NOVAS ANTERIORES

 

CARREIRA PROFESIONAL OPE EXTRAORDINARIA 

Apertura de prazo para solicitar o Grao IV de Carreira Profesional para persoal procedente da OPE-Extraordinariada

O DOG do 19 de maio publica Resolución pola que se abre o prazo para que os licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde que tomaron posesión como consecuencia da OPE Extraordinaria, soliciten o recoñecemento do grao IV de desenvolvemento profesional. O prazo finaliza o 30 de xuño de 2009.   20/05/2009

 

17 de MAIO, DÍA das LETRAS GALEGAS

A CIG fai un chamamento a mobilizarse o 17 de maio en defensa da lingua.

A Executiva Confederal da CIG acordou sumarse á mobilización en defensa da lingua do vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, que sairá ás 12 horas da Alameda da capital de Galiza.

Paralelamente a esta convocatoria, a CIG está a realizar unha campaña de sensibilización lingüística, destinada aos centros de traballo, baixo o lema “Pola defensa irrenunciábel do galego, o idioma que nos une”. Con ela preténdese concienciar da importancia de manter viva a reivindicación da normalización do idioma galego nos diferentes ámbitos da sociedade galega e, nomeadamente, no mundo de traballo. 07/05/2009

 

APERTURA LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL

No DOG do 17 de abril publicase a resolución pola que se formaliza a apertura das listaxes de Contratacións, para a incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas e a selección de novas persoas aspirantes para vinculacións temporais no Servizo Galego de Saúde, nas seguintes categorías de selección temporal:

médico/a de familia

Enfermeira e enfermeiro (DUE)

pediatra

matrona e matrón

médico/a de urxencias hospitalarias

auxiliar de enfermería 

odontóloga e odontólogo

cociñeira e cociñeiro

O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 20 de abril e o 9 de maio (ambos incluídos). 17/04/2009

 

CARREIRA PROFESIONAL PERSOAL DE COTA

O DOG do 6 de abril de 2009 publica a resolución pola que se abre o prazo para que o persoal facultativo especialista de cota das categorías de licenciados sanitarios que teña recoñecidos os graos I e II, solicite o grao III de desenvolvemento profesional. 06/04/2009

 

FIN DA COLEXIACIÓN OBRIGATORIA

O 91% dos facultativos valenciáns piden a colexiación voluntaria. Diario Médico, 18/03/2009

Asturias: A libre colexiación exime ao Sespa de pagar cuotas. Diario Médico, 05/03/2009.

A Agrupación Médica de CIG (AgM-CIG) alégrase do fin da colexiación obrigatoria e considera que, diante desta nova situación, urxe reflexionar e posicionarse sobre o futuro dos colexios profesionais. 11/03/2009.

A administración trata de evitar que os profesionais lle reclamen xudicialmente que abone as cotas colexiais, se decide manter o requisito de que sexa preciso estar colexiado para traballar no SERGAS, cando os tribunais xa non consideran a colexiación obrigatoria. Diario Médico, 11/03/2009

Segundo informa o Sergas non é obrigatoria a colexiación para traballar na sanidade pública:

“coa normativa vixente na actualidade da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa interpretación que fixo a xurisprudencia, non existe obrigación de colexiacións para os médicos que desenvolvan as súas funcións nos centros de saúde”, e por analoxía e extensión, ao restos dos centros e servizos sanitarios (hospitais, 061, CTG, etc.), dependentes ou adscritos ao Servizo Galego de Saúde, e a toda actividade realizada na Administración Pública con carácter de exclusividade”. 09/03/2009

Nota do Secretario Xeral do Sergas             Informe da Asesoría Xurídica 

Instrución 16/06 do SERGAS sobre o uso do Código Numérico Persoal (CNP) como único código de identificación persoal obrigatorio nos documentos físicos e electrónicos do Sergas.

Profesións non tan libres. A colexiación obrigatoria preséntase cada vez máis como un serio obstáculo á competencia. A Comisión Nacional da Competencia (CNC) recomendou ao Goberno que suprimise ou flexibilizase a colexiación obrigatoria vixente na maioría das denominadas profesións liberais en aplicación da Directiva Europea de Servizos. A recomendación parece fornecer un primeiro efecto, posto que podería ser unha das cuestións que aborden Zapatero e Rajoy no encontro para tratar sobre a crise económica…….. El Pais, 05/10/2008

 

NOVAS DE PRENSA

A Dirección General de Seguros aparta a dous ex-presidentes do Colexio de Médicos de Pontevedra dos seus cargos na dirección de AMA,al sospechar que los miembros del Consejo estaban recibiendo más dinero de las arcas de AMA de lo que les correspondía, concretamente, 2.521.215 de euros desde 2004, y cuestionar el "buen gobierno" de la entidad”. Diario Médico, 13/03/2009.

