productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2017

Orde Conf. Nóminas

2017

Orde Nominas 2017

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

O xoves ,17 de setembro, 548 facultativos tomaron posesión das súas prazas no SERGAS. Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Setembro 2010 19:05

Deles, 334 superaron a OPE, mentres que outros 214 acudiron ao Concurso de Traslados. O 8% procede de fora de Galiza. Fican pendentes da toma de posesión 45 facultativos especialistas de área de Psiquiatría (...)

 
Publicación listados convocatoria automática de 1 de xullo de 2010 Imprimir Correo-e
Martes, 07 Setembro 2010 07:14
O   martes día 7 de setembro, publícanse as listas provisionais nas categorías de Persoal Médico de Familia, Puericultor/a, Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias, Pediatra, Matrón/a,Cociñeiro/Cociñeira, e Persoal de Enfermería (DUE), todos eles relativos á convocatoria automática de 1 de xullo de 2010.
 
As CCAA gobernadas polo PP son as que contan cunha peor sanidade. Imprimir Correo-e
Domingo, 05 Setembro 2010 15:12
A peor sanidade pública, a de Valencia. Un ránking autonómico avalía até 19 parámetros.
Público, 02/09/2010
 
A peor sanidade en Madrid, Galiza, Comunidade Valenciana e Canarias. Un informe situa Navarra e Asturias como as autonomías con mellores servizos sanitarios.
La Vanguardia, 01/09/2010.
 
Os servizos sanitarios das Comunidades Autónomas. Informe 2010. Informe da FADSP
Acta Sanitaria, 02/09/2010. 
 
Toma posesión Traslados Psiquiatría 2010 Imprimir Correo-e
Venres, 03 Setembro 2010 11:11
  • Diante da inquietude dos profesionais, trasmitida ao Sergas, este nos fai chegar a seguinte nota, na que aclara que a incorporación aos novos destinos dos FEAs de Psiquiatría que resultaron adxudicatarios no concurso de traslados do ano 2010 non poderá producirse ata que estean resoltas as OPEs desa categoría dos anos 2006 e 2008.

Ver nota completa:

Ler máis...
 
Novas de Política Sanitaria Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Setembro 2010 16:39
   Artigo de Vicenç Navarro (catedrático de Políticas Públicas da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona) no que sinala que, contra o que están dicindo voces excesivamente compracentes, no Estado Español gástase en sanidade pública moito menos do que corresponde polo nivel de desenvolvemento que ten.
   O artigo sinala outras posíbeis fontes de financiamento para cubrir o déficit de gastos sanitario público, sinalando que a énfase mediática no copago, ignorando outras alternativas que xerarían máis fondos e serían máis equitativas.
Público, 29/07/2010.
  
Outras novas interesante relacionadas coa sanidade galega que apareceron na prensa no último mes.
 
Ler máis...
 
Publicada nova corrección de erros dos traslados Imprimir Correo-e
Luns, 30 Agosto 2010 22:00
Publícase hoxe no DOG a nova corrección de erros anunciada polo SERGAS. Podedes descargala desde aqui.
 
Nova corrección de erros da resolución de traslados Imprimir Correo-e
Venres, 27 Agosto 2010 09:46
maletas-2Parece ser que se vai publicar en DOG unha nova corrección de erros da resolución de convocatoria dos traslados, exclusivamente para "arranxar" a denominación de dúas prazas de resultas de pediatría. Non sabemos se se vai aproveitar a corrección para emendar esoutros erros que se nos foron facendo chegar. O correo que recibimos de Recursos Humanos non o indica. O seu texto é o seguinte:

 

Ler máis...
 
O ANEL RADIOLÓXICO E O FUTURO DA RADIOLOXÍA Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Agosto 2010 22:00

Radioloxia-anel-gardas-verde

O pasado 2 de xuño do 2010 celebrouse en Santiago unha xuntanza da Mesa Sectorial do SERGAS que tiña, como primeiro punto da Orde do Día a “Reordenación dos procesos de radiodiagnóstico”.

