adobe file converter download free adobe image ready download adobe illustrator cs download buy cheap Adobe Lightroom 3 manually download of adobe flash player 9 adobe download mac buy cheap adobe creative suite 5 buy cheap adobe flash installer downloaddownload adobe reader latest version buy cheap windows 7 buy cheap free download adobe illustrator cs3 macadobe flashplayer will not downloadadobe flash player download buy cheap Adobe After Effects CS5 buy cheap adobe flash download mirrordownload adobe illustrator 8download adobe 5free download of adobe pagemaker Adobe Fireworks CS5 buy cheap adobe fine reader free download download adobe photoshop cs3 torrentadobe rider download buy cheap Autodesk AutoCAD 2010 free download adobe 6free adobe illustrator program download macdownload dummies books for adobe after effects Adobe Contribute CS5 buy cheap adobe acrobat capture downloadadobe download flash macromedia playeradobe photoshop free download buy cheap Microsoft Office 2007 free adobe photoshop software downloaddownload adobe indesign cs3download adobe illustrator cs buy cheap software download free edition adobe photoshopdownload adobe flashplayeradobe image download buy cheap Adobe Acrobat 9 free adobe photoshop full version download buy cheap Adobe InDesign CS4 buy cheap free download of adobe photoshopadobe reader free download for windows vistadirect download links adobe productshow to download adobe pocket pc onto a pocket pc windows xp buy cheap download adobe flash player 9adobe eps parser plug in download buy cheap Adobe Dreamweaver CS5 adobe acrobat 7 pro downloadadobe album download photo shop AutoCAD Architecture 2010 buy cheap adobe flashplayer 9 downloadfree download adobe premier buy cheap Adobe Photoshop CS5 buy cheap adobe reader download freeadobe flash player version 9 free downloadadobe photoshop elements 3 for mac downloadadobe reader 8 download buy cheap Adobe Photoshop CS4

 

AgM
Quén Somos
At. Primaria
At. Especializada
Carreira Pro.
Urxencias
Fundacións
O.P.E.
M.I.R.
Outras Novas
Lexislación
En Galego
Ligazóns
CIG-Saúde

 

Webs Comarcais:

O Barco

Ferrol

A Coruña

Vigo

Pontevedra

Ourense

Lugo

Santiago

Monforte

Burela

Cee

061

 

 

 

 

Orde Nóminas

2010

 

Orde Nóminas

2010 co Recorte

 

 

 

FADSP

 

A FADSP ven de publicar un interesante libro titulado “Globalización y Salud”

 

 

Nunca Máis

 

 

Fisterra, AP na rede

 

 

 

RECURSOS

BIBLIOGRÁFICOS

Acceso a: U.S. National Library of Medicine

Acceso a: Biblioteca Cochrane Plus

 

 Accesíbel desde a Intranet do SERGAS           O sindicalismo médico útil, galego e solidario

Agregar a favoritos

Páxina de inicio

 

O ANEL RADIOLÓXICO E O FUTURO DA RADIOLOXÍA

O pasado 2 de xuño do 2010 celebrouse en Santiago unha xuntanza da Mesa Sectorial do SERGAS que tiña, como primeiro punto da Orde do Día a “Reordenación dos procesos de radiodiagnóstico”.

A inclusión deste tema na orde do día fora requirido por CIG-Saúde debido a que, as semanas previas, difundírase a información de que as actuais gardas localizadas de radioloxía dos hospitais comarcais ían ser eliminadas e, empregando as posibilidades abertas pola telerradioloxía, íase crear un “anel radiolóxico” similar ao de Madrid.

Unha vez analizados polo miúdo os argumentos do SERGAS, a posición do noso sindicato é de claro desacordo coa proposta de eliminar as gardas localizadas de radioloxía dos hospitais comarcais.

CIG-Saúde considera que a proposta das actuais responsábeis do SERGAS encádrase nunha visión do futuro dos servizos de radioloxía contraria aos intereses da poboación e dos pacientes, e que tamén é contraria aos intereses profesionais e laborais dos radiólogos/as.

Ademais, coidamos que esa proposta presentada supón unha “utilización perversa da telerradioloxía”: que potenciará a imaxe do radióloga/o como mero “lector de imaxes”; que provocará a deslocalización da actividade dos radiólogos/as fora dos hospitais e do contacto cos pacientes e cos demais clínicos; e que, ademais, está estreitamente ligada as estratexias privatizadoras que a actual administración sanitaria galega está empeñada en promover en todos os eidos da actividade sanitaria.

No presente documento razoamos as nosas posicións.  12/07/2010

 

  CONTRATACIÓN DE MÉDICOS SEN TITULACIÓN

CIG-Saúde de Pontevedra denuncia que a Xerencia de Atención Primaria está a contratar médicos sen a titulación necesaria para traballar nos centros de Saúde.

A lo menos son 9 médicos, segundo a Xerencia, os que están a traballar na nosa Área sen a titulación suficiente segundo o Real Decreto 853/1993, do 4 de xuño, que aparte de ser licenciado en Medicina, esixe para poder traballar nos centros de Saúde do sistema Nacional de Saúde ter a especialidade de Medicina de Familia, ou a acreditación do Ministerio para os pre-95, ou calquera outro título ou diploma recoñecidos pola directivas Europeas 93/16/CEE, pero que previamente deben ser recoñecidas polo Ministerio de Educación e Ciencia. Varios destes médicos están en mellores contratos que os médicos de Familia que remataron este ano.   12/07/2010

 

  OPE 2008 MEDICINA DE FAMILIA

Publicación da baremación definitiva de Médic@s de Familia, con publicación na web do SERGAS do listado definitivo de seleccionad@s. 12/07/2010

 

  PRAZAS  FEAS OPE 2008

O  DOG do 25 de xuño publica a resolución do 17 de xuño de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino os aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso nas categorías de FEAS e médicos de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Ver publicación no DOG   25/06/2010

 

PUBLICACIÓN DESTINOS DE TRASLADOS

Nos primeiros días do mes de xullo será publicada no DOG a baremación definitiva, coa adxudicación definitiva de destinos, do concurso de traslados de persoal facultativo, na correspondente resolución se especificarán os prazos de toma de posesión.

Nas seguintes categorías non existen aspirantes: Anxioloxía, Cirurxía cardiovascular, Cirurxía oral, Oncoloxía radioterápica, Xeriatría, Medicina do Traballo

Listaxe definitivo de adxudicación:  25/06/2010

 

ATENCIÓN PRIMARIA - PLAN DE MELLORA

A Consellería de Sanidade está a liquidar o Plan de Mellora de Atención Primaria.

As Organizacións Profesionais e Sindicais que formamos parte da Comisión de Seguimento deste plan queremos facer pública esta situación e manifestar a nosa intención de defender o cumprimento do Plan de Mellora da Atención Primaria.

Engadimos dous documentos, un para a cidadanía, no que tratamos de explicar o que supón a perda do Plan de Mellora, e outro para as e os profesionais, cunha reflexión sobre o propio Plan e o futuro da Atención Primaria.

Contamos coa colaboración das e dos profesionais para difundir o documento para a cidadanía imprimíndoo e repartíndoo entre as usuarias e usuarios dos Centros de Saúde. 23/06/2010

 

  PRAZAS  FEAS OPE 2008

O venres 25 de xuño o SERGAS vai publicar no DOG as prazas que se ofertan para a OPE de Facultativos. Podedes descargalas desde aquí.   23/06/2010

 

ELECCIÓN DE DESTINO PERSOAL FACULTATIVO OPE 2008

O ACTO DE ELECCIÓN DE DESTINO DE PERSOAL FACULTATIVO DA OPE 2008 realizarase no edificio da Consellería de Sanidade (San Lázaro S/N Santiago de Compostela) na mañá do sábado día 26 de xuño de 2010.

