productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2018

 Orde-Nominas-2018-2.pdf

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Mesa Sectorial sobre o Decreto de Xestión Clínica Imprimir Correo-e
Venres, 09 Agosto 2013 18:43

INFORMACIÓN MESA SECTORIAL 1 DE AGOSTO SOBRE A PROPOSTA DE DECRETO DE XESTIÓN CLÍNICA.

Antes de iniciar a reunión a directora de RRHH volveu repetir o discurso de agradecemento ás/aos profesionais pola súa actuación o día do accidente. Desde CIG-Saúde solicitamos que modificasen agradecemento por recoñecemento. Agradecemento soa a "que ben se portaron as/os profesionais esa noite", como se o resto do tempo non o fixeramos. Recoñecemento quer dicir que a Admón recoñece que así se traballa todo o ano pero de xeito anónimo, e a necesidade de manter uns servizos públicos e de calidade. Esperamos que isto o teñan en conta nos próximos orzamentos.

            Esta reunión da Mesa Sectorial celebrouse a petición de CIG-SAÚDE, na anterior M.S. a Admón quería dar por pechada a negociación. Fíxéronnos entrega dun novo documento no que se recollen algunhas das nosas alegacións referentes ao articulado que regula a creación das unidades de Xestión Clínica, non se recollen as alegacións referentes á xestión dos RRHH e as referentes aos incentivos económicos. A Admón comprometeuse a que estes temas se desenvolverían en normativas posteriores. Ditas normativas serán materia de negociación na M.S.

        Desde a CIG insistimos nas nosas alegacións que se concretaron en:


        - A CIG-SAÚDE apoia a Xestión Clínica como ferramenta de xestión de mellora da sanidade pública, pero non podemos compartir o modelo deste Decreto. Que o desenvolvemento normativo deste Decreto se negocie con posterioridade na M.S. non é garantía de que academos acordos nos temas de RRHH e sistema retributivos.

 Á CIG-SAÚDE preocúpanos deste Decreto:

-Que se rompa a igualdade no acceso ao sistema sanitario.

-Que se modifique o sistema retributivo.

-Que só contemplen incentivos económicos baseados nos aforros.

-Que non se recolla como requisito a dedicación exclusiva do/a directora/or da área de xestión clínica.Neste tema comprometéronse a que no desenvolvemento normativo a dedicación exclusiva se poida valorar como mérito. Igual que se recolle no decreto 206.

Comentamos que  a excelencia profesional xa se retribúe mediante a carreira profesional, polo que a Admón debería volver a activala.

Ao final do debate pediron o posicionamento das organizacións sindicais. Desde a CIG-SAÚDE tendo de partida unha posición favorable á “Xestión Clínica” non podemos amosar a nosa conformidade con este Decreto até que coñezamos o desenvolvemento normativo das cuestións que máis nos preocupan e que este Decreto non recolle.

Se a Admón presenta este Decreto como un documento aberto a unha futura negociación, agardamos por esa negociación, na que esperamos se estableza unha verdadeira negociación na que se recollan as nosas alegacións.

Á marxe deste tema a Admón infórmanos de que na próxima semana recibiremos os decretos de estatutarización do persoal de APD, Fundacións, persoal laboral e funcionario... Neste tema manifestamos o seguinte: días atrás publicouse unha información referente a que no acordo asinado polo Ministerio de Sanidade e os sindicatos corporativos se recolle que queda sen efecto o apartdo do R.D 16/2012 sobre a perda da condición de funcionarios deste persoal. Se isto é así, o borrador de Decreto que nos envíen vai ser un paripé. Pero desde a CIG-SAÚDE congratulámonos de que as medidas recollidas nos RD se poidan modificar por pactos e acordos, xa que non se pode impor mediante unha Lei cambios normativos no réxime xurídico das/os profesionais; as condicións laborais negócianse pero non se impoñen. E instamos á Admón a negociar no ámbito da M.S. as das medidas que se recollen nestes RD como son: a universalidade da sanidade, o repago sanitario, o complemento da IT, a perda dos días libres... Se o RD se pode modificar por un acordo sectorial, máis lexitimado estará un ámbito de negociación para modificalo.

Como CIG-SAÚDE denunciamos os cambios de criterio na aplicación dos dereitos das/os traballadoras/es en concreto nas situacións de excedencias. O Estatuto Marco recolle nos seu artigo 64 a excedencia por servizos especiais cando o persoal accede a unha praza de formación sanitaria MIR o EIR. Até agora para a concesión desta excedencia aplicábase o criterio de persoal de cadro,  é dicir, persoal fixo e interino. Agora só as conceden ao persoal fixo en aplicación do artigo 62 do devandito estatuto, xa que nel se recollen as situacións administrativas do persoal fixo. Coma sempre quedaron en miralo.