 

NOVA SITUACIÓN POLÍTICA

Diante da nova situación política CIG-Saúde púxose en contacto co SERGAS para que nos aclarase o estado das negociacións pendentes, o que nos comunican é:    

Na situación de provisionalidade decidiron non facer ningunha negociación, polo que queda anulada a reunión do día 6 sobre Carreira Profesional Ordinaria. O Decreto de Carreira Ordinaria queda paralizado até que tome posesión o novo/a  Conselleiro/a, e decida o que corresponda. O goberno en funcións non vai a  aprobar ningunha norma máis,  e o Consello Consultivo tamén está en situación de provisionalidade. Non queda máis remedio que esperar.

O que demandamos do SERGAS é que non poden paralizar o traballo técnico, é dicir, que a Administración debe seguir funcionando, e polo tanto teñen que convocar as comisión de seguimento dos acordos vixentes: Primaria, comisións de traballo do acordo retributivo, aplicativo MUH, contratacións, OPE.... 05/03/2009

 

ACORDO RETRIBUTIVO, EXCLUSIVA E REDEFINICIÓN DO C. ESPECÍFICO  

Alén dos aspectos de melloras económicas xa comentados en correos previos, na decisión de CIG-Saúde de asinar o Acordo Retributivo, xogou un papel relevante o feito de que, co Acordo, tamén se garantían outros aspectos que consideramos moi importante para a defensa tanto do Sistema Sanitario Público Galego como dos intereses da grande maioría dos seus facultativos.

Entre estes aspectos destacan os compromisos adquiridos pola administración de manter as retribucións específicas ligadas á exclusividade, así como a decisión de redefinir o actual Complemento Específico (CE), creando dous novos complementos voluntarios para os facultativos (de prolongación de xornada e de deslizamento).   16/02/2009

Mais información

 

CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA

O DOG do 15 de xaneiro de 2009 publica a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, para o ano 2009.    15/01/2009

 

SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

En apoio ao pobo palestino e contra o masacre de Gaza.

Manifestación o vindeiro domingo 18 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Alameda de Santiago de Compostela. 14/01/2009

"A morte de calquera persoa diminúeme, porque eu formo parte da humanidade; polo tanto nunca mandes a ninguén a preguntar por quén dobran as campás: dobran por ti."

 

DIRECTIVA DAS 65 HORAS

CIG-Saúde manifesta a súa satisfacción polo "non" do Parlamento Europeo á modificación da Directiva Europea de tempo de traballo. O amplo rexeitamento do conxunto das traballadoras e traballadores fixo que os Europarlamentarios se opuxeran a esta reforma, proposta polos gobernos europeos, que suporía un importante paso atrás nos dereitos da cidadanía europea. 17/12/2008

O Parlamento Europeo di “non” ao horario laboral de 65 horas semanais. A maioría absoluta dos europarlamentarios rexeitou a reforma, co voto do grupo socialista, verdes e algúns deputados conservadores. Vieiros. 17/12/2008

O Parlamento Europeo rexeita a xornada de 65 horas. O Parlamento Europeo (PE) opúxose hoxe por maioría absoluta á ampliación da xornada laboral até un máximo de 65 horas semanais e freou a aprobación da directiva de tempo de traballo pactada polos gobernos da UE.  A Nosa Terra. 17/12/2008

Unha delegación da CIG participará na euromanifestación contra a Directiva das 65 horas laborais.    Mais información

 

URXENCIAS HOSPITALARIAS

Na reunión da Comisión de Seguimento do Acordo de Urxencias ASINOUSE unha Acta que recolle “Aspectos derivados da aplicación do Acordo”, que dá resposta ás reivindicacións dos Médicos de Urxencias expresadas pola Plataforma Sindical formada por CCOO, CEMSATSE, CIG-Saúde e CSIF. 18/12/2008

A  ACTA de ACORDO  foi asinada por CC.OO., CEMSATSE, CIG-Saúde e CSIF, quedando pendente de asinar UGT por non estar presente no fin da negociación. 18/12/2008

 

PLATAFORMA NON GRAZAS

O día 11 de Decembro, na aula de profesores da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela  presentouse a PLATAFORMA NON GRAZAS.

A presentación dirixiuse a estudantes, profesores, profesionais sanitarios, administradores e xestores sanitarios, axentes sociais e cidadáns.

A Plataforma pretende influenciar e cambiar as relacións entre a industria farmacéutica, as administracións e os profesionais da saúde.

Que é, que pretende e a quen inclúe a PLATAFORMA NON GRAZAS

Nova de Prensa: Pola racionalización do gasto sanitario. Mercar medicamentos xenéricos suporía un aforro de 100 millóns de euros ao ano. Nace a Plataforma "Non Grazas", que reivindica que os médicos receiten con principios éticos e técnicos, e non obrigados polas industrias farmacéuticas. Vieiros. 12/12/2008

 

NOVAS DE PRENSA:  A.M.A. E COLEXIOS DE MÉDICOS

Inhabilitados o presidente e o secretario da mutua AMA. A Dirección Xeral de Seguros (DXS) acordou inhabilitar durante 20 anos e multar o presidente da aseguradora sanitaria AMA, o pontevedrés Diego Murillo, e o secretario, o tamén pontevedrés Manuel Campos Villarino, polo exceso de cantidades cobradas en concepto de dietas. A Nosa Terra Dixital, 06/10/2008

Seguros inhabilita e multa a altos cargos da aseguradora AMA. El País, 05/10/2008.