Táboa coas horas de inicio da elección de destinos por especialidades  15/06/2010

 

CORRECIÓN ERROS OPE FEAS

O DOG do 15 de xuño publica unha corrección de erros do resultado da OPE 2008 de FEAS.

Resolución do 21 de maio de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario deste servizo, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados/as. 15/06/2010

 

NOVO CADRO DE PRAZAS DE TRASLADOS

O SERGAS facilitounos o novo cadro de prazas para o concurso de traslados. 

Lembramos que esta nova oferta ten que conter, cando menos, a última oferta feita  polo SERGAS na reunión sobre traslados do 26 de maio e que, PARA PERSOAL FACULTATIVO, consistía  en ofertar o 100% de prazas de Médicos/as de Familia e de Pediatría de Atención Primaria.

Para o resto de categorías (nas que se ofertan poucas prazas, categorías pequenas) manteñen a oferta anterior, que consiste en ofertar o número de prazas que saíu para a oposición.

Se observades que falta algunha praza, non dubidedes en poñervos en contacto con nós.

O SERGAS convoca ás organizacións sindicais a unha reunión que terá lugar o vindeiro venres, día 18 de xuño, ás 12:00 horas co obxecto de seguir coa negociación do concurso de traslados. 09/06/2010

 

PARA O PERSOAL DO SERGAS DUPLO RECORTE SALARIAL

Documento de máximo interese sobre os recortes salariais que lle toca aplicar á Xunta de Galiza

O día anterior á convocatoria de folga a Administración galega convoca a Mesa Xeral de Función Pública para presentar o proxecto de Lei que fai efectivo en Galiza o recorte salarial aprobado polo goberno de Madrid. 08/06/2010

Á “contribución para paliar a crise” que xa fixemos cos nosos salarios desde a SUPRESIÓN ACORDO RETRIBUTIVO co SERGAS súmase a “contribución” que faremos agora coas MEDIDAS DO GOBERNO APROBADAS NO CONGRESO DOS DEPUTADOS.

Resultados para o persoal Facultativo 04/06/2010

Ver máis información do recorte 04/06/2010

 

NOTAS DEFINITIVAS DA BAREMACIÓN DA FASE DE CONCURSO DE FACULTATIVOS

Publicada no DOG do 31 de maio de 2010 a resolución de RR.HH. pola que se publican as puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso de diversas especialidades de FEAS, Médico Coordinador  061, Medico de urxencias hospitalarias, Médico especialista en medicina do traballo, Farmacéutico de A.P., Odontólogo de A.P., Pediatra de A.P.

Os aspirantes definitivamente seleccionados deberán presentar a documentación solicitada ata o 17/06/2010.

Máis información na web do Sergas

 

CONCURSO DE TRASLADOS

Publicada no DOG do 26 de maio a  Resolución do 20 de maio de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de prazas de diversas categorías de licenciados sanitarios convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2010.

  Ábrese un prazo de quince días hábiles para formular reclamacións contra ela.

Máis información na web do Sergas

 

CALENDARIO OPE E TRASLADOS LICENCIADOS SANITARIOS

Primeira quincena de maio 

- Publicación notas definitivas fase de concurso da OPE de FEAS.

- Publicación resolución provisional concurso de traslados de FEAS 

Segunda quincena de maio  

- Convocatoria concurso de traslados de atención primaria. 

Segunda quincena de xuño 

- Publicación resolución definitiva concurso de traslados de FEAS

- Publicación notas definitivas da fase de concurso de Médicos de Familia.

- Elección de destino de FEAS. 

Pendente de decidir a data de toma de posesión de ámbolos dous procesos, que será comunicada a vindeira semana.

 

OPE MÉDICOS DE FAMILIA

O mércores, día 28 de abril  publicase a baremación provisional da fase de concurso da OPE de Médicos de Familia.

Notas por Puntuación

Notas por Apelidos

 

   MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

MANIFESTACIÓN

DOMINGO, 25 de ABRIL

Diante da política privatizadora do PP no goberno da Xunta e da política de recortes no gasto público do Goberno central, é preciso saír á rúa e esixir con voz firme:

Un sistema SANITARIO PÚBLICO de calidade, garantido a poboación os principios básicos de universalidade, gratuidade, e equidade no acceso ao sistema.

Un ensino público e de calidade, dotándoo de maiores orzamentos e suprimindo os concertos educativos.

O reforzo e a ampliación dos servizos públicos creando emprego e transformando o temporal en estable. Ampliación da propia administración pública como proposta de defensa do público fronte ao privado

A consolidación dun sistema público galego de servizos sociais que garantan os equipamentos precisos para acadar uns servizos que cubran as necesidades sociais do conxunto da poboación galega.

Cartaz  e Folla informativa

 

MANIFESTACIÓN CONTRA A PRIVATIZACIÓN EN PONTEVEDRA

Mais de 10.000 persoas manifestáronse en Pontevedra contra a privatización da sanidade e pola defensa do proxecto de Montecelo.

"Estamos afeitos a mollarnos. Mollámonos co Nunca Máis, polo galego e agora tócanos mollarnos contra á privatización da sanidade". Foron as primeiras palabras do médico pontevedrés Fernando Filgueira coas que comezou a lectura do manifesto reivindicativo que o venres 16 de abril puxo punto e final á manifestación convocada pola Plataforma contra á privatización e polo hospital único de Pontevedra. Unha cita masiva que non conseguiu deslucir a forte chuvieira que caeu no mesmo momento no que arrincaba a marcha na praza da Ferrería.

Ver a noticia en Avantar

Intensifícase a campaña pola ampliación de Montecelo con vistas á manifestación do venres 16 de abril. 

Concellos, partidos, sindicatos e veciñas e veciños sairán á rúa o venres 16 para defender á Sanidade Pública.

O obxectivo é que o próximo venres 16 de abril a cidadanía da área sanitaria de Pontevedra, potenciais usuarias e usuarios do sistema público de saúde, saian á rúa de xeito masivo para rexeitar o proxecto de construción de novo hospital que promove a Consellería de Sanidade en Monte Carrasco (Marcón) e defender a ampliación de Montecelo, ou o que sería o mesmo, abrir a porta á privatización da sanidade pontevedresa ou garantir o servizo público.

A Plataforma contra á privatización e polo hospital único de Pontevedra alerta de que o proxecto de Monte Carrasco hipotecará os investimentos sanitarios na área durante os próximos 20 anos e multiplicará por sete o custo da infraestrutura hospitalaria cuxa construción e explotación quedará en mans de aseguradoras, bancos e construtoras.

 

   MANIFESTACIÓN CONTRA A PRIVATIZACIÓN EN FERROL

Éxito da manifestación en Ferrol contra a privatización da sanidade pública

Máis de 5.000 persoas participan en Ferrol nunha marcha pola sanidade pública. A marcha foi convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, unha entidade da que forman parte 44 entidades sociais, sindicais e veciñais da comarca.

Ás mobilizacións contra a privatización e en defensa da sanidade pública, terán continuidade en Ferrol, o domingo 11 de abril ás 12 da mañá, coa manifestación convocada pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

 

IMPRESIONANTE MANIFESTACIÓN CONTRA A PRIVATIZACIÓN EN VIGO

Máis de 50.000 persoas enchen as rúas de Vigo co berro unánime de "non á privatización" e na defensa da sanidade pública. 25/03/2010

A cidadanía de Vigo di un NON  rotundo á privatización do novo hospital de Vigo nunha IMPRESIONANTE manifestación. Mais de 50.000 persoas marcharon dende o cruce de Vía Norte ata o edificio da Xunta.

A marea humana era tal que cando a cabeceira da manifestación chegou ao seu destino aínda non arrancara a cola da mesma, cando se rematou de ler o manifesto e a xente se retiraba a cola aínda estaba no cruce da Gran Vía, era un cruce entre os que ían e os que volvían.

