Facultativos Internos Residentes

 

Resolución que publica o ACORDO da Retribución da Atención Continuada do persoal Residente en formación. 09/01/2008
Acordo co Sergas de mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal residente sobre a Atención Continuada. 28/11/2007 

MIR-2008: Publicadas as prazas ofertadas no MIR-2008.

Unha vez máis, e malia escaseza de facultativos especialistas no país, a oferta de prazas no sistema sanitario público galego é moi inferior ao nº de prazas acreditadas. (21/09/2007).

O exame MIR celebrarase o próximo 19 de xaneiro, Diario Médico, 12/09/2007

Aprobado na Comisión Estatal de RR.HH o Decreto Formativo de Residentes. Diario Médico, 12/09/2007

A RENEGOCIACIÓN DO ACORDO SOBRE AS CONDICIÓNS LABORAIS DOS RESIDENTES REMATOU CON ACORDO. (24/07/2007)

CIG-Saúde apoia os novos acordos acadados.

Os novos Acordos sobre os Residentes: avaliación de CIG-Saúde. 28/07/2007 

Principais Reivindicacións dos Residentes Galegos, os obxectivos de CIG-SAÚDE, e a súa evolución. Agosto/2007

Os acordos contan tamén co apoio de AGAMIR

 

 

ACORDOS DA MESA SECTORIAL SOBRE OS RESIDENTES

 

AS ANÁLISES E APORTACIÓNS DOCUMENTAIS PÚBLICAS DE CIG-SAÚDE, NO ANO 2007, AO PROCESO DE MELLORA DAS CONDICIÓNS LABORAIS DOS RESIDENTES GALEGOS

ACORDOS ASINADOS O 24 DE XULLO DE 2007

  Acta do acordo sobre as Comisións de Residentes dos Centros (24/07/2007).

  Acta do acordo sobre o novo prezo da hora de garda (24/07/2007).  

 Os novos Acordos de xullo 2007 sobre os Residentes: avaliación de CIG-Saúde.  28/07/2007

 Gardas dos Residentes: avaliación dos efectos dun acordo. 11/07/2007 

ACORDOS ASINADOS EN DECEMBRO 2006 E PUBLICADOS EN DOG EN ABRIL E MAIO 2007

DOG do 14/05/2007: ACTA DA MESA SECTORIAL do 19/12/2007 na que se estableceu o Acordo de “Mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal residente en formación”.  Nesta acta quedou reflectido o compromiso do SERGAS de reabrir a negociación dese acordo no último trimestre de 2007.

DOG do 23/04/2007: TEXTO DO ACORDO sobre a mellora das condicións de traballo e retributivas dos residentes, asinado polo SERGAS e todos os sindicatos coa representación suficiente para estar na Mesa Sectorial.

 As condicións de Traballo do persoal residente en formación Resumo do estado da negociación na Mesa Sectorial.  11/07/2007

 Información da Xuntanza, do 21/06/2007, da Comisión de Seguimento do Acordo sobre as condicións laborais dos Residentes.  22/06/2007 
 Propostas de CIG-SAÚDE para o seu tratamento na Comisión de Seguimento do acordo de condicións de traballo dos residentes do 21/06/2007.

REAL DECRETRO APROBADO EN MADRID SOBE AS CONDICIÓNS LABORAIS DOS RESIDENTES

(CIG-Saúde negouse a asinalo)

CIG-Saúde, a renegociación do acordo sobre as condicións laborais dos residentes, e AGAMIR.  28/05/2007.   

Real Decreto 1146/2006, de 6 de outubro, polo que se regula a relación laboral especial de residencia para a formación de especialistas en ciencias da saúde. 07/10/2006 

  As condicións laborais dos residentes galegos despois do Real Decreto (Voceiro da AgM-CIG nº 1, febreiro 2007)  

INFORMACIÓN CRONOLÓXICA DO PROCESO NEGOCIADOR

A RENEGOCIACIÓN DO ACORDO SOBRE AS CONDICIÓNS LABORAIS DOS RESIDENTES REMATOU CON ACORDO. (24/07/2007)

CIG-Saúde apoia os novos acordos acadados.

Os acordos contan tamén co apoio de AGAMIR

Coa sinatura dos novos acordos, na xuntanza do 24/07/2007 da Comisión de Seguimento do Acordo sobre as Condicións Laborais dos Residentes, finalizou a actual xeira de mobilizacións e negociacións relacionadas coa problemática deste colectivo profesional:

O PREZO DA HORA DE GARDA dos residentes galegos case se duplica, e pasa a estar entre os máis altos das CC.AA. Ademais, vai incrementarse nun 7% no 2008 e outro 7% no 2009.

