ACORDOS DE AT. PRIMARIA

PUBLICADOS NO DOG OS ACORDOS DE PRIMARIA

O DOG do 16 de xuño publica os acordos sobre ordenación e provisión de postos de traballo e condicións de traballo e retributivas no ámbito da atención primaria do Servizo Galego de Saúde.

Ver DOG              Imprimir

 

POLA MELLORA DO PERSOAL DE ATENCIÓN PRIMARIA

A MESA SECTORIAL DO 4 DE ABRIL PECHOU O ACORDO SOBRE AS UNIDADES E SERVIZOS DE ATENCIÓN PRIMARIA. 04/04/2008
De xeito similar ao que sucedeu co acordo de PACs, na xuntanza da Mesa Sectorial do venres, 4 de abril, a redacción do acordo sobre as Unidades e Servizos de AP presentada polo SERGAS, o denominado “documento consolidado”, foi substancialmente enriquecido coa incorporación de practicamente todas as alegacións propostas por CIG-Saúde.
As melloras na redacción, case todas por iniciativa de CIG-Saúde, eliminan dúbidas de interpretación e clarifican os acordos xa acadados previamente o 22 de febreiro.
O acordo foi ratificado por CIG, CCOO, UGT e SATSE. Os dous sindicatos que hai un mes rexeitaban o acordo, CESM e CSIF, é posible que agora sí o asinen, quedando en dar unha resposta definitiva o martes 8 de abril.

 Acta da sinatura.

 Texto do acordo.

CIG-Saúde presenta alegacións ao borrador de documento consolidado do acordo sobre as condicións de traballo en Unidades e Servizos de A. Primaria que presentou o Sergas.

Tal e como se fixera no caso do acordo de PACs (fixando a data de aplicación e aclarando aspectos moi importantes) CIG-Saúde alega o documento final intentando eliminar aspectos que, na nosa opinión, non poden estar no acordo (p.e. que o exercicio da voluntariedade incentivada implique a aceptación de realizar unha parte das horas en Pacs limítrofes) ou aclarando a redacción para evitar dubidas na aplicación (p. e. nas condicións para a realización de gardas forzosas: - só excepcionalmente, e debido á falta contrastada de persoal dispoñible para o mantemento da asistencia sanitaria debida, a dirección do centro poderá adoitar medidas extraordinarias que obriguen á superación dos límites de xornada establecidos; tales medidas só poderán manterse polo tempo imprescindible e por resolución motivada adoptada previa consulta cos representantes do persoal, e estarán condicionadas á adopción simultánea de medidas de captación que permitan restituír a normalidade; a comisión de seguimento establecerá criterios que garantan o principio de equidade na asignación de cargas obrigatorias en caso de que estas chegaran a producirse) 02/04/2008

O venres 14 de marzo, asinouse o acordo definitivo de PACs, logo de que o Sergas introducira certas modificacións no texto a proposta de CIG-Saúde. 14/03/2008

 Acta da sinatura.

 Texto do acordo.

A maioría das Asembleas de Persoal de PACs apoian a ratificación do Preacordo sobre PACs asinado o 22 de febreiro na Mesa Sectorial.

As Asembleas celebradas nas áreas de Ferrol, Santiago, A Coruña e Vigo, apoiaron a ratificación do Preacordo asinado por CIG-Saúde, e outras organizacións sindicais, para mellorar as condicións de trabalo do persoal de PACs.

OS TRABALLADORES DOS PACs DA ÁREA DE FERROL APOIAN UNÁNIMEMENTE O PREACORDO ASINADO NA MESA SECTORIAL.

O 22/02/2008, día en que se asinou o Preacordo, os traballadores dos PACs da área, levaban varios días pechado no hall do Hospital Arquitecto Marcide co obxectivo expreso de presionar á Administración para que aceptara as “Propostas finais de CIG-Saúde para un acordo sobre condicións de traballo nos PACs” datadas o 14/02/2008. No peche participaron a grande maioría dos traballadores de PACs da Área. Na tarde do mesmo día en que se asinou o Preacordo, o seu contido foi coñecido polos traballadores que mantiñan o peche. Despois de debater o texto acordado na Mesa Sectorial, todos os presentes manifestaron de xeito unánime a súa satisfacción polo éxito que significaba o contido do Preacordo. Esa decisión foi confirmada nunha nova asemblea celebrada o luns 25/02/08, no Salón de Actos do Hospital Arquitecto Marcide, onde o persoal de PAC ratificou por unanimidade o seu apoio ó contido do Preacordo.

DE XEITO ABRUMADORAMENTE MAIORITARIO E CON NINGÚN VOTO EN CONTRA, OS TRABALLADORES DOS PACs DE SANTIAGO SE MANIFESTARON CLARAMENTE  FAVOR DO PREACORDO ASINADO NA MESA SECTORIAL.

Na asemblea celebrada o luns 25/02/2008 no Salón Verde do Hospital Psiquiátrico de Conxo, os traballadores de PACs da Área de Santiago apoiaron de xeito amplamente maioritario o Preacordo de PACs asinado na Mesa Sectorial.

OS TRABALLADORES DOS PACs DA ÁREA DE VIGO APOIAN O PREACORDO ASINADO NA MESA SECTORIAL.

O venres 29 de febreiro, no PAC de Coia, reuniuse a Asemblea de Persoal de PACs da Área de Vigo e, cun único voto en contra, decidiu pedirlle a CIG  a ratificación do seu apoio ao Preacordo sobre as condicións de traballo do persoal de PAC.

POR AMPLA MAIORÍA, OS TRABALLADORES DE PACs DA CORUÑA APOIAN EXPRESAMENTE QUE CIG ASINE O PREACORDO ACADADO NA MESA SECTORIAL.

