OPE-2006 e TRASLADOS

 

Información SERGAS  OPE 2006

 

Información das Prazas de Alta Especialización

Información da OPE 2006 de PSIQUIATRÍA

 

OPE 2006 MEDICINA de FAMILIA

O día 30 de xullo publicáronse as listaxes provisionais da baremación da OPE 2006 de Medicina de Familia. 30/07/2008                                                 
Mais información na web do SERGAS Listaxe por orde alfabética Listaxe por Puntuación   (Grazas a CIG-Saúde O Barco)

 

OPE 2006 E CONCURSO DE TRASLADOS

RENUNCIAS E NOVOS CHAMAMENTOS:

Algúns dos seleccionados para ocupar novas prazas como consecuencia da OPE-2006 non escolleron destino, polo que no DOG do 10/06/2008, publícanse 2 resolucións con novos adxudicatarios.

Por outra banda, temos recibido múltiples preguntas sobre que vai pasar coas prazas de aqueles profesionais que escolleron destino en días pasados e non tomaron posesión delas en prazo. A resposta é que, por desgraza, non é posíbel legalmente que esas prazas sexan de novo ofertadas a resultas, polo que ficarán vacantes até a próxima OPE e/ou Concurso de Traslados.

E moi importante explicar aos profesionais, de cara a futuros procesos, a diferente repercusión que ten non elixir destino, que permite que as prazas pasen aos seguintes da lista, de non tomar posesión do destino elixido, que deixa esas prazas en situación de vacante, sen posibilidade de que se os seguintes da lista poidan incorporarse como titulares.

 RESOLUCIÓNS DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS DO SERGAS, PUBLICADAS NO DOG:

Resolución do 29 de maio de 2008 ..., pola que se publican os prazos posesorios do concurso de traslados ...

Resolución do 2 de xuño de 2008, ..., pola que se declara rematado o proceso selectivo ...se nomean os aspirantes seleccionados como persoal estatutario fixo e se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente

  INFORMACIÓN DO SERGAS. 03/06/2008:

O dia 09/06/2008, sairá no DOG a Resolución para a toma de posesión de FEAs. A partires dese día comezan a contar os prazos para toma de posesión:

Os que aprobaron a OPE-2006 disporán de 1 mes para incorporarse (sen retribución ).

Os que obtiveron nova praza no Concurso de Traslados 2007 deberán realizar a toma de posesión:

- dentro dos 3 días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde;

- no prazo de 15 días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Sergas

- no prazo de 1 mes se a praza que se viña desempeñando correspondía a outro servizo de saúde. (retribuídos).

Non disporán de ningún prazo quen viñese ocupando praza no mesmo centro de destino ou localidade, en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.

O Sergas tamén confirma que están a punto de rematar coas instrucións que van a regular as distintas casuísticas para incorporación e ceses, excedencias ...etc. A este respecto comentar que semella  van a conceder todas aquelas excedencias por incompatibilidade da xente que aprobando a OPE nunha categoría está de interina noutra distinta, e tamén concederan aquelas que aprobando unha categoría estatutaria ten unha interinidade nun réxime distinto (funcionario).

 

OPE 2006 E CONCURSO DE TRASLADOS

INFORMACIÓN DO SERGAS. 03/06/2008:

O dia 09/06/2008, sairá no DOG a Resolución para a toma de posesión de FEAs. A partires dese día comezan a contar os prazos para toma de posesión:

Os que aprobaron a OPE-2006 disporán de 1 mes para incorporarse (sen retribución ).

Os que obtiveron nova praza no Concurso de Traslados 2007 traslados deberán realizar a toma de posesión:

- dentro dos 3 días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde;

- no prazo de 15 días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Sergas

- no prazo de 1 mes se a praza que se viña desempeñando correspondía a outro servizo de saúde. (retribuídos).

Non disporán de ningún prazo quen viñese ocupando praza no mesmo centro de destino ou localidade, en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.

O Sergas tamén confirma que están a punto de rematar coas instrucións que van a regular as distintas casuísticas para incorporación e ceses, excedencias ...etc. A este respecto comentar que semella  van a conceder todas aquelas excedencias por incompatibilidade da xente que aprobando a OPE nunha categoría está de interina noutra distinta, e tamén concederan aquelas que aprobando unha categoría estatutaria ten unha interinidade nun réxime distinto (funcionario).

OPE de FEAS

O Xulgado desestima un novo intento de AFEIHS de paralizar a OPE.  En consecuencia mantéñense as datas para a elección de destinos. 28/05/2008

O Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Santiago, nun Auto do día 28 de maio, DESESTIMOU o intento da  Asociación de Interinos AFEIHS de paralizar a OPE de FEAS.

Este é o texto do correo remitido polo Sergas ao respecto:

“Para xeral coñecemento, e co rogo da máxima difusión entre o persoal afectado, comunícase que o Xulgado do contencioso-Administrativo nº 1 de Santiago de Compostela, en Auto do día de hoxe, DESESTIMOU A SOLICITUDE DE ADOPCIÓN DE MEDIDA CAUTELAR  presentada pola Asociación de Facultativos Especialistas Interinos dos Hopitais do Sergas, polo que se manteñen as datas e horas publicadas no DOG do 26 de maio de 2008”.

O día 26 de maio publicouse no DOG a resolución pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se cita para o acto de elección de destino aos aspirantes seleccionados na OPE de determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. 27/05/2008

 

CESES E INCORPORACIÓNS COMO CONSECUENCIA DA OPE-2006 E C. TRASLADOS.  

INFORMACIÓN DA XUNTANZA DO 22/05/2008 DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PLAN DE ESTABILIZACIÓN DE FEAS. 28/05/2008

Acordado o PROCEDEMENTO DE ELABORACIÓN E NORMAS DE FUNCIONAMENTO DAS LISTAXES para a incorporación a novos postos de traballo dos FEAs cesados como consecuencia da OPE-2006 e o Concurso de Traslados do 2008

Información sobre OUTROS TEMAS DA OPE E DO CONCURSO DE TRASLADOS: Prazos superpostos coa elección de destino, permisos para elixir destino, instrucións de incorporación e cesamento, OPE-2006 de Médicos de Familia, OPE-2006 de Psiquiatría.

Resumo da Xuntanza

Acta da Xuntanza

CIG-Saúde denuncia na Mesa Sectorial as prazas ofertadas na OPE-2006.  29/05/2008
ALGUNHAS CONCRECIÓNS NOS CRITERIOS DE CESES E INCORPORACIÓNS a novos postos de traballo dos FEAs interinos cesados como consecuencia do Concurso de Traslados e da OPE-2006.  08/05/2008

 

OPE FEAS: PRAZAS E DESTINOS

Segundo informa o SERGAS o próximo 26 de maio publicarase no DOG a resolución pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se cita para o acto de elección de destino aos aspirantes seleccionados na OPE de determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. 21/05/2008

 

OPE FEAS: PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS

O DOG do 22 de maio publica a resolución da División de RRHH, pola que se fan públicas as puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso e apertura de prazo para a presentación da documentación dos definitivamente seleccionados, das seguintes categorías:

análises clínicas, hematoloxía e hemoterapia, medicina do traballo, neumoloxía e oftalmoloxía

O DOG do 16 de maio publica a resolución da División de RRHH, pola que se fan públicas as puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso e apertura de prazo para a presentación da documentación dos definitivamente seleccionados, das seguintes categorías:

anestesioloxía e reanimación, aparello dixestivo, endocrinoloxía e nutrición, farmacia hospitalaria, medicina intensiva, medicina nuclear, medicina preventiva e saúde pública, médico de urxencias hospitalarias, neurofisioloxía clínica, neuroloxía, obstetricia e xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, pediatra de atención primaria, psicoloxía clínica, radiodiagnóstico, uroloxía e xeriatría.