O goberno do PP ten que tomar nota e os responsables da sanidade galega teñen que reflexionar sobre a súa capacidade para representar os intereses sanitarios da cidadanía. Vigo xa fixo historia con esta mobilización e converteuse na punta de lanza da loita en Galiza en defensa da sanidade pública.

 

CALENDARIO OPE E TRASLADOS

CALENDARIO AVANZADO POLO SERGAS SOBRE OPE E TRASLADOS:

FEAS: Incorporación antes do verán tanto ope como traslados (seguramente en xuño antes das vacacións)

RESTO CATEGORÍAS: Incorporación seguramente no mes de outubro.

TRASLADOS RESTO CATEGORÍAS: Despois de Semana Santa teremos un borrador, a día de hoxe están traballando nas prazas que van ofertar, esperan te-las pechadas a mediados de abril. 18/03/2010

 

V CONGRESO DE CIG-SAÚDE

CIG-Saúde celebramos o noso V Congreso durante os días 13 e 14 de marzo, no Hotel Auriense, en Ourense. As/os 143 congresistas convocadas/os, debatemos, entre o sábado e o domingo, as ponencias de Acción Social e Política Sanitaria e de Organización e Estatutos e eliximos á nova Secretaria Nacional e á Executiva.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE CONTRATACIÓNS TEMPORAIS

O venres 12 de marzo publicouse no DOG a resolución do 5 de marzo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se procede a dar publicidade ás listaxes definitivas de persoas aspirantes a vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Nas categorías de Persoal médico de familia, Persoal médico de urxencias hospitalarias, Pediatra, Odontólogo/a, entre outras, correspondentes ao proceso de incorporación de novos méritos e selección de novas persoas aspirantes, formalizado pola resolución do 1 de abril de 2009 do citado centro directivo.  12/03/2010

 

PLATAFORMA CONTRA A PRIVATIZACIÓN DE PONTEVEDRA

ACTO PÚBLICO INFORMATIVO DA PLATAFORMA CONTRA A PRIVATIZACIÓN E POLO HOSPITAL ÚNICO DE PONTEVEDRA, O MARTES 2 DE MARZO, AS 20H, EN CAIXANOVA.

Pontevedra comeza unha campaña contra o modelo neoliberal. Xornal de Galicia, 28/02/2010.

El frente pro Montecelo advierte que con el nuevo hospital está en juego el sistema público de salud. Expondrán en Caixanova cómo la privatización de la sanidad deteriora la calidad asistencial. Faro de Vigo, Ed. Pontevedra, 28/02/2001

Dos expertos “desnudarán” el sistema de Monte Carrasco. Diario de Pontevedra, 28/02/2010

Máis información en: www.unicoepublico.com

 

O PP VOLVE A IMPOR A COLEXIACIÓN OBRIGATORIA

O PP ACABA COA LIBERDADE DE COLEXIAÓN E IMPÓN A COLEXIACIÓN OBRIGATORIA.

 A Xunta aprobou a Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

 Nesa lei se establece (pax. 2037 do DOG do martes, 23 de febreiro de 2010) que “… será obrigatoria a colexiación para os profesionais médicos e os demais profesionais de ciencias da saúde ao servizo das administracións públicas cuxas funcións comprendan a realización de actos profesionais que teñan como destinatarios inmediatos os usuarios do Sistema Público de Saúde de Galicia, así como tamén para o exercicio da actividade privada».

 Texto da Lei 1/2010 que establece a Colexiación Obrigatoria

 CIG-Saúde denuncia que Sanidade vulnera a liberdade de decisión dos profesionais ao impor a colexiación obrigatoria. 24/02/2010

 Modelo de Reclamación para que o SERGAS abone a colexiación dos profesionais con dedicación exclusiva.

 

NOVA CONCURSO DE TRASLADOS

O SERGAS informou a CIG-Saúde, e aos demais sindicatos, que no Concurso de Traslados de Análises Clínicos, de maneira similar ao que sucedeu no Concurso de Traslados de 2007, poderán participar tanto os FEAs de Análises Clínicos como os de Bioquímica Clínica. 22/02/2010.

 

MOBILIZACIÓNS CONTRA A PRIVATIZACIÓN EN VIGO

A Comisión de Centro do CHUVI ten convocada para o día 24 de febreiro unha Folga no CHUVI e unha Manifestación ás 8 da tarde dende o H. Xeral.

A folga e a manifestación pretenden ser a expresión do rexeitamento do conxunto das e dos profesionais do Sergas das medidas contra a Sanidade Pública que pretende adoptar a Consellería de Sanidade.

A Agrupación Médica de CIG-Saúde anima a tódalas/os profesionais, tanto de Especializada como de Primaria a que acudan ás mobilizacións convocadas pola Comisión de Centro do CHUVI do día 24 de febreiro.

Dado que a Atención Primaria so ten sentido nunha Sanidade Pública forte e desenvolvida, dende a Agrupación Médica facemos un chamamento para que a presenza da Atención Primaria na Manifestación sexa masiva.

 

NOTAS PROVISIONAIS FASE DE CONCURSO FEAS OPE 08

O DOG do 19 de febreiro publica as notas provisionais da Fase de Concurso de diversas categorías de facultativos da OPE 2008.    20/02/2010

 

DOG 19 de febreiro:
cirurxía xeral e aparello dixestivo
nefroloxía
psiquiatría
xeriatría
A finais de marzo está previsto que se publiquen as de Medicina de Familia

 

CONTRA A PRIVATIZACIÓN

Contra á política privatizadora que promove a xunta do P.P., e en apoio das mobilizacións das/os traballadoras/es e das plataformas cidadáns que defenden a sanidade pública.

Resolución do Consello Nacional de CIG-Saúde do 22 de febreiro de 2010.

Documento contra a Privatización da Sanidade Pública, centrado no Novo Hospital de Vigo, presentado na Asemblea de delegadas e delegados de tódolos sectores da CIG do 4 de febreiro de 2010 en Vigo.

 

ARTIGOS DE ACTUALIDADE EN "CADERNOS DE ATENCIÓN PRIMARIA"

No novo número da revista da AGAMFEC “Cadernos de Atención Primaria” aparecen interesantes artigos de actualidade, entre outros:

Por que parece que ningún médico de familia quere traballar nos PACs?. Begoña Peiteado Garrido. Médica do PAC de Vigo.

A necesaria adaptación ás cada vez menos novas tecnoloxías. Luis Verde Remeseiro. Médico e Xestor Sanitario

Área de saúde: estrutura sanitaria, ademais de coordinada, integrada na comunidade. Ramón Veras Castro. Médico de Familia do C.S. San Xosé. A Coruña

O galego na sanidade. Manuel González Moreira. Médico de familia. CS Nicolás Peña. Vigo

 

PROXECTO DE XESTIÓN INTEGRADA

CIG-Saúde demanda que Sanidade explique o seu proxecto de xestión integrada de área nas provincias de Lugo e Ourense. Solicita información respecto da situación sanitaria, carteira de servizos e dotación de Recursos Humanos nos hospitais de Burela, Monforte, O Barco e Verín.  15/02/2010

Ver a noticia en Avantar

 

PUBLICADAS NOTAS PROVISIONAIS FASE DE CONCURSO FEAS OPE 08

O DOG do 12 de febreiro publica as notas provisionais da Fase de Concurso de diversas categorías de facultativos da OPE 2008.    12/02/2010

DOG 12 de febreiro:
análises clínicas
aparello dixestivo
farmacia hospitalaria
medicina física e rehabilitación
microbioloxía e parasitoloxía
odontólogo/a de atención primaria

Ábrese o prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

 

 

CONVOCADO CONCURSO DE TRASLADOS

O DOG do 10 de febreiro publica a resolución do 21 de xaneiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciadas/os sanitarios.   10/02/2010

Cada concursante deberá cubrir unha única solicitude a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides), seguindo as instrucións que se establecen no anexo V e axustándose necesariamente ao modelo establecido; unha vez cuberta a solicitude segundo se indica, deberá imprimir copia en papel e presentala xunto coa documentación acreditativa.