A Asemblea de Persoal de PACs de A Coruña, reunida o día 28 de febreiro no Colexio de Médicos, decidiu, por ampla maioría, pedirlle a CIG que asine o Preacordo, para que CIG-Saúde poida, dentro da Comisión de Seguimento do acordo, seguir xogando un papel determinante na defensa dos intereses do persoal dos PACs, como veu facendo até agora.

AS POSICIÓNS CONTRARIAS AO PREACORDO FORON MAIORITARIAS NAS ASEMBLEAS DE PACs DE LUGO, PONTEVEDRA E OURENSE. Neste último caso houbo, sen embargo, unha importante proporción da asemblea que votou a favor de que se asinara o Preacordo.

O día 29 de febreiro reuniuse a Asemblea de Persoal de PACs da Área de Vigo e decidiu ratificar o seu apoio ao Preacordo sobre as condicións de traballo do persoal de PAC. 29/02/2008
A Asemblea de Persoal de PACs de A Coruña, reunida o día 28 de febreiro, decide, por maioría, apoiar o Preacordo sobre as condicións de traballo do persoal de PAC, sumándose a Santiago, Ferrol e Vigo (que xa apoiara en asembleas anteriores o documento de negociación presentado por CIG-Saúde). 28/02/2008

POSICIÓN DE CIG-Saúde NA NEGOCIACIÓN DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL DE PACs.

O venres 22 de febreiro chegouse na mesa sectorial a un preacordo na negociación sobre as condicións de traballo en PACs que representa un notable avance sobre as condicións de xornada e retribucións actualmente vixentes para este persoal e que elimina as principais ameazas que as anteriores propostas do Sergas viñan recollendo.

A posición da CIG neste conflito foi sempre clara e firme: apostamos pola unidade de acción na Plataforma Sindical ata que alguén decidiu rachala, e fixemos logo unha serie de propostas escritas como condición de firma que foron apoiadas maioritariamente polo colectivo… e o resultado desa nova situación é este preacordo.  Tamén é necesario reiterar que o preacordo só se converterá en acordo unha vez ratificado por unha maioría do colectivo en toda Galicia. 27/02/2008  

POSICIÓN DE CIG-Saúde NA NEGOCIACIÓN DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL DE UNIDADES E SERVIZOS DE AP.

O venres 22 de febreiro chegouse na mesa sectorial a un preacordo condicionado na negociación sobre a regulación de diversas condicións de traballo en Unidades e Servizos de Atención Primaria.  Este preacordo, condicionado a que a aplicación retributiva das TIS (en lugar das actuais Cartillas) non provoque perdas económicas en ningún cupo, representa un notable avance sobre as condicións actualmente vixentes para este persoal en materia de intersubstitución, de voluntariedade e do tratamento do traballo ordinario dos sábados. 27/02/2008

Resumo da proposta inicial do SERGAS e o Preacordo sobre as condicións de traballo do persoal de PAC. 26/02/2008

Información da Mesa Sectorial do 22 de febreiro. 25/02/2008

Na reunión da Mesa Sectorial do 22 de febreiro asinase a acta final de negociación co preacordo sobre as condicións de traballo do persoal de PAC. As organizacións CIG-Saúde, CC.OO., UGT, Satse, asinan a acta, CESM e CSIF deciden non pronunciarse na Mesa sobre o preacordo.

CIG-Saúde condiciona a súa posición final ao debate nas asembleas de PACs. 25/02/2008

Na mesma reunión tamén se asinou un acta final sobre as condicións de traballo que afectan a atención ordinaria, relacionados co Plan de Mellora. Nela, as organizacións que a asinan, aceptan as bases contidas na acta e condicionan a posición final á revisión do texto final consolidado e a os efectos da cuantificación das TIS. 25/02/2008

Valoracións de CIG-Saúde sobre a proposta presentada na Mesa Sectorial do día 19 de febreiro, sobre os temas que afectan a atención ordinaria, relacionados co Plan de Mellora.   21/02/2008

Información da Mesa Sectorial do 19 de febreiro. 20/02/2008

O día 19 de febreiro, reúnese a mesa sectorial para abordar os temas que afectan a atención ordinaria, relacionados co Plan de Mellora. Na reunión se nos fai entrega dunha nova proposta, que avanza nalgúns aspectos sobre a anterior.

Ao inicio da reunión CIG-Saúde manifesta que é necesario que na reunión se fale da proposta do Sergas sobre os PACs, para saber se fará unha nova proposta ou manterá a que presentou, como definitiva e inamovible, na reunión anterior. A administración non quere falar do tema, argumenta que non ten estudadas as alegacións, e que non falará até a próxima reunión. Para a nosa sorpresa o resto das organizacións sindicais presentes na Mesa tamén se negan a falar dos PACs, por que, segundo din, non toca na orde do día.

Ao final da reunión os representantes de CIG-Saúde deciden quedar pechados nas instalacións do Sergas até ter unha confirmación oficial da convocatoria da próxima reunión e de que nela se fará unha nova proposta

REPERCUSIÓN NA PRENSA

Los representantes de la CIG se encierran en el Sergas pidiendo una nueva propuesta para el personal de los PAC, que a su vez permanece encerrado en las siete principales ciudades gallegas. En la reunión sobre el Plan de Mejora de la AP los sindicatos sí obtuvieron avances sobre la intersustitución e incentivación de las horas incentivadas. El Médico interactivo. 20/02/2008

Begoña Peiteado, Xan Ramón Fernández Cid, Lois Méndez, Xoán Cons, Víctor Vila e Manuel G. Moreira (autor da foto)

Médicos y enfermeras de los PAC gallegos se encierran porque rechazan la última oferta del Sergas para mejorar sus condiciones. Los médicos y enfermeras de los puntos de atención continuada (PAC) de Galicia iniciaron ayer por la tarde un encierro indefinido porque rechazan la última oferta realizada por el Servicio Gallego de Salud (Sergas) para mejorar sus condiciones laborales y económicas. Diario Médico. 20/02/2008