O DOG do 9 de maio publica a resolución da División de RRHH, pola que se fan públicas as puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso e apertura de prazo para a presentación da documentación dos definitivamente seleccionados, das seguintes categorías:

alergoloxía, estética e reparadora, neurocirurxía, anatomía patolóxica, cirurxía xeral e aparello dixestivo, oncoloxía médica, anxioloxía e cirurxía vascular, dermatoloxía médicocirúrxica e vener., oncoloxía radioterápica, cardioloxía, farmacéutico de atención primaria, pediatría e as súas áreas específicas, cirurxía cardiovascular, inmunoloxía, radiofísica hospitalaria, cirurxía oral e maxilofacial, medicina física e rehabilitación, reumatoloxía, cirurxía pediátrica, microbioloxía e parasitoloxía, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, cirurxía plástica nefroloxía.

 

OPE 2006 E CONCURSO DE TRASLADOS

O xoves 15 de maio publicouse no DOG a RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS de Pediatras de Atención Primaria 15/05/2008

O martes 29 de abril publicouse no DOG a RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS de licenciados sanitarios.

A toma de posesión queda posposta até a resolución da OPE. 29/04/2008

 Resolución definitiva.

Mais información na páxina do Sergas

Un total de 406 profesionales sanitarios han conseguido un nuevo destino en el concurso de traslados del Servicio Gallego de Salud. El Médico Interactivo, 01/05/2008

PREVISIÓNS SOBRE A OPE-2006 E O CONCURSO DE TRASLADOS (CT) segundo información do SERGAS:

O 09/05/2008 farase pública a relación de aprobados definitivos de todas as especialidades de facultativos, incluída a de Farmacéuticos de AP.

Na 2ª quincena de maio terán preparadas, para remitilas aos sindicatos e facelas públicas, as listaxes coa distribución por centros dos FEAs aprobados na OPE.

En xuño terá lugar, simultaneamente, a toma de posesión das súas novas prazas por parte dos FEAs aprobados na OPE e dos que conseguiron novas prazas no CT. O SERGAS sigue afirmando que ten intención de que, os interinos cesados como consecuencia da OPE e do CT, tomen tamén posesión das súas novas prazas no mesmo momento.

En outubro terá lugar, para os facultativos de AP, o mesmo proceso descrito no parágrafo anterior.

 

SENTENZA SOBRE A OPE de Medicina de Familia

Confirmado que a sentenza do pasado 2 de abril do Xulgado nº2 do Contencioso-Administrativo de Santiago sobre a OPE-2006 de Facultativos de Atención Primaria, non pon en perigo a propia OPE. 25/04/2008

A demanda interposta por AFEIHS contra a OPE-2006 de FEAs, que será vista no xulgado o 28/04/2008, é o principal risco legal de que se poida complicar ou paralizar o actual proceso de OPE e Concurso de Traslados.

Ditada unha sentenza, en primeira instancia, que anula un aspecto parcial do baremo de médicos de familia da OPE-2006. 11/04/2008

Texto da Sentenza

A súa principal consecuencia práctica é que se pode adiar a resolución definitiva desta OPE, e as correspondentes tomas de posesión nos novos destinos, que se teñen que producir como consecuencia da OPE e do Concurso de Traslados que, en principio, estaban previstas para outubro.

 

CONCURSO DE TRASLADOS E OPE 2006 

 CONCURSO DE TRASLADOS

Durante a segunda quincena diste mes de abril o SERGAS publicará a resolución definitiva do concurso de traslados de PERSOAL FACULTATIVO.

Deste xeito, a administración estará en condicións de coñecer que prazas deixan libres os profesionais que cambian de destino como consecuencia do CT, e cales son as novas prazas ás que van destinados.

 OPE-2006

O DOG do venres, día 11 de abril, publicou as puntuacións provisionais da fase de concurso da OPE das seguintes especialidades:
- Análisis clínicos. - Hematoloxía e hemoterapia. - Medicina do traballo. - Neumoloxía. - Oftalmoloxía. - Xeriatría.

No DOG do 7 de abril, publicouse a baremación provisoria da fase de concurso das seguintes categorías e especialidades :

FEA de alergoloxía

FEA de análises clínicos

FEA de anestesioloxía e reanimación

FEA de aparello dixestivo

FEA cardioloxía

FEA de medicina física e rehabilitación

FEA de medicina intensiva

FEA de medicina nuclear

FEA de medicina preventiva e saúde pública

Médico de urxencias hospitalarias

FEA de neuroloxía clínica

FEA de obstetricia e xinecoloxía

FEA de otorrinolaringoloxía

FEA de psicoloxía clínica.

FEA de uroloxía

 

Está previsto que o vindeiro venres, día 11 de abril, sexan publicadas as puntuacións provisionais da fase de concurso da OPE das seguintes especialidades:
- Análisis clínicos. - Hematoloxía e hemoterapia. - Medicina do traballo. - Neumoloxía. - Oftalmoloxía. - Xeriatría

Con esta publicación só quedará pendente a categoría de FEA DE MEDICINA INTERNA que esperamos sexa publicada a finais da vindeira semana.
Tendo en conta as prazas que deixan libres os profesionais que cambian de destino como consecuencia do CT, durante o mes de abril, Asistencia Sanitaria definirá o LISTADO de prazas as que poderán optar os facultativos que aprobaron a OPE-2006, coa excepción dos médicos de familia, debido ao retraso que neste caso leva o proceso de baremación da fase de concurso da OPE-2006.

 TOMAS DE POSESIÓN

As previsións do SERGAS son:

Finais de maio ou no mes de xuño, tomarán posesión das súas novas prazas tanto os facultativos que concursaron aos traslados como os que aprobaron a OPE, agás os médicos de familia que tomarán posesión probabelmente no mes de outubro. Esas tomas de posesión irán acompañadas dos correspondentes ceses dos interinos que ocupen as prazas correspondente, agás no caso de que no Servizo correspondente existan prazas de cadro vacantes.   02/04/2008

 

TRASLADOS PEDIATRÍA de PRIMARIA

O DOG do 28 de marzo publica a Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se aproba a RESOLUCIÓN PROVISIONAL do concurso de traslados de PEDIATRAS de atención primaria.

Listados Provisionais de prazas adxudicadas

Relación provisional de admitidos e excluídos no concurso de traslados de pediatría de Atención Primaria. Está previsto que as adxudicacións provisionais sexan publicadas inmediatamente despois de Semana Santa. 06/03/2008  

FASE DE CONCURSO OPE 2006

O DOG do luns 17 de marzo, publica a baremación provisional da fase de concurso da OPE das seguintes categorías de persoal licenciado sanitario:

anatomía patolóxica

cirurxía plástica estética e reparadora

farmacia hospitalaria

neuroloxía

radiodiagnóstico

anxioloxía e cirurxía vascular

cirurxía xeral e aparello dixestivo

inmunoloxía

oncoloxía médica

radiofísica hospitalaria

cirurxía cardiovascular

dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía

microbioloxía e parasitoloxía

oncoloxía radioterápica

reumatoloxía

cirurxía oral e maxilofacial

endocrinoloxía e nutrición

nefroloxía

pediatría de atención primaria

traumatoloxía e cirurxía ortopédica

cirurxía pediátrica

farmacéutico de atención primaria

neurocirurxía

pediatría e as súas áreas específicas

 

As restantes categorías de licenciados sanitarios esperamos que poidan ser publicadas a primeiros de abril, coa única excepción de Médicos de Atención Primaria, que non poderá estar ata preto do verán. 17/03/2007

A SITUACIÓN LEGAL DA OPE-2006

Con data do 28/02/2009, a xuíza do Tribunal Contecioso/Administrativo nº 1 de Santiago de Compostela, ditou un auto no que desestima a petición de suspensión cautelar da OPE-2006 realizada o 24/09/2007 polo letrado Eugenio Moure González en nome da Asociación de Facultativos Especialistas Interinos dos Hospitais do SERGAS (AFEIHS).