O prazo de presentación da solicitude, á cal deberá unirse necesariamente toda a documentación que se achegue, será dun mes contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 

CONSTITUÍDA PLATAFORMA CONTRA A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE EN PONTEVEDRA

A CIG de Pontevedra xa aprobara no seu V Congreso unha resolución neste sentido e CCOO prefire quedar á marxe.

Constituída a Plataforma contra a privatización da Sanidade e polo Hospital Único de Pontevedra

O pasado luns día 1 de febreiro constituíase a Plataforma contra a Privatización e polo Hospital Único de Pontevedra da que forman parte asociacións de veciños, organizacións sindicais, políticas, concellos e a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública (AGDSP). Só CCOO decidiu quedar á marxe. A plataforma fará a súa presentación pública no café Moderno o próximo día 11 de febreiro. 04/02/2010

 

INÍCIANSE AS MOBILIZACIÓNS CONTRA A PRIVATIZACIÓN EN VIGO

A Comisión de Centro do CHUVI convoca asembleas e mobilizacións contra a privatización do Novo Hospital. Máis información: web CIG-Saúde Vigo

Outro éxito mais de participación na concentración que se celebrou o xoves 4 de febreiro no Hospital do Meixoeiro para protestar contra a privatización do novo hospital de Vigo. Unhas 800 persoas participaron nesta protesta que percorreu os arredores do hospital e que logo se dirixiu cara as dependencias da dirección do centro. 04/02/2010

Preto de 2000 persoas participaron o martes 2 de febreiro na concentración-manifestación celebrada no hospital xeral de Vigo. A gran participación demostra a sensibilización que o persoal ten en contra da privatización de servizos na sanidade publica. 02/02/2010

 

CONFIRMADA A PRIVATIZACIÓN DO NOVO HOSPITAL DE VIGO

Confírmase a agresión á sanidade pública e aos dereitos da cidadanía. Gañan os intereses privados, perde o conxunto da sociedade. 

Diante do anuncio do plan de viabilidade económico financeira do novo hospital de Vigo, a Agrupación Médica de CIG-Saúde quere manifestar o seu mais rotundo desacordo co modelo empregado para o financiamento da construción, que condicionará a xestión do mesmo, poñendo nas mans dos intereses privados a xestión dos servizos non sanitarios. 22/01/2010

Desafiando aos traballadores e traballadoras e ao conxunto da cidadanía o SERGAS confirma a privatización do Novo hospital de Vigo coa posta en marcha da Exposición pública do novo Hospital de Vigo, e coa publicación dos documentos:

Estudio de viabilidade económico-financeira da concesión de obras públicas para a redacción do proxecto, financiamento, construción e explotación de determinados servizos non clínicos complementarios.

Réxime de Utilización e Explotación da Obra.

 

INFORMACIÓN CONCURSO DE TRASLADOS

PRAZAS DEFINITIVAS CONCURSO DE TRASLADOS    30/01/2010

O Sergas  envíanos a relación de prazas definitivas que serán convocadas no vindeiro concurso de traslados de persoal licenciado sanitario do organismo, que será enviado ao DOG a vindeira semana.

En vermello aparecen todas as modificacións que foron introducidas desde a primeira relación de prazas que foi facilitada.

As prazas de radiofísica hospitalaria de Galaria, finalmente se decidiu que foran ofertadas na localidade de LUGO.

Información sobre o Concurso de Traslados (CT) despois da Mesa Sectorial do 21/01/2010. 

Aprobouse a “Resolución do 21 de xaneiro de 2010 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios deste organismo.

O SERGAS presentou un novo cadro das prazas que saen a traslados distribuídas por hospitais

Ver o documento de CIG-Saúde no que se comparan as prazas sacadas á OPE e as que agora saen a Concurso de Traslados, actualizada cos pequenos cambios presentados pola administración na Mesa Sectorial do 21/01/2010.

 

EN DEFENSA DA CONVIVENCIA E DO GALEGO

Miles de persoas enchen o Obradoiro para manifestarse “en defensa da convivencia e do galego”

Os estudantes sumáronse masivamente á marcha

A manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego colapsou Compostela superando mesmo a asistencia prevista pola organización, que cifrou a participación nunhas 80.000 persoas, cunha máis que significativa asistencia de estudantes, que apoiaron masivamente a mobilización. A plataforma cidadá tamén valorou como un éxito o seguimento da folga convocada no ensino, que foi secundada por preto do 90% do profesorado e o estudantado. 22/01/2010

  As médicas e médicos da Agrupación Médica de CIG-Saúde, como toda a CIG, apoiamos as mobilizacións promovidas por “Queremos Galego”, para parar o decretazo do PP contra a lingua galega. 15/01/2010

Chamamos a todas e a todos os profesionais da sanidade que non traballen durante a mañá do próximo xoves, 21 de xaneiro, a que acudan á Manifestación que sairá ás 11:30 da Alameda de Santiago de Compostela.

Continuaremos no ronsel da grande manifestación en defensa da lingua que tivo lugar en Compostela o 18 de outubro pasado, cando 100.000 persoas colapsaron Santiago na defensa do galego, nunha das maiores manifestacións da historia de Galiza.

As mentiras do Goberno do PP sobre a lingua galega.

ProLingua leva a defensa do galego a medio mundo.

A asociación ProLingua está a promover, xunto coa editorial Laiovento, a publicación dun libro cuxo título provisional é "55 mentiras sobre a lingua galega". A presentación do libro será realizada o próximo día 5 de febreiro e terá unha característica moi especial: o libro será presentado ao mesmo tempo (rigorosamente, ou sexa mesmo día e mesma hora GMT) nas principais cidades galegas, en numerosas vilas do país, en diversas cidades españolas e nun importante número de cidades all around the world. E é que aos galegos, por máis que catro gatos se empeñen en afirmar o contrario, non hai quen nos gañe en cosmopolitismo e plurilingüismo.

Entre as cidades que albergarán actos de presentación desta primeira publicación de ProLingua, encóntranse Lisboa, Londres, París, Nova York, Bruxelas, Tel Aviv, Cork, Bos Aires, Copenhagen... Aqueles que poidades colaborar para estender a iniciativa a outros lugares, entrade en contacto neste e-mail ou nestoutro. 15/01/2010

Ver os “argumentos” do Partido Popular a favor do decreto.

Análise da Plataforma ProLingua sobre o argumentario do Partido Popular a favor do borrador de decreto. 18/01/2010

 

 O COPAGO SANITARIO

Un artigo de VICENÇ NAVARRO.

Estase a espallar a idea de que se o paciente tivera que pagar por ser atendido no sistema sanitario, pensaríao dúas veces antes de ir ao médico, reducindo as visitas ás estritamente necesarias.

  “O problema non é o abuso dos servizos sanitarios por parte de la poboación, senón o deseño da atención primaria sanitaria, que sobrecarga ao médico con responsabilidades que noutros países realizan outro tipo de profesionais, como os de enfermaría ou persoal administrativo. ...

  En realidade, o que está ocorrendo é que se pide ao usuario que cubra os grandes déficits de fondos do Estado, resultado da escasa carga impositiva das rendas superiores (segundo a Comisión Nacional do Mercado de Valores, o salario medio dos directivos das empresas que cotizan en Bolsa é de 56.250 euros ao mes) e do enorme fraude fiscal entre esas rendas, que teñen unha carga fiscal sensiblemente inferior ao promedio da UE-15.” Público, 07/01/2010.

 

INFORME DA UNIÓN DE CONSUMIDORES

  A sanidade galega: bos profesionais e tempo de espera excesivo.

