OPE 2008

 

OPES ANTERIORES

 

PUBLICACIÓN OFICIAL NOTAS OPE 2008

O luns, 21 de setembro, publicaranse oficialmente as NOTAS da OPE 2008.

Segundo informa o SERGAS, o vindeiro luns, a media mañá, publicaranse oficialmente na súa páxina web, as notas provisionais dos exercicios de licenciados sanitarios (incluída a nota do exercicio de galego), así como as de medicina intensiva (que non foron avanzadas no verán). Así mesmo, ábrense oficialmente os prazos de reclamación.

De todos os xeitos, as reclamacións que foron presentadas unha vez foron avanzadas as notas no verán, daranse por ben formuladas. 18/09/2009

 

NOTAS OPE 2008

Publicadas na páxina web do Sergas (www.sergas.es) as notas de todas as categorías e especialidades de Licenciados Sanitarios que se examinaron o pasado día 27 de xuño.

Esta publicación será a efectos unicamente informativos, xa que non está incluída a puntuación de galego, polo que a publicación destas listaxes non abre ningún prazo de reclamación. A principios de setembro publicaranse, xa de forma oficial, as listaxes de notas con inclusión da puntuación relativa ao galego e coa oportuna apertura do prazo de reclamacións prevista na base sexta A) 9. da convocatoria.

Unicamente non foi posible xerar as listaxes de puntuacións da categoría de FEA de Medicina Intensiva, por ausencia do tribunal por período vacacional e imposibilidade de analizar as reclamacións. Nesta especialidade, farase a publicación das listaxes de notas directamente en setembro e coa inclusión do galego.

OPE 08

 

ACREDITACIÓN DO GALEGO

Publicouse no DOG do 3 de xullo a resolución do 29 de xuño de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a presentación da documentación acreditativa de estar en posesión do curso de coñecemento da lingua galega da OPE de persoal facultativo. O prazo remata o 31 de xullo.

Ver DOG    3/07/2009

 

O GALEGO E O EXAME DO SÁBADO 27 DE XUÑO

Nunha demostración de falta de respecto sen precedentes para os 3.773 aspirantes que están inscritos para participar nos exames da categoría de persoal facultativo que se celebrarán o próximo sábado, día 27, a Xunta decide que:

 “A MODIFICACIÓN DA LEI DE FUNCIÓN PÚBLICA DE GALICIA APLICARASE AOS EXÁMENES DA OPE DO SERGAS QUE SE CELEBRARÁN O SÁBADO”,  e o anuncia na súa paxina web o día 24.

Mañá ou pasado publicarán no DOG a modificación da convocatoria de OPE, isto tamén será de aplicación ao resto de categorías. Aplicación pura e dura da modificación da Lei de Función Pública.

O exame da parte de lexislación será en bilingüe, a/o opositor elixirá o idioma.

Exame de galego: quedarán exentos de realizar esta proba o persoal que acredite ter os seguintes cursos: CELGA 4 ou curso de perfeccionamento; tamén quedaran exentos o persoal que teña a validación por cursar estudo de galego durante o bacharelato. Ao persoal que acredite esta documentación outorgaránselles os 5 puntos.

O Persoal que non teña os cursos anteriores, ou que non teña a seguridade de telos, terá que realizar o exame de galego.

Nos primeiros días do mes de xullo publicarase no DOG unha resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se abrirá un prazo para que os aspirantes que estean exentos da realización do exercicio de coñecemento da lingua galega acheguen a documentación que acredite que están en posesión dos cursos correspondentes.

O persoal que teña realizado o exame de galego, pero que poda acreditar, no prazo establecido, estar en posesión dos cursos correspondentes, seranlle outorgados os 5 puntos.

 

LUGAR E DATA OPE 2008 PERSOAL FACULTATIVO

Publicouse no DOG do 18 de xuño a resolución sobre a data e lugar de celebración dos exercicios da OPE 2008 para as categorías de Licenciadas e Licenciados Sanitarios.   18/06/2009
A realización dos exercicios da fase de oposición será o vindeiro sábado día 27 de xuño de 2009, ás 9.30 horas.

Os exercicios realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.

Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, polo tanto, queda prohibido o acceso aos recintos e será causa de inadmisión ao chamamento a tenza deles. Advírtese que non haberá servizo de recolla de teléfonos móbiles.

O chamamento é único polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.