 O Sergas comprometeuse a iniciar xa a tramitación do acordo para que se publique no DOG, e os residentes comezan a cobrar probabelmente en novembro, con carácter retroactivo desde o 1 de xullo de 2007.

 Acta do acordo sobre o novo prezo da hora de garda (24/07/2007)

 Vanse constituír COMISIÓNS DE RESIDENTES nas distintas Xerencias:

 Serán o marco no que tratar todos os problemas locais relacionados coas gardas, permisos, descansos, libranzas, … dos residentes.

 Estarán constituídas por 5 representantes da Administración, 5 representantes dos sindicatos asinantes do Acordo, e 1 residente que forme parte da Comisión de Docencia.

 Acta do acordo sobre as Comisións de Residentes dos Centros (24/07/2007).

 Por outra banda, á volta do verán, vai formase un GRUPO DE TRABALLO SOBRE RESPONSABILIDADE PROGRESIVA E AS TITORÍAS, que presentará propostas concretas para debater e aprobar á Comisión de Seguimento do Acordo.

Os novos Acordos sobre os Residentes: avaliación de CIG-Saúde. 28/07/2007

Nueve sociedades científicas proponen un programa para la acreditación de residentes y la reacreditación de profesionales. Defienden que son las sociedades las que pueden definir de una manera más concreta la competencia y el perfil que cada profesional debe tener para responder a las necesidades de salud. Jano On-line, 17/07/2007

INFORMACIÓN DA MESA NEGOCIADORA DO ACORDO DE RESIDENTES. (12/07/2007)

Da xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de Residentes celebrada o 10/07/2007, dentro do proceso de negociación aberto para revisar os seus contidos en materia retributiva, tiráronse as seguintes conclusións:

      Acordáronse as funcións e competencias das famosas Comisións de Residentes por Xerencia, que terán como función principal canalizar e, no seu caso, resolver, todos os problemas derivados da aplicación do acordo e da normativa laboral sobre residentes, cando ese tratamento non exceda do ámbito da propia xerencia. O SERGAS quedou en enviarnos o texto definitivo, que incluirá algunhas matizacións de última hora, no que se recollen as funcións e competencias desas Comisións. Cando o recibamos publicarémolo na web.

      O Sergas presentou unha nova proposta para o valor/hora das gardas, recollendo nesta ocasión a maior parte das propostas presentadas por CIG (acompáñase táboa).

      No que fai á data de aplicación destes novos valores, o Sergas mantén a súa posición anterior, é dicir, o 1 de outubro, proposta que seguimos rexeitando. 

-     Logo do debate na mesa, deixamos sobre ela a proposta de pechar esta revisión do prezo das gardas si o SERGAS aceptaba a súa aplicación dende o 1 de xullo; todos os sindicatos aceptaron esta proposta como peche de negociación, polo que o Sergas quedou de darnos a súa resposta nos próximos días.

-     Pedímoslle aos membros de AGAMIR presentes na xuntanza (convidados dentro da delegación de CIG-Saúde) que, AGAMIR como tal, fixera tamén a súa propia avaliación desta última proposta, e nola transmitirán igualmente nos próximos días.

Neste mesmo mes vai constituírse un Grupo de Traballo da mesa sectorial para definir propostas de medidas relacionadas coa Responsabilidade Progresiva e as Titorías.

Dous documentos de CIG-Saúde para a análise, despois da última xuntanza da Mesa negociadora do Acordo de Residentes do 12/07/2007:

Gardas dos Residentes: avaliación dos efectos dun acordo. 11/07/2007 

As condicións de Traballo do persoal residente en formación. Resumo do estado da negociación na Mesa Sectorial.  11/07/2007  
La retroactividad, principal escollo para la revisión del pacto de los MIR gallegos. Diario Médico, 16/07/2007.
Las CCAA dan su aprobación inicial al borrador del Real Decreto que regula los aspectos formativos de los MIR. El Médico Interactivo, 14/07/2007.

 

CIG-Saúde reclámalle ao SERGAS a urxente convocatoria, na primeira semana de xullo, da Comisión de Seguimento do Acordo sobre as Condicións Laborais dos Residentes.