Un informe da Unión Galega de Consumidores revela que os pacientes desaproban a simultaneidade do exercicio público e privado da profesión médica. Vieiros, 08/01/2010

Ver informe completo

 

 O GASTO SANITARIO GALEGO POR DEBAIXO DA MEDIA ESTATAL

A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública advirte dun maior déficit orzamentario nos gobernos do PP.      Ver informe

O Goberno galego adica este ano 1.333 euros á cobertura sanitaria de cada cidadán, é dicir, 27 euros menos por persoa que nos orzamentos da Xunta do 2009. Atendendo a estes datos, a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP) alerta sobre a insuficiencia do gasto sanitario per cápita, que se sitúa en Galiza por debaixo da media estatal (1.343 euros por persoa).

Nun estudo no que comparan o gasto sanitario de cada comunidade autónoma, a FADSP subliña que hai un maior déficit orzamentario naqueles territorios que goberna o PP. Así, denuncian "diferenzas notorias" no orzamento per cápita entre os gobernos que máis adican e os que menos: Euskadi destina 1.623 euros á sanidade de cada cidadán mentres que Baleares é o que menos gasta neste concepto (1.066 euros).

Finalmente, estas asociacións destacan que, como xa ocorrera no ano pasado, as comunidades gobernadas por progresistas teñen uns orzamentos per cápita maiores que as outras: 1.366 euros de media fronte a 1.317 nas gobernadas por conservadores. Do mesmo xeito, subliñan que o modelo de financiamento autonómico "non supuxo melloras nos orzamentos sanitarios por mor do seu carácter non finalista". 05/01/2010

 

OS MÉDICOS DE FAMILIA E AS ITs

Os Médicos de Familia madrileños rexeitan as medidas de “incentivación” para que restrinxan as IT así como a Resolución, promulgada polo goberno autonómico presidido por Esperanza Aguirre, que os obriga a asumir toda a burocracia relacionada coas baixas. (El Médico Interactivo, 22/12/2009).

 

NOTAS PROVISIONAIS DA BAREMACIÓN DA FASE DE CONCURSO DE FACULTATIVOS

O mércores 30 de decembro de 2009 publícanse na web do SERGAS as notas provisionais da baremación da fase de concurso de facultativos.

Coa excepción das seguintes categorías: - Análises clínicas - Aparello dixestivo - Cirurxía xeral e aparello dixestivo - Farmacia hospitalaria - Medicina física e rehabilitadora - Médico de familia - Microbioloxía e parasitoloxía – Nefroloxía – Odontoloxía – Psiquiatría – Xeriatría.

Ábrese prazo de reclamacións ata o 23 de xaneiro.

 

CURSO DE DIPLOMADO EN SAÚDE PÚBLICA

Publicada no DOG do 23 de decembro a convocatoria do Curso 2010 de “Diplomado en Saúde Pública”.

O curso terá unha duración de 275 horas lectivas, das que 200 terán carácter presencial, agrupadas en 6 módulos temáticos, e as 75 restantes corresponden á execución e presentación dun traballo práctico relacionado cos contidos do curso.

O prazo para presentar solicitudes remata o 15/01/2010.

 

INFORMACIÓN DA MESA SECTORIAL DO 23/12/2009

Aprobáronse as bases que rexerán o Concurso de Traslados; por outra banda ficou clara a oposición de CIG-Saúde, e de todos os sindicatos da mesa sectorial, diante da pretensión da Administración de incumprir tamén os seus compromisos en relación coas prazas a convocar no Concurso de Traslados.

A proposta da administración non contempla o 100% das prazas existentes nos grandes hospitais e, pola contra, oferta prazas a traslados nos comarcais e nos hospitais exfundacións.

Esixímoslles que respecten os acordos asinados, sobre todo no referente a que na convocatoria de traslados teñen que saír o 100% das prazas da convocatoria de OPE, así como en que non se ofertará ningunha praza na OPE que previamente non fose ofertada a traslados.

Quedaron en consultalo; supoñemos que a consulta farana ás/aos superiores e ás/aos xefes/as de servizo. Denunciamos que estaban retrotraendo a situación ao ano 2005 e que estes temas xa foran superados coa negociación da OPE e traslados do 2006.

Quedaron en convocar unha nova reunión a volta das vacacións. 26/12/2006.

 

Ver o documento de CIG-Saúde no que se comparan as prazas sacadas á OPE e as que agora saen a Concurso de Traslados, actualizada cos pequenos cambios presentados pola administración na Mesa Sectorial do 23/12/2009.

 

PRAZAS CONCURSO DE TRASLADOS E OPE 2008

O SERGAS nos avanza as Prazas que se publicarán no CONCURSO DE TRASLADOS de Licenciados sanitarios.  

Borrador das bases da resolución pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios do SERGAS.

OPE 2008: A intención do SERGAS é publicar antes de rematar este ano a fase de concurso (baremación) da maioría das categorías, agás médicosde familia que se fará en xaneiro. 17/12/2009 

 

  LISTAXES DE CONTRATACIÓNS

 No DOG do venres 18 de decembro publícanse as listaxes de contratación para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, entre outras, das categorías de:

Medico de familia

Pediatra

Médico urxencias hospitalarias

Odontólogo

O prazo de reclamación ás citadas listaxes incrementase a 20 días hábiles por mor das datas coincidentes co Nadal.

 

DECRETO ESTATUTARIZACIÓN FUNCIONARIOS LEI 17

Na reunión da Mesa Sectorial celebrada o dia 17 de decembro de 2009, o SERGAS aprobou o decreto de integración no réxime estatutario das/os funcionarias/os da Lei 17/1989. A CIG-SAÚDE non apoio o devandito Decreto dado que a Administración non recolleu ningunha das alegacións que presentamos.

Máis información

 

VALORACIÓN DA XORNADA DE FOLGA

CIG-SAÚDE valora positivamente a participación das/os traballadoras/es na folga convocada no día 16 de decembro de 2009.  A  participación nesta folga pódese cifrar en que foi secundada por máis do 80% do persoal do SERGAS; asemade, os motivos que levaron á convocatoria de FOLGA son compartidos polo 100% das/os traballadoras/es.           

Non imos entrar nunha guerra de cifras cos datos que facilita a Admón, pero si queremos subliñar que o SERGAS tentou minimizar a participación na folga declarando uns servizos mínimos abusivos; nalgún caso  os servizos mínimos decretados foron superiores ao número de traballadoras/es que compoñen o cadro de persoal; é curioso que se reforcen os cadros de persoal  un día de folga, ou que se contabilicen as peonadas como actividade ordinaria. Os servizos mínimos foron do 100% ou superiores. 

Para a CIG-Saúde están atinxidos os obxectivos de denuncia que motivaron a convocatoria de folga;  as/os traballadoras/es rexeitaron a política de desprestixio que esta Admón pretende facer da sanidade pública e dos seus profesionais. Reiteramos da Admón o cumprimento íntegro dos acordos asinados.           

Desde a CIG-Saúde non nos conformamos con que o SERGAS diga que vai  publicar un novo calendario de aplicación dos acordos retributivos; que vai suceder co resto de temas pendentes?:

1.    Quen nos vai devolver as retribucións, que por dereito nos pertencen e que deixamos de percibir?

2.   Que pasa co Plano Mellora e co Plano de Saúde Mental ?. Solicitamos a cobertura total das prazas  de nova creación que contiñan os devanditos planos.

3.    Que pasa coas melloras  asistencias que conteñen os ditos planos e que agora esta Admón pretende facer desaparecer como se nunca existiran?

4.    Que pasa co recorte orzamentario e coa privatización da sanidade publica? 

Desde CIG-SAÚDE, co apoio das/os traballadoras/e e o apoio da poboación, seguiremos loitando para recuperar o que esta Admón pretende facer desaparecer, non pararemos  até conseguir manter a sanidade pública que por dereito nos corresponde. 

