productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2018

 Orde-Nominas-2018-2.pdf

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

COMEZA A CONTRARREFORMA SANITARIA Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Maio 2012 10:25

A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública ven de publicar un interesante análise do recente Real Decreto de medidas urxentes sobre a Sanidade Pública.

FADSP-1ANÁLISE  do Real Decreto Lei 16/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións.

O Real Decreto Lei 16/2012 supón cambios fundamentais no sistema sanitario público, e inician unha verdadeira contrarreforma sanitaria. O RDL ademais utiliza o estilo habitual nas leis de acompañamento e reúne unha gran cantidade de medidas de ámbito e características moi distintas que pouco ou nada teñen que ver co suposto obxecto da norma, por iso precísase dunha análise detallada de cada unha delas como imos facer a continuación frecha-r-2

 
Denunciamos o desmantelamento do sistema sanitario. Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Abril 2012 11:20

CIG-Saúde denuncia a submisión do goberno da Xunta ás políticas de desmantelamento do sistema sanitario e de desprotección das persoas.


Considera que o Real Decreto responde a principios ideolóxicos da dereita máis reaccionaria que entende a sanidade como beneficencia e non como un dereito universal.


DemilicionO Real Decreto Lei de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde desmantela, segundo denuncia CIG-Saúde, o sistema sanitario público, elimina a universalidade da prestación sanitaria e principios básicos como a promoción da saúde, a prevención o tratamento e a rehabilitación, agravando os problemas de saúde pública. A isto engade que o Partido Popular, respondendo a principios ideolóxicos reaccionarios estabelece criterios discriminatorios dificultando o acceso a prestacións e medicamentos ás persoas, en función da súa renda ou da súa condición de asegurado/a, concibindo a sanidade como beneficencia e non como un dereito, co obxectivo de obrigar aos usuarios/as a recorrer a seguros privados para cubrir aqueles servizos que queden excluídos do catálogo de prestacións na sanidade pública.

Ler máis...
 
O Partido Popular impón o copago Imprimir Correo-e
Martes, 24 Abril 2012 13:00

O Partido Popular impón, vía decreto, non só o copago farmacéutico senón tamén o sanitario.

CIG-Saúde esixe da Xunta de Galiza que manifeste o seu rexeitamento e oposición frontal á invasión de competencias do goberno central

TSI-Visa-SergasO Boletín Oficial do Estado publica hoxe o Real Decreto Lei de medidas urxentes en materia de sanidade. CIG-Saúde denuncia que desde o goberno de Madrid se impoñen así, toda unha serie de medidas sobre materias que “son de competencia exclusiva da Xunta de Galiza” e que esas medidas van moito máis alá das anunciadas tras da xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde do pasado 18 de abril, estabelecendo xa unha carteira de servizos comúns básicos e, ademais do copago farmacéutico, o copago sanitario para a prestación dalgúns servizos que non son considerados como tal.

Ler máis...
 
A Executiva da CIG-Saúde denuncia as medidas de recorte nos dereitos e prestacións sanitarias Imprimir Correo-e
Venres, 20 Abril 2012 06:49

As medidas aprobadas rachan o carácter redistributivo da sanidade pública

Denuncia que é falso que se aforre, “derívase o gasto aos doentes”

Executiva-Saude-1A Executiva da CIG-Saúde ao completo compareceu en rolda de prensa, para denunciar as medidas de recorte nos dereitos e prestacións sanitarias impostas no Consello Interterritorial de Saúde, co beneplácito das comunidades autónomas do Partido Popular, nomeadamente co do goberno galego, representado pola conselleira de Sanidade. A federación advertiu que con estas medidas regresivas, que afectan sobre todo á poboación con menos recursos, estase poñendo en xogo o acceso universal á sanidade pública e o seu carácter redistributivo e asegurou que só coa mobilización social se pode frear este ataque, sen precedentes, a un dereito fundamental como é o dereito á saúde.  

Ler máis...
 
Cadro de prazas para traslados de FEAs Imprimir Correo-e
Venres, 20 Abril 2012 06:41

O SERGAS enviounos este cadro de prazas de FEAs e MUH a ofertar a traslados.