 
Ante a traxedia, solidariedade Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Xullo 2013 23:00

Galiza-lazo-negroCIG-Saúde quere amosar o seu pesar polas vítimas do terríbel accidente ferroviario acaecido onte en Santiago de Compostela, así como expresar o seu apoio e solidariedade coas familias. A perda de tantas vidas humanas supón un enorme peso, unha louxa, unha ferida que será difícil de sandar.

Diante dun horríbel accidente como este, dunha magnitude que non podíamos imaxinar nin, desde logo, agardar nunca, e menos para un día de festa e celebración como é o Día da Patria, unha vez máis o pobo galego deu mostras de ser un pobo que reaxe ante a adversidade, que axuda en todo momento aos seus iguais, que deixa todo por apoiar ás persoas que nese momento o precisan. E como galegos e galegas, sentímonos orgullos@s deste pobo.

Queremos, asemade, desde CIG-Saúde, amosar o noso orgullo pola capacidade de traballo, esforzo e entrega desinteresada de tod@s @s profesionais de emerxencias, nomeadamente o persoal da Sanidade Pública, que unha vez máis, como cada día fai anonimamente, traballou arreo para intentar mitigar no posíbel as perdas e a dor que sofriron e están a sofrir as persoas implicadas neste infortunado accidente. Malia os recortes, malia as agresións das que está a ser obxecto o persoal dependente da Consellaría de Sanidade, traballa día a día sen que se perciba que aí está, sen protagonismos, esforzándose por que a Sanidade Pública galega sexa eficiente e cumpra a súa función. En momentos como este, é cando mellor se comprende a necesidade dunha Sanidade Pública de calidade, con persoal suficiente, con material suficiente, con tecnoloxía suficiente. A entrega e o bo facer que puidemos constatar diante desta terríbel traxedia dá boa conta diso.


Expresar, novamente desde CIG-Saúde, a solidariedade e o apoio coas vítimas e coas súas familias.

 
O SERGAS négase a ampliar nun ano o período de residencia dos actuais MIR de Oncoloxía Médica Imprimir Correo-e
Venres, 31 Maio 2013 13:46

bolsa_de_suero      CIG-Saúde pídelle ao SERGAS que reconsidera a súa negativa a ampliar nun ano o período de residencia dos actuais MIR galegos de Oncoloxía Médica, requisito imprescindíbel para que o seu futuro título de especialistas poidan ser homologábel na Unión Europea.

      Por motivos exclusivos de aforro económico puro e duro, na xuntanza da Comisión de Sanidade do Parlamento Galego do 30/05/2013, o Partido Popular pronunciouse en contra de permitir que os actuais residentes de Oncoloxía Médica prolonguen nun ano o seu período de residencia, requisito imprescindíbel para que o seu futuro título de especialistas poida ser homologábel a nivel da Unión Europea. 

      CIG-Saúde pídelle aos responsábeis do SERGAS, e do goberno galego, que teñan amplitude de miras, que non se enroque nunha posición indefendíbel, e que reconsideren esa posición gravemente lesiva para os intereses dos profesionais afectados, que son todos os residentes galegos da especialidade de Oncoloxía Médica, agás os residentes de 1º ano (R-1) que comezaron a súa residencia en maio de 2013.

Ler máis...
 
Convocada a OPE de persoal facultativo Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Maio 2013 07:48

Publícanse no DOG do 14 de maio as resolucións que convocan o concurso-oposición para o acceso a prazas de FEA ou de MUH.

  • Convocatoria OPE FEAs: RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área do Servizo Galego de Saúde.   Descargar PDF

  • Convocatoria OPE MUH: RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde. Descargar PDF 

 

O prazo de presentación de solicitudes a través do Expedient-e remata dentro dun mes, o vindeiro 15 de xuño. Cómpre lembrar que os méritos deben estar incorporados no Expedient-e e achegada a documentación acreditativa xunto coa petición de validación tamén dentro dese prazo. Do mesmo xeito, a documentación que acredita o cumprimento dos requisitos de participación debe ser rexistrada antes do mesmo día, 15 de xuño.

 
Listado de prazas para a OPE 2013 de FEAS e Urxencias Hospitalarias Imprimir Correo-e
Luns, 22 Abril 2013 22:41

lista-de-regalosO SERGAS fai público o listado de prazas para a OPE 2013 de FEAS e Urxencias Hospitalarias.

