CARREIRA PROFESIONAL RÉXIME ORDINARIO

ALGUNHAS DIVERXENCIAS, entre as Posicións de CIG-Saúde e as do SERGAS, sobre Réxime Ordinario de Carreira Profesional.  27/06/2008.

 

 

A Plataforma Sindical pola Carreira Ordinaria, constituída por: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, USAE e UGT, esixe da Dirección de Recursos Humanos do Sergas a convocatoria da Mesa Sectorial para retoma-las negociacións.

A dita reunión deberá producirse na 1ª semana do mes de setembro. De non acontecer isto, veriámonos na obriga de retomar as mobilizacións adiadas no seu dia, para darlle unha marxe de tempo ao novo goberno. 17/08/2009     Nota de prensa

A Plataforma Sindical pola Carreira Ordinaria, constituída por: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, USAE e UGT, esixe da Dirección de Recursos Humanos do Sergas a convocatoria de xeito inmediato da Mesa Sectorial, para negociar o decreto que o anterior goberno deixou paralizado ata acadar un maior consenso na mesa sectorial. 28/05/2009

Se nos próximos días non recibimos convocatoria da mesa  sectorial as Organizacións Sindicais veriámonos na obriga de retomar  as mobilizacións aprazadas no seu día.

Esixímoslle á consellería, se non quere iniciar a súa etapa con conflitividade no sector, a convocatoria inmediata da mesa sectorial para retomar de novo as negociacións.

IMPOSICIÓNS NON,  NEGOCIACIÓN SÍ !!!

COMUNICADO DA PLATAFORMA DE CARREIRA PROFESIONAL

A Plataforma Sindical constituida por: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT , tralas mobilizacións realizadas estabamos convocados á unha mesa de negociación o día 6 de marzo de 2009, na que previamente o sergas se comprometera á acadar acordos nas reivindicacións presentadas pola plataforma. 

Trala nova situación política, entendemos a postura da administración de non negociar, por estar nun goberno provisional que non pode respaldar as demandas da plataforma sindical. 

A Plataforma Sindical mantense constituída e o primeiro día de toma de posesión do novo conselleiro/a lle será remitido escrito solicitando a convocatoria de esta mesa para retomar ás negociacións do réxime ordinario de carreira. 06/03/2009

A plataforma sindical constituída por: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT, apraza as mobilizacións tralo compromiso adquirido polo Secretario Xeral do Servizo Galego de Saúde de convocar aos integrantes da mesa sectorial o día 6 de marzo de 2009, para establecer un calendario de reunións onde se aborden os aspectos incorporados á táboa reivindicativa  da plataforma sindical.

Como os obxectivos da plataforma eran que a consellería convocase a mesa sectorial para retomar de novo as negociacións, consideramos que este obxectivo está cumprido momentaneamente, e esperamos que na reunión do día 6 de marzo a administración teña unha actitude construtiva para acadar un amplo consenso na negociación do decreto de réxime de carreira ordinaria.

Este voto de confianza na negociación non supón, baixo ningún concepto, a renuncia a prantexar novas mobilizacións se a negociación non da os froitos esperados. 19/02/2009

IMPOSICIÓNS NON,  NEGOCIACIÓN SÍ !!!

Suspendidas as mobilizacións para negociar a Carreira Profesional. A Plataforma sindical formada por CC OO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT anunciou hoxe que quedan suspendidas as mobilizacións programadas para reivindicar que a Administración sanitaria negocie a Carreira Profesional, incluída a folga do día 27, tras comprometerse o Servizo Galego de Saúde a abrir un proceso de negociación. A Nosa Terra, 19/02/2009

A PLATAFORMA SINDICAL CONSTITUIDA POR: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT, CONVOCA FOLGA PARA O DÍA 27 DE FEBREIRO. 18/02/2009

O martes 17 de febreiro preto de 1.000 traballadoras e traballadores de tódalas categorías do Sergas mobilizáronse para reclamar a retirada do decreto que pretende regular a carreira profesional ordinaria.