 
Rexeitamos o borrador de decreto sobre as Áreas de Xestión Clínica Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Abril 2012 08:40

collaborationA Agrupación Médica de CIG-Saúde rexeita o borrador de decreto sobre as Áreas de Xestión Clínica elaborado polo SERGAS. ico_pdf

CIG-Saúde considera inaceptábel, na súa redacción actual, o texto presentado polo SERGAS, a pesar de ter, de partida, unha posición favorábel á “Xestión Clínica” entendida como un cambio de estrutura cara unha maior participación e implicación dos profesionais na xestión.

Malia que CIG-Saúde considera positivos os principios que inspiran á denominada “Xestión Clínica”:


- a procura da implicación dos profesionais na xestión dos recursos utilizados na práctica clínica,

- a xestión por procesos,

- o obxectivo de minimizar a variabilidade inxustificada na práctica clínica,

- a preocupación pola eficacia a efectividade e a eficiencia,

- a procura da boa coordinación entre niveis asistenciais,

- a introdución da cultura da avaliación de resultados como instrumento para a mellora da calidade asistencial ...


o texto presentado pola administración para a creación das Áreas de Xestión Clínica no SERGAS, está tan cheo de ambigüidades e de aspectos claramente negativos, que nos resulta inaceptábel.

Esas ambigüidades son especialmente rechamantes nos aspectos que, loxicamente, mais nos preocupan como sindicato: nos relativos aos cambios que o Decreto pode introducir na xestión dos Recursos Humanos, dos Recursos Económicos e nos Sistemas de avaliación.

O documento define un modelo de xestión clínica no que non se garante a transversalidade, non se fomenta o traballo en equipo, non establecen mecanismos que garantan a participación do conxunto das e dos profesionais na toma de decisións; e ademais, permite que se fragmenten os procesos de selección e provisión do persoal, dificultando as garantías de igualdade, mérito e capacidade.

CIG-Saúde non pode aceptar este borrador por:

·         Falta de participación dos/as profesionais: Fai xirar todo o proxecto da Área de Xestión Clínica arredor da figura dunha única persoa, á que se fai responsable da Unidade, trasladando o sistema actual de xerarquía de Xefe de Servizo, autocrático e nada participativo, ás novas Áreas de Xestión Clínica. Este modelo (actual) de xestión provoca ineficiencias no Sistema, derivadas da orientación en moitos casos dos servizos sanitarios en función dos intereses das Xefaturas máis que en función dos intereses do Sistema, e facilita abusos laborais e o nepotismo.

·         Probable alteración do sistema de mobilidade e selección do persoal.

·         Indefinición dos niveis de autoxestión.

·         Indefinición dos incentivos e dos procedementos de avaliación.

 
OPE e Traslados 2012 Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Abril 2012 11:18

OPE-TRASLADOS-100-PRAZAS-3Na Mesa Sectorial celebrada o día 3 de abril falouse do Concurso de Traslados e do Decreto de Oferta Pública de Emprego de FEAS e de médicas/os de urxencias hospitalarias.

O Concurso de Traslados de persoal facultativo de atención especializada, sairá publicado no mes de abril, e nel ofertaránse un total de 220 prazas. Quedaron en enviar o cadro definitivo de prazas.

O Decreto de Oferta Pública concentra o 10% das prazas vacantes de tódalas categorías, que marca a lei como taxa de reposición, nas categorías de Facultativo Especialista de Área e de Médicas/os de Urxencias Hospitalarias, ofertando 164 prazas de FEAS e 12 de MUH. As prazas concretas de FEAS, por especialidade e centro, serán publicadas unha vez resolto o concurso de traslados e en función das vacantes resultantes.

Desde a Agrupación Médica de CIG-SAÚDE solicitamos unha convocatoria de OPE e traslado para todas as categorías co 100% das prazas. Rexeitamos a taxa de reposición pois afecta negativamente  ao sistema sanitario e ás/aos seus profesionais:


• Elimina postos de traballo do sistema sanitario público.
• Cómo non se convocan todas as prazas, o persoal vai ver frustrado o seu dereito á estabilidade no emprego.
• Vulnérase o dereito a se poder trasladar dentro do sistema sanitario. No concurso de traslados non se convocarán todas as especialidades, nin se convocarán prazas en todos os centros. Isto tamén sucederá na OPE.
• Como a taxa de reposición tamén afecta ás interinidades, o persoal que resulte cesado por mor deste proceso pasará a englobar a listaxe de persoal contratado en precario do SERGAS.

