productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Suspendidos os cursos programados para os Residentes Imprimir Correo-e
Venres, 30 Setembro 2011 10:09

doctor-1Suspéndense os cursos programados na formación especializada de profesionais do ámbito sanitario (MIR –Médicas/os Internos Residentes–, EIR –Enfermeiras/os Internos Residentes–, etc)

A Agrupación Médica de CIG-Saúde quere manifestar a súa preocupación polas noticias que nos chegan da suspensión dos cursos programados dentro da actividade formativa dos Residentes, tanto licenciados/as (Médicos/as, Farmacéuticos/as, Psicólogos/as, Químicos/as, Biologos/as e Físicos/as) como graduados/as - diplomados/as en Enfermaría.

A suspensión xa é efectiva nos cursos que comezaban estes días en diferentes áreas.

Esta situación pon en grave risco o prestixioso sistema de formación de especialistas, que é o que garante a calidade do servizo que estes prestan á cidadanía.

Desde a Agrupación Médica de CIG-Saúde instamos ao SERGAS a que aclare o motivo desta suspensión, e facemos un chamamento a que se teña en conta a importancia deste sistema formativo e que se garanta o seu funcionamento, xa que de non producirse, a situación de dispoñibilidade e formación das e dos futuros especialistas veríase gravemente comprometida.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info