Por outra banda, esa mesma xuíza será quen presida o xuízo no que se tratará a demanda de Anulación da OPE-2006 presentada por AFEIHS. Ese xuízo celebrarase, probabelmente, neste mes de marzo de 2008. No mes de maio é posíbel que se emita a sentenza. 12/03/2008

CONCURSO DE TRASLADOS

O DOG do 20 de febreiro publica a resolución provisional do concurso de traslados de licenciados sanitarios, coa baremación provisional así como co destino provisional adxudicado. Os listados están publicados na paxina web do Sergas. 20/02/2008

PRAZAS DE ALTA ESPECIALIZACIÓN  

A CIG e a situación, a 11/02/2008, das “Prazas de Alta Especialización de FEAs.

 

MAIS INFORMACIÓN

Información facilitada polo SERGAS 24/01/2008:

Durante a 2ª quincena de febreiro faranse públicas as puntuacións provisorias da baremación do Concurso de Traslados así como a adxudicación provisoria de Destinos aos licenciados sanitarios.

Durante o mes de febreiro comezará o proceso de baremación da Fase de Concurso. Non hai aínda data de publicación das puntuacións provisorias pois dependerá do ritmo de cada tribunal.

En principio o SERGAS ten intención de que no mes de xuño teña lugar, simultaneamente, a toma de posesión das súas novas prazas dos facultativos que accedan a elas como consecuencia do Concurso de Traslados e da OPE-2006, así como a incorporación aos seus novos destinos dos facultativos que resulten cesados como consecuencia deses procesos.

O SERGAS sigue sen aclarar que pensan facer coa OPE de Psiquiatría, malia que CIG-Saúde sigue teimando e insistíndolle en que deben facer todos os esforzos posíbeis para que o exame se repita o máis axiña posíbel e, en xuño, as tomas de posesión e incorporacións afecten tamén aos facultativos desa especialidade.

O 19/01/2008, CIG-Saúde comunicoulle ao SERGAS a súa preocupación polo retraso dos traballos da Comisión de Seguimento do Plano de Estabilización de FEAs, e lle remitiu dos textos, elaborados en novembro de 2007, nos que define posición do sindicato ao respecto de algúns dos aspectos mais relevantes relacionados con ese Plano:

Proposta de CIG-Saúde de modificación do baremo de FEAs do Decreto 206/2005 para a OPE-2008 e sucesivas:

-     Globalmente, incluíndo a fase de oposición e de concurso, proponse dar un peso do 57% ao exame, do 24% á experiencia profesional, e do 12% á formación de postgrao.

-    A concreción polo miúdo do peso de cada un dos compoñentes dos diversos apartados en que se divida o futuro baremo, non poden incluírse nun texto legal de carácter xeral como é un Decreto. Por este motivo, deberán ser definidos na resolución na que se convoque a OPE-2008, que deberá ser previamente negociada na mesa sectorial.

Criterios de CIG-Saúde para a incorporación a novas interinidades dos FEAs cesados como consecuencia da OPE-2006 e do Concurso de Traslados

-     Os dous compoñentes fundamentais será a Experiencia Profesional que terá un peso global do 70%, mentres que a nota obtida no exame da OPE terá un peso do 30%

Por outra banda, proponse que o ámbito da listaxe sexa autonómico, que a súa vixencia sexa só até a resolución da OPE-2006, que os vínculos ofertados sexan irrenunciábeis e que aos facultativos que obtivesen destino nos hospitais de Burela, O Barco e Monforte, aos servizos prestados se lles engada un 75% adicional do seu valor na OPE do 2008.

O DOG do 7 de xaneiro de 2008 publica a resolución do 20 de decembro de 2007, pola que se convoca concurso de traslados para pediatras de atención primaria. 08/01/2008

Listado facilitado polo SERGAS cos admitidos e excluídos do Concurso de Traslados do Persoal Facultativo.

 (ficheiro comprimido con ZIP de 1,5 MB)    21/12/2007.

Nas seguintes categorías non hai  aspirantes:

Cirurxía Cardiovascular
Cirurxía Oral e Maxilofacial
Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora
Inmunoloxía
Medicina do Traballo
Oncoloxía Radioterápica
Radiofísica Hospitalaria
Xeriatría

 CALENDARIO DO CONCURSO DE TRASLADOS DE FACULTATIVOS: 05/12/2007

- entre o 17 e o 22 de decembro, na páxina web do SERGAS aparecerá un listado inicial dos licenciados sanitarios admitidos e excluídos no Concurso de Traslados.

- a resolución provisoria será publicada na 2ª quincena de xaneiro 2008.

- a convocatoria do Concurso de Traslados de Pediatría de AP será publicado en DOG na 2ª semana de xaneiro.

Borrador de prazas a traslados de Pediatras de Atención Primaria, que o Sergas nos fai chegar para comprobar os destinos ofertados. 28/11/2007                 Vacantes:                         Resultas:
Publicada no DOG a Resolución que abre a FASE DE CONCURSO de varias categorías da OPE Facultativos. 27/11/2007

Publicadas as NOTAS Definitivas da OPE de Facultativos. 22/11/2007

Ver Resolución

OPE de Facultativos: Segundo información do SERGAS

Notas Definitivas: serán publicadas o 22 de novembro

Fase de Concurso da OPE: comeza o 27 de Novembro, cun prazo de 1 mes para a presentación de méritos.

 CONCURSO DE TRASLADOS 2006:

Xa se coñecen o nº e a procedencia das solicitudes de Concurso de Traslados.

So 29 solicitudes proceden de fora de Galiza.

En Atención Especializada hai 215 solicitudes, de 36 especialidades. Delas, 25 proceden de fora de Galiza.

En Atención Primaria hai 329 solicitudes de traslado de Médicos de Familia. Delas, 4 proceden de fora de Galiza.

  Ver a distribución por Especialidades

  Publicada a listaxe de PUNTUACIÓNS PROVISORIAS da fase de oposición da OPE de MEDICINA DE FAMILIA e de FEAS. 11/10/2007   

O SERGAS informa que a finais desta semana contan publicar tódalas notas pendentes da OPE de FEAS (coa única excepción de Psiquiatría) e que todo segue o seu proceso normal. 10/10/2007

Respecto dos TRASLADOS comentan que van crear unha COMISIÓN DE BAREMACIÓN para persoal facultativo, con dous representantes sindicais. Seguen mantendo que irán resolvendo o proceso segundo van rematando por categorías, contan con ter todo resolto na primavera do 2008. 10/10/2007

   Información facilitada polo SERGAS sobre a OPE (21/09/2007)

  Nas especialidades nas que hai plantilla definitiva, as notas provisorias sairán antes de que remate o mes de setembro.

  Nas especializadas nas que aínda non se publicaron as plantillas definitivas, as plantillas e as notas provisorias serán publicadas a medida que os tribunais resolvan as reclamacións.

  A Fase de Concurso está previsto abrila na 2ª quincena de outubro.

O SERGAS está a publicar as respostas correctas dos exercicios realizados o 30/06/2007 de diferentes especialidades. (17/09/2007)

Publicada, no DOG do 17/07/2007, a modificación da Resolución de convocatoria do CONCURSO DE TRASLADOS.

As solicitudes poden presentarse até o 31 de AGOSTO de 2007.

 ATÉ SETEMBRO NON SE PUBLICARAN OS LISTADOS COAS PUNTUACIÓNS ACADADAS NOS EXAMES DA OPE.

Todo apunta a que até setembro non se farán públicos os listados coas puntuacións acadadas polos opositores. O SERGAS tenta xustificar este retraso en base a “motivos técnicos” e o feito de estarmos no verán. Explican que a máquina correctora dos exames debe reprogramarse para que teña en conta que se elixían dous temas de tres. Por outra banda, insisten finais de xullo ou agosto, cando moitos profesionais están de vacacións, é un mal momento para reunir os tribunais, para que resolvan as impugnacións ás preguntas, publicar os listados, e abrir os períodos correspondentes de reclamacións.. 13/07/200.  