Por outra banda, CIG-Saúde rexeita a decisión unilateral do SERGAS de constituír xa as Comisións de Seguimento en cada Xerencia, antes de que se peche o novo acordo que se está negociando, no que debe ficar ben claras as funcións e a composición desas comisións e, nomeadamente, quen vai representar á Administración nesas Comisións, elementos claves para que podan ser realmente operativas. 29/07/2007

Transcorrida máis de 1 semana desde a anterior xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo, a administración semella non ter presa en avanzar na negociación e, a día de hoxe, aínda non comunicou a data da próxima xuntanza. CIG-Saúde reclámalle ao SERGAS que non adíe máis esa xuntanza e convoque á Comisión na primeira Semana de Xullo.

Por outra banda, desde Recursos Humanos do SERGAS, envióusenos aos sindicatos un correo electrónico co seguinte texto:

“De acordo co que se falou na xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de persoal residente en formación, constituiranse as Comisións de Seguimento en cada Xerencia coa seguinte composición:

       5 representantes da administración.

       5 representantes das organizacións sindicais asinantes do Pacto

       Un residente en formación que forme parte da Comisión de Docencia correspondente

Debedes remitir os nomes das persoas que representarán ás organizacións sindicais en cada comisión á xerencia correspondente o antes posible, xa que estas comisións deberán constituírse antes do vindeiro 6 de xullo.”

CIG-Saúde considera que, a decisión de constituír xa esas Comisións, cando aínda non está claramente acordado a súa composición definitiva e as súas funcións, é unha decisión unilateral e apresurada do SERGAS, que o noso sindicato rexeita. 29/07/2007

Información da Xuntanza, do 21/06/2007, da Comisión de Seguimento do Acordo sobre as condicións laborais dos Residentes. 22/06/2007 
PROPOSTAS DE CIG-SAÚDE PARA O SEU TRATAMENTO NA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE CONDICIÓNS DE TRABALLO DOS RESIDENTES DO 21/06/2007.

RESIDENTES: O SERGAS convoca, por fin, e para o 21/06/2007, a xuntanza da Comisión de Seguimento do acordo de mellora das condicións de traballo e retributivas dos residentes. 18/06/2007.

Con retraso respecto á data tope en que se comprometera a facelo, e cando xa os residentes comezaban a pensar que se lles estaba tomando o pelo, finalmente o SERGAS convocou Comisión de Seguimento para o próximo xoves.

Diante do retraso na convocatoria da xuntanza, a semana pasada, CIG-Saúde púxose en contacto coa administración instándolle a que non adiara máis a xuntanza e solicitándolle que, para compensar o retraso e para que a xuntanza pendente sirva de verdade para avanzar na negociación, o SERGAS enviara unha proposta estruturada sobre os temas en debate (prezo da hora de garda, libranza postgarda, ...). En principio o SERGAS quedou en facelo así.

Sen embargo, o documento que enviou é unha especie de acta da xuntanza previa do día 31/05/2007, que non cumpre para nada o obxectivo de permitir centrar a xuntanza e comezar en serio a negociación. Por este motivo, e con anterioridade á xuntanza do día 21, CIG-Saúde vai enviarlle ao SERGAS unha proposta concreta coas reivindicacións que o noso sindicato defende, poñendo deste xeito enriba da mesa unha proposta concreta a debater.

Los médicos MIR aplauden la disposición del Sergas a renegociar sus condiciones. El Correo Gallego, 02/06/2007

En reunión da Mesa Sectorial o Servizo Galego de Saúde comprometeuse, a revisar o acordo sobre as condicións laborais e retributivas dos residentes.

Os aspectos a revisar serian:

Adiantar a negociación das condicións do prezo da hora de garda e a subida salarial, comparándoas coas existentes no resto de comunidades autónomas.

Estudar a viabilidade xurídica de aplicar con carácter retroactivo as melloras que se acorden.

Garantir a libranza trala garda.

Garantir o número máximo de cinco gardas por mes.

Creación do grupo de traballo sobre a titoría dos residentes e a súa responsabilidade, xa previsto no cordo e aínda non creado.

CIG-Saúde considera que o nacemento de AGAMIR abre unha nova etapa no movemento reivindicativo dos residentes galegos, e solicítalle ao SERGAS que acepte adiantar a renegociación do acordo sobre as condicións laborais dos MIR.

CIG-Saúde, a renegociación do acordo sobre as condicións laborais dos residentes e AGAMIR.   28/05/2007

Artigo coa AVALIACIÓN DA CIG-Saúde do Acordo acadado na Mesa Sectorial:  As condicións laborais dos residentes galegos despois do Real Decreto (Voceiro da AgM-CIG, 2007; 1)

DOG do 14/05/2007: ACTA DA MESA SECTORIAL do 19/12/2007 na que se estableceu o Acordo de “Mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal residente en formación”.