O persoal dos PAC de Ferrol rexeita o plan da Xunta e inicia protestas. O persoal dos Puntos de Atención Continuada  acordou, nunha asemblea xeral celebrada no Fontela Maristany, rexeitar por unanimidade a proposta de Sanidade acerca das súas condicións laborais e, por maioría absoluta, apoiaron as propostas do sindicato CIG, o maioritario na Área Sanitaria, para un acordo a ese respecto. La Voz de Galicia, 16/02/2008
Propostas finais de CIG-Saúde para un acordo sobre condicións de traballo en PACs. 14/02/2008
Anotacións de CIG-Saúde sobre a controversia respecto da consideración ou non de traballo a quendas do sistema horario de traballo nos PACs. 14/02/2008

A NEGOCIACIÓN SOBRE AS CONDICIÓNS DE TRABALLO NOS PACs ENTRA NA RECTA FINAL. 14/02/2008.

O mércores 13/02/2008 celebrouse unha nova reunión da mesa negociadora das condicións de traballo do persoal de PACs.  Nela, o SERGAS presentou unha nova proposta, que malia os avances que presenta, CIG-Saúde considera que, para poder asinala, o SERGAS ten que introducir aínda certos cambios. Mais información

Propostas finais de CIG-Saúde para un acordo sobre condicións de traballo en PACs. 14/02/2008
Anotacións de CIG-Saúde sobre a controversia respecto da consideración ou non de traballo a quendas do sistema horario de traballo nos PACs. 14/02/2008
La convocatoria de huelga de CESM para los PAC rompe la unidad sindical. Diario Médico, 15/02/2008
 Información de El Médico Interactivo sobre a situación da negociación o día 13/02/2008, previamente á xuntanza da mesa sectorial dese día: CESM-Galicia y CSI-CSIF convocan huelga en Atención Primaria para cuatro días de febrero y marzo, lo que provoca la ruptura de la Plataforma sindical formada en este ámbito. UGT anuncia que deja la Plataforma.
 CIG-Saúde lamenta a ruptura da Plataforma Sindical pola decisión unilateral doutras organizacións, e anuncia un endurecemento do conflito se fracasan as reunións negociadoras destes días. 14/02/2007

A Plataforma sindical solicita a convocatoria urxente das reunións necesarias para retomar a negociación na busca de solucións satisfactorias para as dúas partes.

As organizacións sindicais CESM-SATSE, CIG, CSIF e UGT, agrupadas na Plataforma Sindical de Atención Primaria, remitimos, nun escrito ao Sergas, as novas propostas sobre as materias obxecto de negociación na Mesa Sectorial, tanto para o ámbito da Atención Primaria Ordinaria como para o ámbito das Urxencias de Atención Primaria, coa vontade de que permitan avanzar cara un acordo imprescindible. 31/01/2008

Sanidade galega. O persoal de urxencias extrahospitalarias retoma as mobilizacións. La Voz de Galicia. 01/02/2008
PERSOAL DOS PAC. Uns 200 traballadores maniféstanse en Compostela. Piden a Sanidade que negocie e “non impoña” as súas condicións laborais. A Nosa Terra. 31/02/2008
A MANIFESTACIÓN  do persoal de PACs  do xoves 31 de xaneiro, xuntou en Santiago a mais de 400 persoas pedíndolle ao Sergas que teña en conta as propostas negociadoras da Plataforma Sindical.
"Carta ao Director" da Voz de Galicia, remitida por María Teresa Castro e publicada o día 29 de xaneiro de 2008
Dúas visións da Atención Primaria:
Pablo Vaamonde García. Médico de Familia, Centro de Saúde de Labañou, ex-director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas. "O primeiro, atender aos pacientes". La Voz de Galicia, 25/01/2008
Ramón Veras Castro. Médico de Familia, Centro de Saúde San Xosé, portavoz da Coordinadora Galega de Médicos de Atención Primaria.  "A sanidade pública precisa serenidade e diálogo". La Voz de Galicia, 28/01/2008
Cal coincide ca túa?
O xoves 24 reuniuse a plataforma sindical para elaborar unha contraproposta de toda a táboa reivindicativa, tanto de ordinaria como de PACs, así como para decidir as mobilizacións a seguir, que se iniciarán cunha MANIFESTACIÓN  de todo o persoal de PACs en Santiago o xoves 31 de xaneiro, as 11:00 da mañá.
Na reunión da mesa sectorial do martes 22 de xaneiro o Sergas presentou unha “nova proposta” de negociación. O texto está máis estruturado dende o punto de vista formal, pero so aporta como única modificación concreta sobre o anterior o cambio das porcentaxes anuais a un 30-25-25-20 % dos complementos de nocturnidade e festividade, mantendo a súa aplicación en catro anos. 24/01/2008

O Sergas convoca Mesa Sectorial para negociar a proposta sobre os PACs para o Martes, 22 de xaneiro ás 17:00 horas en Santiago.

Está previsto que o persoal de PAC se concentre diante do Sergas durante a negociación. 21/01/2008

PACs: Concentracións nas Xerencias de Atención Primaria, o mércores dia 16 ás 10 da mañá.

Na Plataforma Sindical consideramos inaceptable esta proposta porque non aceptamos unha implantación a catro anos, porque non aceptamos a imposición dunha xornada obrigatoria superior á actual, e porque non recoñece todos os complementos que vimos reclamando.

En base a estes argumentos remitimos ao Sergas unha proposta de negociación alternativa. 15/01/2008

Para expresar o rexeitamento do colectivo á proposta do Sergas e para apoiar as xustas demandas da Plataforma Sindical, convocamos unha concentración en todas as Xerencias de Atención Primaria, o mércores dia 16 ás 10 da mañá.