Desde a Agrupación Médica de CIG-saúde solicitáramos a publicación do listado de prazas por especialidade e complexo hospitalario, pero so publican o listado co de nº de prazas por especialidade e por quenda de acceso. ico_pdf

 
Orde de nóminas 2013 Imprimir Correo-e
Venres, 15 Marzo 2013 12:22

Publícase hoxe no DOG a Orde de Confección de Nóminas para o ano 2013:

  • ORDE do 11 de marzo de 2013 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2013Descargar PDF 


calculadora-1Como sabedes, desde CIG-Saúde tiñamos iniciada unha campaña na que demandabamos da Administración que publicara na Orde de Nóminas a realidade do que van cobrar @s traballdor@s do SERGAS no ano 2013, posto que na Lei de Orzamentos figuraba un artigo 21 que facultaba para recortar en conceptos como a Atención Continuada ou a Carreira Profesional, sen especificar cómo ía ser ese recorte. Esa era a nosa posición: que se nos dixera qué recorte (unilateral, por suposto) ía aplicar a Administración nas nóminas do persoal do SERGAS, especificando qué lle ía recortar a cadaquén.


Hoxe publícase a Orde de Nóminas e non figura esa especificación. Recórtase o específico das pagas extras, mais non se especifica cómo se vai aplicar ese artigo 21 da Lei de Orzamentos. Faise alusión a que se recortará para o persoal funcionario o complemento específico das pagas extra de xuño e decembro, e para o resto de persoal da Administración Pública (como o do SERGAS) o "axuste equivalente, tendo en conta os seus conceptos retributivos específicos", mais sen especificar na propia Orde de Nóminas o alcance dese axuste.

Significa isto que non nos van recortar máis que o específico? Coidado, ese artigo da Lei de Orzamentos segue existindo, e, polo tanto, en calquera momento podemos vernos cun recorte a maiores dos complementos de Atención Continuada e da Carreira Profesional, en cantidades que descoñecemos e por sorpresa. Así funciona esta Administración: a salto de mata, ao vaiche boa!

Deixen de xogar coas nosas condicións de traballo e cos nosos salarios !!!

 
Contra a privatización da xestión das Incapacidades Temporais Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Marzo 2013 22:40

Centro-SaudeCIG-Saúde denuncia a privatización da xestión das Incapacidades Temporais (baixas médicas) e o recorte de dereitos que isto supón, potenciando a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria e xeneralizando a presunción de fraude por parte das traballadoras e traballadores.


A Xunta de Galiza e a consellaría de Sanidade renuncian as súas competencias de inspección sanitaria entregándollas ás mutuas privadas.

O Real decreto que está sendo elaborado polo Goberno sobre o control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración, está orientado a que as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social (MATEPSS), sexan as que dirixan esta prestación e actúen como autoridade de control da mesma, ignorando as propias competencias do Servizo Galego de Saúde.

As Mutuas de Accidentes de Traballo son entidades formadas por asociacións de empresarios que teñen a consideración legal de carácter público, e con este RD ábrese a porta a que sexan o inicio da privatización da asistencia sanitaria dos traballadores como, no seu momento fixo a Lei 15/1997, de 25 de abril, sobre habilitación de novas formas de xestión da Sanidade Pública:Fundacións Sanitarias, contratos de colaboración Publico-Privado, etc

Ademais complica a xestión das Propostas de Alta. As diferentes mutuas poderán remitir, directamente, solicitude de informe as/os médicas/os de atención primaria, tendo estes catro días para contestalas e de non facelo o paciente causaría Alta por silencio administrativo. O que pode redundar en fonte de conflitos e inseguridade xurídica tanto para Médico de AP, como para os pacientes.


Posibel vulneración da confidencialidade dos datos clínicos

Outro aspecto destacable do Real Decreto é que, coa escusa do control da prestación económica da IT, preténdese conceder o acceso integral á Historia Clínica Electrónica para as entidades xestoras da IT, entre elas as Mutuas, desvirtuando o seu carácter clínico, ao servizo das e dos pacientes. Pola contra, as historias das traballadoras e traballadores en mans do INSS e das Mutuas, que recolle boa parte da patoloxía laboral dos seus pacientes, permanece opaca para o Servizo Galego de Saúde dificultando así a detección da posible orixe profesional de moitas continxencias comúns.

CIG-Saúde demanda do Goberno a retirada deste Real Decreto e da Xunta que defenda ás súas competencias, reclamando o mantemento das funcións da Inspección Médica e das e dos médicos de Familia.

 
OBRADOIRO FORMATIVO, SOBRE A SANIDADE PÚBLICA EN PONTEVEDRA. Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Marzo 2013 22:24

OBRADOIRO FORMATIVO, INFORMATIVO E DE DEBATE, SOBRE A SANIDADE PÚBLICA.

