productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2018

 Orde-Nominas-2018-2.pdf

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

O FORO DA EXCLUSIÓN XA NON VAI DIVIDIR Á ATENCIÓN PRIMARIA Imprimir Correo-e
Domingo, 05 Xuño 2011 21:00

foro

O “Foro de Médicos de Atención Primaria de Galicia” naceu mal. Algúns dos seus promotores pretenderon convertelo nun foro de exclusión. Ese “Foro” xa non existe.


Hai unhas semanas publicouse na prensa, e moitos facultativos recibimos correos electrónicos, que viña de ser creado o “Foro de Médicos de AP de Galicia”,  que se constituíu como “el observatorio de la profesión Médica y que este, además de las iniciativas propias de la Comunidad Gallega, sea la expresión a nivel Autonómico de los acuerdos del FORO DE MEDICOS DE ATENCION PRIMARIA en el  ámbito nacional”. Como actividade inmediata a realizar, o Foro se marca como obxectivo unha tarefa fundamentalmente sindical: negociar co SERGAS o CPV dos médicos de AP.

 

Cando se informa da súa constitución, o “Foro” tiña a seguinte composición:

 

- as 3 sociedades científicas de médicos de AP existentes en Galiza: AGAMFEC (SemFYC), SEMERGEN, SEMG,

 

- unha das sociedades de pediatras de AP: a AGPAP

 

- o Consello Galego de Colexios de Médicos

 

- os sindicatos CESM e OMEGA

 

Na xuntanza de constitución do Foro, algúns dos representantes das sociedades científicas, mostráronse partidarios de incrementar a representatividade de Foro incorporando tamén a facultativos representantes doutras opcións sindicais actuantes en AP, nomeadamente á Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG). A resposta a esa proposta, por parte dos representantes de CESM e de OMEGA, co apoio claro de quen dicía representar aos colexios de médicos, foi de rotunda oposición a que no Foro se integraran representantes de opcións sindicais que non foran as súas. Ignorando a realidade de que en AP de Galiza hai centos de facultativos que están afiliados a sindicatos diferentes a CESM ou OMEGA, estas organizacións afirmaron reiteradamente que os únicos representantes dos facultativos eran eles.

 

A actitude sectaria dos dirixentes dos sindicatos médicos corporativos, negándose a aceptar a pluralidade de opcións sindicais existente entre os facultativos de AP de Galiza, tivo como consecuencia a desaparición do Foro. CESM e OMEGA pretendían crear unha situación de “apartheid” para os facultativos que estamos afiliados a organizacións sindicais diferentes das súas, negándonos o dereito a estar representados nun Foro profesional, e isto resultaba totalmente inaceptábel, máximo nun momento como o actual no que o SERGAS pretende consolidar un modelo de CPV claramente rexeitado pola grande maioría dos facultativos de AP, e no que é imprescindíbel unir todas as forzas posíbeis para tentar evitalo.

 

Poucos días despois, a Directiva da AGAMFEC, comunicoulle aos outros membros do Foro que o abandonaban, e emitiu un comunicado para os seus asociados, no que explicaban que abandonaban o Foro porque non podían aceptar os intentos de marxinar e excluír dun foro profesional a opcións sindicais á que pertencen moitos dos seus asociados. Por outra banda e poucos días despois, o Consello Galego de Colexios de Médicos tomou tamén a decisión de abandonar o foro. No momento actual, como recoñecen os seus propios mentores, o Foro xa non existe.

 

A Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG) considera que pode ser positiva a existencia dun Foro de Médicos de AP, mais considera que, de existir, debe ser plural e aberto a todos os facultativos e as organizacións sindicais que os representan.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info