O venres 11 de xaneiro celebrouse a reunión da mesa sectorial prevista para abordar as condicións de traballo en Pacs, na que o Sergas presentou un documento cunha proposta que, en termos xerais, é similar á do 6 de novembro aínda que introduce por primeira vez o recoñecemento dos complementos de nocturnidade e festividade. Proposta do Sergas 

A Plataforma Sindical considera inaceptable esta proposta e remitirá ao Sergas unha proposta de negociación alternativa. 14/01/2008

CONSIDERACIÓNS DE CIG-SAÚDE SOBRE A NEGOCIACIÓN EN ATENCIÓN PRIMARIA

CIG-Saúde fai públicas certas consideracións e aclaracións relativas á conflitiva negociación sobre a mellora das condicións de traballo en atención primaria e ás argumentacións do Sergas contra as propostas dos sindicatos. 09/01/2008

En escrito enviado o día 2 de xaneiro o Sergas fai unha proposta de convocatoria de reunións para o día 11 e 14 de xaneiro, condiconadas á aceptación polas organizacións sindicais dos temas dos que se pode falar e dos que non.

A Plataforma Sindical, formada por CIG, CESM, CSIF, SATSE e UGT, (despois de que se desvinculara CC.OO.) remite un escrito ao Sergas remarcando a aceptación da negociación, pero non aceptando o catalogo de temas proposto polo Sergas, considerando que ten que ser no marco negociador onde se establezan os temas a tratar, os tempos e os posíbeis acordos. 09/01/2008

 Xornada de FOLGA en Atención Primaria

A xornada de folga do día 21 de decembro, convocada pola Plataforma Unitaria formada por CIG-Saúde, CESM, CSIF, SATSE e UGT, (CC.OO. descólgase o día anterior a folga), saldase cun 52% de participación global na quenda da mañá, chegando ao 90% no caso dos médicos nalgunhas áreas, e case 900 persoas nas concentracións diante das catro Direccións Provinciais. Destacar a participación do persoal dos PACs (urxencias de Atención Primaria) nas concentracións, (na folga están co 100% de servizos mínimos).

A folga cumpriu perfectamente o obxectivo de dar un serio toque de atención ao Sergas, e manter o chamamento a que convoque rapidamente unha reunión da mesa sectorial e presente unha nova proposta concreta para negociar.

Diante do fracaso da reunión da Mesa Sectorial do día 18 de decembro, debido á indefinición e falta de concreción da División de Recursos Humanos na súa resposta ao contido da táboa reivindicativa conxunta, todos os sindicatos da mesa sectorial facemos un chamamento a todo o persoal de Primaria (de Pacs e de Unidades, sanitarios e non sanitarios) a participar activa e masivamente na FOLGA convocada para o próximo venres, e a acudir diante das catro Direccións Provinciais do Sergas (en Coruña, Lugo, Ourense e Vigo) para expresar o noso rexeitamento do nulo avance na negociación e para reclamar a convocatoria dunha nova e inmediata reunión da mesa sectorial e unha proposta do Sergas concreta e real, que debería materializarse na vindeira semana.

FOLGA o VENRES, 21 de decembro de 2007, e concentracións diante das Direccións Provinciais ás 11 da mañá dese mesmo día. 18/12/2007

  REPERCUSIÓN NA PRENSA DAS CONCENTRACIÓNS DO DÍA 12:

Situación sanitaria: A Xunta afirma que o problema "é de todos" . Colapso nos Puntos de Atención Continuada e nas Urxencias e denuncias dos médicos do Hospital de Pontevedra ante a Fiscalía. Unha situación que, segundo o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, require da “participación de todos” e non só da administración. A Nosa Terra Diario, 13.12.2007

Los Centros de Salud ensayaron la huelga del día 21. Participo el 90 por ciento del personal de Atención Primaria. QUE! Coruña, 13/12/2007

A sanidade galega, unha mecha a piques de arder. A Nosa Terra, 13/12/2007

El personal de Silleda y Cruces secunda al 100% el paro de los centros de salud. Faro de Vigo, 13/12/2007

Movilizaciones en atención primaria contra Sanidade. El conflicto amenaza con paralizar los ambulatorios el día 21. El Pais, 13/12/2007

As protestas dos médicos atrasan as citas en Pontevedra en case tres horas. O Sergas recoñece que as reivindicacións dos facultativos «estanse notando a nivel organizativo». Concentración ante a consellería e cortes de tráfico en Ourense. La Voz de Galicia,  13/12/2007

El Servicio Gallego de Salud plantea la imposibilidad de implantar la jornada de 35 horas. La reunión de la Mesa Sectorial para el próximo día 18 se presenta como clave en la consumación del paro de 24 horas en Atención Primaria, que ya ha sido convocado por la plataforma sindical para el día 21. El Medico interactivo, 13/12/2007

Constituída a "Plataforma pola Mellora do Persoal de Atención Primaria"

A nova “Plataforma” convoca ao persoal de AP a unha XORNADA DE CONCENTRACIÓNS o 12 de decembro e, no caso de que o SERGAS manteña a súa actual posición  e non se chegue antes a un acordo,  convocará FOLGA DE AP para o día 21 de decembro. 04/12/2007

Todos os sindicatos máis representativos (CIG-Saúde, CCOO, CESM, CSIF, SATSE e UGT) asinan a constitución da “Plataforma".