Pontevedra adianta case un ano as súas eleccións. O Colexio de Médicos de Pontevedra adiantou case un ano as súas eleccións presidenciais, que debían celebrarse a finais de 2009. O seu presidente, Luís Campos Villarino, que dirixe ademais o consello colexial autonómico, afirma que o adianto débese a que nestes tres anos "cumpríronse todos os obxectivos que se marcaron para este mandato". Diario Médico, 06/10/2008

Profesións non tan libres. A colexiación obrigatoria preséntase cada vez máis como un serio obstáculo á competencia. A Comisión Nacional da Competencia (CNC) recomendou ao Goberno que suprimise ou flexibilizase a colexiación obrigatoria vixente na maioría das denominadas profesións liberais en aplicación da Directiva Europea de Servizos. A recomendación parece fornecer un primeiro efecto, posto que podería ser unha das cuestións que aborden Zapatero e Rajoy no encontro para tratar sobre a crise económica…….. El Pais, 05/10/2008

 

ACORDOS DE AT. PRIMARIA

PUBLICADOS NO DOG OS ACORDOS DE PRIMARIA

O DOG do 16 de xuño publica os acordos sobre ordenación e provisión de postos de traballo e condicións de traballo e retributivas no ámbito da atención primaria do Servizo Galego de Saúde.

Ver DOG              Ver e Imprimir  

 

COMISIÓN SEGUIMENTO PLAN MELLORA

O día 25 de novembro celebrouse a cuarta reunión da Comisión de seguimento do Plan de Mellora de Atención Primaria 2007-2011.

Ao inicio da reunión CIG-Saúde manifestou que quería ler e entregar a tódolos compoñentes da Comisión un escrito no que manifestaba a súa postura sobre o desenvolvemento de Plan de Mellora e nomeadamente sobre a privatización das citas de Atención Primaria. Texto entregado.

Na reunión produciuse un intenso debate protagonizado pola critica á privatización da central de chamadas e polos incumprimentos dos acordos de Atención Primaria que figuran no texto. A reunión continuará o venres 5 de decembro. 26/11/200

Documentos entregados polo SERGAS na reunión da Comisión de Seguimento. 25/11/2008

1.- Plan de Mellora da Atención Primaria de Galicia 2007-2011. 4ª Reunión da Comisión de Seguimento. Docencia e Investigación. Grupo de traballo de Enfermaría. Deseño e Equipamento dos Centros de Atención Primaria. RRHH. Prazas 2008.

2.- Área Administrativa, Central de Chamadas.  Desburocratización. Xestión Clínica.

3.- Proxecto de Historia Clínica e Receita Electrónica.

4.- Capacidade Resolutiva. Acceso á probas.

 

CARREIRA FUNDACIÓNS

D.O.G.

Publicada no DOG do 26 de novembro, a Resolución pola que se abre o prazo para o acceso ao Grao I de Carreira Profesional, polo réxime extraordinario, do persoal das Fundacións integrados no réxime estatutario.

Publicada no DOG do dia 3 de novembro a Orde para o acceso á carreira profesional do persoal procedente das fundacións.

ver DOG   05/11/2008

 

RECOÑECEMENTO CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

Publicado no BOE do 20 de novembro 2008, o RD 1837/2008, polo que se fai a transposición da Directiva Europea 2005/36/CE, relativa ao recoñecemento das cualificacións profesionais de diversos colectivos, entre eles os médicos, odontólogos, e farmacéuticos (artigos 36 a 61). 26/11/2009

BOE en Galego

 

NOVAS

 Calendario Laboral 2009. 18/11/2009

O SERGAS fixo público o  “Borrador da Resolución pola que se abre o prazo para solicitar o grao I dos licenciados das Fundacións”. 18/11/2009.

Publicado, no DOG do 18 de novembro,  a resolución provisoria do Concurso de Traslados do persoal funcionario da lei 17/1989. 18/11/2009.

Publicada, no DOG do 11 de novembro, a convocatoria do Curso de Diplomado en Sanidade para o ano 2009.

