productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo



Quen non asine os obxectivos mantén o dereito a percibir o adianto mensual do CPV. Imprimir Correo-e
Martes, 06 Novembro 2012 18:09

produtividadeEn sentenza firme e non recorríbel, a Xustiza dálle a razón á AgM-CIG, e establece que é ilegal non abonar o adianto mensual do CPV aos facultativos que non asine os obxectivos.


   Ven de ficar demostrado, como foi repetidamente denunciado pola Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG), que as ameazas dos responsábeis do SERGAS aos facultativos que non querían asinar os obxectivos, estaban baseadas en falsidades e eran ilegais.

     Nos pasados anos, moitos facultativos amosamos o noso profundo desacordo tanto co contido de algúns dos obxectivos que o SERGAS pretendía obrigarnos a subscribir (obxectivos excluíntes de todo ou nada, ...), como coa ausencia de negociación real para establecer eses mesmos obxectivos. Como concreción do noso desacordo, e diante da obsesión das xerencias en forzarnos a asinalos, xurdiu a idea de negarnos a asinar os obxectivos. O SERGAS despregou unha intensa, e en boa medida exitosa, campaña de presións sobre os profesionais para forzar a firma; e os principais “argumentos” que a administración usou nesa campaña foron dúas ameazas: a de non realizar a avaliación anual e non pagar o Complemento de Produtividade Variábel (CPV) aos profesionais quen non asinara os obxectivos, e a de que os que non asinaran non recibirían os adiantos mensuais a conta dese complemento.

    Moitos facultativos denunciamos esas ameazas e sempre defendemos que estaban baseadas en supostos ilegais. Diante desas denuncias a administración foi progresivamente recuando: non se atreveu xa a non avaliar aos facultativos que non asinaran os obxectivos de 2011, e veu pagando o adiante mensual a conta a algúns facultativos que non asinaran os obxectivos para 2012. Sen embargo, en paralelo e de xeito incoherente, o SERGAS non lles veu aboando ese adianto a outros facultativos que tampouco asinaron os obxectivos para 2012. Á vista da situación, a AgM-CIG decidiu, no verán de 2012, promover un recurso contencioso administrativo para demostrar claramente que esa práctica do SERGAS é ilegal e clarexar definitivamente a situación.

      Diante do recurso presentado polos servizos xurídicos da CIG en representación dun facultativo que se negou a firmar os obxectivos para o ano 2012, o Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra recoñece “o dereito do demandante a que se lle paguen os anticipos do CPV, igual que ao resto dos facultativos, con independencia de que non firmase os obxectivos”. A sentenza deixa claro que tamén é ilegal a ameaza do SERGAS de non realizar a avaliación anual e non pagar o CPV aos facultativos que non asinen os obxectivos. Datada o 18 de outubro de 2012, a sentenza é firme, non recorríbel polo SERGAS, e a administración é  condenada a abonar as costas.

      Desde AgM-CIG consideramos que o SERGAS debe abandonar as estratexias baseadas en ameazas, e que debe procurar estratexias de encontro cos profesionais que permitan que o CPV deixe de ser un elemento de discordia nas relacións laborais no SERGAS.

     Nese camiño, a CIG está negociando co SERGAS a rápida extensión automática da sentenza a todos os profesionais que non asinaron os obxectivos en 2012 e aos que non se lles está pagando o adianto mensual do CPV a conta. Esperamos que o SERGAS acepte esa extensión automática da sentenza pois, de non facelo así, desde os servizos xurídicos da CIG se promoverán os correspondentes recursos individuais para obrigar ao SERGAS a facelo, coa evidente consecuencia, ademais de seguir cabreando aos profesionais, de que o SERGAS deberá aboar as costas de cada un deses recursos.

 
Os principais aspectos da posición sobre o CPV da AgM-CIG, poden consultarse aquí e aquí.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info