Nesa acta queda reflectido o compromiso do SERGAS de reabrir a negociación dese acordo no último trimestre de 2007.

DOG do 23/04/2007: TEXTO DO ACORDO sobre a mellora das condicións de traballo e retributivas dos residentes, asinado polo SERGAS e todos os sindicatos coa representación suficiente para estar na Mesa Sectorial.
Os MIR andaluces solicitan unha reunión coa “Consejería” de Saúde para abordar a aplicación do Real Decreto laboral na comunidade. El Médico interactivo,  26/01/2007.

  ASINADO, NA MESA SECTORIAL DO 19/12/2006, O “ACORDO DE MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO E RETRIBUTIVAS DO PERSOAL RESIDENTE EN FORMACIÓN”. 20/12/2006

Entre os obxectivos da xuntanza da Mesa Sectorial do 19/12/2006, estaba pechar a negociación sobre as condicións laborais dos residentes galegos.

Na última xuntanza deste proceso negociador, CIG-Saúde tiña prantexado a necesidade de modificar dous aspectos do último documento presentado pola administración::

  • substituír o límite anual de gardas que ofertaba a Administración polo compromiso de abrir unha negociación global sobre xornada laboral de todos os facultativos en relación ás gardas, que debía incluír tamén aos residentes

  • recoñecer expresamente que o incremento do valor/hora das gardas é adicional ao incremento anual da lei de orzamentos.

Ademais, e á vista de que o camiño aberto en Galiza está sendo seguido noutras CCAA, onde ultimamente abríronse negociacións similares ás abertas no noso país por insistencia de CIG-Saúde, o noso sindicato colocou enriba da mesa, como cuestión nova, a necesidade de introducir cláusulas de revisión no acordo que se ía asinar.

O resultado do debate foi que todas as organizacións sindicais con representación dabondo como para estar presentes na Mesa Sectorial (CIG-Saúde, CESM-SATSE, CCOO, UGT e CSIF) subscribimos un Preacordo e asinamos a Acta de Fin de Negociación, coas seguintes novidades:

a)       modificase a redacción do número máximo de gardas mensual, que queda en 5, agás que o programa docente prevea a opción de poñer ata 7

b)      eliminase o límite anual das 66 gardas, que quedan referenciadas aos límites legais da Directiva, do Estatuto Marco e do Decreto

c)       inclúese a referencia expresa a que o 7% anual de incremento do prezo das gardas é adicional ao da lei de orzamentos anual (sería un  9% o ano 2007)

d)      inclúese ademais a referencia á retribución adicional dos días de especial significación xa neste ano

e)       na acta de fin de negociación inclúese unha cláusula de revisión sobre o valor establecido para as gardas no caso de que a 30/9/07 existan outros acordos nos diferentes Servizos de Saúde que nos coloquen por debaixo da media do SNS

f)        inclúese tamén a declaración de que a finais do 2008 deberá iniciarse unha nova negociación para mellorar os contidos deste acordo

g)      o período de vixencia do acordo é ata o 31/1/09 en lugar do 31/12/09, co fin de adiantar nun ano esa renegociación do acordo

ademais, en base ao noso exclusivo prantexamento, recollese a obriga de abrir unha negociación global na mesa sectorial sobre a xornada laboral de todos os facultativos en relación ás gardas e ás 48 horas.

Información de CIG-Saúde sobre o pago de atrasos e actualización da nómina dos Residentes. 24/11/2006 

Coa nómina do mes de novembro  pagaranse todos os atrasos dende o mes de xaneiro de 2006, e logo a nómina de decembro terá que vir xa actualizada cos novos importes.

quén ten dereito a percibir os atrasos?

cómo se calculan os atrasos a pagar?

cal é a cuantía total dos atrasos a cobrar?

INFORMACIÓN DA ÚLTIMA MESA SECTORIAL:

  O Acordo sobre os Residentes pode estar próximo: avaliación de CIG-Saúde. 22/11/2006

Borrador do “Acordo de mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal residente en formación”, presentado polo SERGAS na mesa sectorial do 21/11/2006

AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DOS RESIDENTES: DÚAS ESTRATEXIAS DIFERENTES.