 - Ver a TÁBOA REIVINDICATIVA UNITARIA da Plataforma   

O día 12 de decembro ás 12 da mañá, o persoal das Unidades de mañá, concentrarase nos propios centros e o persoal das Unidades de tarde e o persoal dos Pac, fará as concentracións diante das Xerencias. 04/12/2007                Ver Convocatoria

  REPERCUSIÓN NA PRENSA:

Los cinco sindicatos mayoritarios en la Mesa Sectorial gallega deciden convocar una jornada de paro en para el próximo 21 de diciembre. CIG, UGT, CSIF, Comisiones y CEMSATSE han formado una plataforma Sindical Unitaria, habiendo convocado para el próximo 12 de diciembre, una concentración conjunta, en protesta por el mal desarrollo del Plan de Mejora en cuanto a las condiciones laborales del personal. El Medico interactivo. 05/12/2007

Os profesionais sanitarios ameazan con facer folga na atención primaria na semana previa ó Nadal. Galicia Hoxe 04/12/2007

RECLAMAN MEJORAS EN SUS CONDICIONES DE TRABAJO. El personal de Atención Primaria y PAC irá a la huelga antes de Navidad. El Correo Gallego 04/12/2007

Os sindicatos anuncian unha folga de Atención Primaria e PAC. A Nosa Terra Diario 04/12/2007

Ameaza de folga en Atención Primaria a semana antes de Nadal. La Voz de Galicia 04/12/2007

 

Novas de Prensa:

Sanidade asegura que está aberta ao diálogo para evitar a folga de médicos de cabeceira. La Voz 28/11/2007

Médicos dos centros de saúde e os PAC irán á folga se o Sergas non mellora as súas condicións laborais. La Voz 20/11/2007

AS PROPOSTAS PRESENTADAS POLO SERGAS NA MESA SECTORIAL DO 06/11/2007 SON, PARA CIG-SAÚDE, CLARAMENTE NEGATIVAS E DECEPCIONANTES

Nun escrito remitido á Dirección Xeral de RR.HH. do SERGAS, CIG-Saúde manifesta o seu desacordo coas propostas da Administración, debulla as súas posicións sobre os temas concretos obxecto de negociación na Mesa Sectorial, e pídelle ao SERGAS que elabore unha nova proposta máis acorde coas perspectivas abertas no Plan de Mellora. Ao tempo, solicítalle ao SERGAS que convoque unha nova xuntanza da Mesa Sectorial.

Escrito do Secretario Xeral de CIG-Saúde á D.X. de RR.HH. do SERGAS, 16/11/2007 

Documento, remitido por CIG-Saúde aos traballadores dos PACs o 07/11/2007, o día seguinte da reunión, no que pode verse un resumo da proposta e a posición de CIG-Saúde.

Proposta presentada polo SERGAS na Mesa Sectorial do 06/11/2007 

Na reunión da Mesa Sectorial do día 6 de novembro o SERGAS presentou propostas sobre os seguintes temas:

1.- Bases de adaptación a T.I.S. (adaptación de conceptos retributivos ao sistema de contaxe por T.I.S.).

2.- Xornada e retribucións do persoal médico e diplomado en enfermería dos PACs.

3.- OPE 2008.

4.- Complemento de intersubstitución.

5.- Incentivos á voluntariedade do persoal médico das unidades e servizos de atención primaria.

6.- Prestación en sábados-mañá.

Os médicos da AP galega poderán librar os sábados, aínda que terán que compensar a perda desas horas durante a semana.  Os sindicatos valoran negativamente as propostas do Sergas para o desenvolvemento do Plan de Mellora da A.P., así como a falta de concreción en materia de recursos humanos. Fortes críticas desde a CIG. El Médico Interactivo, 06/11/2007
  El Sergas propone incentivar en primaria para paliar el déficit médico. El Servicio Gallego de Salud propone a los sindicatos un programa especial para incentivar la voluntariedad para hacer guardias en primaria y paliar así la escasez de médicos de familia. Las medidas planteadas no han sido bien acogidas por parte de los agentes sociales. Diario Médico, 07/11/2007.

Na reunión da comisión de seguimento do Plan de Mellora, celebrada o día 17 de outubro, confirmase o ano 2008 como chave para o seu desenvolvemento.

As medidas tomadas durante o ano 2007 permitirán que ao longo do 2008 se estendan a Historia Clínica e a dispensación electrónica, co conseguinte cambio que isto suporá para os profesionais e os usuarios da Atención Primaria.

Tal como estaba previsto o SERGAS informou que os incrementos de plantilla para o ano 2008 suporán o 35% do incremento previsto para todo o período 2007-2011.

Mais información no resumen da reunión mantida e no análise de cumprimento que CIG-Saúde entregou na citada reunión. 19/10/2007

En resposta ás medidas aprobadas no Plan de Mellora de Atención Primaria o Servizo Galego de Saúde publicou o día 9 de xullo de 2007 dúas Instrucións que afectan directamente ao traballo diario dos profesionais de Atención Primaria: a carga burocrática nas consultas e o acceso ás probas complementarias.

Que estas circulares non se convertan en papel mollado depende, en parte, da actitude que adoptemos os profesionais.

Dende a Agrupación Médica de CIG-Saúde propoñemos unha actitude de vixilancia activa sobre o seu cumprimento. 03/10/2007 

A CIG lamenta que o retraso co que se reuniu a Comisión de Seguimento do Plan de Mellora da AP galega supoña carencias nas substitución deste verán. El Médico Interactivo, 03/07/2007.
Na Mesa Sectorial do 21 de xuño asinase a Acta Final dos temas do Plano de Mellora que afectan as substitucións. 22/06/2007.

O SERGAS acepta pagar a retribución total da persoa  a cubrir na intersubstitución. Fixada agora esta posición, a negociación farase en outubro sobre a data de efectividade desta retribución e a que actividade se vincula. Mentres tanto, retribuirán tal como propoñían co incremento do 50% do actual complemento. 14/06/2007

-          O complemento por intersubstitución

-          As condicións da substitución por prolongación de xornada

-          O contrato de substitución de área. 

