productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2017

Orde Conf. Nóminas

2017

Orde Nominas 2017

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Quén somos? Imprimir Correo-e
Domingo, 23 Maio 2010 14:32

LOGOGIF¿Qué é a Agrupación Médica?

O debate establecido en CIG-Saúde sobre o papel do persoal facultativo no sindicato, e a última acción sindical, pulando das mobilizacións dos médicos e médicas, tivo como unha das súas consecuencias a decisión de crear a Agrupación Médica de CIG Saúde (AgM - CIG Saúde) que, a principios de xuño de 2004, tomou o Consello Nacional do sindicato.

  Esta decisión supón un fito histórico no sindicalismo sanitario galego e español: un sindicato de clase, a CIG, maioritario entre o conxunto dos traballadores e traballadoras da sanidade, decide afrontar un problema común a todos os sindicatos de clase entre os médicos e médicas: buscar fórmulas para superar a debilidade da súa presenza organizada entre os facultativos, e combater a aparente hexemonía dos sindicatos corporativos nestes sectores profesionais.

As médicas e os médicos afiliados de CIG-Saúde, consideramos que a creación dunha estrutura organizativa específica de facultativos, dentro do sindicato, abre unha nova e ilusionante xeira no sindicalismo sanitario galego.

Consolidar a Agrupación Médica de CIG Saúde como un referente organizativo útil para a defensa das lexítimas reivindicacións dos facultativos, afortalando a unidade interna de CIG-Saúde, é a tarefa que temos por diante. A nosa páxina web, http://www.agmedica.org, incorpórase a esa tarefa.

 

¿Qué é a CIG Saúde?

A CIG-Saúde e a Federación de Sanidade da CIG; e dicir ocúpase de tódolos asuntos sindicais que se producen no Sector da Sanidade. Como federación integrada na CIG practicamos un sindicalismo de clase e nacionalista nos que os principio de solidariedade e acción sindical global é o eixo da nosa actividade como sindicato.

Ademais os nosos obxectivos principais establecidos nos  estatutos de CIG-Saúde son os seguintes:
1) A defensa do dereito á protección e promoción da saúde integral das/os galegas/os.
2) A defensa do carácter de servicio público da atención de saúde, e por tanto a consolidación dun sitema sanitario público, universal, gratuito e de calidade.
3) A loita contra o coorporativismo e a integración dos lexitimos intereses particulares dos diferentes colectivos nunha concepción sindical global, de clase, e unha acción común.
4) A organización, o asesoramento e a defensa das condicións laborais, profesionais e sociais das/os traballadoras/es do sector sanitario alí onde estean.
 
Como podedes observar no nosa web  para dar cauce os léxitimos intereses particulares dos diferentes colectivos existen as agrupacións ou grupos de traballo que ocúpanse de forma especializada dos intereses exclusivos que lles afectan, un exemplo de todo isto é a Agrupación Médica que defende os intereses sindicais dos traballadores médicos ante os órganos que correspondan e poñen en coñecemento do sindicato as reivindicacións do seu colectivo, sempre no eido dun sindicalismo global, de clase e solidario.
 
Noutros colectivos existen grupos de traballo que fan a mesma función que as agrupacións e que posibilitan as propostas sindicais do
seu colectivo nunha alternativa real solidaria os sindicatos coorporativistas e nunha forma de atende-los problemas do día a día que como ben sabemos moitas veces son os que máis prexuizos e molestias ocasionan os traballadores.
 
No referente a organización da nosa Federación podemos resumila da seguinte forma:
1.-Son órganos nacionais de governo da CIG-Saúde:
   a) O Congreso
   b) O Consello Federal
   c) A Executiva Federal
2.- Son órganos comarcais de governo da CIG-Saúde:
   a)    A Asemblea Comarcal
   b)    O Consello Comarcal
3.- Son órganos locais de governo da CIG-Saúde:
   a)    A Asemblea Local
   b)    O Consello Local
3.- É órgano unipersoal da CIG-saúde:
   a)     A Secretaría Nacional
   b)     A Secretaría Comarcal
   c)     A Secretaría Local
 
 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info