 

CONTRA A POLÍTICA PRIVATIZADORA DA CONSELLERÍA

CIG-Saúde lanza unha campaña de denuncia da política de privatizacións que está seguindo a Consellería de Sanidade. 28/10/2008

    Central de chamadas = Privatización e precarización laboral

    Colexiación obrigatoria = Máis “chiringos” corporativos

    Creación de Galaria = Capital e xestión privada na sanidade pública

  Díptico da Campaña contra as privatizacións:  ver imprimir.   Cartel

CONTRA O USO DO MODELO DE PFI (Iniciativa de Financiamento Privado) PARA A CONSTRUCIÓN E XESTIÓN DOS NOVOS HOSPITAIS DE VIGO E PONTEVEDRA. 28/10/2008

Diante dos múltiples rumores de que, para a construción e xestión de novos hospitais o SERGAS ten decidido que vai a recorrer a formulas de PFI, mais ou menos dulcificadas, CIG-Saúde reclámalle ao SERGAS que renuncie ao uso dese modelo de financiación e xestión privada da sanidade pública co que Margaret Tacher estragou o Servizo Nacional de Saúde inglés (NHS), e co que Esperanza Aguirre está destruíndo a sanidade pública madrileña.

Información sobre as características e consecuencias do modelo de PFI elaborada pola Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública (FADSP). 28/10/2008:

FADSP. Análise de la Iniciativa de Financiación Privada (PFI). 2008.

FADSP. Número Especial: La privatización y la Iniciativa de Financiación Privada (PFI). Saúde 2000, Marzo 2007; 111.

Leys C. Como se privatiza o Servizo Nacional de Saúde Británico. Saúde 2000, setembro 2007; 113; 8-14.

Asociación para a Defensa da Sanidade Pública de Madrid. Novos Hospitais de Madrid: “Privatizando o que é de todos”. Sen data.

FADSP

 

REMATE DA OPE 2006 E DOS TRASLADOS DE PRIMARIA

TRASLADOS: O DOG do día 29 de outubro publica a  resolución correspondente aos cesamentos e tomas de posesión do concurso de traslados de Medicina de Familia e Pediatría de Atención Primaria, e para conseguir cadrar coa publicada onte sobre a resolución da OPE, os efectos serán do mesmo día da publicación, é dicir en ambos os casos (concurso e OPE) os prazos comezan a contar o día 29 de Outubro de 2008. 29/10/2008

OPE 2006: O DOG do 28 de outubro publica a resolución pola que se declara rematado o proceso selectivo da OPE 2006 de Medicina de Familia e Pediatría de Atención Primaria, se nomean os aspirantes seleccionados como persoal estatutario fixo e se lles adxudica, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente.  28/10/2008

 

OPE 2006 MEDICINA DE FAMILIA

Recordade que os aspirantes definitivamente seleccionados deberán achegar inescusablemente a documentación que figura no DOG, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, pois en caso contrario quedarían excluídos do proceso selectivo. Facilitase escrito para presentar a documentación. 08/10/2008

O DOG do día 6 de outubro de 2008 publica as puntuacións definitivas da baremación da OPE 2006 obtidas polos aspirantes da categoría de Médico de Familia. 06/10/2008

 Publicadas ás listaxes definitivas da OPE 2006 de Medicina de Familia

Listaxe definitiva de baremación - Orde alfabética

Listaxe definitiva de baremación - Orde puntuación

Listaxe de seleccionados

 Segundo informa o Sergas, o ACTO ELECCIÓN DE DESTINO  será o día 18 OUTUBRO.

No DOG do 28 OUTUBRO publicarase a apertura do PRAZO DE INCORPORACIÓN, a partires do día seguinte. 02/10/2008

 

POSIBLE MORATORIA NA REGULACIÓN DAS 48 HORAS NO CHUS

Posíbel moratoria na aplicación da “nova programación funcional para o servizo de Medicina Intensiva” emitida polo xerente do CHUS. 27/09/2008.

A resolución  non entrará en vigor o 1º de outubro, á espera de que se atope unha nova solución pactada cos profesionais. O incremento dos tempo de descanso post-garda, cando se soborden as 48 horas, podería ser o elemento central do acordo.

  En CIG Saúde:

Aledámonos de que se impoña o sentido común e a negociación como forma de abordar os problemas.

Seguimos insistindo en que o problema afecta a todos os hospitais do SERGAS, e que polo tanto esixe unha solución supralocal que debe pactarse na mesa sectorial.

Reclamámoslle ao SERGAS que, sen máis retrasos, abra xa a negociación da problemática das 48 horas na mesa sectorial, que se tiña comprometido a facer antes do 1º semestre do 2007.

  A Comisión de Centro do CHUS convoca unha concentración, o xoves 18 de setembro, contra a regulación das 48 horas na UCI e pide apoio ás demais Comisións de Centro dos Hospitais de Galicia. 19/09/2008

A xornada da UCI do Clínico divide a Sergas e profesionais. Os sindicatos de Santiago buscan apoio nos restantes hospitais galegos. La voz de Galicia, 19/09/2008

Traballadores do Hospital mobilizanse para mellorar a súa xornada Laboral. Son persoal da UCI. Santiagosiete, 19/09/2208

O Sergas ensaia na UCI de Santiago un modelo inaceptable para regular as 48 Horas. 03/09/2008

Con data do 23 de xullo de 2008 o Xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS ) emitiu unha resolución “pola que se aproba unha nova programación funcional para o servizo de Medicina Intensiva do Hospital Clínico Universitario”. Nesa resolución, que afecta só a algúns facultativos do Servizo de Medicina Intensiva do Hospital Clínico do CHUS, se pretende dar resposta ao problema do limite das 48 horas máximas de xornada semanal.