Desde CIG-SAÚDE darlle as grazas a todos e a todas as traballadoras que secundaron esta xornada de folga. Lamentamos enormemente o incidente acaecido en Ferrol onde unha traballadora que se estaba a manifestar foi atropelada intencionadamente por un condutor. Estanse a tomar todas as medidas legais pertinentes.

 

CIG-Saúde e SAE CONVOCAN FOLGA

O próximo mércores 16 de decembro, CIG-Saúde e SAE convocamos FOLGA NA SANIDADE

Esta decisión non a tomamos á lixeira posto que sabemos que a folga é un arma preciosa que so debemos utilizar cando se esgotan o resto de recursos.

Foron moitas as horas que adicamos a debater esta posibilidade analizando pros e contras, pero ó final chegamos á conclusión de que se esta afrenta da administración non xustificaba unha folga nada a xustificaría.

A FOLGA do dia 16 non é ó final das mobilizacións, é o inicio dunha campaña sen límite de tempo na que polo menos dende CIG-Saúde non regatearemos forzas para que se nos devolva o que se nos quitou e era noso.

Folla informativa 

AOS FACULTATIVOS TAMÉN NOS AFECTA

ALGÚNS EXEMPLOS:

como nos afecta a cancelación do plan de mellora?

como afecta aos médicos de PACs?

como afecta aos médicos de primaria que fan gardas?

como afecta aos médicos de hospital que fan gardas?

 

CONTRA A SUSPENSIÓN DOS ACORDOS ASINADOS

Na mesa sectorial do xoves, 26 de novembro, a  plataforma  sindical, composta por CIG-Saúde, CCOO, UGT, SAE, CSIF e CESM, rexeitamos unanimemente a proposta que o SERGAS pretendía que fora a definitiva.

Posteriormente, presentóusenos unha nova oferta a modo de acta que tamén pretenden que asinemos. Nesta, aparece a redistribución no tempo ofertada a semana pasada, novamente a Carreira Ordinaria pero sen definir, tamén aparece por primeira vez a Carreira Extraordinaria para o persoal transferido do Hospital Naval de Ferrol e un pago por cartillas(TIS) ao persoal Sanitario.

A semana que ven haberá unha nova mesa Sectorial que dí o Sergas que será a definitiva.

A Plataforma Sindical adoptou o seguinte calendario de mobilizacións:

Concentración o 9 de decembro ás 17,30 hs diante do Parlamento de Galiza. Haberá autobuses desde as distintas áreas (contactade coa vosa sección sindical)

Concentracións en todos os centros de traballo o dia 15 de decembro.

 

CARREIRA PROFESIONAL: IV GRAO PARA ESPECIALISTAS DE COTA

Publicada no DOG do 26 de novembro a Resolución do 18 de novembro de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para que o persoal facultativo especialista de cota das categorías de licenciados sanitarios que teña recoñecido o grao III de conformidade co Decreto 256/2006, do 28 de decembro, solicite o grao IV de desenvolvemento profesional.

O prazo de presentación será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.  26/11/2009

 

CONTRA A SUSPENSIÓN DOS ACORDOS ASINADOS

Na Mesa Sectorial do 19 de novembro o SERGAS fai unha nova proposta, que dí que é a última, e xa non fala de suspender os acordos, senón de "reprogramalos no tempo", ademais fala de iniciar a negociación da Carreira ordinaria no ano 2010 para iniciar as avaliacións no 2011.

Análise da nova proposta en relación co Acordo retributivo

Presentación cunha explicación da proposta e dos pasos a seguir 

 

MANIFESTACIÓN EN VIGO, XOVES 29 DE 0UTUBRO

Impresionante manifestación da cidadanía en defensa da Sanidade Pública.

Máis de 15.000 persoas nas rúas de Vigo para reclamarlle ao goberno do Partido Popular unha sanidade pública de calidade e un Hospital público para a cidade.

A Manifestación supón o inicio das mobilizacións contra ás intencións do Partido Popular de privatizar a Sanidade Pública.

A Agrupación Médica de CIG-Saúde apoia a Manifestación convocada en Vigo para o xoves, 29 de outubro, e invita a tódolos profesionais e á cidadanía a participar nela. 28/10/2009

Folla informativa                   Díptico                  Cartaz   

Hospital de Vigo, público ou privado?

Artigo de opinión de Ramón Veras Castro, médico de familia, no Xornal de Galicia do día 27 de outubro de 2009

Máis de 300 profesionais do CHUVI asinaron xa esta carta dirixida á sociedade Viguesa.

“Quen esta carta subscribimos temos a responsabilidade da atención especializada dos habitantes de Vigo e da súa gran área sanitaria e á súa saúde dedicamos os nosos esforzos e os nosos coñecementos....”

 

CONTRA A SUSPENSIÓN DOS ACORDOS ASINADOS

Manifestación en demanda do cumprimento dos acordos asinados e de respecto aos órganos de negociación.

Máis de 4.000 persoas participaron, o mércores 28 de outubro, na manifestación, que rematou diante da sede do Sergas.

O Sergas mantén a súa posición polo que a Plataforma Sindical acorda RECRUDECER as mobilizacións. 28/10/2009

A Plataforma Sindical formada por CCOO, CIG-SAUDE, CESM, CSIF, USAE e UGT, convoca concentracións nas entradas dos Hospitais que se celebraran o martes 20  e venres 23 de outubro.

O vindeiro mércores 28 de outubro, pola mañá, celebrarase unha MANIFESTACIÓN en Santiago.

 

EN DENUNCIA DAS POLÍTICAS DO PARTIDO POPULAR

CIG-Saúde pon en marcha unha campaña para alertar sobre a “GriPe P” e os seus efectos na sanidade pública.

Os SERVIZOS PÚBLICOS establecéronse para dar resposta ás necesidades das persoas, non para comerciar nin para tirar beneficio económico delas; e non poden rexerse por criterios de rendibilidade, senón polo INTERÉSE SOCIAL.

Unha moderna enfermidade producida polo virus P, pertencente á familia dos “neoliberalvirus” está a afectar á concepción dos Servizos Públicos.

Máis información sobre os seus efectos

Ver a noticia en Avantar

Repercusión da campaña na prensa

 

NOTAS DEFINITIVAS E FASE DE CONCURSO OPE 2008

O venres, 16 de outubro, está previsto que sexan publicadas no Diario Oficial de Galicia as Notas definitivas dos exercicios da fase de oposición de licenciados sanitarios.

O luns, 19 de outubro, producirase a apertura do prazo (de 15 días) para a presentación da documentación da fase de concurso do proceso selectivo de licenciados sanitarios.

 

A XUNTA SUSPENDE OS ACORDOS ASINADOS

NUNHA DECISIÓN INTOLERABLE SUSPENDEN OS ACORDOS ASINADOS. 30/09/2009

imaxe de www.cig-saude.org/VIGO

A  Conselleira de Economía e Facenda e a de Sanidade comunicaron a CIG-Saúde, o mércores, 30 de setembro, que unha das medidas que contemplará a Lei de Orzamentos do 2010 é a aplicación do artigo 38.10 do Estatuto Básico do Empregado Público, que a CIG non asinou no seu día, e que contempla a suspensión dos acordos asinados, rematando, deste xeito, coas melloras conseguidas nas últimas negociacións.

Segundo a responsable de economía da Xunta, xa cobramos demasiado. .......E iso que o acordo retributivo era malo "para algúns" que non o asinaron.

Isto supón a SUSPENSIÓN de:
O ACORDO RETRIBUTIVO 2008/2012.
A CARREIRA PROFESIONAL DO PERSOAL DE XESTIÓN E SERVIZOS E SANITARIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL.
O PLAN MELLORA DE ATENCIÓN PRIMARIA.

