productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2017

Orde Conf. Nóminas

2017

Orde Nominas 2017

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

CIG-Saúde rexeita a taxa de reposición na Sanidade Pública Imprimir Correo-e
Martes, 04 Outubro 2011 08:21

PLANO DE ESTABILIDADE 2011-2014 DO GOBERNO DO ESTADO ESPAÑOL =

PERDA DE POSTOS DE TRABALLO NA SANIDADE PÚBLICA
 

O Plano de Estabilidade 2011-2014 foi presentado perante a Comunidade Europea por Elena Salgado, Ministra de Economía e Facenda, e ratificado por Mariano Rajoy na súa reunión con Angela Merkel.
Plano-Estabilidade Este efecto perverso de eliminación de postos de traballo na Sanidade Pública manterase ata o ano 2014. É dicir, ata o 2014 só se poderá cubrir un 10% das prazas vacantes. O resto das prazas serán amortizadas. Con posterioridade ao 2014 o cadro de persoal da Sanidade Pública estará tan mermado que a prestación de servizos será inviable.
 

Desde a CIG-Saúde, ao igual que fixemos no ano 2011, iniciamos unha campaña de denuncia e reivindicación para que o goberno da Xunta de Galiza e os partidos políticos do parlamento do Estado Español rexeiten que os orzamentos do ano 2012 contemplen a taxa de reposición nos servizos públicos.
 

De non producirse isto, desde CIG-Saúde instamos ao Goberno Galego a que en uso das súas competencias, esixa ao goberno do Estado Español que a taxa de reposición non teña a consideración de normativa básica. E ao SERGAS a que se cubran a totalidade das prazas.
 

Qué interese tén o goberno en eliminar os postos de traballo na Sanidade Pública?

Será que esta medida lle facilita as súas ansias privatizadoras?
 

NA DEFENSA DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO, DEFENDE O TEU POSTO DE TRABALLO!

 
Convocado o Exame e as Prazas MIR Imprimir Correo-e
Martes, 27 Setembro 2011 19:47

Publícanse no BOE do 27 de setembro as ofertas de prazas de formación de diversas especialidades, así MIR-verdecomo a convocatoria de proba selectiva para acceder a esas prazas:

Orde SPI/2549/2011, de 19 de setembro, pola que se aproba a convocatoria de probas selectivas 2011 para o acceso no ano 2012, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos/as, Farmacéuticos/as e outros/as graduados/as - licenciados/as universitarios do ámbito da Psicoloxía, Química, Bioloxía e Física.

As probas realizaranse o sábado, día 28 de xaneiro de 2012.

 
Publicada a Orde de Reavaliación das Xefaturas Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Xullo 2011 09:31

birretePublicase no DOG do 28 de xullo a Orde do 6 de xullo de 2011 pola que se establecen as bases do procedemento para a reavaliación de determinadas xefaturas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde.

Na Orde establécese que serán avaliadas tamén as xefaturas provistas polo sistema establecido na Orde do 5 de febreiro de 1985.

 
Elementos centrais do CPV Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Xuño 2011 19:41

Os elementos centrais da posición sobre o Complemento de Produtividade Variábel (CPV) da Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG).


 

A sensatez e a negociación, e non a imposición, deben ser o fío condutor da negociación do CPV. Na AgM-CIG temos posicións claras sobre que defender nesa negociación. Nos puntos que seguen explicitamos os elementos centrais da posición de CIG-Saúde sobre o CPV dos facultativos.

Ler máis...
 
Sectarismo e irresponsabilidade do SERGAS no retorno ao servizo activo Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Xuño 2011 17:50

ana_pastormaria-mendezSe Ana Pastor, médico de familia, ou Francisco Villar, cirurxián, se reintegraran á actividade profesional despois dos anos que levan sen exercer, faríanlles o mesmo que a María Méndez, e so lles darían 1 mes para reciclaxe?


SECTARISMO E IRRESPONSABILIDADE DO SERGAS NO REINGRESO DUNHA FACULTATIVA AO SERVIZO ACTIVO TRAS OCUPAR UN CARGO PÚBLICO.


Tras ocupar cargos de representación pública, xa sexa no mundo sindical ou político, aos profesionais sanitarios se lles recoñecía un período equivalente a un mes de reciclaxe por ano de exercicio do cargo electo, afastado do exercicio profesional activo, cun máximo de cinco meses.