O tema que mantiña bloqueado este documento era a intersubstitución, que seguía sen convencernos polo que lles tiñamos enviado sucesivas propostas de modificación.

Na nova versión do documento entregada polo Sergas aparecía modificada a súa redacción en termos máis claros ca anterior pero inda insuficiente para nós: CIG-Saúde viña prantexando e mantivo onte a condición “sine quae non” de que as novas condicións a negociar, sobre a base da retribución total da persoa a cubrir, tiñan que ter unha data de efectos garantida.  Queriamos que esa condición aparecera no texto, e ademais desvincular esta regulación da negociación das TIS (xa que esta necesita a tramitación dun decreto que necesariamente retrasaría a solución).

Finalmente, decidimos aceptar o 1 de decembro como cuestión xa inamovible para nós, condición que foi aceptada polo Sergas, quen ten agora que enviar unha nova redacción incluíndo esta garantía.

Na reunión da Mesa Sectorial do 1 de xuño tratáronse os tres temas pendentes de pechar en reunións anteriores en relacións coas substitucións:

-          o complemento por intersubstitución

-          as condicións da substitución por prolongación de xornada

-          o contrato de substitución de área.

A intersubstitución, unha pedra no zapato do Plano de Mellora. Información da Mesa Sectorial do 01/06/2007. 

Despois da decepcionante xuntanza previa da Mesa Sectorial, na nova xuntanza do 25/05/2007, avanzouse algo no tema da creación do denominado “contrato estable de área” para as substitucións de persoal facultativo en Atención Primaria.    Información da Mesa Sectorial do 25/05/2007.

O Sergas ofrece un contrato de seis meses para a figura do susbtituto vinculado ao sistema recollido no Plano de Mellora da A.P., mentres os sindicatos piden que sexa dun ano e con mellores condicións. (El Médico Interactivo, 17/05/2007).

Xoán Cons: “Todos os sindicatos veremos o que suceda coas substitucións no verán como una pedra de toque para a credibilidade do Plan, e si vemos que non hai solucións, retiraremos o noso apoio, aínda que vamos a esixir que o Sergas cumpra os seus compromisos. A pena é que non está pechado e maduro; un acordo que xa debía estar solucionado: está moi verde”.

Milhares de utentes dos centros de saúde do Norte do país poderão ficar sem médico de família devido a uma possível debandada de médicos espanhóis que estão a trabalhar em Portugal. Jornal de Noticias, 25/05/2007

CIG-Saúde decepcionada polas propostas do SERGAS na reunión da Mesa Sectorial do 15 de maio.

A primeira reunión da mesa sectorial que supón a posta en marcha das medidas acordadas no Plano de Mellora, iniciase tarde e con propostas que non responden aos acordos acadados.

O SERGAS convoca a Mesa Sectorial para tratar dos aspectos previstos no Plano de Mellora da A.P. para o día 15 de maio de 2007.

CIG-Saúde demanda do Sergas a convocatoria INMEDIATA da Mesa Sectorial para tratar dos aspectos previstos no Plano de Mellora da A.P. que é necesario ter acordados antes de xuño, e que son fundamentais para organizar o verán.

O Plano de Mellora dí que as seguintes medidas serán tomadas antes de xuño do 2007, para aplicar no verán:

Negociar en Mesa Sectorial a creación da figura de “profesional facultativo con estabilidade no sistema, en categoría de vinculación continuada” (para a cobertura das ausencias /substitucións e co fin de evitar a marcha dos MIR)

Medida : negociarase na Mesa Sectorial (que será convocada de forma inmediata) a creación de esta figura.

Mellora para o incremento de pago por intersubstitución e substitucións co aumento do 30% no gasto realizado por este concepto no ano 2006 :

Medida : negociarase en Mesa Sectorial (que será convocada de forma inmediata) a mellora do complemento de intersubstitución.

Médicos de los centros de salud anuncian movilizaciones por los incumplimientos del Sergas. La Voz de Galicia, 02/05/2007

Médicos gallegos piden la convocatoria “inmediata” de la Mesa Sectorial para tratar aspectos previstos en el Plan de mejora de la A.P. del Sergas y anuncian movilizaciones en el caso de que no se lleve a cabo. El Médico Interactivo, 03/05/2007.

PLANO DE MELLORA DA ATENCIÓN PRIMARIA

  CIG-Saúde

­   que, malia algunhas críticas e incomprensións, apostou no seu momento pola vía de tentar o acordo nos Grupos de Traballo de Atención Primaria,

­   que foi a organización que mais aportacións orixinais por escrito e oralmente fixo aos Grupos de Traballo e

­   que até o último momento pelexou, para conseguir un bo acordo,

alédase de que finalmente o que conseguimos en Galiza, poda servir de referente noutras zonas do estado.

El Correo Galego, 04/04/2007:

Efecto dominó en la Atención Primaria

"Gracias Galicia". El coordinador nacional de la Plataforma 10 Minutos, Rafael de Pablo, viajó ayer a Santiago para felicitar a las asociaciones profesionales y sindicatos implicados en la consecución del Plan de Mellora da Atención Primaria 2007-20111 consensuado con la Administración autonómica y firmado el lunes.

La incorporación de 300 médicos de familia y 65 pediatras para reducir los cupos por facultativo y conseguir que no haya más de 1.250 tarjetas por médico es una de las principales bases recogidas en este plan que, opinó De Pablo, está desatando ya un "efecto dominó" en otras comunidades autónomas que, como Navarra, Cataluña o Extremadura, empiezan a encarrilar sus propias reformas. "Habéis demostrado al resto del país que esto es posible", dijo De Pablo a los artífices del plan gallego.