 
Participación masiva na xornada de Folga e Mobilización Imprimir Correo-e
Venres, 30 Marzo 2012 09:15

Mani-Vigo-29M-1Arredor de 200.000 persoas participan nas históricas manifestacións organizadas pola CIG nas principais cidades e vilas.

O masivo seguimento da folga xeral por parte da clase traballadora tivo o seu reflexo nas mobilizacións.

Preto de 200.000 galegos e galegas participaron o día 29 nas manifestacións celebradas nas principais cidades e vilas do país coincidindo coa xornada de folga xeral convocada pola CIG para rexeitar a nova reforma laboral do PP. Dende a central nacionalista galega valórase moi positivamente o seguimento que está a ter o paro dende o inicio, que se traduciu nas maiores mobilizacións que se lembran.


Máis información en Avantar

 
Convocan os actos de asignación de prazas de formación sanitaria especializada. Imprimir Correo-e
Venres, 30 Marzo 2012 08:32

MIR-verdeNo BOE do martes 27 de marzo de 2012 publícase a resolución correspondente á asignación de prazas de formación nas distintas especialidades sanitarias:

Resolución de 15 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Ordenación Profesional, pola que se convocan os actos de asignación de prazas correspondentes ás probas selectivas 2011 para o acceso no ano 2012, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física. PDF (BOE-A-2012-4206 - 9 págs. - 193 KB)

 
Diante das propostas de copago (repago) da prestación farmacéutica Imprimir Correo-e
Luns, 26 Marzo 2012 18:54

O financiamento da prestación farmacéutica, o euro por receita e o carácter redistributivo da Sanidade Pública.

EuroO Govern de CIU logrou sacar adiante a creación dunha nova taxa farmacéutica, grazas ao PP catalán, que permitiu, coa abstención deste, que o Parlament aprobe a Lei de Medidas Fiscais e Financeiras que contempla a introdución do copago farmacéutico dun euro por receita, que se cobrará desde o 1 de xuño, e do que quedarán exentos os beneficiarios dunha pensión non contributiva, os beneficiarios do Programa de Renda Mínima de Inserción e os crónicos, parcialmente, estes últimos deberán abonar a taxa nas primeiras 61 receitas do ano; tamén quedan exentos os medicamentos que custen menos de 1,67 euros con IVE.

Esta medida contou co apoio entusiasta do Presidente da Xunta e da Conselleira de Sanidade galega, e trasladaron a responsabilidade da decisión sobre unha nova regulación do financiamento da prestación farmacéutica ao Consello Interterritorial do SNS, é dicir, o goberno do PP en Galiza non tomará ningunha decisión pero apoiará que as tomen outros/as, diluíndo así a súa responsabilidade, e aplicarase aquí por que este goberno é moi disciplinado e cumpre coa lei. Preguntada expresamente a Conselleira de Sanidade se Galiza aplicaría a taxa dun euro por receita se así o decidise o Consello Interterritorial, a titular de Sanidade mostrouse contundente e respondeu que "evidentemente", para engadir que a Comunidade galega sempre cumpre coa legalidade vixente.

Pois ben, xa sabemos o camiño que tomará a decisión do incremento do copago (ou repago) da prestación farmacéutica: non está na Mesa do Consello de Ministros, como ben dixo a súa portavoz; non se tratou no Consello da Xunta, como ben dixo o seu Presidente; o camiño que tomará a decisión de incrementar o copago farmacéutico é o do Consello Interterritorial, onde o Partido Popular ten maioría e pode tomar as decisións que queira, vestíndoas dun manto técnico, e xustificándoas co argumento da difícil situación financeira do SNS, cuxa débeda oscila entre os 18.000 e os 21.000 millóns de euros, segundo a Conselleira de Sanidade.

Gasto-farmaceutico-1Para xustificar as decisións que pensan tomar abren o debate sobre a inxustiza que supón que un parado sen prestacións teña que pagar o 40% dos medicamentos, mentres que un pensionista que cobra 2.000 euros non pague nada; e, rapidamente, defenden que parece xusto que esta situación se cambie, e falan de ligar a porcentaxe de pago da prestación farmacéutica co nivel de renda.