A regulación das 48 horas é un tema de ámbito claramente supralocal, e non ten ningún sentido buscar solucións parciais que afecten a parte dun servizo dun único hospital.

Esta resolución, unilateral e lesiva dos intereses dos traballadores afectados, foi claramente rexeitada por CIG-Saúde, solicitando que se abra o proceso negociador na Mesa Sectorial.

Mais Información 03/09/2008

 

RECEITA ELECTRÓNICA

O DOG do 18 de setembro de 2008 publica o Decreto 206/2008, de receita electrónica.

Este decreto ten por obxecto regular a implantación da receita electrónica no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia e establecer os procedementos e requisitos de prescrición e dispensación de medicamentos e produtos sanitarios mediante o uso da prescrición e da dispensación electrónica. 19/09/2008

 

NEGOCIACIÓN "ACORDO MARCO"

O día 12 de setembro reuniuse a Mesa Sectorial para tratar do "Acordo Marco". A administración mantívose na proposta efectuada o 31 de xullo e situou a negociación deste acordo no marco da crise económica actual.   Mais información

A negociación é dificultosa xa que o SERGAS pretende abordar nun só acordo tres tipos de temas:

• temas que xa estaban comprometidos en negociacións anteriores, e que xa teñen unha cuantificación económica,

• temas de equiparación salarial, que precisan de financiamento adicional,

• temas relacionados coa xornada e condicións de traballo.

Na Mesa Sectorial do día 31 de xullo de 2008 o SERGAS entrega aos sindicatos un documento coa Proposta de Negociación do Acordo de condicións de traballo e retributivas.

CIG-Saúde non acepta o modelo de negociación proposto polo Sergas e mantense na proposta de negociación xa presentada.  01/08/2008

 

LIQUIDACIÓN DAS FUNDACIÓNS

  O DOG do 1 de setembro publica o Decreto 183/2008, do 31 de xullo, sobre extinción das fundacións públicas hospitalarias. 01/09/2008

O consello da Xunta do 28 de Agosto aprobou a modificación dos estatutos do antigo Instituto de Medicina Técnica, Medtec, que cambia de denominación para chamarse, a partir de agora, Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios. Ademais amplíase o obxecto social da sociedade, que poderá ofrecer apoio loxístico na dirección de obras nas infraestruturas sanitarias.

Será unha de cal e outra de area ?

 

ENTREVISTA EN 

María Xosé Abuín, Secretaria Nacional da federación de Saúde da CIG

“Non houbo un cambio de política en materia de recursos humanos nin de asistencia no Sergas”  30/07/2008

 

FEAS: VINCULACIÓNS TEMPORAIS

Instrucións enviadas ás direccións provincias do Servizo Galego de Saúde, sobre as listaxes provisionais de vinculacións temporais de FEAs, que deberán ser utilizados nas vinculacións que se formalicen a partires día 23 de xullo.  25/07/2008

 

RECUPERACIÓN DA DIGNIDADE, HIXIENE DEMOCRÁTICA

 

 CIG – Saúde congratúlase do cambio de nome do Hospital Juan Canalejo

CIG-Saúde felicita o Consello da Xunta por aprobar o cambio na denominación do “Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo”, que pasará a chamarse “Complexo Hospitalario Universitario A Coruña”. Esta medida representa un exercicio de hixiene democrática, de xustiza histórica e de desagravio ás vítimas da barbarie franquista. 18/07/2008

CIG-Saúde parabenízase do cambio de denominación do Hospital Juan Canalejo, pois nunha sociedade que se di democrática é inadmisíbel que un centro médico leve o nome dun fascista.

CIG-Saúde quere lembrar tamén as múltiples iniciativas que emprendeu para conseguir o troco na denominación do hospital coruñés, demandas que mesmo trasladara á Xunta de Persoal do centro, sen que estas contasen co apoio do resto de sindicatos con representación nese órgano.

Mais información en 

 

PREVISIÓNS  MIR  2008/09

A oferta MIR de comisións e CCAA iguálase. As peticións totais de prazas MIR que autonomías e comisións nacionais de especialidades fixeron para o próximo curso diferéncianse en só 20 postos. Diario Médico, 02/07/2008.     Ver Táboa

 

TRIENIOS PERSOAL TEMPORAL

Para solicitar o recoñecemento de trienios ao persoal temporal hai que presentar por rexistro a solicitude, acompañada de todos os servizos prestados para calquera administración pública Modelo de solicitude. 02/07/2008

 

INCLUSIÓN NAS LISTAS DE VINCULACIÓNS TEMPORAIS DE FEAS

Tralas tomas de posesión da OPE 2006 e do Concurso de Traslados, os interinos cesados serán recolocados en función dos criterios acordados na Comisión de seguimento do Plan de provisión de FEAS.  Hai 7 días dende o cese para apuntarse nas listas. Este é o impreso