ORGANIZA: Colectivo Cidadán pola Sanidade Pública (CCSP), en colaboración coa Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG)

Sábado, 9 de marzo de 2013,  ás 10:00 horas, no Pazo de Congresos de Pontevedra. Seminario nº 2

ASISTENCIA LIBRE. Pregase comunicar asistencia:    Tlf. 699 461 953    Mail.  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
 

CCSPPROGRAMA

10:00        INAGURACIÓNAlcalde de Pontevedra.

Presentación: Anxo Ricón Reguera

10:30 - 12:00    MESA Nº 1:   A SUSTENTABILIDADE  DA SANIDADE PÚBLICA E OS RECORTES

Moderadora: Mercedes Area Fiuza

A falacia da “Non sustentabilidade ” do sistema sanitario público.

Francisco. L. Vázquez Vizoso. Servizo de Medicina Preventiva, Complexo Hospitalario de Pontevedra

A evolución do Gasto Sanitario na Galiza, os recortes, e a resposta cidadán.

Ramón Veras Castro. Médico de Familia, Centro de Saúde de San Xosé, A Coruña


12:15 – 13:45        MESA Nº 2:   A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA

Moderador: Antón Masa.

As infraestruturas Sanitarias da Área de Pontevedra.

A Atención Primaria como alicerce do sistema sanitario público.

Carlos Eirea Eiras. Médico de Familia do Centro de Saúde de Bueu.

Os modelos e as experiencias de privatización da sanidade pública.

Manuel González Moreira. Médico de Familia do Centro de Saúde Nicolás Peña, Vigo


13:45       CLAUSURA 

Xaquín Rubido Muñiz

 
Nova especialidade de Farmacia Hospitalaria e de Atención Primaria Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Febreiro 2013 22:22

A AgM-CIG propón unha vía excepcional de acceso á nova especialidade de Farmacia Hospitalaria e de Atención Primaria.
 

Farmacia-AtencionPrimaria      O 14 de febreiro rematou o período de alegacións ao Proxecto de Real Decreto (RD) polo que se regula a Troncalidade ...”. Nese proxecto, o Ministerio introduciu o cambio de nome da até agora denominada Especialidade de Farmacia Hospitalaria, que pasará a denominarse Especialidade de Farmacia Hospitalaria e de Atención Primaria.

      Na Galiza, alén da Categoría Profesional de Farmacia Hospitalaria, existe tamén a Categoría Profesional de Farmacia de Atención Primaria, cada unha delas coa súa OPE específica. Os Farmacéuticos de Atención Primaria (FAPs) do SERGAS son máis de 70, traballan directamente nos Centros de Saúde e, na súa grande maioría, non están en posesión do actual título de especialistas en Farmacia Hospitalaria, e son propietarios das súas prazas, após da correspondente OPE.

      O cambio de denominación da especialidade deixa aos FAPs non especialistas nun limbo legal que consideramos que non é positivo, e que coidamos debe resolverse. Por iso propoñemos a habilitación dunha vía especial de acceso destes profesionais á nova especialidade, o que concretamos na presentación do documento Alegacións de CIG-Saúde ao Proxecto de RD de troncalidade relacionadas co cambio de denominación da Especialidade de Farmacia Hospitalaria, que o 13/02/2013 remitimos ao Ministerio.

      Na Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) somos conscientes de que a proposta que facemos será mal recibida por algúns sectores dos farmacéuticos hospitalarios especialistas e, tamén, dos FAPs non especialistas; porén consideramos que é a nosa obriga facela. CIG-Saúde sempre defendeu e sigue defendendo o sistema MIR/FIR, e diante de posíbeis conflitos interprofesionais, a nosa obriga como sindicato é ofrecer e defender solucións que, partindo desa defensa do sistema MIR/FIR, teña como principal obxectivo defender os intereses globais do sistema sanitario público. Iso é o que pretendemos coa nosa proposta de que no RD se inclúa unha Disposición Transitoria que abra unha vía excepcional de acceso á nova Especialidade de Farmacia Hospitalaria e de Atención Primaria, para os actuais FAPs non especialistas.

       A vía especial de acceso ao novo título que propoñemos, deberá estar aberta para aquelas persoas que acrediten un tempo mínimo de traballo profesional como farmacéuticos/farmacéuticas de AP. Ademais esa vía especial, ficará aberta só durante un tempo limitado, esixirá a realización dun programa de formación regrado, cun tempo formativo mínimo acreditado, así como a realización dunha proba obxectiva (similar á ECOE) dirixida a demostrar a pertinente competencia. Como é evidente, trátase dunha solución moi similar á que, no seu momento, permitiu resolver o problema do acceso dos médicos pre-95 ao título de Especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria.