Está ben, parece lóxico, pero..... casa isto cos principios da Sanidade Pública que defendemos? Non é  un deles o carácter redistributivo que ten que ter o seu financiamento? Ten que pagar máis sanidade quen máis enfermidade teña, quen máis sanidade necesite? Ou, pola contra, ten que pagar máis sanidade quen máis cartos teña? As/os que defendemos a Sanidade Pública defendemos que o seu financiamento ten que facerse a través dos impostos, tanto dos ligados ao nivel de renda coma dos ligados á actividade económica (grandes empresas) e financeira (grandes bancos), para que pague máis sanidade quen máis ingresos teña, con independencia do seu nivel de saúde, e non quen máis sanidade necesite: enfermos/as crónicos/as, pensionistas, etc, que ademais, na maioría dos casos, non son quen ten máis ingresos.

HospitalNon caiamos, pois, na trampa do debate aparente e do argumento populista, e defendamos que a prestación farmacéutica é unha máis da Sanidade Pública e debemos defender que sexa financiada cuns impostos xustos, que financien un Sistema de Saúde que atenda a todo o mundo por igual, independentemente do seu nivel de renda, sen carteira “básica” de servizos e prestacións para quen ten menor renda e outra “ampliada” que só poderán financiar as persoas de rendas altas.

Este carácter redistributivo da Sanidade Pública que defendemos debe manterse e potenciarse, para que cando estamos enfermos/as só teñamos (que xa chega) un problema de saúde e non dous problemas, un de saúde e outro económico.

 
Información da reunión da Mesa Sectorial sobre a “Lei de Medidas” e os cambios na Xornada Laboral. Imprimir Correo-e
Luns, 12 Marzo 2012 10:15

calendario-XORNADA-1O venres 9 de marzo celebrouse a Mesa Sectorial para tratar da aplicación da “Lei de Medidas” no SERGAS.

A Lei de Medidas é de aplicación desde o día 3 de marzo de 2012, incluíndo as disposicións adicionais, transitorias e derrogatorias. A Administración vai explicando punto por punto a Lei e a súa aplicación no SERGAS:


  • ARTIGO 2.- Incapacidade Temporal: I.T. Esta medida é de aplicación desde o día 3 de marzo. A Dirección Xeral de Función Pública está a elaborar unhas instrucións de desenvolvemento deste artigo: modalidades de hospitalización,  1ª, 2ª e posteriores baixas... Con posterioridade a que función pública elabore as instrucións, estas pasarán pola Mesa Sectorial para, se cabe, modificar algo.


Desde CIG-SAÚDE rexeitamos a Lei e a posterior instrución. Solicitamos a retirada da norma e a recuperación deste dereito establecido desde o ano 72. Esta medida non pretende mellorar o sistema sanitario, nin a prestación de servizos,  senón aplicar políticas  dirixidas a cebarse cos máis débiles en beneficio dos poderosos. O que está a facer a Admón. e aplicar un imposto sobre a enfermidade, imposto que tamén pretende aplicar ao persoal que este goberno entende que non ten dereito á prestación sanitaria, cando a sanidade debe ser gratuíta e universal.


  • ARTIGO 3.- Acción Social.  A Admón. non vai recoñecer novos complementos de pensións. O persoal que o está a percibir en aplicación do artigo 151 do Estatuto do Persoal Sanitario Non Facultativo seguirá percibindo o devandito complemento, pero non haberá novos recoñecementos.


O persoal laboral e funcionario deixará de percibir os complementos de acción social.

Desde CIG-SAÚDE lamentamos que o SERGAS retire a acción social destinada ao pago de garderías ou escolas infantís,  pois como diría o Sr. Gallardón, isto vai a contribuír a fomentar a “violencia de xénero estrutural” que presiona ás mulleres para que aborten. Se retiran as poucas axudas que hai para a conciliación, cómo pretenden que as mulleres teñan fillos/as?

Xubilación Forzosa. Isto xa está recollido no plan de ordenación de RRHH , na próxima semana enviarán as instrucións do SERGAS que desenvolven este tema.

As contías que se percibían por Acción Social deixarán de percibirse desde o mes de abril.


  • XORNADA LABORAL. A Admón. recoñece que no SERGAS xa se está a facer unha xornada de 37,5 hs semanais. Vanse respectar as xornadas especiais establecidas, redución de xornada en función do nº de noites realizadas. O que si se vai incrementar, a todo o persoal, son as 21 hs correspondentes á redución de 3 días de LD.