 

A CIG REXEITA A PRETENSIÓN DA UNIÓN EUROPEA DE INCREMENTAR, DE 48 ATÉ 65 HORAS, O TOPE DE TEMPO DE TRABALLO SEMANAL OBRIGATORIO

 A CIG aposta pola mobilización contra as pretensións da UE de ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas.  Avantar, 11/06/2008

A CIG considera inaceptábel e completamente regresiva a proposta acordada polos ministros de Traballo da UE que pretende ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas. Esta medida, que nos retrotrae até comezos do século XX, precarizará aínda máis as condicións laborais dos asalariados. O sindicato nacionalista aposta pola mobilización para facer fronte a este ataque contra a clase traballadora.  

 Alerta sindical pola beizón da UE á semana laboral de 65 horas. Vieiros, 11/06/2008.

A Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) oponse rotundamente aos intentos de ampliar a xornada laboral obrigatoria dos facultativos até as 65 horas. 11/06/2008

Esta regresiva proposta dos ministros de Traballo da Unión Europea (UE) de ampliar o tope de xornada laboral obrigatoria até as 65 horas semanais, de chegar a ir adiante, supoñerá un importante deterioro das condicións laborais e de calidade de vida, de moitos traballadores, entre eles dos facultativos.

A ofensiva contra os nosos dereitos laborais vai máis alá do intento de incrementar o tempo de xornada laboral obrigatoria e, entre outros aspectos, tamén pretenden que os tempos inactivos durante as gardas non conten como tempo traballado.

As médicas e médicos da CIG, en consonancia coa posición defendida por CIG-Saúde e, globalmente, pola Confederación Intersindical Galega (CIG), chamamos a todos os facultativos e a todos os traballadores a mobilizarnos para evitar que ese ataque frontal aos nosos dereitos laborais chegue a trunfar.

 

INXUSTIZA E LEGALIDADE  

INXUSTIZAS, CHAPUZAS, LEGALIDADE E SINDICALISMO. 04/06/2008

CIG-Saúde comparte plenamente o cabreo, que existe entre moitos profesionais polas prazas que finalmente se ofreceron na OPE de FEAs. Non so o comparte, senón que o denunciou onde se debía facer.

Sen embargo e como sucede non poucas veces, o SERGAS non aceptou a nosa reclamación, e entre os argumentos que utilizou era que, independentemente do que se opinara sobre ela, a súa decisión era plenamente legal.

Para comprobalo e clarificar o tema, pode ser útil a sentenza dun contencioso presentado no ano 97 por CIG-Saúde no que denunciabamos unha situación moi similar. Os maxistrados fallaron a favor do SERGAS argumentando que non existía vulneración dos dereitos dos traballadores e que as prazas do SERGAS non están codificadas.

A lectura da sentenza reafirma un principio básico na actuación sindical de CIG-Saúde: saber diferenciar moi claramente a inxustiza de moitas decisións do SERGAS do feito de que esas decisións sexan necesariamente ilegais. Non ter clara esta diferenza básica, como durante todo o proceso da OPE-2006 algúns se empeñaron en facer, so pode levar á frustración e a un calexón sen saída.

 

O día 26 de maio publicouse no DOG a resolución pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se cita para o acto de elección de destino aos aspirantes seleccionados na OPE de determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. 27/05/2008

 

INTEGRACIÓN DO PERSOAL NON ESTATUTARIO DOS HOSPITAIS

Orde do 22 de abril de 2008 pola que se convoca o cuarto procedemento de integración voluntaria no réxime estatutario para o persoal funcionario e laboral dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

 

VOLUNTARIEDADE EN AT. PRIMARIA

Ponse en marcha o proceso de Voluntariedade en atención primaria que se deriva dos acordos da Mesa Sectorial do 14 de marzo e 4 de abril de 2008. 21/05/2008

CIG-Saúde xa manifestou en repetidas ocasións á administración a súa preocupación polo retraso no proceso de desenvolvemento dos acordos de primaria. Este retraso non contribúe ao éxito dos obxectivos dos acordos, un bo acordo aplicado tarde deixa de ser bo e convertese en inútil.

A oferta de Voluntariedade que se inicia ten que permitir que os profesionais que queiran estender a súa xornada dun xeito ordenado poidan facelo, e que a  administración poda dar resposta ao déficit de persoal facultativo para garantir a atención continuada.

