ACORDOS DE AT. PRIMARIA

PUBLICADOS NO DOG OS ACORDOS DE PRIMARIA

O DOG do 16 de xuño publica os acordos sobre ordenación e provisión de postos de traballo e condicións de traballo e retributivas no ámbito da atención primaria do Servizo Galego de Saúde.

Ver DOG              Imprimir

A MESA SECTORIAL DO 4 DE ABRIL PECHOU O ACORDO SOBRE AS UNIDADES E SERVIZOS DE ATENCIÓN PRIMARIA. 04/04/2008
De xeito similar ao que sucedeu co acordo de PACs, na xuntanza da Mesa Sectorial do venres, 4 de abril, a redacción do acordo sobre as Unidades e Servizos de AP presentada polo SERGAS, o denominado “documento consolidado”, foi substancialmente enriquecido coa incorporación de practicamente todas as alegacións propostas por CIG-Saúde.
As melloras na redacción, case todas por iniciativa de CIG-Saúde, eliminan dúbidas de interpretación e clarifican os acordos xa acadados previamente o 22 de febreiro.
O acordo foi ratificado por CIG, CCOO, UGT e SATSE. Os dous sindicatos que hai un mes rexeitaban o acordo, CESM e CSIF, é posible que agora sí o asinen, quedando en dar unha resposta definitiva o martes 8 de abril.

 Acta da sinatura.

 Texto do acordo.

CIG-Saúde presenta alegacións ao borrador de documento consolidado do acordo sobre as condicións de traballo en Unidades e Servizos de A. Primaria que presentou o Sergas.

Tal e como se fixera no caso do acordo de PACs (fixando a data de aplicación e aclarando aspectos moi importantes) CIG-Saúde alega o documento final intentando eliminar aspectos que, na nosa opinión, non poden estar no acordo (p.e. que o exercicio da voluntariedade incentivada implique a aceptación de realizar unha parte das horas en Pacs limítrofes) ou aclarando a redacción para evitar dubidas na aplicación (p. e. nas condicións para a realización de gardas forzosas: - só excepcionalmente, e debido á falta contrastada de persoal dispoñible para o mantemento da asistencia sanitaria debida, a dirección do centro poderá adoitar medidas extraordinarias que obriguen á superación dos límites de xornada establecidos; tales medidas só poderán manterse polo tempo imprescindible e por resolución motivada adoptada previa consulta cos representantes do persoal, e estarán condicionadas á adopción simultánea de medidas de captación que permitan restituír a normalidade; a comisión de seguimento establecerá criterios que garantan o principio de equidade na asignación de cargas obrigatorias en caso de que estas chegaran a producirse) 02/04/2008

O venres 14 de marzo, asinouse o acordo definitivo de PACs, logo de que o Sergas introducira certas modificacións no texto a proposta de CIG-Saúde. 14/03/2008

 Acta da sinatura.

 Texto do acordo.

 

PLAN DE MELLORA DE ATENCIÓN PRIMARIA 

Incrementos de plantilla  do Plan de Mellora para o ano 2008, que suporá o 35% do incremento previsto para todo o período 2007-2011.
En resposta ás medidas aprobadas no Plan de Mellora de Atención Primaria o Servizo Galego de Saúde publicou o día 9 de xullo de 2007 dúas Instrucións que afectan directamente ao traballo diario dos profesionais de Atención Primaria: a carga burocrática nas consultas e o acceso ás probas complementarias.

CIG-Saúde subscribirá o Plano de Mellora da Atención Primaria.

Logo dos contactos mantidos coa Consellería, e unha vez confirmadas as modificacións introducidas no texto do Plano de Mellora da Atención Primaria, no sentido das propostas que CIG-Saúde viña defendendo, que no substancial están agora recollidas nos seus contidos, a nosa posición final será a de subscribir o Plano.

Os cambios mais importantes son:

Os grupos de traballo deixan de ser “técnicos”  e contarán coa opinión das organizacións asinantes para establecer a súa composición. Así mesmo, as súas conclusións e propostas serán consensuadas coas organizacións asinantes, a través da Comisión de seguimento do Plano.

Desaparición, nos obxectivos por parte dos profesionais, do parágrafo “colaborar coas XAP nas coberturas de intersubstitucións e voluntariedade de gardas e na autoxestión das ausencias no servizo”.

Apertura inmediata da negociación na Mesa Sectorial dos temas relacionados co Plano de Mellora, e posibilidade de iniciar negociacións sobre calquera outro tema relacionado coa Atención Primaria.

Inclusión no Plano da cuantificación do número de prazas necesarias para medicina de familia e pediatría, e o compromiso de cuantificar as do resto das categorías nos grupos de traballo.

Realizar un maior esforzo na creación de prazas no ano 2008, de cara a incrementar as prazas ofertadas na OPE de ese ano.

Táboas resumo do Plano de Mellora  

Última versión do Plano de Mellora presentado polo SERGAS 29/07/2007 

AgM

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org