Este tempo non é un privilexio destes profesionais, é un  dereito dos pacientes a ser atendidos por profesionais coa formación actualizada, e é, tamén, un dereito da sociedade a que profesionais cualificados do ámbito sanitario dediquen un tempo da súa vida ao servizo á cidadanía en funcións de representación política ou sindical.


Esta situación non está especificamente regulada no SERGAS, polo que até este momento se lle aplicaba a que está recollida no artigo 62 do Decreto 206/2005, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, para cargos directivos do SERGAS.


Durante anos producíronse incorporacións de facultativos tras ocupar cargos políticos ou sindicais, que deixaron a actividade asistencial sabendo que, no seu retorno, terían un tempo para realizar a reciclaxe necesaria.


No último mes, e trala solicitude de reingreso da ex-concelleira María Méndez Piñeiro, médica especialista en Medicina Interna afiliada á CIG, ao servizo de Medicina Interna do CHUVI, ao que pertence, esta situación mudou.


A dirección do Complexo Hospitalario decide que o que se aplicaba a outros e outras na mesma situación xa non vale, que como non está regulado non ten a obriga de recoñecer ese permiso para reciclaxe.


A Dirección do SERGAS ratifica esta posición e dí que emitirá unha instrución para regular esta situación, na que non se recoñecerá o permiso para reciclaxe para un tempo concreto, senón que quedará ao criterio da Dirección correspondente. Para xustificar o sectarismo sacarán unha regulación “a posteriori”.


Con estas medidas están privando aos profesionais asistenciais do ámbito da sanidade do seu dereito á participación política e sindical, e están privando á sociedade das súas aportacións, xa que por responsabilidade ningún facultativo deixará a súa actividade se non ten garantido un tempo mínimo de reciclaxe ao seu regreso.


A Agrupación Médica de CIG-Saúde solicita do SERGAS que, pensando nos pacientes, na coherencia do sistema e nos dereitos das e dos profesionais, non adopte medidas sectarias e irresponsables.

 
CPV, sinatura e Directora Xeral Imprimir Correo-e
Luns, 27 Xuño 2011 07:32

pau-zenoria-2OS FACULTATIVOS QUE NON ASINEN OS OBXECTIVOS TEÑEN TAMÉN QUE SER OBRIGATORIAMENTE AVALIADOS E PERCIBIR O CPV CORRESPONDENTE. Nunha xuntanza con CIG-Saúde, a Directora Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS recoñeceu esta realidade.


 

Algúns directivos das xerencias de AP e AE empéñanse en seguir afirmando que quen no asine os obxectivos non cobrará o CPV, e utilizan este argumento para presionar aos facultativos, as veces de maneira claramente excesiva, para conseguir que asinen os obxectivos que lles están a propoñer. Algúns, como fixo recentemente o Director de RR.HH. dun hospital do sur do país, chegan incluso a reproducir por escrito que “os facultativos non subscribintes quedarán automaticamente excluídos da percepción do CPV”, cando saben ou deberían saber que isto é falso.

 

Como xa temos explicado desde a AgM-CIG, existen sentenzas firmes do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que deixan rotundamente claro que a avaliación dos obxectivos e o pagamento do CPV é independente de que se teña asinado ou non o documento de obxectivos proposto pola Xerencia. Esas sentenzas declaran ilegal o apartado do texto orixinal do acordo do CPV de 1996, no que se incluía o parágrafo arriba entrecomillado, e deixan absolutamente claro que a avaliación do nivel de cumprimento dos obxectivos de cada facultativo, e o pagamento do CPV correspondente, é obrigatorio para as xerencias independentemente de que o facultativo teña ou non asinado o documento no que establecen os obxectivos.


O pasado 24/06/2011 unha delegación de CIG-Saúde, a súa Secretaria Xeral e os portavoces da Agrupación Médica do sindicato, mantiveron unha xuntanza coa Directora Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS. O tema central da xuntanza foi a actual problemática do CPV entre os facultativos. Nesa xuntanza a Directora Xeral de Asistencia Sanitaria:

1.- manifestou a disposición do SERGAS a acatar e cumprir a legalidade establecida en  sentenzas firmes dos tribunais de xustiza no relativo a avaliación e pagamento do CPV;

2.- recoñeceu a plena legalidade e vixencia da posición defendida pola AgM-CIG de que os directivos dos SERGAS teñen a obriga legal de avaliar o nivel de cumprimento de obxectivos de todos e cada un dos facultativos, independentemente de que asinaran ou non o documento de obxectivos que lles propoña a xerencia respectiva, así como de pagarlles o CPV correspondente que desa avaliación se conclúa;

3.- desculpou aos directivos das xerencias que seguen afirmando que quen non asina non é avaliado nin vai cobrar o CPV, e achacou a persistencia desa actitude a problemas de comunicación entre os servizos centrais do SERGAS e os equipos directivos das xerencias.