Ao final da mobilización os representantes das organizacións que compoñen a plataforma sindical contra o Decretazo da Carreira Ordinaria reuníronse co Director Xeral de Recursos Humanos, que se ratifica nas mesmas posicións que ven defendendo desde o pasado mes de decembro, pechando toda esperanza de reabrir o dialogo.

Diante desta posición as organizacións convocantes decidimos retomar as mobilizacións, co seguinte calendario:

19 FEBREIRO ROLDA PRENSA E PECHE NOS CENTROS

25 FEBREIRO CONCENTRACIÓNS NOS CENTROS

27 FEBREIRO FOLGA DE TODO O PERSOAL DO SERGAS

ESIXÍMOSLLE Á CONSELLERÍA, SE QUERE ACABAR COAS MOBILIZACIÓNS, A CONVOCATORIA INMEDIATA DA MESA SECTORIAL PARA RETOMAR DE NOVO AS NEGOCIACIÓNS.

Continúan ás mobilizacións contra o Decreto de Carreira Profesional Ordinaria. 16/02/2009

Tralas concentracións nos centros celebradas o día 12 para manifestarlle ao Sergas a nosa oposición ao DECRETAZO, o martes 17 de febreiro, ás 11:30, está convocada unha concentración diante do Sergas en Santiago. Estanse a organizar autobuses nas comarcas.

http://www.blogoteca.com/cigsaudebarco/

Crease a PLATAFORMA SINDICAL contra o Decretazo da Carreira Ordinaria, formada por  CC.OO,  CEMS, CIG-Saúde,  CSI-CSIF,  SAE e UGT.  22/01/2009

A PLATAFORMA SINDICAL ESIXE a paralización do Decreto, solicitando se retome o proceso negociador dentro do marco da Mesa Sectorial, para deste xeito poder acadar un modelo de Carreira profesional Ordinaria á que poida acceder todo o persoal e que recompense o esforzo individual realizado. 22/01/2009

Folla informativa            Calendario de Mobilizacións

Carreira Ordinaria do Sergas = Decretazo

É a primeira vez que o SERGAS regula unha norma tan importante para o futuro profesional das traballadoras e traballadores mediante un  Decretazo;  sen o apoio das organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial.

Para defender os seus argumentos o SERGAS fai constantemente referencia á normativa vixente e aos acordos asinados, a súa interpretación da normativa é interesada e sesgada, xa que non respecta os acordos de carreira asinados e publicados no DOG.

As diferenzas que nos separan do DECRETAZO do SERGAS son as xa reiteradas póla CIG-SAÚDE e que insistentemente defendemos en todas as Mesas Sectoriais.

Mais información aquí  

CIG-Saúde non apoiará o Decreto de Carreira Ordinaria. 20/12/2008

Confirmando o que xa dixera o Director de Recursos Humanos na primeira reunión, os Decretos non necesitan ter o apoio dos sindicatos na Mesa Sectorial, o Decreto de Carreira Ordinaria sairá sen o apoio dos sindicatos, ou polomenos sen o apoio de CIG-Saúde, que xa manifestou na Mesa Sectorial que non apoiaría este decreto. Na reunión, a pesares dos  esforzos que realizamos, non conseguimos avanzar na defensa dos nosos argumentos, queda claro que os que dicían que CIG-Saúde xa tiña asinado o acordo co SERGAS mentían.

As previsións son que inicie os seus trámites a partires do luns 22 de decembro, e, se non se interrompe polo cambio de goberno, sairá publicado no mes de xuño ou xullo de 2009.

REINÍCIASE A NEGOCIACIÓN DO RÉXIME ORDINARIO DE CARREIRA PROFESIONAL (CP): o próximo venres, 31/10/2008, segundo información do SERGAS, haberá mesa sectorial na que se reiniciarán as negociacións para a definición da CP Ordinaria.