 
Publicadas listas provisorias de vinculacións temporais de varias categorías de facultativ@s Imprimir Correo-e
Martes, 05 Febreiro 2013 11:11

List-Of-Bitter-HerbsNo DOG do 4 de febreiro aparece a resolución de publicación das listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para vinculacións temporais das categorías de Persoal médico de familia, Persoal médico de urxencias hospitalarias, Pediatra de Atención Primaria, Médica/o coordinador/a do 061, Médica/o asistencial do 061, Médica/o especialista en medicina do traballo.

  • RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2013, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF 

    Ábrese un prazo de dez días naturais contados a partires do 5 de febreiro para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión.
 
Novas da OPE e Traslados Imprimir Correo-e
Martes, 05 Febreiro 2013 11:34

maletas-2O martes 29 de xaneiro na Mesa Sectorial o SERGAS informounos que en breve enviarannos o borrador da convocatoria de OPE de FEAS e Urxencias Hospitalarias.

Convocarán a comisión de OPE para analizar baremos, acreditación de méritos...  Desde CIG-SAÚDE solicitamos que se nos envíe o estudo que estaba a realizar a Dirección de Asistencia Sanitaria sobre as especialidades que se ían convocar nesta OPE.

Tamén se nos informou que a toma de posesión do concurso de traslados será conxuntamente coa da OPE, pero que, como se vai a retrasar un pouco, poden conceder algunha comisión de servizo ás persoas que están pendentes do traslado.

Desde CIG-SAÚDE non nos opoñemos a que se concedan comisións de servizo sempre que estas se concedan seguindo a listaxe da resolución do concurso de traslados, que isto non é máis que adiantar o traslado, pero á Admón parécelle que isto non pode ser viable en todos os casos. Non logramos entender por que os sistemas regrados sempre presentan dificultades.

 
Continúa a Privatización en Madrid Imprimir Correo-e
Domingo, 27 Xaneiro 2013 21:50

En contra do que apuntara o Comité Coordinador dos médicos de Madrid, o presidente da Comunidade de Madrid, Ignacio González, dixo que non lle consta que se vaian a privatizar menos hospitais e centros de saúde dos anunciados.

Información publicada en “madridiario.es” do 27 de xaneiro, ver na web ou en ico_pdf

 
Consecuencias da Privatización Imprimir Correo-e
Domingo, 27 Xaneiro 2013 21:36

“Bypass” entre sanidade pública e privada en Madrid


Profesionais e enfermos denuncian que Sanidade presiona para que os pacientes acepten ser operados en clínicas privadas. Chámanlles dun call center que informa dunha espera máxima, non da real.

Información publicada no diario “El País” do 27 de xaneiro, ver na web ou en ico_pdf

 
Desmentindo o discurso do aforro económico Imprimir Correo-e
Martes, 22 Xaneiro 2013 21:07

elpaisTodayA privatización non abaratou o custo da sanidade valenciana

O gasto hospitalario “per capita” é similar ou maior que nos centros públicos

Os orzamentos sanitarios caen un 11% por persoa respecto de 2010


Información publicada no diario “El País” do 22 de xaneiro, ver na web ou en ico_pdf

 
NON Á LEI DA WERTGOÑA: Queremos galego na escola!. Imprimir Correo-e
Domingo, 20 Xaneiro 2013 16:07

Cartaz27Xaneiro2013

O próximo domingo, 27 de Xaneiro, ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela, a Plataforma Queremos Galego organizou unha MANIFESTACIÓN NACIONAL pola Derrogación do Decretazo linguístico.
A Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG) apoia plenamente esa manifestación.


       Malia os mornos avances conseguidos, a realidade é que a maioría dos centros de ensino do noso país, no canto de formar a nenos que dominen plenamente e usen a nosa lingua nacional, continúan a xogar un papel predominantemente desgaleguizador. A manifestación convocada para o día 27, ten como obxectivo fundamental pedir a retirada do proxecto de LOMCE, máis coñecida como lei da Wertgoña.

       Semellaba que o vello slogan dos anos 60 e 70 xa non tiña razón de ser, máis desgraciadamente non é así, e polo ten pleno sentido reclamar “Galego na Escola”.

       Animamos a todos os facultativos, e a todos os traballadores da saúde que respectan a nosa lingua e creen que os galegos temos que protexela non só no ensino senón tamén na Sanidade, a que acudan á manifestación en defensa da lingua do domingo 27 de xaneiro.

Máis información na web de Queremos Galego.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info