  Que supón, en termos económicos, a suspensión dos acordos?  01/10/09

  Máis información da repercusión do Acordo Retributivo nos Facultativos

 

RECORTES NO NOVO HOSPITAL DE VIGO

A Plataforma pola defensa da Sanidade Pública de Vigo convoca unha manifestación para o 29 de outubro en Vigo.  "A privatización prexudica a túa saúde. Hospital Público xa"

O martes 30 de setembro tivo lugar unha rolda de prensa no local da Federación de Asociacións de Veciños/as Eduardo Chao para presentar a mobilización que o vindeiro 29 de outubro percorrerá as rúas de Vigo .  Ademais nesta comparecencia diante dos medios de comunicación analizouse a visita da Conselleira de Sanidade na xornada anterior, “que o que pretendía era confundir e desmobilizar”.

O Plan funcional da área de Vigo aínda non foi presentado nin ás comisións de Centro nin a Xunta de Persoal, so coñecemos os datos pouco claros que aportou a Conselleira na rolda de prensa, onde non concretou o modelo de financiación.

Do debuxo realizado, apreciase que o Novo Hospital perde o seu carácter de Hospital estratéxico para Vigo ao perder a unidade de investigación e ao recortar o Meixoeiro como centro de alta especialización en oncoloxía, ao ver reducido o número de camas á metade.

Tamén se mantén o concerto singular con Povisa, renunciando a que o Novo hospital sexa o de referencia para toda a poboación.   Mais información

O luns 28 de setembro a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas convocou unha rolda de prensa na Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Vigo para presentar o Plan Funcional da Área de Vigo

Diante da Dirección Provincial concentrámonos membros da Plataforma pola defensa da sanidade pública de Vigo para protestar  polas intencións privatizadoras e de recortes no Novo Hospital.

A Conselleira non contestou ás preguntas sobre o financiamento, aínda que deu por feito a “colaboración” de  capital privado. Na rolda de prensa estaban, de invitados, os máximos responsables de POVISA

Para o día seguinte estaba convocada unha rolda de prensa da Plataforma pola defensa da sanidade pública de Vigo para anunciar mobilizacións diante da información facilitada aos xefes de servizo do CHUVI de que o Novo Hospital contaría con 900 camas.

A Consellería de Sanidade descubre ás súas cartas e comunica aos Xefes de Servizo do CHUVI que pensa recortar de 1.400 a 900 as camas previstas para o novo Hospital. 23/09/09

O que viñamos anunciando como posibilidade confirmase deste xeito. O Hospital xa non será público, xa non será o Hospital estratéxico que dé resposta ás necesidades da área sanitaria de Vigo, e se manterá o concerto singular con POVISA, continuando cunha situación de desigualdade para a cidadanía.

Diante disto, os profesionais, especialmente os Xefes de Servizo que participaron no desenvolvemento do Plan estratéxico do Novo Hospital, non podemos permanecer calados. Temos que denunciar diante de toda a cidadanía que isto supón unha perda de calidade do proxecto que, ao final, sufriremos todos, profesionais e cidadáns.

Unha vez máis confirmase que a única beneficiada é a Sanidade Privada que pugna por tirar máis beneficios do “negocio” da enfermidade.

Ver nota de prensa da Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública   23/09/09

 

PUBLICACIÓN OFICIAL NOTAS OPE 2008

O luns, 21 de setembro, publicaranse oficialmente as NOTAS da OPE 2008.

Segundo informa o SERGAS, o vindeiro luns, a media mañá, publicaranse oficialmente na súa páxina web, as notas provisionais dos exercicios de licenciados sanitarios (incluída a nota do exercicio de galego), así como as de medicina intensiva (que non foron avanzadas no verán). Así mesmo, ábrense oficialmente os prazos de reclamación.

De todos os xeitos, as reclamacións que foron presentadas unha vez foron avanzadas as notas no verán, daranse por ben formuladas. 18/09/2009

 

PLAN DE MELLORA DE A. P.: "Pufo e Panfleto" segundo o PP

O portavoz do Grupo Parlamentar do Partido Popular de Galicia en materia de Sanidade, Rosendo Fernández, cualificou o Plan de Mellora de Atención Primaria de “pufo e panfleto”, un sindicato corporativo sen representación na Mesa Sectorial séguelle o xogo.

A dereita, que non cre na Atención Primaria, comeza a montar a súa comedia para xustificar o desmantelamento do Plan de Mellora. Xa intentaron facer o mesmo co financiamento dos hospitais, pero non enganan a ninguén. Todos sabemos qué pretenden....

Ver resposta de CIG-Saúde

 

GASTO FARMACÉUTICO

Mafias farmacéuticas

Un artigo de Ignacio Ramonet en Le Monde Diplomatique en Español, Setembro 2009. Numero 167.

"Moi poucos medios de comunicación comentárono. A opinión pública non foi alertada. E con todo, as preocupantes conclusións do Informe final publicado pola Comisión Europea o pasado 8 de xullo, sobre os abusos en materia de competencia no sector farmacéutico merecen ser coñecidas polos cidadáns e amplamente difundidas.

Que di ese informe? En síntese: que, no comercio dos medicamentos, a competencia non está funcionando, e que os grandes grupos farmacéuticos recorren a toda sorte de xogos sucios para impedir a chegada ao mercado de medicamentos máis eficaces e sobre todo para descualificar os medicamentos xenéricos moito máis baratos."

(ver texto completo do artigo).

 

FIN DAS "PEONADAS"?

NON A QUENDA FIXA DE TARDE NOS HOSPITAIS !!

Diante da problemática das “peonadas”, CIG-Saúde defende que, no panorama actual de avultadas listas de espera e de infrautilización dos recursos hospitalarios (quirófanos, tecnoloxía, ...), cómpre organizar dun xeito regular a actividade asistencial dos hospitais polas tardes.

Esta actividade asistencial regular de tarde debe basearse na ampliación de plantillas para adecualas á demanda real (cando existan profesionais que se poidan contratar), e na creación e potenciación dos complementos voluntarios de prolongación de xornada e de deslizamento acordados entre o SERGAS e os sindicatos o pasado ano.

CIG-Saúde oponse, e sempre se opuxo, á existencia dunha quenda de traballo fixo de tarde nos hospitais, similar á que o PP estableceu, no seu momento, en moitos centros de saúde. A quenda fixa de tarde supón unha clara precarización das condicións de traballo dos profesionais que a sofren, respecto aos profesionais que traballan en quenda de mañá.

O mantemento das retribucións asociadas á dedicación exclusiva ao sistema público e o respecto estrito da Lei de Incompatibilidades, son outros compoñentes esenciais da alternativa que CIG-Saúde mantén diante da problemática das “peonadas”. 02/09/2009

O Sergas insiste en que non  suprimiu as ‘peonadas’ en Galicia, … CIG-Saúde explica a súa posición sobre as "peonadas". El Médico Interactivo, 02/09/2009.

Nota da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) sobre a paralización da actividade de tarde nos centros sanitarios públicos.     01/09/09

A Consellería de Sanidade elimina toda a actividade en quenda de tarde sen ter unha alternativa real  implantada no sistema sanitario público. 28/08/2009

Desde a CIG-SAÚDE somos conscientes de que hai que mellorar a xestión sanitaria, substituíndo o  actual sistema de "peonadas" por traballo estrutural en quenda de tarde. Pero non podemos admitir que se elimine toda actividade en quenda de tarde sen ter unha alternativa real  implantada no sistema sanitario público.

Para CIG-Saúde calquera solución pasa polo mantemento e potenciación da dedicación exclusiva dos profesionais da Sanidade Pública, e a negociación da Redefinición do Complemento Especifico, no marco do documento acordado co Sergas en setembro de 2008.

Non sabemos cal vai ser a solución que vai dar a Consellaría de Sanidade á supresión de máis dun 20% de actividade que se realiza en quenda de tarde; non é aceptable que a solución pase por seguir engrosando as listas de espera ou fomentando a concertación con centros privados.