O goberno central aprobou unilateralmente o decreto sobre as condicións laborais dos residentes (RD 1146/2006, de 6 de outubro), sen acordo sindical e desde logo sen o apoio de CIG-Saúde, presente na mesa de negociación na súa calidade de sindicato máis representativo.

Unha vez aprobado o decreto, que é un decreto de mínimos e polo tanto mellorábel en cada CCAA, cada vez están máis claras dúas estratexias diferentes:

      Algúns prefiren seguir facendo guerras de palabras e, mentres antes se esforzaron en mesturar a regulación dos aspectos laborais e a dos aspectos formativos dos residentes, dous aspectos que o sentido común di que deben recollerse en normas legais diferentes, agora están enleados en recursos xudiciais para os que cada vez teñen menos apoios.

      Outros, pola contra, consideramos que o fundamental é mobilizar aos residentes e abrir negociacións co servizos de saúde correspondente, no noso caso co SERGAS, para esixir a aplicación mellorada do decreto e ademais solucionar outros moitos problemas laborais dos residentes que o decreto deixa sen resolver.

Máis

  CESM cree que Sanidad ha abordado “con precipitación” el proyecto de Real Decreto de formación MIR por la presión ejercida por los médicos residentes. El Médico Interactivo, 28/10/2006.

ÚLTIMO BORRADOR DO DECRETO SOBRE ASPECTOS FORMATIVOS DOS RESIDENTES, Outubro 2006 

O Goberno aproba o decreto sobre as condicions laboráis dos Residentes sen atender moitas das súas reivindicacións. 07/10/2006 

Texto do Decreto

Faise necesario mellorar o decreto sobre as condicións laboráis dos Residentes en cada Servizo de Saúde. CIG saúde presentou a súa táboa reivindicativa ante o Sergas   

 

 

Na Mesa Sectorial do 12/07/2006, celebrada a instancias de CIG-Saúde. O SERGAS entrega o Documento de traballo de bases de negociación para a mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal en formación mediante residencia.

 

CIG-Saúde logra o compromiso do SERGAS de iniciar a negociación sobre ás condicións de traballo dos Residentes durante o mes de xuño. 01/06/2006          Cartel

El Servicio Gallego de Salud (Sergas) abre una mesa específica para los MIR.

Las condiciones laborales de los MIR gallegos se negociarán en una mesa sectorial específica, después de que el sindicato CIG-Salud recogiera 300 firmas de residentes pidiendo que se abordara cuanto antes su situación. Diario Médico, 13/06/2006 

 

CIG-Saúde mantivo unha reunión coa Dirección de Recursos Humanos do Sergas para reiterar a petición de abrir unha mesa negociadora para acordar os criterios de aplicación en Galicia das medidas de mellora previstas no proxecto de Decreto de Residentes (inda pendente de publicación en BOE) así como para tratar diversas reivindicacións sentidas polo colectivo como necesarias para dignificar as suas condicións de traballo durante o tempo de Residencia de cada Especialidade.

Nesta reunión, na que lle foron entregadas ao Sergas 300 sinaturas de residentes de todos os centros de Galicia en reclamación da apertura da indicada mesa negociadora, a Administración aceptou o compromiso de presentar unha proposta sobre as nosas reivindicacións no próximo mes de xuño.

O DECRETO E A CUESTIÓN DOCENTE

Por outra parte, seguimos insistindo para que o proxecto de Decreto que regula a relación laboral dos Residentes, imposto polas Administracións Sanitarias, incorpore durante a súa tramitación administrativa algunha das propostas de mellora que continuamos defendendo en xornada, en retribucións e en dereitos sociais.

Ademáis traballamos tamén nas propostas sobre a mellora da regulación dos aspectos Docentes, presentando alternativas ao documento que están elaborando asimesmo as Administracións Sanitarias e Educativas.

30 de maio de 2006

 

As nosas reivindicacións

1.         Dereito a 12 h de descanso continuado mínimo entre xornada e xornada, non supeditado a criterio do titor e que teña a consideración de tempo traballado. Dereito ao descanso semanal de 36 horas continuadas.