Las mesas de negociación que engendraron el plan fueron posibles en Galicia en un contexto muy parecido al actual: una huelga a nivel estatal por los 10 minutos de consulta el 10 de noviembre. Con una convocatoria idéntica prevista para el próximo día 10, el cometido del coordinador nacional en su visita Galicia también fue el de definir la repercusión de las movilizaciones en el nuevo contexto gallego.

La huelga, opinó, deja de estar justificada, "aunque no estaría de más una concentración simbólica por los compañeros que no lo han conseguido". O"Mega, la única organización que había mostrado intención de llamar a la huelga el día 10, dio marcha atrás ayer insistiendo no obstante en las carencias del plan consensuado con la Consellería. La movilización podría limitarse en Galicia a una foto de familia de los firmantes del plan .

1 Todos menos Omega.

CIG-Saúde subscribirá o Plano de Mellora da Atención Primaria.

Logo dos contactos mantidos coa Consellería, e unha vez confirmadas as modificacións introducidas no texto do Plano de Mellora da Atención Primaria, no sentido das propostas que CIG-Saúde viña defendendo, que no substancial están agora recollidas nos seus contidos, a nosa posición final será a de subscribir o Plano.

Os cambios mais importantes son:

Os grupos de traballo deixan de ser “técnicos”  e contarán coa opinión das organizacións asinantes para establecer a súa composición. Así mesmo, as súas conclusións e propostas serán consensuadas coas organizacións asinantes, a través da Comisión de seguimento do Plano.

Desaparición, nos obxectivos por parte dos profesionais, do parágrafo “colaborar coas XAP nas coberturas de intersubstitucións e voluntariedade de gardas e na autoxestión das ausencias no servizo”.

Apertura inmediata da negociación na Mesa Sectorial dos temas relacionados co Plano de Mellora, e posibilidade de iniciar negociacións sobre calquera outro tema relacionado coa Atención Primaria.

Inclusión no Plano da cuantificación do número de prazas necesarias para medicina de familia e pediatría, e o compromiso de cuantificar as do resto das categorías nos grupos de traballo.

Realizar un maior esforzo na creación de prazas no ano 2008, de cara a incrementar as prazas ofertadas na OPE de ese ano.

Táboas resumo do Plano de Mellora  
Última versión do Plano de Mellora presentado polo SERGAS 29/07/2007 
O Plan de Mellora da Atención Primaria do Sergas, co visto bo das asociacións profesionais pero cun profundo cisma sindical, será presentado para a súa aprobación o próximo día 30. CIG-Saúde, tras realizar as súas alegacións e mostrarse partidario de non asinar o documento presentado, adianta que se planteará apoiar o paro estatal dos días 10 de abril e maio. El Médico Interactivo, 24/03/2007.

Propostas de CIG-Saúde sobre o Plano de Mellora da Atención Primaria en Galicia 2007-2011

Sobre o documento presentado pola Administración Sanitaria o pasado dia 2 de marzo como proxecto de concreción dun acordo sobre a Atención Primaria, facemos as consideracións e propostas que expoñemos a continuación.

Reunión de Conclusións das Mesas de traballo para a Mellora na Atención Primaria.  CIG-Saúde manifesta a súa vontade de chegar a un acordo co Sergas pero antes considera necesario introducir modificacións ao documento presentado.02/03/2007  

Plano de Mellora presentado polo SERGAS 

La Atención Primaria de Galicia tendrá antes del mes de junio la figura del médico sustituto con vinculación contractual continuada al sistema. El Médico Interactivo, 15/03/2007.
Plan de Mellora da Atención Primaria: CCOO estima que, co Plan, a AP do Sergas acadará, entre 2008 e 2009, o obxectivo dos dez minutos por paciente. CIG-Saúde cre que non se debe caer na precipitación e que o Plan debe concretar as medidas a tomar non só no ano 2007, senón tamén nos anos seguintes. El Médico Interactivo, 06/03/2007.

Reunión de Conclusións das Mesas de traballo para a Mellora na Atención Primaria.

CIG-Saúde manifesta a súa vontade de chegar a un acordo co Sergas pero antes considera necesario introducir modificacións ao documento presentado.02/03/2007 

Plano de Mellora presentado polo SERGAS 

 UNHA OPORTUNIDADE PARA A ATENCIÓN PRIMARIA EN GALICIA

A visión de CIG-Saúde sobre a situación actual das Mesas de Primaria abertas para dar saídas negociadas ás reivindicacións a favor dos 10’ e da mellora das condicións de traballo 02/02/2007

Documento coas conclusións acadadas nas tres mesas de traballo.

O SERGAS asume como propias as peticións dos grupos de traballo para a mellora da AP en Galicia e anuncia que nun mes presentará un documento con prazos e orzamentos para levalas a cabo. Satisfacción xeral en sindicatos e sociedades, aínda que a CIG advirte a alarma que supón aprazar medidas concretas, e pide negociar xa no apartado retributivo e na intersubstitución  El Médico Interactivo, 03/02/07.
A primaria galega accederá á maioría de probas diagnósticas. Os médicos de primaria de Galicia poderán acceder practicamente ás mesmas probas que están ao alcance dos facultativos de hospital, segundo acordouse nas tres mesas de traballo formadas en novembro para abordar unha reforma do primeiro nivel asistencial. Diario Médico, 26/01/2007
INFORMACIÓN da AgM-CIG sobre as primeiras Xuntanzas, que tiveron lugar o 30-11-2006, dos Grupos de Traballo para a Mellora da Atención Primaria, constituídos a partir da iniciativa da “Plataforma Galega polos 10 minutos de Consulta en Atención Primaria”. 

A VISIÓN DO SERGAS, da 1ª xuntanza dos Grupos de Traballo constituídos entre o SERGAS e as organizacións integrantes da “Plataforma Galega polos 10 minutos de consulta en Atención Primaria”  22/11/2006.