  Escrito de CIG-Saúde á Conselleira    11/08/2009                 Repercusión na prensa

 

CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA 

A Plataforma Sindical pola Carreira Ordinaria, constituída por: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, USAE e UGT, esixe da Dirección de Recursos Humanos do Sergas a convocatoria da Mesa Sectorial para retoma-las negociacións.

A dita reunión deberá producirse na 1ª semana do mes de setembro. De non acontecer isto, veriámonos na obriga de retomar as mobilizacións adiadas no seu dia, para darlle unha marxe de tempo ao novo goberno. 17/08/2009     Nota de prensa

 

PLAN DE MELLORA 2007 - 2011 

Posición de CIG-Saúde na Comisión de Seguimento do Plan de Mellora de Atención Primaria.  24/06/2009 

Para CIG-Saúde, o Plan de Mellora, pese ás dificultades e retrasos na aplicación dalgúns aspectos, supuxo un paso moi importante para a Atención Primaria, tanto polo seu contido como pola súa xestación, mediante acordo de organizacións Profesionais, Sindicais e Administración.

CIG-Saúde considera que neste momento, no seu ecuador, é especialmente importante reafirmarse na necesidade da súa completa aplicación. CIG-Saúde non aceptará recortes nin cambios que desvaloricen ó pactado.  

A Consellería de Sanidade ten que se comprometer a cumprir tódolos acordos acadados no Plan de Mellora  

 

QUE ESTÁ A PASAR CO GALEGO ?

A situación actual é que o idioma que debería unirnos está sendo utilizado para separarnos nunha loita na que algunha xente busca a desaparición da nosa lingua do sistema educativo.

Neste contexto, e ante a enquisa que vai realizar a Xunta, pensamos que é necesario que os pais e nais lle fagan saber á Consellería de Educación algo que parece do máis lóxico: que queremos que os nosos fillos e fillas dominen as dúas linguas e que, por tanto, o galego ten que ser tamén lingua da aprendizaxe.

As Linguas Suman   11/06/2009                                        Folla informativa de CIG-Saúde    11/06/2009 

 

NOVO HOSPITAL DE VIGO

A CIG reclama a posta en marcha inmediata do proxecto do novo hospital de Vigo.

A central advirte á Consellaría que non vai tolerar a entrada de xestión privada no sistema público de saúde.   

A CIG reclamou á Xunta que poña en marcha os acordos pola saúde acadados en 2006, especialmente no referente á construción do novo hospital da área sanitaria de Vigo. Dende a CIG de Vigo e a Federación de Saúde desmentiron as afirmacións da Consellería de Sanidade, quen asegurou non dispor de cartos para levar adiante o proxecto, e criticouse que a administración pretenda facilitar a entrada de capital privado no SERGAS lanzando debates “estériles”. De igual xeito, advertiron que non descartan convocar mobilizacións sindicais e sociais se as obras non comezan ao longo deste ano.

Imaxe da rolda de prensa: Antonio Iglesias, secretario comarcal da CIG-Saúde de Vigo, María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, e Xerardo Abraldes, secretario comarcal da CIG de Vigo. 05/06/2009   Ler Máis 

 

A CONSELLEIRA E O NOVO HOSPITAL DE VIGO

Resumo de prensa do sábado 9 de maio 09/05/2009

A  Conselleira  declara que na Consellería de Sanidade  "non consta" diñeiro para as obras do Novo Hospital de Vigo.

A  Conselleira  de Sanidade Pilar Farjas declara,  tras reunirse en Vigo con Lucía Molares, delegada territorial da Xunta en Vigo, que na Consellería de Sanidade  "non consta" diñeiro para as obras do Novo Hospital de Vigo, aínda que garante que arrincarán este ano, sen aclarar o modelo de financiamento, público ou privado, “depende da viabilidade económica” dixo.

Co fin de clarificar a situación e que non intenten xustificar  a rebaixa no proxecto, e a privatización do financiamento e da xestión do Novo Hospital de Vigo, CIG-Saúde considera importante deixar claro cal era a súa situación real no momento do cambio de goberno:

Ler Máis 

 

INFORMES SOBRE O ESTADO DE SAÚDE EN AP

En cumprimento do Plan de Mellora de Atención Primaria, o Sergas fai pública a Instrución 3/2009 sobre a emisión de informes sobre o estado de saúde dos usuarios do Servizo Galego de Saúde, dirixida aos Profesionais sanitarios de Atención Primaria.  22/04/2009

 

ORZAMENTOS DE SANIDADE E PARTIDO POPULAR

Parecíanos pouco orzamento e resulta que era excesivo....

O PP revisará á baixa o orzamento da Xunta para este ano. O futuro Goberno cuestiona o nivel de gasto comprometido polo bipartito. .....Negreira, único cabeza de lista xunto a Feijóo que conta con experiencia parlamentaria, pon como exemplo desta actuación ao Sergas e a toda a Consellería de Sanidade. "Estamos falando dun área que representa un terzo do orzamento de gasto e onde máis preocupación existe con respecto ao nivel de compromisos xa asumidos"....... El Pais 07/03/2009

 

CONTRA A PRIVATIZACIÓN DA CENTRAL DE CHAMADAS

CIG-Saúde convoca concentracións contra a privatización do sistema de cita previa na Atención Primaria, o xoves 15 de xaneiro ás 12:00 horas, en tódolos Centros de Saúde (Persoal en quenda de mañá) e diante das Xerencias (persoal en quenda de tarde e listas de contratacións). 9/01/2009

Con estas concentracións queremos poñer de manifesto diante do SERGAS e da opinión pública o desacordo do conxunto de traballadoras e traballadores co modelo de cita previa elixido, que supón a privatización dun servizo público e a conseguinte precarización de postos de traballo.

Nota de Prensa. 9/01/2009

 

 

EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

A Conselleira de Sanidade continua a mandar mensaxes a opinión pública para xustificar a privatización da sanidade, entre mentiras e medias verdades intenta crear un estado de opinión que permita minimizar a resposta contra ás privatizacións. 11/06/2009

Pero os facultativos e facultativas do SERGAS non nos deixamos enganar, sabemos que pretende, e as gravísimas consecuencias de esa política, tanto para os profesionais como para os usuarios e usuarias.

A Conselleira de Sanidade ten que aclarar dunha vez se quere que os novos hospitais se manteñan, tanto na xestión como na financiación, no ámbito da sanidade pública.

Xa é hora de rematar coas ambigüidades e medias verdades, é hora de apostar clara e decididamente pola sanidade pública ou pola contra, dicir claramente que se aposta pola privatización da sanidade, convertendo o dereito á saúde nun negocio duns poucos.

Queremos deixar claro que, se o Partido Popular segue coa súa “folla de ruta” de privatizar a sanidade, CIG-Saúde e a súa Agrupación Médica promoverán accións de concienciación na sociedade para que se entenda a gravidade destas medidas e a necesidade de utilizar tódolos recursos democráticos para impedilas.

A Sanidade Pública é unha conquista básica do estado de benestar e o Partido Popular debe saber que non renunciaremos a ela.

Acordo da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública Galega

 

VER NOVAS ANTERIORES

 

Os Principios de AgM-CIG (Agrupación Médica de CIG-Saúde)  

- Defensa dos intereses laborais e profesionais dos médicos e outros facultativos de Galicia

- Defensa da Sanidade Pública de calidade

- Defensa da galeguización da sanidade galega

- Defensa da unidade de acción estratéxica cos outros traballadores da sanidade

Na Galiza, sindicalismo galego

 webmaster@agmedica.org

 © Agrupación  Médica de CIG - Saúde

 

CIG-Saúde e a Exclusividade dos Médicos

 

CIG-Saúde e o Acordo Retributivo

 

 

Xornal Dixital CIG

 

 

Google en Galego

En Galego

 

TRADUTOR

ON LINE

 GALEGO ESPAÑOL

ESPAÑOL GALEGO

 

Diario Médico

 

El Médico Interactivo

 

SERGAS

 

BOE en Galego

 

D.O.G.