RESPOSTAS DOS EXAMES DA OPE: (02/07/2007)

As respostas correctas, provisorias, xa están dispoñíbeis na web do SERGAS.

Podes velas en 3 clicks: fai click na túa especialidade e logo onde pon “Plantilla de Respostas Provisoria”. Todo elo despois de facer click aquí.

Publicada en DOG a resolución convocando o Concurso de Traslados. 29/06/2007,

A publicación ten moitos erros, sobre todo no relativo ás prazas de Atención Primaria (p.ex. faltan todas as prazas de Ourense. Polo que proximamente sairá no DOG unha corrección de erros.

Listado definitivo de prazas a traslado en Atención Especializada que o SERGAS publicará no DOG o día 30 de xuño.   29/06/2007

Listado definitivo de prazas a traslado en Atención Primaria que o SERGAS publicará no DOG o día 30 de xuño. 29/06/2007

Listado definitivo de prazas que poden saír a Resultas en Atención Primaria que o SERGAS publicará no DOG o día 30 de xuño. 29/06/2007

NO DÍA DE HOXE O XUÍZ LEVANTOU A SUSPENSIÓN CAUTELAR  DA OPE DE FEAs, POLO QUE O PROCESO DE OPOSICIÓNS SEGUE A SUA MARCHA NORMAL.  25/06/2007

O luns 25/06/2007, o xuíz tomará unha decisión definitiva respecto á demanda interposta por AFEIHS por VULNERACIÓN DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS pola ausencia de PARIDADE nalgúns dos tribunais da OPE de FEAs. 21/06/2007

A gravidade do motivo aducido pola “Asociación de Facultativos Interinos dos Hospitais do SERGAS” (AFEIHS) na súa demanda, que se vulneraban dereitos fundamentais pola non paridade (igualdade de mulleres e homes) de algúns tribunais da OPE-2006 de FEAs, levou ao xuíz, o pasado luns 18/06/2007, a decidir a suspensión provisoria das actividades relacionadas con esa OPE.

Hoxe, 21/06/2007, houbo unha a vista previa do xuízo, no que o avogado de AFEIHS mantivo a súa demanda e o avogado do SERGAS alegou que a lei de paridade e posterior á convocatoria da OPE, que a propia lei contén unha disposición transitoria que establece que a lei non afecta aos procesos selectivos xa iniciados, e que, ademais, globalmente, a composición do conxunto dos tribunais, si cumpre coa lei.

En consecuencia, a data do exame da OPE de FEAs sigue sendo o 30/06/2007 e só no caso de que, o próximo luns, o xuíz, falle a favor da demanda interposta por AFEIHS, o exame non se celebrará ese día, e terá que ser adiado, até despois de que se constitúan os novos tribunais.

OPE-2006: Publicada en DOG a data do Exame da OPE: será en Silleda, o día 30 de xuño, ás 9:30 horas. Instrucións para o día do Exame. 18/06/2007
Listado de prazas a traslado en Atención Especializada que o SERGAS publicará proximamente.  Se detectas algún erro ou anomalía fáinolo saber para intentar corrixilo antes da publicación.  20/06/2007
Listado provisional de prazas a traslado en Atención Primaria. 02/06/2007
A Coruña   Lugo   Vigo  
Ferrol   Ourense      
Santiago   Pontevedra      
Listado provisional de prazas a traslado en Atención Especializada.  02/06/2007

Finalmente o SERGAS decidiu non incluír como “Prazas de Alta Especialización”, as 3 prazas da Unidade de Trastornos Alimentarios do CHUS: 1 de endocrino, 1 de psiquiatría e 1 de psicoloxía clínica. Pola contra, decidiu manter con ese carácter a praza de Cirurxía Xeral de Ourense que estaba pendente. Deste xeito, serán 26 o nº final de Prazas de Alta Especialización que saíran cun perfil específico no Concurso de Traslados.

Relación das 26 “Prazas de Alta Especialización” que, finalmente e malia oposición de CIG-Saúde, sairán con perfil ao Concurso de Traslados. 02/06/2007  

Na seguinte Táboa preséntanse a síntese da información aportada polos diversos Censos de FEAs con Contratos Temporais (agás o de interinidades), que o SERGAS entregou na Comisión de Seguimento do Plan de Estabilización de FEAs dos Hospitais do SERGAS. 01/06/2007 

Publicados no DOG do 30/05/2007,os temarios das distintas especialidades da OPE-2006 de FEAs.  01/06/2007   

Malia clara oposición de CIG-Saúde, o SERGAS sacará a Concurso de Traslados entre 25 e 29 “PRAZAS DE ALTA ESPECIALIZACIÓN”. 21/05/2007.

As “Prazas de Alta Especialización”, o Concurso de Traslados, e a posición de CIG-Saúde. Información da Xuntanza do 21/05/2007 da Comisión de Seguimento do Plan de Estabilización e da OPE-2006 de FEAs.

CIG-Saúde rexeita as chamadas “PRAZAS DE ALTA ESPECIALIZACIÓN”. 11/05/2007.

  Despois de debater a proposta concreta presentada polo SERGAS, así como a propia cerna do problema das “Prazas de FEAs de Alta Especialización”, CIG-Saúde decidiu rexeitar con carácter xeral a proposta do SERGAS de que existan ese tipo de prazas,

CIG-Saúde persónase no recurso contencioso-administrativo promovido por AFEIHS contra as resolucións de convocatoria da OPE-2006.  14/05/2007.
  • As razóns e o significado de personarse no recurso

  • “Resolución do 12 de abril de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación de Facultativos Especialistas Interinos dos Hospitais do Sergas (DOG do 24.04.2007).

  • Texto presentado por CIG diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no que se presenta como parte interesas nese contencioso.

CIG-Saúde rexeita as chamadas “PRAZAS DE ALTA ESPECIALIZACIÓN”. 11/05/2007.

«      Despois de debater a proposta concreta presentada polo SERGAS, así como a propia cerna do problema das “Prazas de FEAs de Alta Especialización”, CIG-Saúde decidiu rexeitar con carácter xeral a proposta do SERGAS de que existan ese tipo de prazas,

«      Ademais consideramos:

Que, en xeral e malia algunha posíbel excepción, o que sobre todo latexa como fondo do problema das denominadas “prazas de alta especialización”, non é “a continuidade asistencial”, senón o poder de determinados xefes de servizo,

Que o que ten que facer o SERGAS é pedirlles aos Xefes de Servizo que cumpran coa súa responsabilidade e que, diante da posibilidade de que os interinos que teñen poidan deixar o servizo como consecuencia do  Concurso de Traslados ou da OPE, deben preparar e levar adiante “Planos de Continxencia” que permitan minimizar as consecuencias asistenciais e doutros tipos que esa situación poda orixinar.

PUBLICADOS EN DOG OS TRIBUNAIS DA OPE-2006. 09/05/2007

A composición destes tribunais supón un salto cualitativo no proceso de democratización dos tribunais dos procesos selectivos do SERGAS. Por primeira vez e en cumprimento do acordo acadado con CIG-Saúde e os outros sindicatos da Comisión de Seguimento do Plan de Estabilización de FEAs e da OPE-2006, o SERGAS convoca un proceso selectivo en cuxos tribunais se introduce unha forte democratización. Anteriormente os 5 membros dos tribunais eran nomeados dixitalmente polo SERGAS, a composición dos tribunais de cada especialidade, agora publicados en DOG é a seguinte:

§     2 membros nomeados pola administración: o presidente e o secretario.

§     1 membro nomeado polas organizacións sindicais

§     1 membro elixido por sorteo entre varios (3-5) propostos pola Sociedade Científica correspondente.