 A inclusión deste tema na orde do día fora requirido por CIG-Saúde debido a que, as semanas previas, difundírase a información de que as actuais gardas localizadas de radioloxía dos hospitais comarcais ían ser eliminadas e, empregando as posibilidades abertas pola telerradioloxía, íase crear un “anel radiolóxico” similar ao de Madrid.

Ler máis...
 
Plan de Mellora de Atención Primaria Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Xuño 2010 10:57

Plan_de_Mellora

A Consellería de Sanidade está a liquidar o Plan de Mellora de Atención Primaria.

As Organizacións Profesionais e Sindicais que formamos parte da Comisión de Seguimento deste plan queremos facer pública esta situación e manifestar a nosa intención de defender o cumprimento do Plan de Mellora da Atención Primaria.

Engadimos dous documentos, un para a cidadanía, no que tratamos de explicar o que supón a perda do Plan de Mellora, e outro para as e os profesionais, cunha reflexión sobre o propio Plan e o futuro da Atención Primaria.

Contamos coa colaboración das e dos profesionais para difundir o documento para a cidadanía imprimíndoo e repartíndoo entre as usuarias e usuarios dos Centros de Saúde. 23/06/2010

 
Convocada OPE da Lei 17 Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Agosto 2010 22:00

Publícase hoxe no DOG a convocatoria de concurso-oposición libre para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989.

Podedes descargar a convocatoria premendo aqui.

 
OPE Psiquiatría Imprimir Correo-e
Martes, 27 Xullo 2010 22:00

Resolución do 16 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, relativa á publicación de puntuacións definitivas, conclusión da fase de oposición e a apertura do prazo da fase de  oncurso do proceso selectivo para ingreso na especialidade de facultativo/a especialista de área de psiquiatría.

Abre o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para que estes aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.

b) Na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

c) Nas xefaturas territoriais de Sanidade dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

d) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.

e) Nos servizos de persoal dos centros ou complexos hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

f) Nos servizos de persoal das xerencias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.

g) A través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os méritos alegados nesta fase de concurso entenderanse referidos como máximo ata o día 28 de xaneiro de 2007.

Todos/as os/as aspirantes que superaran a fase de oposición deberán achegar obligatoriamente fotocopia compulsada do seu DNI e fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría. Ademais, os/as que accedan polas quendas de promoción interna e de discapacitados deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa, segundo os requisitos descritos nos puntos 2 e 3 da base segunda da respectiva convocatoria.

*Puntuacións definitivas.

 
Publicacións DOG Imprimir Correo-e
Mércores, 21 Xullo 2010 22:00

Publícanse hoxe no DOG as seguintes resolucións:

* Corrección de erros.-Resolución do 28 de xuño de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados/as.

* Anuncio do 30 de xuño de 2010, da Dirección de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 14 de xuño de 2010, pola que se convoca proceso selectivo para vinculación temporal dunha praza de facultativo especialista de área de cardioloxía.

 
ARTIGO RECOMENDADO EN "CADERNOS DE ATENCIÓN PRIMARIA" Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Agosto 2010 07:57

O galego na sanidade. Manuel González Moreira. Médico de familia. CS Nicolás Peña. Vigo

 
Afíliate Imprimir Correo-e
Venres, 18 Xuño 2010 06:27
¿Qué significa afiliarse?
A afiliación na CIG-Saúde é un acto de compromiso e solidariedade. Compromiso, porque no acto, manifestas que as túas inquietudes e pensamento sindical coinciden en gran parte cos postulados e opinións nosas, e solidariedade porque a cota sindical que pagas non é a compra dun servicío senón a contribución desinteresada para o mantemento da organizacións sindical.
Tamén e un acto no que te comprometes a respaldar as mobilizacións e actos convocados polo sindicato sempre que poidas asumilos.
Ler máis...
 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info