iniciamos unha campaña de denuncia e reivindicación para que o goberno da Xunta de Galiza e os partidos polÃticos do parlamento do Estado Español rexeiten que os orzamentos do ano 2012 contemplen a taxa de reposición nos servizos públicos.
De non producirse isto, desde CIG-Saúde instamos ao Goberno Galego a que en uso das súas competencias, esixa ao goberno do Estado Español que a taxa de reposición non teña a consideración de normativa básica. E ao SERGAS a que se cubran a totalidade das prazas.
Qué interese tén o goberno en eliminar os postos de traballo na Sanidade Pública?
Será que esta medida lle facilita as súas ansias privatizadoras?
NA DEFENSA DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO, DEFENDE O TEU POSTO DE TRABALLO!
|