Por outra banda, a Directora Xeral, mostrou o seu desacordo coa interpretación feita desde a AgM-CIG de que, en función das sentenzas anteditas, o SERGAS ten tamén a obriga de seguir pagando os adiantos mensuais a conta do CPV independentemente de que o facultativo afectado tivera asinado o non o documento de obxectivos presentado pola xerencia. A Directora Xeral afirmou que é legal que ese pagamento non se realice, mentres que, desde CIG-Saúde, lle reiteramos o noso convencemento da ilegalidade desa posición, baseándonos no Informe do Gabinete Xurídico do sindicato, así como a nosa disposición de defender o dereito dos facultativos a seguir percibindo os adiantos mensuais a conta do CPV, independentemente de que teñan asinado ou non os obxectivos.

 
Sobre o anticipo do CPV Imprimir Correo-e
Xoves, 23 Xuño 2011 09:42

pau-zenoria-Desde algunhas xerencias ameazan con deixar de pagar o adianto mensual do CPV a quen non asine os obxectivos.


Diante das noticias que nos chegan da pretensión das xerencias de Atención Primaria de deixar de pagar o anticipo a conta do CPV ás persoas que non asinen o ADX-2011, a instancia da Agrupación Médica, a secretaria Nacional de CIG-Saúde remitiu un escrito á Directora de Recursos Humanos, no que insistimos na necesidade de que o tema sexa tratado na Mesa Sectorial para a fixación dos criterios, pautas ou ambos para a determinación dos obxectivos dos que se derive a percepción do CPV, e tamén solicitamos que mentres isto non se produza, e co fin de facilitar as condicións da negociación, non se tomen medidas sobre as e os profesionais que decidan retrasar a sinatura do ADX-2011 até que se produza dita negociación.

 
CPV: a falsa obriga de asinar. Imprimir Correo-e
Domingo, 19 Xuño 2011 20:55

firmadixitalEN RELACION CO CPV, desde a Agrupación Médica da CIG-Saúde (AgM-CIG) ESTAMOS EN CONDICIÓNS DE AFIRMAR QUE:


Os facultativos que non asinen os obxectivos tamén teñen que ser forzosamente avaliados polo SERGAS e este, en función desa avaliación, ten a obriga legal de pagarlles o CPV.

Son falsas e ilegais, e hai sentenzas que así o establecen claramente, as ameazas realizadas desde algunhas xerencias de que, os que os facultativos que non asinen os obxectivos que o SERGAS pretende impoñer, non percibirán o CPV.

     

    As xerencias non poden deixar de abonarlles o adianto mensual do CPV aos facultativos que non asinen:

    Os rumores promovidos desde algunhas xerencias de que non asine os obxectivos van deixar de percibir o adianto mensual do CPV non deben enganar a ninguén.
    Existen sentenzas que establecen claramente a ilegalidade de non seguir abonando eses adiantos aos profesionais que non asinen os obxectivos.

       

      O SERGAS ten a obriga legal  de negociar coas centrais sindicais, na Mesa Sectorial, para “a fixación dos criterios, pautas ou ambos para a determinación dos obxectivos dos que se derive a percepción do CPV”.

      A pretensión do SERGAS de impoñernos sen negociación un modelo de CPV inaceptábel e non negociado é ilegal, de acordo co establecido en sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

         

        Estas conclusións, que se tiran do Informe da Asesoría Xurídica da CIG do 17/06/2011, elaborado a petición da Agrupación Médica de CIG-Saúde, baséanse en dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que conteñen idéntica doutrina: a primeira de data 30 de setembro de 1999 (relator:  Sr.  Outeiriño  Fuente)  e  a  segunda  de  data  5  de  abril  de  2004 (relator:  Sr.  López  Paz).

         
        O modelo de CPV en xogo Imprimir Correo-e
        Xoves, 16 Xuño 2011 22:00

        contratos-4No último mes estanse a producir acontecementos que poden supoñer un cambio importante no actual modelo de CPV.


