PLAN DE MELLORA DE A. P.: "Pufo e Panfleto" segundo o PP

 

Diante das declaracións realizadas polo portavoz do Grupo Parlamentar do Partido Popular de Galicia en materia de Sanidade, Rosendo Fernández, no Parlamento de Galicia, cualificando o Plan de Mellora de Atención Primaria de “pufo e panfleto”, CIG-Saúde quere facer as seguintes puntualizacións: 

  • O Plan de Mellora, pese ás dificultades e retrasos na aplicación dalgúns aspectos, supuxo un paso moi importante para a Atención Primaria de Galicia, tanto polo seu contido como pola súa xestación, xa que naceu do acordo de organizacións Profesionais, Sindicais e da Administración.

  • CIG-Saúde considera que neste momento, no ecuador do Plan, é especialmente importante reafirmarse na necesidade da súa completa aplicación, e non aceptará recortes nin cambios que desvaloricen ó pactado.

  • As declaracións do portavoz do Partido Popular son desmentidas polo Diario Oficial de Galicia onde son publicados os orzamentos do Sergas, nel figuran as prazas creadas polo Plan de Mellora para o ano 2009, e o orzamento de cada praza:

ORZAMENTO 2009 - 30% do Total do Plan de Mellora

 

CAT. PROFESIONAL

PRAZAS 6 MESES*

PRAZAS 4 MESES*

PRAZAS 3 MESES*

TOTAL PRAZAS

CUSTO PRAZAS 6 MESES (€)

CUSTO PRAZAS 4 MESES (€)

CUSTO PRAZAS 3 MESES (€)

CUSTO TOTAL (€)

 

Médicos

5

3

86

94

141.938  

56.775  

1.220.664  

1.419.376  

 

Pediatras

20

 

 

20

43.900  

                        -    

                        -    

543.900  

 

DUE

8

3

187

198

131.599  

32.900  

1.538.062  

1.702.560  

 

PSX

4

3

32

39

40.547

20.273  

162.188

223.008  

 

Matronas

10

 

 

10

166.324

                       -    

                        -    

166.324  

 

Fisioterapeuta

4

4

30

38

59.927  

39.952  

224.728  

324.607  

 

Odontólogos

11

 

 

11

262.143  

                        -    

                        -    

262.143  

 

Hixienistas

21

 

 

21

241.459  

                        -    

                        -    

241.459  

 

Tr.Social

2

3

18

23

30.445  

30.445  

137.002  

197.892  

 

Aux.enfermería

31

 

 

31

306.059  

                        -    

                        -    

306.059  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

485

 

 

 

5.387.328

 

*

Prazas consolidadas a partir do 1 de xullo, 1 de setembro e 1 de outubro.

Nota:

Emprégase para os cálculos do custo, o correspondente á categoría orzamentaria máis común en cada categoría profesional. Suponse unha cota patronal da Seguridade Social do 21%.

  • É responsabilidade da Administración a execución orzamentaria e polo tanto é responsabilidade do Partido Popular que esas prazas, creadas e orzamentadas, se convertan en incrementos reais das plantillas dos centros de Atención Primaria.

  • De non facelo así será o Partido Popular o responsable de converter o Plan de Mellora nun pufo e nun panfleto.

  • Neste terreo non son validos criterios economicistas a curto prazo, todo o que se invista en potenciar a Atención Primaria supón un aforro en gasto sanitário a outros niveis, e sobretodo supón un “aforro” de enfermedade, e polo tanto de sufrimento.

  • O Plan de Mellora da Atención Primaria supón unha aposta clara por un tipo de sanidade pública, centrada nas necesidades do usuario e na resposta mais próxima a esas necesidades, polo que contempla un incremento da capacidade de resolución de problemas a este nivel, e por incrementar os servizos que se prestan aos usuarios: actividades preventivas, control de pacientes crónicos, atención a domicilio, cirurxía menor, control da anticoagulación oral (Sintrom), teledermatoloxía, realización de retinografías, etc.

  • Para dar resposta a estas necesidades é para o que se precisan os incrementos de plantillas, polo que o que está en xogo é algo mais que unhas poucas prazas mais no sistema, o que nos xogamos e un modelo de Atención Primaria, de Sanidade Pública, que responda ás necesidades dos usuarios.

      Compostela, 15 de setembro de 2009

 

AgM

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org