2.         Límite mensual e anual das horas de garda e do seu número.

3.         Dereito a coñecer o calendario de gardas ao menos con 15 días de antelación

4.         Contabilizar as horas obrigatorias de formación como xornada

5.         Dereito a gastos de desprazamento para cursos obrigatorios

6.         Cobertura de Responsabilidade Civil en condicións equivalentes ao persoal estatutario do Sergas

7.         Dereito a prestacións de carácter social como a mellora de IT

8.         Aplicación da subida retributiva recollida no proxecto de decreto da relación laboral especial de residencia e acordada por todas as Comunidades Autónomas na Comisión de Recursos Humanos do SNS, nos seguintes termos:

o 50% o ano 2006

o 25% o ano 2007

o 25% o ano 2008

9.         Sistema retributivo equiparable entre as distintas especialidades, independentemente dos anos de duración da residencia (1, 2, 3, 4 ou 5 anos), de maneira que no último ano da residencia se perciban retribucións equivalentes entre elas

10.      Incremento do prezo da hora de garda

11.      Retribución dos días de especial significación

12.      Resolver o problema do exceso de xornada derivado da cobertura de turnos en diferentes servizos, particularmente nos sábados

13.      Responsabilidade e funcións: establecer regras claras

 

 

 

O DECRETO E AS CONDICIÓNS LABORAIS DOS MIR

CIG NON SUBSCRIBE O DECRETO DOS MIR !!!

Como se prevía, na xuntanza que se celebrou en Madrid o 09/02/2003, deuse por finalizado o proceso negociador do Decreto dos Residentes sen que os sindicatos presentes na negociación aceptáramos o texto final presentado polas administracións (Ministerio e CCAA).

Nesta derradeira xuntanza, os representantes dos catro sindicatos presentes na negociación (CIG, CCOO, UGT e CESMSATSE)  asinaron dous textos:

  1. Un de catro puntos, que recolle o acordo de dar por cumprido o proceso de negociación e para iniciar a tramitación legal da norma. Nese mesmo texto se expresa a consideración de que hai aspectos positivos no decreto pero non un acordo global por manter diferencias de importancia, sobre as que os sindicatos manifestamos a intención de continualas prantexando tanto na tramitación formal do decreto (hai un período obrigatorio de consultas ás organizacións) como na negociación cos Servizos de Saúde.
  2. E outro que é a acta da reunión, na que se recolle esa mesma situación, se precisan con máis detalle os aspectos de discrepancia sindical, e se fai unha invitación á apertura inmediata de negociacións coas comunidades autónomas.

CIG convoca aos MIR galegos para que defendan a mellora das suas condicións laborais !!!

 

 Finalizada sen acordo a negociación en Madrid do Decreto de Residentes, cómpre a

APERTURA DUNHA NEGOCIACIÓN CO SERGAS SOBRE AS CONDICIÓNS LABORAIS DOS MIR GALEGOS.

O proceso de negociación do Decreto de Residentes: unha visión crítica desde CIG-Saúde.

Escrito do Secretario Xeral de CIG-Saúde ao Director Xeral de Recursos Humanos do SERGAS, propoñendo a constitución dunha mesa negociadora sobre as condicións de traballo dos residentes.

 O Sergas responde que espera a ter información do texto do Real Decreto para iniciar os contactos.

Taboa Reivindicativa que defenderá CIG-Saúde na negociación sobre as condicións de traballo dos MIR.

Prego de recollida de sinaturas dos residentes solicitandolle ao SERGAS a apertura da Mesa de Negociación.

(Marzo 2006)

Instan al Gobierno a que limite la jornada del MIR en 2007. Diario Médico, 23/02/2005.

 Reunión de Residentes en Santiago

  Despois das xuntanzas mantidas nas últimas semanas con residentes das distintas áreas e hospitais, convocamos agora unha xuntanza en Santiago dirixida aos residentes de todo o país, con fin de facer unha valoración conxunta de todo o proceso de negociación do decreto da residencia e decidir o camiño a seguir dende agora.

Día:       16/2/2006, xoves

Hora:    17:00

Lugar:   Local Nacional de CIG en Santiago. rúa Miguel Ferro Caaveiro. (En San Lázaro, fronte ao  Pazo de Congresos, nas proximidades do local da FEGAS).

 

ORDE DO DÍA

 

1. Valoración do texto definitivo do Real Decreto que regula a Relación Laboral de carácter especial da Residencia

 

2. Elaboración dunha posible táboa reivindicativa cos aspectos que se consideren mellorables no decreto.

 

3. Pasos a seguir para iniciar a negociación co Sergas.

 

Final da negociación do Decreto de Residentes co Ministerio

O día 2 de febreiro celebrouse unha reunión coa Ministra de Sanidade, seguida dunha sesión de traballo na que se lle deu unha nova volta ao texto do decreto na que se introduciron algunhas novidades de interese no mesmo, relacionadas con:

- efectos retroactivos da subida retributiva

- limitación das gardas

- garantía dos dereitos vixentes

- aplicabilidade de acordos posteriores do persoal estatutario.