§     1 membro elixido por sorteo entre todos os especialistas con Nivel II de Carreira Profesional

Resolución do 2 de maio de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se nomean os tribunais cualificadores de determinadas categorías do proceso selectivo de persoal estatutario do organismo.

Escrito remitido polo SERGAS, a todos os sindicatos da mesa sectorial, no que informa sobre determinados aspectos da OPE e do CONCURSO DE TRASLADOS de FEAs. 08/05/2007.  

Unha aclaración necesaria: O CONCURSO DE TRASLADOS NON AFECTA AO NÚMERO DE PRAZAS QUE SE OFERTAN NA OPE-2006 DE FEAs (05/05/2007) :

Está moi espallada, entre os facultativos galegos, a idea de que os profesionais procedentes de fora de Galiza que collan praza no Concurso de Traslados de FEAs previo á OPE-2006, vano facer a costa de reducir o número de prazas que se ofertan nesa OPE. Aínda recentemente o Presidente do Consello Galego de Colexios Médicos defendeu publicamente esa idea. Cómpre dicir claramente que esa idea é simplemente falsa.

§     A convocatoria da OPE (Decreto 238/2006 e Resolución do 22 de decembro de 2006) é un proceso independente da convocatoria do Concurso de Traslados que, seica, vai sair en DOG neste mes de maio. Trátase de dous procesos legais diferenciados que teñen que dar lugar a dúas tomas de posesión diferentes.

§     As 532 prazas de FEAs que se convocan na OPE-2006, teñen que ser cubertas por 532 aprobados na OPE, sen que a ese número lle afecte o que suceda no Concurso de Traslados. Quen aprobe a OPE-2006 terá unha praza de especialista propietario no SERGAS

EN CONCLUSIÓN: o Concurso de Traslados non afectará ao número de prazas que o SERGAS está obrigado a ofertar na OPE-2006 de FEAs, nin ao seu nº global nin ao de cada unha das especialidades. Quen si pode resultar afectada é a distribución desas prazas entre os distintos hospitais.

OPE-2006: Interinidades vacantes de FEAs distribuídas por centros e especialidades. 05/05/2007.

OPE-2006: Relación entre o nº de persoas presentadas e o nº de prazas convocadas. 05/05/2007.

O próximo día 09/05/2007 publicaranse en DOG os compoñentes dos distintos TRIBUNAIS da OPE-2006 de FEAs. Probabelmente, ese mesmo día terá lugar a xuntanza constitutiva deses tribunais. Nos días seguintes serán publicados en DOG os TEMARIOS das diferentes especialidades. 05/05/2007.

Composición dos Tribunais da OPE-2006 de FEAs

“Temarios” da OPE-2006 que se publicarán no DOG: edicións en español e en galego.

Resolución do 13 de abril de 2007, da División de Recursos Humanos e desenvolvemento Profesional, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar na OPE 2006 nas categorías de Medicina de Familia, FEAS e dos Farmacéuticos de primaria e especializada.

Resolución publicada no DOG do 30 de abril.

Enlace coa páxina do SERGAS.

Mesmos obxectivos, distintas estratexias.

Diante do conflito e a folga contra a OPE-2006 de FEAs, impulsada por Afeihs e Omega, debemos dar a coñecer a nosa opinión e algunhas consideracións imprescindibles.  Para que a quen lle poida interesar dispoña de máis elementos de xuízo para situarse no conflito e adoptar as súas propias decisións. E, tamén, para que ninguén fale por nós.

Explicitados, na Acta da Xuntanza da Comisión de Seguimento da OPE-2006 do 23/03/2006, importante acordos sobre:

Compromisos sobre a OPE-2006: Data do Exame, Guía Técnica e Temarios.

Compromiso de OPEs ordinarias periódicas cada 2 anos. A correspondente a 2008 se convocará no 1º trimestre de 2008.

Compromisos de Concursos de Traslados cada 2 anos, previos as OPEs respectivas. e nos que se ofertarán o 100% das prazas vacantes no momento da convocatoria.

Conversión en estábeis dos contratos temporais de máis de 1 ano de duración.

Establecemento dun sistema de contratación temporal de FEAs baseado en criterios obxectivos. Prioridade dos profesionais cesados como consecuencia da OPE-2006 e o Concurso de Traslados.

Baremación dos méritos dos profesionais para a OPE-2006 e sucesivas.

Situación dos temarios das diferentes especialidades (26/03/2007)
Por acordo da Mesa Sectorial, as 96 novas prazas de interinidades de FEAs orzamentadas para ser creadas no ano 2007, serán ofertadas ao Concurso de Traslados previo á OPE-2006. Isto incrementará, con prazas novas, a oferta de prazas para traslados e facilitará a reubicación dos profesionais cesados como consecuencia da OPE e o concurso de traslados. 22/03/2007
O Sergas ratifica que non se suspenderá a OPE 2006 nin esta terá un aumento na súa convocatoria de prazas, obxectivos da folga do persoal interino. Por outra banda, a conselleira galega, María José Rubio, e o director de Recursos Humanos, Antonio Fernández Paniagua, explican que no Plan para mellora da AP están contidos os criterios alcanzados nos grupos de traballo formados con sindicatos e asociacións. El Médico Interactivo, 23/03/2007.

O CONCURSO DE TRASLADOS publicarase en DOG durante o mes de abril.

O SERGAS presentou, aos sindicatos da Comisión de Seguimento, os BORRADORES da Resolución coa Convocatoria do Concurso de Traslados e as súas bases  (Anexo I da Resolución), así como o baremo (Anexo II). Nos próximos días, presentará os borradores do resto dos anexos. 15/03/2007

Información da xuntanza do 16/03/2007 do Grupo de Traballo (GT) sobre “TEMARIOS” da Comisión de Seguimento do Acordo sobre a OPE-2006:

    Aprobáronse, no GT, os “temarios” da grande maioría das especialidades, incluído o de Medicina de Familia.

    Os temarios aprobados no GT, cómpre consideralos, polo de agora, como borradores que lle serán propostos aos tribunais de cada especialidade, na súa 1ª xuntanza de constitución.

    A composición dos diferentes tribunais será publicada en DOG os próximos días. Pouco despois, todos os tribunais serán convocados a unha xuntanza conxunta na que se lles presentarán os “temarios” e se lles pedirá que os ratifiquen.

    Unha vez ratificados polos respectivos tribunais, os temarios serán publicados en DOG durante o mes de abril, como “concrecións dos programa formativas refrendadas polos tribunais.

Malia o seu carácter de “borradores”, os “temarios” aprobados no GT poden ser xa utilizados na preparación da OPE, dado que é moi pouco probábel que non se convertan en definitivos ou que sexan modificados.

    Cómpre ter en conta que os “temarios que se publiquen en DOG, non van levar as referencias bibliográficas que figuran na súa redacción actual.

OPE-2006: HABERÁ “TEMARIOS” ESPECÍFICOS DE CADA ESPECIALIDADE, DE APROXIMADAMENTE 30 TEMAS, QUE DEBERÁN SER AVALADOS POLAS SOCIEDADES CIENTÍFICAS E QUE, UNHA VEZ RATIFICADOS POLOS TRIBUNAIS CORRESPONDENTES, SERÁN PUBLICADOS NO DOG. Na súa 1ª xuntanza, o Grupo de traballo sobre “temarios” da Comisión de Seguimento do Acordo sobre a OPE-2006 de FEAs, acorda que haxa temarios específicos de cada especialidade, de aproximadamente 30 temas. Estes temarios deberán ser avalados polas sociedades científicas e, unha vez ratificados polos tribunais correspondentes, serán publicados no DOG. 02/03/2007.

Información da Xuntanza do 01/03/2007 do Grupo de Traballo sobre “Temarios” da Comisión de Seguimento do Acordo sobre a OPE-2006 de FEAs.

NOVAS de PRENSA

El Sergas hará fijos a 202 especialistas como parte de su plan de estabilización. Diario Médico, 20/04/2007.