 

TRIBUNAIS OPE 2008 PERSOAL FACULTATIVO

OPE 08

O DOG do 15 de xuño publica unha nova Resolución sobre os tribunais da OPE 2008, que corrixe erros da anterior e que publica os tribunais do persoal facultativo.    15/06/2009

O DOG do 25 de maio publica a resolución pola que se nomean os tribunais cualificadores da OPE de Licenciados Sanitarios do proceso selectivo de persoal estatutario do Sergas.   25/05/2009

 

OPE 2008: EXAME 27 DE XUÑO

Confírmase a data do 27 de xuño para o exame.

A Conselleira de Sanidade Pilar Farjas, ao remate do acto da toma de posesión de Luís Verde como novo xerente do Área Sanitaria de Ferrol, manifestou aos responsábeis de CIG-Saúde que a data das probas da OPE de persoal facultativo, se confirma o día 27 de xuño en Silleda, comprometéndose a publicar na maior brevidade a composición dos tribunais para cumprir os prazos.   11/05/2009

 

OPE 2008 - LISTADOS DEFINITIVOS

O DOG do 6 de abril publica a Resolución pola que se declaran, con carácter definitivo, os aspirantes admitidos e excluídos para participar na OPE 2008 de Licenciados Sanitarios06/04/2009

Resolución                Ver listaxes

 

OPE 2008 - LISTADOS PROVISIONAIS

O DOG do 25 de febreiro publica o Listado Provisional de Admitidos e Excluídos na OPE de Persoal Facultativo 25/02/2009

 

PREVISIÓNS OPE 2009 PERSOAL FACULTATIVO

Na  segunda quincena de Febreiro publicaranse os listados provisionais de admitidos e excluídos.

No mes de Marzo producirase a Constitución dos tribunais.

No último fin de semana de Xuño realizaranse os Exames.

 

OPE 2008 LICENCIADOS SANITARIOS

O venres 9 de xaneiro publícase no DOG unha corrección de erros relativa á titulación de varias categorías de FEAS.   Podedes consultala aquí. 10/01/2009

O luns 22 de decembro de 2008 publicase no DOG a convocatoria da OPE 2008 para Licenciados Sanitarios  22/12/2008

O modelo de solicitude estará a disposición das e dos interesados na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es ou www.galiciasaude.es), premendo o icono emprego público, OPE 2008, debendo cumprimentarse e imprimirse o formulario que aparecerá neste apartado.

O formulario deberá entregarse xunto co Xustificante de liquidación ou exención/bonificación de taxas e a fotocopia do NIF/DI/Pasaporte.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro día 31 de xaneiro de 2009

CATEGORÍA

DOG

categoría de médico/a coordinador/a 061.

- 24700D016P060.PDF

categoría de odontólogo/a de atención primaria.

- 24700D017P071.PDF

categoría de médico/a de familia de atención primaria.

- 24700D018P085.PDF

categoría de pediatra de atención primaria.

- 24700D019P096.PDF

categoría de médico/a de urxencias hospitalarias.

- 24700D020P108.PDF

categoría de farmacéutico/a de atención primaria.

- 24700D021P120.PDF

categoría de FEAS de diversas especialidades.

- 24700D022P130.PDF

 

 

PRAZAS OPE 2008

O consello da Xunta do 28 de Agosto aprobou a oferta de Prazas da OPE 2008 para Licenciadas e Licenciados Sanitarios. 01/09/2008

Ofértanse un total de 1.002 prazas de 47 categorías sanitarias, das cales 602 son para medicina de familia.

Mais Información 01/09/2008

 

OPE 2008

O SERGAS ANUNCIA A PRÓXIMA CONVOCATORIA DA OPE-2008, na que se consolidarán 990 prazas de facultativos. 04/06/2008.

No próximo mes de xullo a Consellería de Sanidade convocará a OPE-2008 na que, segundo afirma a Conselleira, se ofertarán a totalidade das prazas de cadro vacantes existentes na actualidade: 340 prazas de FEAs e 650 de médicos de Atención Primaria.

 Este novo paso na redución da precariedade laboral entre os facultativos do SERGAS, é a concreción dun dos compromisos máis importantes, para CIG-Saúde, dos incluídos no Plan de Estabilización de FEAs asinado en Febreiro do 2007 na mesa sectorial: de regularizar as OPEs e Concursos de Traslados, convocándoos con regularidade bianual.

Cumprindo outro dos acordos do Plan de Estabilización, e despois do recente acordo da mesa sectorial do 24/04/2008 para modificar o Decreto 206/2005, o baremo de méritos terá, na OPE-2008, un peso de até o 40%

La Xunta oferta mil plazas de médicos para consolidar empleo en el Sergas. Faro de Vigo, 04/06/2008.

 

AgM

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org