No recentemente asinado Acordo-Marco, a iniciativa de CIG-Saúde, incluíuse unha cláusula establecendo que as negociacións da CP Ordinaria se reiniciarían antes de rematar o mes de outubro e rematarán antes de que finalice o ano 2008.

A análise da situación e as posicións de CIG-Saúde son coñecidas desde hai meses. Como ben sendo habitual na maioría dos temas, tamén nesta ocasión as únicas posicións sindicais públicas coñecidas sobre o Réxime Ordinario de CP son as de CIG-Saúde, malia a grande importancia que o tema ten, e non só a nivel retributivo, para moitos traballadores e traballadoras do SERGAS, tanto facultativos como doutros grupos profesionais.

 A Agrupación Médica de CIG-Saúde reclámalle ao SERGAS a convocatoria da Mesa Sectorial para negociar o Réxime Ordinario de Carreira Profesional, e explicita os motivos polos que rexeita a proposta da Administración. 04/07/2008

CIG critica “el carácter economicista y la privación de derechos a los médicos” del documento del régimen ordinario de carrera profesional presentado por el Servicio Gallego de Salud. La Agrupación Médica de la Confederación Intersindical Gallega (CIG) censura que a los profesionales se les dificulte la conexión con el régimen extraordinario, y demanda la convocatoria este mismo mes de la Mesa Sectorial. El Médico interactivo, 08/07/2008

CIG-Salud pide que se pacte el régimen definitivo de la carrera. La Agrupación Médica de CIG-Salud ha reclamado al Servicio Gallego de Salud (Sergas) la convocatoria de la mesa sectorial para negociar el régimen ordinario de carrera profesional, ya que hace más de dos meses que entregó su propuesta a los sindicatos sin que se haya vuelto a reunir el órgano de negociación para debatirla. Diario Médico. 07/07/2008

Negociación do réxime ordinario de Carreira Profesional. A CIG-Saúde reclámalle a Sanidade que convoque a mesa sectorial. A Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) reclámalle ao Servizo Galego de Saúde a convocatoria da mesa sectorial para negociar o réxime ordinario de carreira profesional, despois de que hai 'máis de dous meses' lle entregase aos sindicatos un documento no que expuña a súa proposta. A Nosa Terra, 04/07/2008

CIG-Saúde CONSIDERA INACEPTÁBEL A ACTUAL PROPOSTA DO SERGAS SOBRE O RÉXIME ORDINARIO DE CARREIRA PROFESIONAL (01/07/2008)

A proposta do SERGAS, datada en febreiro 2008, ven lastrada por unha excesiva preocupación polo aforro económico e por pretender transformar a CP nun novo CPV.

Para a AgM-CIG a CP:

    Debe ser accesíbel para todo o persoal, independentemente do centro no que traballa.

    Debe, ante todo, servir para recompensar o esforzo individual en mellorar e actualizarse profesionalmente, e

    Debe servir para mellorar a calidade da atención que se lle presta ao cidadán.

ALGUNHAS DIVERXENCIAS, entre as Posicións de CIG-Saúde e as do SERGAS, sobre Réxime Ordinario de Carreira Profesional.  27/06/2008.

A AgM-CIG e a situación actual da negociación do réxime ordinario de Carreira Profesional. 27/06/2008 

Proxecto do Novo Réxime de Carreira Profesional no Sector Sanitario de Galicia; Borrador definitivo de Traballo, datado en febreiro de 2008 e presentado polo SERGAS na Mesa Sectorial do 25/04/2008.

CRITERIOS de Carácter Básico e Común para a negociación da CP Ordinaria; actualizados a 19 de maio de 2008, propostos por CIG-Saúde.

TÁBOA-RESUMO con algúns puntos de contraste entre o documento do SERGAS sobre Réxime Ordinario de CP, de febreiro 2008, e as Propostas de CIG-Saúde. 27/06/2008.

AgM

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org