 

AgM-CIG convoca Xuntanzas de Residentes para informar das negociacións sobre as Condicións Laborais dos MIR.

 

Xuntanza na Área de A Coruña, o 09/02/2006

Xuntanza na Área de Santiago, o 02/02/2006 

Xuntanza na Área de A Coruña, o 25/01/2006 

 Xuntanza na Área de Lugo o 24/01/2006 

 Xuntanza na Área de Ourense, o 19/01/200

Xuntanza na Área de Vigo, o 11/01/2006 

 Xuntanza na Área de Ferrol, o 11/01/2006.

Xuntanza na Área de Pontevedra, o 10/01/2006 

 Xuntanza na Área de Pontevedra, o 26/01/2006 

 Xuntanza na Área de Vigo, o 25/01/2006 

As datas das xuntanzas nas demais Áreas Sanitarias serán convocadas proximamente.

 

A última xuntanza do Foro polo Diálogo Social, celebrada en Madrid o 2 de decembro, rematou sen acordo. As Administracións (Ministerio e CC.AA) presentaran un Borrador de Decreto, e un Documento Resumo do mesmo, cuns contidos totalmente inaceptábeis. É moi posíbel que a xuntanza do día 2 de decembro sexa a última e as administracións aproben o novo decreto sen contar co apoio dos sindicatos.

CIG NON ASINARÁ O DECRETO PORQUE, ENTRE OUTROS MOTIVOS, CONSIDERA QUE AS PROPOSTAS DAS ADMINISTRACIÓNS SOBRE XORNADA E RETRIBUCIÓNS SON TOTALMENTE INACEPTABEIS.

Desde o principio a negociación estivo viciada polo doble proceso de negociación que realmente houbo. Por unha banda o Ministerio coas CC.AA., na Comisión de Recursos Humanos do SNS, e por outra o Ministerio cos Sindicatos máis representativos, entre eles CIG-Saúde, no Foro polo Diálogo Social.

Quen realmente terá que pagar os custes do acordo que permita rematar coas precarias condicións de traballo que actualmente teñen os residentes, son os Servizos de Saúde Autonómicos. E, as CC.AA., con poucas excepcións, resístense a asumir plenamente os custes que tería a normalización das condicións laborais dos MIR. Por este motivo forzaron un acordo co Ministerio, que usan como escudo protector, que é absolutamente inaceptábel non só para a CIG, senón para todos os demais sindicatos presentes no Foro negociador.

O principal obstáculo para que a negociación chegue a bo porto é a actitude da maioría das CC.AA. e, na opinión de CIG-Saúde, a súa posición só se poderá modificar se notan a presión dos seus propios residentes.

ANTE A FALTA DE ACORDO ENTRE O MINISTERIO-CCAA E OS SINDICATOS:

OS MIR TEÑEN A PALABRA !!!

CIG-Saúde non está disposta a dar o seu apoio ao Decreto MIR presentado polas administracións na súa actual redacción e, entre outras reivindicacións, esixe:

1. Límite mensual e anual do número de gardas.

 

2. Dereito a 12 horas de descanso continuado mínimo tras 24 horas de traballo, non supeditado ao criterio do titor e que teña a consideración de tempo traballado.

 

3. Disfrute de vacacións en condicións semellantes ás reguladas para o persoal do correspondente servizo. Dereito ás mesmas festas e permisos que o persoal estatutario.

 

4. Mellora retributiva: o residente de primeiro ano acadaría o 50% da retribución fixa do especialista correspondente, e o de último ano o 90%. Incremento do valor da hora de garda, R1: 70% do recibido polo especialista, R2: 80%, R3 e sucesivos: 90%.

 

5. Aplicación do incremento retributivo nun máximo de 2 anos, 50% a partir do 1 de xaneiro de 2006, e 50% restante a partir do 1 de xaneiro de 2007.

 

6. Cobertura de Responsabilidade Civil en condicións equivalentes ao persoal estatutario de cada Servizo de Saúde.

 

7. Que o persoal residente poida exercer o seu dereito de negociación colectiva nas mesmas mesas sectoriais do persoal estatutario.

 

  Mentres a negociación do Decreto MIR está paralisada en Madrid, o Servizo de Saúde Valenciano cheogu a un acordo cun sindicato para comezar a aplicar xá, en xaneiro 2006, a mesma suba ofertada polas administracións en Madrid, que ese mesmo sindicato rexeitou.