A xornada complementaria de medicas/os de urxencias e do persoal de PACs empezará a retribuírse a partires das 132 hs, pola aplicación do incremento das 21 horas de xornada: Xornada complementaria: pasa de 130 a132 hs. Resto da xornada non se modifica. Mantense que a xornada complementaria operará a partires das 190 hs. Para o persoal con Xornada fixa noctuna a xornada pasará a ser de 1451hs. Para o persoal de quenda rotatoria que inclúe noites, vaise publicar unha nova táboa de xornada ponderando o aumento das 21 hs.

CONCLUSIÓN: Respéctanse os acordos vixentes, mais co incremento das 21 hs. Publicarán unha nova táboa de xornada ponderando este aumento de horas.

Desde CIG-SAÚDE rexeitamos o incremento de xornada, isto só vai servir para incrementar a bolsa de parados,  reducindo a contratación. Ademais, o persoal que fai quenda rotatoria complexa con cambios de quenda, xa leva anos facendo máis xornada que a estipulada, polo que xa ten esas 21 hs máis de xornada contabilizadas no tempo que dedica aos relevos nos cambios de quenda.

Desde CIG SAÚDE solicitamos que se recolla en acta un acordo de Mesa Sectorial, coa conseguinte publicación, de que o recorte do 1/3 da xornada non é de aplicación ao persoal do SERGAS. Consecuentemente con isto, a Admón. publicaría unha Orde na que se recollera a desaparición definitiva de: contratos a media xornada, contratos de luns a venres e resto de modalidade de contratacións respectando sempre o principio de causalidade que motiva a contratación. Este tema foi rexeitado pola Admón., argumentando que os contratos a tempo parcial fanse en aras a unha “xestión eficaz”. Unha vez máis van facer o contrario do que anuncian.

 
A “Lei de Medidas” e os cambios na Xornada Laboral do persoal Facultativo Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Marzo 2012 23:00

Recortes-PPA “Lei de Medidas” e os cambios na Xornada Laboral do persoal Facultativo:

a posición da Agrupación Médica de CIG-Saúde.
 

A “Lei de medidas temporais en determinadas materias do emprego público” contén un artigo que pode afectar á xornada laboral das e dos facultativos, nas diferentes categorías e modelos retributivos que temos: FEAs, Médicos de Atención Primaria en atención ordinaria, Médicos de Atención Primaria en PACs, Médicos de Urxencias Hospitalarias, etc.

Artigo 5. Xornada laboral

1. A partir da entrada en vigor desta lei, e para o conxunto de todo o persoal comprendido no seu artigo 1, a xornada ordinaria de traballo terá unha media semanal non inferior ás trinta e sete horas e trinta minutos.

Esta media semanal entenderase sen prexuízo das xornadas especiais existentes, que se adaptarán á xornada ordinaria coas correspondentes modificacións.” 

A CC.AA. de Madrid, na súa propia “lei de medidas” tamén establece a xornada semanal en 37,5 horas, e  para cada facultativo/a a administración creou unha bolsa de horas, coa diferenza entre as 35 horas de xornada laboral que tiñan e as 37,5 horas establecida na súa lei de medidas (aproximadamente 14 días/ano). A administración poderá usar esa bolsa de horas para obrigar aos facultativos/as a facer esas horas de xornada a maiores da que teñen actualmente (tardes, cubrir baixas, ...).      

O día 09/03/2012, o SERGAS presentará en Mesa Sectorial a súa proposta de aplicación no ámbito sanitario da “Lei de Medidas” para o conxunto da área pública.  

Diante da incerteza creada pola aplicación práctica desta Lei á nosa xornada, desde a Agrupación Médica de CIG-Saúde queremos por de manifesto as posicións que defenderemos diante do SERGAS:

1.- Rexeitamos a creación de calquera tipo de bolsa de horas á disposición do SERGAS, porque entre outros motivos, os facultativos/as do SERGAS xa temos unha xornada de 37,5 horas semanais.

2.- Se existen profesionais que na actualidade non fan na práctica as 37,5 horas de xornada semanal, e o SERGAS pretende obrigarlles a facelo, CIG-Saúde defenderá que só se poderá facer dentro da xornada ordinaria. Rexeitamos calquera modificación do ámbito da prestación da atención ordinaria (AP-Ordinaria, AP-PAC,...)

3.- As xornadas especiais (PACs, Urxencias Hospitalarias, ...) teñen que ser respectadas.

4.- Os descansos ininterrompidos de 12 horas entre xornadas de traballo son intocábeis.  