Los exámenes de la OPE 2006 de Galicia se celebrarán la última semana de junio. El Médico Interactivo, 27/03/2007.

El Sergas convocará en cada OPE las plazas que estén vacantes. Diario Médico, 27/03/2007.

Los interinos no fijos irán a la huelga pese al acuerdo entre sindicatos y Sergas. Diario Médico, 22/03/2007.

 Documentación Clave

O proceso de concreción da OPE-2006 está sendo especialmente complexo.

A creación da “Asociación de Facultativos Especialistas Interinos dos Hospitais do SERGAS” (AFEIHS) ten sido un acontecemento de grande importancia para colocar en 1º plano a problemática da precariedade do emprego dos FEAs hospitalarios e para que se poda chegar a racionalizar o proceso de OPEs de FEAs no SERGAS. Co Decreto e a Resolución de Convocatoria da OPE-2006 xa publicados nos derradeiros días de 2006, a loita por unha OPE-2006 máis xusta que levaba adiante AFEIHS, entrou no mes de xaneiro de 2007 nunha nova etapa. Asinada por CIG-Saúde, CCOO, CESM, CSIF e OMEG, e apoiada por AFEIHS, concretouse na “Proposta Sindical Unitaria” e se presentou unha convocatoria de folga que ia comezar o 15 de febreiro. Esa folga foi desconvocada o 13/072007, debido a que os sindicatos con presenza na Mesa Sectorial que a convocábamos, asinamos ese día un “Acordo” co SERGAS sobre a OPE-2006. Con posterioridade AFEIHS desmarcouse do “Acordo”. O 23/02/2007 tivo lugar a primeira xuntanza da Comisión de Seguimento establecida no “Acordo”.

Reproducimos, a continuación, os principais documentos feitos públicos en relación coa OPE-2006 desde xaneiro de 2007:

- as posicións públicas de AFEIHS,

- os documentos elaborados pola administración,

- os documentos conxuntos elaborados pola “Proposta Sindical Unitaria”, e

- as posicións defendidas publicamente por CIG-Saúde durante todo o proceso.

O noso sindicato foi o único que, en todo momento, deixou claras as súas posicións, tanto cando coincidía con AFEIHS como cando, e sucedeu con frecuencia, discrepou con ela.

Información da Xuntanza do 01/03/2007 do Grupo de Traballo sobre “Temarios” da Comisión de Seguimento do Acordo sobre a OPE-2006 de FEAs.
Información da xuntanza do 23/02/2007 da Comisión de Seguimento do “Acordo” sobre a OPE-2006. 24/02/2007.
Proposta da División de RR.HH. e D.P do SERGAS en relación coa OPE-2006 para o ingreso en categorais facultativas do organismo (o borrador de Guía Técnica proposta polo SERGAS). 23/02/2007.
Nota de AFEIHS aos Sindicatos da Mesa Sectorial. 22/02/2007
Balanzo do CIG-Saúde do “Acordo” sobre a OPE-2006 asinado na Mesa Sectorial do 13/02/2008. 19/02/2007.
Acta do Acordo da Mesa Sectorial do 13 de febreiro de 2007. 
Resposta de AFEIHS á presentación do  “PLAN DE ESTABILIDADE E FIN DA PRECARIEDADE DOS FACULTATIVOS DOS HOSPITAIS PÚBLICOS”. 07/02/2007
“Plan de Provisión dos Postos de Traballo de FEAs dos hospitais do SERGAS”, presentado pola Administración na Mesa Sectorial do 08/02/2008.  
Informe Xurídico sobre a ampliación de prazas da OPE-2006,  presentado polo SERGAS na Mesa Sectorial do 08/02/2007.  
OPE-2006: A “Proposta Sindical Unitaria” e a loita contra o emprego precario entre os Facultativos dos Hospitais do SERGAS. Artigo do "Voceiro da AgM-CIG". 06/02/2007
Texto coa Convocatoria de Folga, e os obxectivos desta, presentada na Consellería de Traballo e na de Sanidade. 
Proposta Sindical Unitaria, asinada polos sindicatos (CC.OO. CESM, CIG, CSI-CSIF, OMEGA) o 19/01/2006.  
Propuesta de la Asociación de Facultativos Especialistas Interinos de los Hospitales del SERGAS (AFEIHS) para la Convocatoria de Huelga de Facultativos de Hospital. 03/01/2006

 

Mais Información

Acta do Acordo da Mesa Sectorial do 13 de febreiro de 2007 
Despois dunha longa negociación tódolos sindicatos presentes na Mesa Sectorial e os asinantes da “Proposta Sindical Unitaria” chegan a un acordo co SERGAS sobre o “plan de estabilidade e fin da precariedade dos FEAS dos hospitais do SERGAS”, no que, ao final, se recollen a maioría das reivindicacións dos FEAS non propietarios, e se desconvoca a Folga. 13/02/2007
Os médicos interinos desconvocan a folga ao alcanzar un acordo co Sergas Sanidade elaborará un censo dos profesionais para coñecer todas as prazas e porase en marcha unha comisión de seguimento  Galicia Hoxe, 13/02/2007
OPE: Información da Mesa Sectorial do 08/02/07.
Resposta de AFEIHS á presentación do  “PLAN DE ESTABILIDADE E FIN DA PRECARIEDADE DOS FACULTATIVOS DOS HOSPITAIS PÚBLICOS”. 07/02/2007
OPE-2006: A “Proposta Sindical Unitaria” e a loita contra o emprego precario entre os Facultativos dos Hospitais do SERGAS. Artigo do Voceiro da AgM-CIG. 06/02/2007

O SERGAS FAI PÚBLICO O “PLAN DE ESTABILIDADE E FIN DA PRECARIEDADE DOS FEAS DOS HOSPITAIS DO SERGAS”, E CONVOCA MESA SECTORIAL PARA O XOVES, 8 DE FEBREIRO. 06/02/07

Para CIG-Saúde, nunha primeira avaliación e a falta de que se concreten moitos aspectos, o “Plan” semella representar un importante e positivo salto cualitativo na mellora da estabilidade no emprego dos FEAs dos hospitais do SERGAS. Hai nel, entre outros aspectos salientábeis, o compromiso de publicar o censo real de prazas de FEAS con contratos temporais, así como de aboiar, consolidar e convocar, na OPE-2008, todas as prazas de contratos lixo que existen na actualidade. O Sergas tamén se compromete a que antes de xuño do 2007 revisará o actual sistema de contratación de especialistas hospitalarios.

Hai sen embargo, aspectos non abordados no “Plan” presentado polo SERGAS que, para o noso sindicato, é preciso clarificar e resolver. Entre outros, os relacionados coas reivindicacións da “Proposta Sindical Unitaria” para a OPE-2006,  os relacionados coa recolocación dos profesionais que cesen como consecuencia desa OPE e do concurso de traslados previo, así como o tema dos necesarios cambios no Decreto de Provisión, para que sexa posíbel unha baremación máis xustas dos méritos dos facultativos.

Esperamos que o SERGAS sexa quen de resolver de xeito satisfactorio estes aspectos pendentes, na xuntanza da Mesa Sectorial do día 8. Se isto é así, poderemos todos felicitármonos de ter conseguido dar un  importante paso adiante na estabilidade no traballo dos facultativos dos hospitais, e na súa fidelización ao sistema sanitario público galego.

Los médicos sin plaza no esperan más y convocan huelga para el 15-F. El Correo Gallego, 06/02/2007.

Los especialistas interinos y contratados temporales anuncian siete días de huelga. La Voz de Galicia, 06/02/2006.