La burocracia ocupa un tercio del tiempo de los médicos de familia. Tres grupos de trabajo definirán soluciones, plazos y recursos necesarios. La Voz de Galicia. 23/11/2006. 

El Sergas fijará plazos para las mejoras en los centros de salud. El Correo Gallego. 23/11/2006.

Constitución dos 3 Grupos de Traballo entre o Sergas e as Organizacións da “Plataforma Galega polos 10 minutos de consulta en Atención Primaria”. 23/11/2006

          Comeza a concretarse a vía de negociación que, a principios de novembro, a “Plataforma Galega polos 10 minutos de Consulta en Atención Primaria” conseguiu abrir co SERGAS. O 22/11/2006 tivo lugar a xuntanza de constitución dos 3 Grupos de Traballo (de recursos humanos, de calidade e de desburocratización) que buscarán solucións aos principais problemas asistencias da Atención Primaria galega.

          Nesta xuntanza de constitución, CIG-Saúde insistiu na necesidade de que os grupos tivesen un resultado práctico e tanxible, fuxindo de cuestións que nos leven a marear a perdiz.  Ratificouse a dinámica de que os tres grupos traballarán de forma simultánea para avanzar máis rápido, sendo a primeira reunión de cada un deles o próximo xoves día 30, e tendo que presentar conclusións concretas a finais de xaneiro.  Nesas primeiras xuntanzas, cada grupo deberá definir o índice de temas sobre os que vai debater e acordar o seu réxime de reunións.  En cada grupo, as distintas organizacións da Plataforma 10’ teremos un representante. A metade deste camiño, aproximadamente, habería unha nova reunión “plenaria” para avaliar cómo marchan os traballos de cada grupo.

          Por outra banda, o noso sindicato insistiu tamén na necesidade de abrir, na Mesa Sectorial, o tratamento das cuestións que máis directamente afectan á regulación laboral e de condicións de traballo dos profesionais de Atención Primaria.

A ATENCIÓN PRIMARIA GALEGA DESPOIS DO 10 DE NOVEMBRO.

A repercusión da folga foi bastante desigual entre as distintas áreas, sendo pequena na maioría dos centros de saúde de Galiza, coa excepción dos da Provincia de Pontevedra, onde tivo maior incidencia e que chegou a acadar cifras relativamente importantes en Vigo.

Unha vez pasado o día 10 de novembro, o fundamental é que os graves problemas da AP galega se negocien seriamente coa administración, aproveitando a vía aberta pola “Plataforma Galega polos 10 minutos de consulta en AP”, que se lle topen solucións a eses problemas e que, sobre todo, esas solucións se apliquen. Para conseguilo é preciso que os profesionais de AP teñan moi claro que a súa mobilización e unidade é a mellor garantía de que os problemas se poidan solucionar. 11/11/2006  

O 07/11/2006, a “Plataforma Galega polos 10 minutos de consulta en Atención Primaria” conseguiu abrir negociacións coa Consellería sobre os problemas asistenciais da AP galega.

Créanse tres Grupos de Traballo, que iniciarán a súa actividade o día 20 de novembro, e deberán presentar propostas concretas con cronogramas concretos de aplicación como máximo no próximo mes de xaneiro.

  • O primeiro Grupo de traballo abordará os problemas relacionados cos Recursos Humanos: número de TIS, presión asistencial, número de pensionistas, dispersión, etc.

  • O segundo Grupo traballará nos aspectos relacionados coa Calidade na Atención Primaria: acceso a tecnoloxía, elaboración de guías clínicas e procesos asistenciais, coordinación cos Hospitais, etc.

  • O terceiro Grupo tratará dos aspectos relacionados coa Burocratización das consultas de Atención Primaria: receitas de crónicos, visados, partes de I.T., etc.

Información da Reunión dos representantes da “Plataforma Galega polos 10 minutos de consulta en Atención Primaria” coa Conselleira de Sanidade.

La Consejería de Sanidad de Galicia y representantes de profesionales y sindicatos formarán de inmediato tres grupos de trabajo sobre la mejora de la Atención Primaria¸ El Médico Interactivo, 08/11/2006.

  Escrito remitido por CIG-Saúde, CCOO, UGT, AGAMFEC, e AGDSP á Conselleira de Sanidade, solicitando a constitución dun Grupo de Traballo (GT) que aporte solucións concretas aos problemas da Atención Primaria de Galicia. 31/10/2006 

Posicións desde as que CIG-Saúde aborda a posíbel creación do Grupo de Traballo (GT):

     Apoiamos a constitución do GT e participaremos nos seus traballos de constituírse.

    Consideramos esencial que “As conclusións deste grupo de traballo, que deberían ser acadadas no máis breve período de tempo, deberán ter unha relación directa co resultado final da prestación de servizos e acompañar a cada situación de deficiencia ou aspecto mellorable coa correspondente proposta de actuación”.

     Lembramos que a mesa sectorial é o marco necesario no que deben realizarse as negociacións concretas que permitan establecer os acordos necesarios para sacar á AP de Galicia da súa precaria situación actual.

    Estamos convencidos de que a participación, o debate, e a mobilización dos traballadores de AP é unha precondición necesaria para que as conclusións do Grupo de Traballo e as negociacións na Mesa Sectorial podan sentar as bases da profundo cambio que a AP de Galicia precisa. Neste sentido CIG-Saúde chama a todos os traballadores de AP a que participen activamente nas mobilizacións convocadas para o 10/11/2006 pola “Coordinadora Galega polos 10 minutos de consulta en AP”.

CIG-Saúde fai fincapé en que as mobilizacións do 10 de novembro deben ser o INICIO dunha campaña de denuncia e sensibilización en defensa da AP.
 

AgM

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org