         

        A posición da Agrupación Médica de CIG-Saúde xa é coñecida, foi expresada en rolda de prensa o 27 de maio , e antes en dous documentos sobre Atención Primaria e Especializada publicados a primeiros de maio na web.


         

        Nas Asembleas convocadas e realizadas por profesionais da Atención Primaria en diferentes áreas estase a por de manifesto a necesidade de cambios no modelo, que teñen que ser debatidos na Mesa Sectorial (Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, etc.).


         

        Dende a Agrupación Médica de CIG-Saúde seguimos recomendando retrasar a sinatura do ADX-2011 ate que se estableza un marco negociador para cambiar o modelo actual por outro que respecte a vontade da maioría das e dos profesionais.


         

        Isto pode facerse mandando un escrito a administración con este texto ou outro similar:

         

        “Con este escrito comunícolle que retraso a sinatura dos ADX-2011 até que se negocien na Mesa Sectorial ás súas condicións.  Manifesto, tamén, que non renuncio a ser avaliado nin a percibir o CPV correspondente a esa avaliación”.

         
        Prazas de Facultativo e Xefatura de Servizo Imprimir Correo-e
        Xoves, 09 Xuño 2011 07:40
        man1Publicacións no DOG do 9 de xuño de 2011:

        Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

        Servizo Galego de Saúde

         
        O FORO DA EXCLUSIÓN XA NON VAI DIVIDIR Á ATENCIÓN PRIMARIA Imprimir Correo-e
        Domingo, 05 Xuño 2011 21:00

        foro

        O “Foro de Médicos de Atención Primaria de Galicia” naceu mal. Algúns dos seus promotores pretenderon convertelo nun foro de exclusión. Ese “Foro” xa non existe.


        Hai unhas semanas publicouse na prensa, e moitos facultativos recibimos correos electrónicos, que viña de ser creado o “Foro de Médicos de AP de Galicia”,  que se constituíu como “el observatorio de la profesión Médica y que este, además de las iniciativas propias de la Comunidad Gallega, sea la expresión a nivel Autonómico de los acuerdos del FORO DE MEDICOS DE ATENCION PRIMARIA en el  ámbito nacional”. Como actividade inmediata a realizar, o Foro se marca como obxectivo unha tarefa fundamentalmente sindical: negociar co SERGAS o CPV dos médicos de AP.

        Ler máis...
         
        Rexeitamos o modelo de obxectivos e CPV que o SERGAS pretende impoñer Imprimir Correo-e
        Domingo, 29 Maio 2011 11:14

        Maila que outros o acepten, a Agrupación Médica da CIG mantén o seu rexeitamento ao modelo de obxectivos e CPV que o SERGAS pretende impoñer

        Rolda-AgM-CPV-ADX-2011

        Reclama a “urxente” convocatoria da Mesa Sectorial e oponse ao ‘suposto’ acordo asinado unilateralmente polos sindicatos corporativos CESM-Omega coa administración.


        A Agrupación Médica da CIG manifestou na mañá do venres, 27 de maio, en rolda de prensa, o seu rexeitamento ao modelo de Acordos de xestión que impón o SERGAS, porque consolidan a introdución dos incentivos á prescrición no Complemento de Produtividade Variábel, logo da introdución o ano pasado do obxectivo de prescrición de xenéricos; porque utiliza indicadores para medir diferentes actividades que non son pactados por quen as realiza e porque introduce, por vez primeira, indicadores de todo ou nada.  Xunto a isto, denunciaron o ‘suposto’ acordo publicitado polos sindicatos corporativos CESM-Omega e demandaron a convocatoria urxente dunha Mesa Sectorial para tratar estes asuntos.

         

        Francisco Vázquez Vizoso e Manuel González Moreira, da Agrupación Médica da CIG, compareceron diante dos medios de comunicación acompañados de Victor Vila, da Executiva Nacional, e María Xosé Abuín, Secretaria Nacional de CIG-Saúde.

        Ler máis...
         
        Escrito á Conselleira desde os Centros de Saúde sobre o CPV Imprimir Correo-e
        Martes, 24 Maio 2011 12:26

        boligrafo2Nos Centros de Saúde de Lugo preparouse un escrito para mandar á Conselleira de Sanidade solicitando  "que de forma inmediata se abra unha vía de negociación para a elaboración dun novo acordo de xestión".

        Desde a Agrupación Médica de CIG-Saúde apoiamos esta iniciativa e facemos un chamamento a que se estenda polos Centros de saúde de todalas Áreas.

         
        << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>


        Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
        Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
        executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info