Convocada Folga de FEAs Non Propietarios dos Hospitais do SERGAS contra a precariedade laboral e en desacordo coas características da OPE-2006. 05/02/07
Se na negociación da Mesa Sectorial, que o SERGAS di ter intención de iniciar o día 8 de febreiro, non se avanza rápidamente cara un acordo, os aproximadamente 1000 profesionais afectados, irán á folga os días 15, 16, 22, 23 e 28 de Febreiro, e o 1 e 2 de Marzo. Así o afirmaron hoxe en rolda, celebrada en Santiago o 5 de febreiro, os Sindicatos que asinaron a “Proposta Sindical Unitaria” sobre a OPE-2006 (CIG, CCOO, CESM, CSIF e Omega) e a AFEIHS, asociación que agrupa aos FEAs interinos en praza vacante (uns 500) e con contratos-lixo  (cando menos outros 500) dos hospitais do SERGAS.
  Escrito explicativo das razóns da convocatoria de folga, dirixido ao D.X. de RR.HH. do SERGAS. 
Texto coa Convocatoria de Folga, e os obxectivos desta, presentada na Consellería de Traballo e na de Sanidade. 
 Declaracións de Francisco Vazquez Vizoso, Portavoz da Agrupación Médica de CIG-Saúde, nun debate organizado por “El Correo Gallego” sobre a situación dos médicos en Galicia. 28/01/2007

Sanidade acepta negociar cos sindicatos cambios na oferta de emprego do Sergas. A Consellería de Sanidade fixo pública onte a súa disposición a convocar unha mesa sectorial para negociar cos sindicatos todas as propostas que se presenten para introducir posibles modificacións na oferta pública de emprego (OPE) do Sergas convocada no 2006. La Voz de Galicia, 20/01/2007

Os interinos esíxenlle ó Sergas reorientar a súa contratación.  Os facultativos especialistas non fixos nos hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) esixíronlle onte á Administración sanitaria que "reoriente" a política de contratación para fidelizar o persoal sanitario e non abandone Galicia e que invista en recursos humanos e materiais. Galicia Hoxe 20/01/2007

O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE ESTÁ ABERTO A DEBATER EN MESA SECTORIAL AS PROPOSTAS SOBRE A OPE DO PERSOAL FACULTATIVO. Nova aparecida na web do SERGAS.    20/01/2006.

Asinada, presentada en rolda de prensa, e entregada no Rexistro do Sergas, a “PROPOSTA SINDICAL UNITARIA” sobre a convocatoria  da OPE 2006.

A mañá do 19 de xaneiro de 2007, a “Proposta Sindical Unitaria” foi asinada nunha rolda de prensa celebrada en Santiago. CIG-Saúde, CC.OO., CESM, CSI-CSIF e Omega asinaron, diante dos medios de comunicación, a “Proposta”, previamente consensuada con AFEIHS, na que se lle reclama ao Sergas a apertura urxente da Mesa Sectorial para introducir modificacións na OPE-2006 e sentar as bases da OPE-2008.

No mes de febreiro, de non ter unha resposta positiva por parte do Sergas, os facultativos non propietarios dos Hospitais do Sergas levaran adiante as mobilizacións (Folga) que tiñan anunciadas para o mes de xaneiro, e que adiaron confiando na apertura do proceso negociador. Nesa situación, os Sindicatos asinantes da “Proposta” apoiarán esas mobilizacións e chamarán aos propietarios a que se solidaricen con eles. 19/01/2007

O SERGAS DESMINTE UN RUMOR SOBRE AS DATAS DO EXAME DA OPE-2006

Nalgúns hospitais apareceu unha nota asinada por un sindicato na que se afirmaba que os exames da OPE van ser en abril-maio. Algúns médicos hospitalarios interpretaron isto como que esas eran as datas do exame da OPE-2006 de FEAs.

Desde CIG-Saúde puxémonos en contacto co SERGAS onde afirmaron que esa información non é certa. 19/01/2007

Médicos interinos del Sergas acusan a Sanidade de convocar unas oposiciones sin temario. El Pais 18/01/2007

Na xuntanza celebrada o 15/01/2007, en Santiago, CIG-Saúde, e os demais sindicatos, acordaron un documento consensuado, e apoiado pola asociación de FEAs non fixos (AFEHIS), no que se lle reclama ao SERGAS que, nos próximos días, teña lugar unha xuntanza urxente da Mesa Sectorial. Entre as reivindicacións recollidas no documento de consenso figuran os seguintes:

·  que se introduzan modificacións que aclaren algúns aspectos da OPE-2006, como os temarios, composición dos tribunais e tipo de exame;

· esixirlle ao SERGAS a recolocación dos FEAs que cesen como consecuencia desa OPE e do Concurso de Traslados correspondente;

·  compromiso escrito do SERGAS de que na próxima OPE-2008 se van convocar todas as prazas de FEAs somerxidas, e que comecen de contado os traballos que permitan aboiar esas prazas;

·  que na OPE-2008 se introduzan cambios no peso do baremo, nas características dos temarios, nos criterios que regulen a presenza de profesionais foráneos,  e noutros aspectos, de xeito que a seguinte OPE-2008 sexa máis xusta que a OPE-2006, procedéndose, de ser necesario, a modificar os puntos que regulan eses temas no actual decreto de provisión.

· que, dunha vez, se establezan listas de contratación de especialistas hospitalarios baseadas en criterios obxectivos e coñecidos, que permitan eliminar a arbitrariedade nesas contratacións..

Se o SERGAS non acepta abrir na Mesa Sectorial a negociación destes temas, nos próximos días, os sindicatos apoiaremos activamente as mobilizacións que, a partir do mes de febreiro, teñen pensado realizar os facultativos non fixos. Ademais, os sindicatos pedirémoslles aos propietarios que se sumen a esas mobilizacións. 16/01/2007 

Xuntanza dos Sindicatos cos FEAs non propietarios dos Hospitais. 09/01/2007

O 08/01/2007, tivo lugar en Santiago, unha xuntanza entre representantes dos sindicatos e da Asociación de Especialistas Especialistas Interinos dos Hospitais do SERGAS (AFEIHS) que, malia o seu nome, agrupa non só aos interinos senón a todos os FEAs non propietarios. Pola parte sindical, ademais de CIG-Saúde, estiveron presentes CESM, CCOO, CSIF, OMEGA e UGT.

A xuntanza, convocada por AFEIHS, tiña como obxectivo explorar a posición dos diferentes sindicatos diante da súa anunciada convocatoria de folga e explorar a posibilidade de establecer posicionamentos e accións comúns fronte ao SERGAS. A xuntanza, evidenciou a existencia de moitos puntos de acordo, con matices, entre os posicionamentos sindicais e as reivindicacións defendidas por AFEHIS, si ben tamén se constatou a existencia de diferenzas, sendo o principal punto de discrepancia o practicamente unánime posicionamento sindical a favor de que o concurso de traslados previo á OPE debe realizarse, idoneamente afectando ao 100% das prazas susceptíbeis.

Todos os asistentes amosáronse de acordo, entre outros puntos, en esixirlle ao SEGAS que se comprometa a recolocar aos facultativos que resulten cesados como consecuencia da OPE-2006, e a converter en interinidades todas as prazas de FEAs somerxidas existentes e a convocalas nunha nova OPE a realizar en xaneiro do 2008.

O acordo ao que se chegou, foi:

1.      Elaborar un documento conxunto, dirixido á Mesa Sectorial, que poda ser asinado por todos os sindicatos e apoiado por AFEIHS.

2.      Volver a xuntarnos o próximo luns, 15 de xaneiro, en Santiago, para comprobar que existe acordo e ver os pasos seguintes a dar.

La consejera de Sanidad de Galicia, María José Rubio, se ciñe a la ley para explicar por qué no puede convocar más plazas médicas en la próxima OPE del Sergas. La asociación de interinos y los sindicatos emitirán la próxima semana un documento de consenso y anuncian que irán juntos a la huelga si no se reabre la negociación sobre el concurso. El Médico Interactivo, 10/01/2006.