Na opinión de CIG ese é un mal acordo: nos esiximos máis.

La Comunidad Valenciana acepta una subida a los MIR a partir de enero de 2006 de al menos un 18 por ciento. El Médico Interactivo, 23/12/2005.

Os sindicatos presentes no Ámbito Estatal de Negociación do SNS (CIG, CEMSATSE, CCOO e UGT,) acusan a “Sanidad” de desvirtuar a negociación colectiva sobre o Decreto MIR trasladando as conversacións fóra do seu foro legal.  20/12/2005 

 Resumo da Xuntanza celebrada en Madrid o 29/11/2005. 

Contido principal da proposta das administracións sanitarias.

Avaliación da CIG-Saúde sobre o estado actual da negociación. 24/10/2005.

As Propostas  Retributivas presentadas na Mesa de Negociación. 24/10/2005

 

MIR de Semfyc piden entrar en la negociación del 'estatuto'. Diario Médico, 12/12/2005.

Los sindicatos dan un plazo de 72 horas al Ministerio de Sanidad para que atienda a sus propuestas sobre el futuro del Estatuto del Residente. El Médico Interactivo, 03/12/2005.

 Resumo da Xuntanza celebrada en Madrid o 29/11/2005. 

A Comisión de Recursos Humanos do SNS, composta polo Ministerio de Sanidade e as Consellerías de Sanidade dos 17 Servizos de Saúde, elaborou por fin unha única proposta común sobre o Decreto de Residentes, que logo de oito meses de negociación, presentarán aos Sindicatos na mesa negociadora prevista para o martes dia 29 de novembro.

CCOO recoge 2.000 firmas para el decreto MIR en Cantabria, Murcia y La Rioja. Diario Médico, 16/11/2005.

Los MIR barajan la posibilidad de convocar movilizaciones si Sanidad no aprueba el Estatuto del Residente antes de que acabe el año. Médico Interactivo, 26/10/2005.

El sueldo del MIR se igualará al del resto de los funcionarios. Diario Médico, 11/10/2005

Los aspirantes a las pruebas MIR de 2006 ya pueden presentar las solicitudes de admisión  El Médico Interactivo, 28/09/2005.

Resumo da xuntanza da mesa negociadora estatal sobre o RL dos MIR do 23/06/2005 

Novo Borrador, datado o 20/06/2005, de Decreto sobre RL dos MIR presentado polo Ministerio  

Para AgM-CIG, na actividade dos MIR, deben primar os aspectos formativos.

Resumo do tratado na Mesa Negociadora Estatal do 07/06/2005, sobre o DECRETO DE RESIDENTES

Ministerio y sindicatos continúan el debate sobre el contenido del contrato de los residentes. El Médico Interactivo, 08/06/2005.

Los MIR ponen fin a la huelga en Valle Hebrón.
Tras dos días de movilizaciones, la reunión mantenida entre los residentes y la dirección del Hospital Valle de Hebrón ha concluido en un acuerdo que debe mejorar la seguridad y las condiciones laborales de los MIR. Diario Médico, 13/05/2005.

Los tutores de MIR deberán revalidar su acreditación docente cada cinco años. El Médico Interactivo, 27/04/2005.

O 14 de Abril constituíuse en Madrid a mesa negociadora estatal para abordar a negociación do decreto que regulará a Relación Laboral dos MIR. Por parte da CIG estarán  inicialmente presentes Xoán Cons, Begoña Peiteado e Ramón Veras.

Salgado espera lograr el máximo consenso con las CC.AA. para aprobar la nueva regulación laboral de los MIR  El Médico Interactivo, 21/04/2005.

Los responsables de sacar adelante el Estatuto del Residente se reunirán quincenalmente para aprobarlo “lo antes posible”. El Médico Interactivo, 15/04/2005.

La regulación del MIR, cuestión prioritaria en las agendas políticas. Diario Médico, 02/03/05

Madrid propone igualar al MIR con el resto de la plantilla. Diario Médico, 10/03/05

Documento sobre la regulación de la relación laboral de caracter especial de residencia 

Suspendida la reunión monográfica del Foro Marco para el Diálogo Social sobre el estatuto del residente. El Médico Interactivo, 23/03/2005

 

Artigo do diario El País sobre a Precariedade dos MIR

La precariedad sanitaria se llama MIR

Los médicos en formación asumen la saturación de los hospitales con jornadas interminables

EL PAÍS, domingo 11 de enero de 2004

Ý

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org