A aposta pola atención continuada baseada en persoal especifico de PAC e persoal voluntario (a diferenza doutras comunidades onde é obrigatoria) necesita ordenar os procesos de voluntariedade de xeito que xeren confianza entre os profesionais; esperemos que, a pesares do retraso, neste proceso se esclarezan todas as dubidas e se cubran as necesidades do sistema, co que todos sairemos gañando. 21/05/2008

 

FARMACÉUTICOS de AT. PRIMARIA

O DOG do 22 de maio publica a resolución pola que se formaliza a convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais no Servizo Galego de Saúde na categoría de farmacéuticas e farmacéuticos de atención primaria.  22/05/2008

 

CONTRA AS AGRESIÓNS NOS CENTROS SANITARIOS

Prodúcense catro actos violentos en centros sanitarios en menos de 15 días

Unha paciente agride a un médico na Casa do Mar da Coruña. La Voz de Galicia, 10/05/2008

 

OPE 2008

Ratificado na Mesa Sectorial a modificación do Decreto 206/2005 para incrementar o peso dos méritos en futuras OPEs. 26/04/2008  

A Mesa Sectorial do 24/04/2008 ratificou o acordo previo da Comisión de Seguimento da OPE de Facultativos, para modificar o artigo 23.2 do Decreto 206/2005, de provisión de prazas de persoal estatutario do SERGAS.

O SERGAS asegura que vai dar os pasos precisos para que as Probas selectivas da OPE-2008, teñen lugar durante o 1º semestre de 2009.

 

PRAZAS NA FUNDACIÓN DE MEDICINA XENÓMICA   

  CIG-Saúde reclama que, para acceder ás prazas convocadas na Fundación de Medicina Xenómica, se esixa o título de Facultativo Especialista. 26/04/2008 

 A Fundación convoca 4 prazas de “Adxuntos de Laboratorio”, unha denominación obsoleta, e o único requisito que se esixe é ser licenciado en medicina, farmacia, bioloxía ou en biotecnoloxía. CIG-Saúde reclama que se esixa a titulación de Facultativo Especialista nas especialidades con competencias legais nas áreas obxecto da convocatoria  (análises clínicas, bioquímica clínica, inmunoloxía, anatomía patolóxica, hematoloxía, e microbioloxía).

 

TRIENIOS DO PERSOAL ESTATUTARIO TEMPORAL

O DOG do 23 de abril de 2008 publica a Orde pola que se regula o procedemento de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde.

  Texto da Orde   Mais información do proceso

 

AS NEGOCIACIÓNS EN ATENCIÓN PRIMARIA

CESM non asinou o “Acordo da Mesa Sectorial sobre as condicións de traballo nas Unidades e Servizos de AP”, e quedou en tomar unha decisión definitiva proximamente.
A Comisión de Seguimento do Acordo, celebrada o 11/04/2008, rexeitou de xeito unánime a súa pretensión de interpretar o Acordo no sentido de que o persoal de PACs fora discriminado na cobertura das gardas obrigatorias que poida ser preciso cubrir no futuro. 11/04/2008

Quen é quen no Acordo da Mesa Sectorial sobre condicións de traballo en Unidades e Servizos de Atención Primaria.

O papel de CESM e CSIF nas negociacións de Atención Primaria. 11/04/2008 

 

FUNDACIÓNS

La Consejería de Sanidad de Galicia firma las resoluciones para la definitiva disolución de las fundaciones hospitalarias. El Médico Interactivo, 11/04/2008.

 

ASINADO O ACORDO DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO EN UNIDADES DE AP  

A MESA SECTORIAL DO 4 DE ABRIL PECHOU O ACORDO SOBRE AS UNIDADES E SERVIZOS DE ATENCIÓN PRIMARIA. 04/04/2008
De xeito similar ao que sucedeu co acordo de PACs, na xuntanza da Mesa Sectorial do venres, 4 de abril, a redacción do acordo sobre as Unidades e Servizos de AP presentada polo SERGAS, o denominado “documento consolidado”, foi substancialmente enriquecido coa incorporación de practicamente todas as alegacións propostas por CIG-Saúde.
As melloras na redacción, case todas por iniciativa de CIG-Saúde, eliminan dúbidas de interpretación e clarifican os acordos xa acadados previamente o 22 de febreiro.
O acordo foi ratificado por CIG, CCOO, UGT e SATSE. Os dous sindicatos que hai un mes rexeitaban o acordo, CESM e CSIF, é posible que agora sí o asinen, quedando en dar unha resposta definitiva o martes 8 de abril.

 Acta da sinatura.

 Texto do acordo.

 

ASINADO O ACORDO DE PACs

O venres 14 de marzo, asinouse o acordo definitivo de PACs, logo de que o Sergas introducira certas modificacións no texto a proposta de CIG-Saúde. 14/03/2008

 Acta da sinatura.

 Texto do acordo.

 

MATERNIDADE

 Borrador definitivo da orde que vai regular a adecuación de postos e condicións de traballo por razóns de protección a maternidade. 06/03/2008  

 

RESIDENTES

 El R.D. de aspectos formativos del residente establece una nueva configuración de las unidades docentes y las comisiones de docencia. El Médico Interactivo, 16-18/02/2008.