O SERGAS remite dúas CORRECCIÓNS DE ERROS na convocatoria da OPE 2006 de FEAS que van saír proximamente no DOG, referentes ás categorías de microbioloxía  e farmacia hospitalaria . 03/01/2007

Despois da súa xuntanza do 28/12/206 coa Conselleira de Sanidade, os Médicos Non Fixos dos hospitais do SERGAS manteñen a súa decisión de ir á folga no mes de xaneiro.

O 28/12/2006 tivo lugar unha xuntanza entre representantes de AFEIHIS de diferentes hospitais e unha delegación do SERGAS encabezada pola propia Conselleira de Sanidade. A xuntanza, que foi posterior á publicación en DOG do Decreto e a Resolución que convoca a OPE-2006, non serviu para achegar posturas coa Consellería. Os representantes dos médicos non fixos demostraron, con cifras concretas, que a as prazas de facultativos convocadas na OPE son menos do 50% do total das prazas precarias existentes nos hospitais. Por outra banda, os representantes de AFEIHS, rebateron a afirmación dos representantes do SERGAS de que, a convocatoria publicada no DOG os días anteriores, contaba co apoio dos sindicatos da mesa sectorial. Nin CIG-Saúde nin os outros sindicatos presentes na mesa sectorial, estaban de acordo co formato da OPE-2006 decidido polo SERGAS, e na mesa non se asinou acordo ningún. Na xuntanza tamén se abordou o tema dos temarios e da baremación da experiencia profesional nas convocatorias de emprego público de facultativos noutros países da Unión Europea.

A xuntanza non serviu para modificar a situación previa e os facultativos non fixos dos hospitais do SERGAS seguen na súa idea de convocar folga no mes de xaneiro, en principio nas seguintes datas:

17 de xaneiro (mércores)

23 e 24 de xaneiro (martes e mércores)

30 e 31 de xaneiro e 1 de febreiro (martes, mércores e xoves).

Información de Prensa sobre as  reivindicacións dos médicos non fixos do sergas 

Médicos especialistas interinos impugnarán la oferta de plazas. El Correo Gallego, 29/12/2006.

Galicia.-especialistas no fijos de hospitales del SERGAS irán a la huelga en enero para denunciar la precariedad laboral. El Médico Interactivo, 22/12/2006.

La oferta de plazas del Sergas enfrenta a médicos emigrados e interinos. El Correo Gallego, 26/12/2006.

El Sergas defiende la legalidad de su oferta de empleo porque respeta los principios constitucionales. El Médico Interactivo, 29/12/2006.

Especialistas no fijos de hospitales del Sergas impugnarán la convocatoria de OPE por presentar "muchos vacíos". El Médico Interactivo, 29/12/2006.

Especialistas no fijos de hospitales del Sergas plantearán mañana a la consejera de Sanidad sus demandas. El Médico Interactivo, 27/12/2006.

El Sergas abre el proceso de selección de empleo público para cubrir 687 plazas destinadas a especialistas. El Médico Interactivo, 27/12/2006.

DOG 26 e 27 DECEMBRO Resolucións das convocatorias OPE 2006:

Médicos de Familia de Atención Primaria 

Farmacéuticos de Atención Primaria.      e  Temario

FEAS

Pediatras de Atención Primaria.

Médicos de Urxencias Hospitalarias 

DOG 22 DECEMBRO Decreto 238/2006 que aproba OPE 2006 de FEAS e Pediatras Atención Primaria 

Na Mesa Sectorial do 01/12/2006 o SERGAS facilitou algunhas informacións de interese relacionadas coa OPE-2006.

Respecto aos FEAS e Médicos de Familia de AP:

          Din que o temario vai a ser o PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE, orientando o exame o máximo posible  á práctica clínica.

          Seguen a afirmar que tanto o Decreto como as convocatorias as queren publicar este ano, e respecto dos exames insisten en que antes de agosto do 2007 queren te-los feitos.

          Outro tema no cal insisten é que no 2008 teñen pensado realizar unha nova oferta pública de emprego.

Desde CIG se lle insistiu ao SERGAS, entre outros, nos seguintes temas que xa antes lles tiñamos remitido por  escrito:

o        esixencia de incremento de prazas (din que para eles este é un tema xa pechado ),

o        reciprocidade na baremación dos servizos prestados na Unión Europea,

o        posibilidade dunha solución que primase os servizos prestados en Galicia,

o        buscar un tratamento que impida a competencia das fundacións,

o        incremento do peso da experiencia na fase de concurso, e por último

o        artellar uns criterios obxectivos para a cobertura dos ceses que se poidan producir.

De todos estes temas o Sergas asegurou que tomaba nota ao tempo que argumentou que eles non poden infrinxir a norma (decreto ) e de que non queren demorar os procesos de OPE. Quedaron en darnos un resposta a semana seguinte aos festivos.

O pasado 29/11/2006 houbo concentracións nos hospitais do SERGAS promovidas polos facultativos con contratos eventuais e interinos, agrupados  en AFEIHS.

Denunciaron a existencia de centenares de prazas de facultativos hospitalarios con contratos precarios.

Resumo de Prensa das mobilizacións do día 29 de novembro

AFEIHS fai público un estudio comparativo entre a OPE-2006 do SERGAS e a OPE-2006 de OSAKIDETZA. 16/11/2006

A “Asociación de Facultativos Especialistas Interinos dos Hospitais do SERGAS” salienta que “O SERGAS só oferta as prazas das interinidades xa orzamentadas (532), faltando aínda así parte das máis recentes. Esquécese de que ten, a maiores, a outros máis de 500 FEAs con contratos “variopintos”, que se encadean moitas veces sen solución de continuidade durante anos (ata 8), cubrindo necesidades existentes, pero sen pertencer ao Cadro de Persoal. Tampouco se propón crear emprego novo”.

ÚLTIMA RELACIÓN DE PRAZAS DE FEAs, por especialidades, presentada polo SERGAS para a OPE-2006. 14/11/2006.

Para CIG-Saúde esta última relación sigue estando moi por debaixo da realidade das prazas de facultativos que realmente existen no SERGAS. O noso sindicato esíxelle á administración que saque á luz, e saian na OPE, todas as prazas de FEAs “somerxidas” que realmente existen no sistema, incluídas as de contratos "mes a mes", de "obras e servizos" e gardas.

A OPE-2006 EN EUSKADI

·         ACUERDO de 20 de julio de 2006, del Consejo de Administración de Osakidetza-Servicio Vasco de Salud, por el que se aprueba la oferta pública de empleo del Ente Público para el año 2006.

·         RESOLUCIÓN 1137/2006, de 19 de octubre, de la Directora General de Osakidetza-Servicio Vasco de Salud, por la que se aprueban las bases específicas que han de regir el proceso selectivo para la adquisición del vínculo estatutario fijo en la categoría de Médico (de diversos puestos funcionales de Facultativo Especialista Médico) del Grupo Profesional de Facultativos Médicos y Técnicos con destino en las organizaciones de servicios sanitarios de Osakidetza-Servicio vasco de salud.

Estes dous textos legais van regular a OPE-2006 de OSAKIDETZA e, para a Asociación de Facultativos Especialistas Interinos dos Hospitais do SERGAS (AFEIHS), “constitúen un modelo a seguir no que fai a esforzo de Consolidación de Emprego, Emerxencia de emprego somerxido e creación de novo emprego, así como de transparencia, seguindo ademais unha liña que premia a permanencia no sistema sen comprometer a Continuidade Asistencial, FIDELIZANDO ao seu propio persoal sen saírse en ningún momento dos principios constitucionais de acceso a emprego público en condicións de igualdade, mérito e capacidade”.

CIG-Saúde reuniuse con AFEIHS (Asociación de Facultativos Especialistas Interinos dos Hospitais do SERGAS). 23/10/2006

Novas de prensa en relación coa OPE-2006 para facultativos especialistas hospitalarios

Documentación relacionada coa OPE-2006

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org