 
OPE e Concurso de Traslados de FEAS e Médicos/as de Urxencias Imprimir Correo-e
Luns, 13 Febreiro 2012 09:14

convocatoria-oposicionsO SERGAS envía o PRIMEIRO BORRADOR da relación de prazas de FEAs e MÉDIC@S DE URXENCIAS HOSPITALARIAS ofertadas a CONCURSO DE TRASLADOS (cadro prazas ofertadas), así como tamén as bases de dito concurso de traslados (descarga aquí as bases).


O SERGAS informou na Mesa Sectorial que os Traslados e a OPE de persoal facultativo especialista de área e do persoal medico/a de urxencias hospitalarias sairán convocados nun mesmo Decreto de OFERTA. O devandito Decreto englobarase dentro da taxa de reposición do 10%, polo que na oferta de oposición serán convocadas 176 prazas, que, segundo a Administración, calcúlanse tomando como referencia todas as vacantes de todas as categorías do sistema, que o resto dos colectivos “cederon” solidariamente (non sabemos a quén lle preguntaron para a cesión solidaria...).


No concurso de traslados poderían convocar algunha praza máis. Nin se convocarán todas as especialidades, nin sairán prazas en todos os centros. A oferta de prazas determinaraa Asistencia Sanitaria.


O Decreto de oferta, sen coñecer o texto, e aplicando a taxa de reposición, foi respaldado por todas as organización sindicais, agás pola CIG-SAÚDE.


Desde a Agrupación Médica de CIG-SAÚDE solicitamos unha convocatoria de OPE e traslado para todas as categorías co 100% das prazas. Rexeitamos a taxa de reposición e solicitamos do SERGAS que traslade esta petición ao goberno central. A taxa de reposición afecta negativamente  ao sistema sanitario e ás/aos seus profesionais:


• Elimina postos de traballo do sistema sanitario público.
• Cómo non se convocan todas as prazas, o persoal vai ver frustrado o seu dereito á estabilidade no emprego.
• Vulnérase o dereito a se poder trasladar dentro do sistema sanitario. No concurso de traslados non se convocarán todas as especialidades, nin se convocarán prazas en todos os centros. Isto tamén sucederá na OPE.
• Como a taxa de reposición tamén afecta ás interinidades, o persoal que resulte cesado por mor deste proceso pasará a englobar a listaxe de persoal contratado en precario do SERGAS.

 
Data e Lugar do exame da OPE da lei 17 Imprimir Correo-e
Luns, 13 Febreiro 2012 08:46

pluma-firmandoO venres 10 de febreiro  publicase no DOG a RESOLUCIÓN do 3 de febreiro do 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro.


Este primeiro exercicio terá lugar nos seguintes días e lugares:
Inspectores farmacéuticos: 24 de febreiro do 2012 ás 10.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid n.º 2-4 de Santiago de Compostela.
Inspectores médicos: 24 de febreiro do 2012 ás 10.00 horas, na Escola Galega de AdministraciónPública, sita na rúa Madrid n.º 2-4 de Santiago de Compostela.
Subinspectores sanitarios: 24 de febreiro do 2012 ás 16.00 horas, na Escola Galega deAdministración Pública, sita na rúa Madrid n.º 2-4 de Santiago de Compostela.
Farmacéuticos inspectores de saúde pública: 2 de marzo de 2012 ás 10.00 horas, no edificio docente Roberto Novoa Santos anexo ao Hospital Clínico Universitario de Santiago,sito na rúa A Choupana s/n de Santiago de Compostela.


Os/as aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.

 
Mobilizacións contra os recortes na administración Pública Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Febreiro 2012 23:00

Calendario de MOBILIZACIÓNS conxuntas, convocadas polos sindicatos presentes na Mesa da Función Pública: CIG, CCOO, UGT e CSIF, contra o Anteproxecto de Lei de Medidas para o Emprego Público.


XOVES 9 DE FEBREIRO, 11:30 hs:
Concentración conxunta de Área Pública en San Caetano.



XOVES 16 DE FEBREIRO, 11:30 hs:
Concentracións nos Centros de Traballo que se determinen en cada comarca.



XOVES 23 DE FEBREIRO, 19 hs:
Concentracións conxunta nas 7 cidades.


Escrito das Organizacións Sindicais  CIG, CCOO, UGT e CSIF, solicitando a retirada do Anteproxecto de Lei de Medidas para o Emprego Público. ico_pdf

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info