TEXTO COMPLETO DO REAL DECRETO

CIG-Saúde rexeita a proposta do Ministerio de Sanidade de habilitar aos MIR-4 para que traballen como Médicos de Familia. 03/02/2008

 

CASO SEVERO OCHOA - LEGANÉS

CIG-Saúde felicita ao conxunto de traballadoras e traballadores do Hospital de Leganés, e especialmente ao Dr. Montes e aos demais médicos dese hospital inxustamente represaliados pola ultradereita que representan o Sr. Lamela, ex-conselleiro de sanidade da CCAA de Madrid, e Esperanza Aguirre, presidenta desa CCAA. 03/02/2008 

La Audiencia de Madrid retira la referencia a "mala praxis" en el Severo Ochoa. El tribunal confirma el sobreseimiento y archivo del caso de las presuntas sedaciones irregulares. El País, 28/01/2008

LA AUDIENCIA PROVINCIAL RATIFICA EL AUTO DE ARCHIVO DEL CASO. Ordenan que se suprima toda referencia a mala praxis médica en el Severo Ochoa. El Mundo, 28/01/2008

 

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS SINDICAIS DO 2007

A CIG CONVÍRTESE NA 2ª FORZA SINDICAL EN GALIZA, SUPERANDO A CC.OO. 17/01/2008.

O sindicalismo nacionalista avanza do 26,2% en 2003 ao 28,6% en 2007 e pasa a ser a segunda forza en Galiza
A CIG medra en máis de 1.000 delegados a súa representación nas eleccións sindicais
“Trátase dun resultado histórico que reafirma o modelo que representa a CIG e constata o avance do sindicalismo nacionalista”. Así avaliaba a Executiva Confederal da CIG os resultados do proceso de eleccións sindicais rematado o 31 de decembro. Uns resultados que a sitúan como segunda forza, con 5.623 delegados/as por diante de CCOO, que obtivo 5.576, e a tan só 556 de UGT.

Descarga, imprime, difunde...

Avaliación dos resultados das Eleccións Sindicais 2004-2007

 

TRASLADOS FORZOSOS

O Consello Económico e Social (CES), no seu “Ditame sobre o Anteproxecto de Lei de Saúde de Galicia”, aprobado o 27/12/2007, incorporou moitas das alegacións de CIG, incluídas as relativas a posibilidade de traslado forzoso. 14/01/2008

Mentres sucedía isto, algúns demagogos ignorantes, baseándose nese “Ditame”, fan a seguinte “denuncia”:

“Intento del SERGAS por imponer el traslado forzoso para los Facultativos y los sindicatos de la mesa sectorial están mudos. Eso es lo que les importamos a ellos los Facultativos”.

 

PACs e OPE-2008

CIG-Saúde defende que as prazas de PAC deben convocarse na OPE-2008 como unhas prazas máis de Atención Primaria, desbotando así a posibilidade dunha OPE específica para o persoal dos PACs. 07/11/2007

Ver a análise realizada por CIG-Saúde

 

POSICIÓNS DE CIG-SAÚDE

CIG-Saúde preséntalle ao SERGAS as súas prioridades de negociación.

CIG-Saúde mantivo o día 8 de outubro de 2007 unha reunión coa Secretaría Xeral e a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, co obxectivo de coñecer e comentar as respectivas prioridades e obxectivos de negociación para os próximos meses. Nesa reunión CIG-Saúde presentou a relación de temas de negociación inmediata na Mesa Sectorial.

 

PERMISOS

CADRO DE PERMISOS: O SERGAS entregou na mesa sectorial un novo borrador de Cadro de Permisos, que aínda non se pode considerar definitivo. 21/09/2007  

Cadro para establecer os Graos de Parentesco

 

APLICACIÓN DA NOVA LEXISLACIÓN

A iniciativa de CIG-Saúde, na Mesa Sectorial do 21/06/2007, por fin abordouse o problema da aplicación concreta da nova lexislación sobre permisos, LDs adicionais e trienios do persoal con contratos temporais. 22/06/2007.  

PERMISOS: O SERGAS presentou un cadro cos permisos que poden ser xa solicitados

LDs ADICIONAIS: os LDs adicionais, 2 a partir do 6º trienio e 1 máis por cada trienio a partir o 8º, poden pedirse xa.

TRIENIOS DO PERSOAL CON CONTRATOS TEMPORAIS

O SERGAS aceptou abonalos con efectos dende o 14 de maio, sen embargo aínda non se poden solicitar, ao estar pendente a emisión da instrución do SERGAS no que se regulamente o procedemento para facelo.

Acordouse que este dereito é extensivo para todo tipo de vínculo temporal (interinos, substitutos e eventuais), e non só para nomeamentos interinos.   

 

A XORNADA LABORAL DOS FACULTATIVOS HOSPITALARIOS

48 Horas: Unha Nova Estratexia para facer realidade un dereito negado. Artigo do "Voceiro da AgM-CIG". 06/02/2007

 

ABORTO LIBRE E GRATUITO NA SANIDADE PÚBLICA XA !!!

Diante das agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedéndose nas últimas semanas, e que están afectando tanto a mulleres que interromperon o embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza a IVE, defendemos o Aborto Libre e Gratuíto na Sanidade Pública XA ! ! !

 

                              

AgM

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org