Dedicación Exclusiva e Complemento Especifico

 

O 25/04/2008 tivo lugar a primeira xuntanza da Mesa Sectorial para abordar a redefinición do sistema de exclusividade dos facultativos do SERGAS. 26/04/2008  

 A reunión tivo un carácter meramente informativo, no que os sindicatos que tiñan manifestado opinións sobre o tema as ratificaron.

 O máis novedoso foi o pronunciamento da administración no sentido de que non está disposta a xeneralizar, sen contrapartidas, o Complemento Específico.

 No prazo de un mes a Administración concretará a súa posición nun documento que será debatido na Mesa Sectorial.

As Premisas de CIG-Saúde para a Renegociación da Dedicación Exclusiva do persoal facultativo. 09/01/2008

Galicia descarta generalizar el específico a todos sus médicos. Diario Médico, 30/04/2008

O SERGAS non xeneralizará o plus de exclusividade a todos os médicos. La Voz de Galicia, 26/04/2008.

 

Datado en Marzo do 2008, comezou a distribución do novo número do “Voceiro da AgM-CIG” dedicado monograficamente ao tema da Dedicación Exclusiva dos Facultativos. 15/04/2008

 

Galicia. CIG-Salud liga al específico la reducción de la lista de espera. En contra de CESM-Galicia y de los colegios, CIG Salud pide que el específico se ligue sólo a la exclusividad y a la prolongación voluntaria de jornada para dedicarse, entre otras cosas, a reducir las listas de espera.Diario Médico, 17/04/2008.

La redefinición del complemento específico y la exclusividad constituyen la gran negociación que se avecina en la Mesa Sectorial gallega. El Médico Interactivo, 16/04/2008.

 

Finalmente o SERGAS ten decidido iniciar o proceso de modificación do actual sistema de Dedicación Exclusiva dos facultativos. 08/04/2008

O próximo día 25 de abril, terá lugar unha Reunión Técnica coa seguinte orde do día: “Análise de alternativas sobre conformación do complemento especifico”.

CIG-Saúde defende firmemente a necesidade de manter e potenciar a dedicación exclusiva dos facultativos da sanidade pública, incluíndo a necesidade de que esta sexa considerada un requisito imprescindíbel para o acceso ás xefaturas de sección e servizo.

Os principais obxectivos do noso sindicato na negociación que se vai abrir a partir do día 25 son as seguintes:

Que as modificacións retributivas que se acorden, inclúan o mantemento ou mellora das retribucións especificamente ligadas a exclusividade, de xeito que toda mellora retributiva que acaden os profesionais que non teñan exclusiva sexa acompañada dunha mellora retributiva como mínimo igual para os facultativos que opten pola exclusividade.

Que a imprescindíbel modificación que cómpre facerlle ao actual sistema de exclusiva, se realice de xeito que a exclusividade contribúa a aportarlle ao sistema sanitario público galego, tempo de traballo (traballo de tarde) dos facultativos que opten por ela que sirva para avanzar na resolución dos problemas asistenciais que ten a sanidade pública galega (listas de espera, optimización de tecnoloxía, ...).

Premisas de partida de CIG-Saúde para a Renegociación do actual sistema de Dedicación Exclusiva dos Médicos.  

 

A AgM-CIG realizará diversas sesións informativas nos hospitais galegos, en Defensa da Dedicación Exclusiva e para explicar a posición de CIG-Saúde na Renegociación do Complemento Específico :

-    O 29/01/2008 no Hospital do Meixoeiro.

-    O 30/01/2008 no Hospital Clínico de Santiago.

-    O 14/02/2008 no Hospital Complexo Hospitalario de Ourense.

 

EN DEFENSA DA DEDICACIÓN EXCLUSIVA.

Cando asistimos a unha ofensiva contra a dedicación exclusiva dos médicos que traballan no sistema público, CIG-Saúde aposta rotundamente porque se manteña e se reforce, e pídelle ao SERGAS que abra a negociación necesaria na mesa sectorial para a súa renegociación e actualización. 09/01/2008.

Documentos de CIG-Saúde sobre a Dedicación exclusiva:

MÉDICOS, DEDICACIÓN EXCLUSIVA E PLURIEMPREGO I: Reformular o actual Sistema de Exclusiva.

MÉDICOS, DEDICACIÓN EXCLUSIVA E PLURIEMPREGO II: Comportamentos Oportunistas e Pluriemprego Médico.

As Premisas de partida de CIG-Saúde para a Renegociación do actual sistema de Dedicación Exclusiva dos Médicos. 09/01/2008

Piden que os médicos que exercen na privada non opten a xefaturas. CIG defende que premiar a dedicación ao Sergas reforza a calidade para a sanidade pública. Propón a Sanidade unha revisión do actual complemento. No outro lado, CESM demanda que o plus se estenda sen distincións. El Correo Gallego, 13/01/2008

tribuna libre Médicos, dedicación exclusiva e pluriemprego. FCO. L. VÁZQUEZ VIZOSO E XOÁN CONS PINTOS. El Correo Gallego. 07/01/2008

 

Os médicos da sanidade pública con dedicación exclusiva teñen maior dedicación ao seu traballo que os que tamén traballan na privada.   Febreiro 2008

 

El específico sin exclusiva no debe superar el 30% del sueldo. El Tribunal Supremo ha anulado el Decreto valenciano 180/1996 sobre retribuciones del personal de las instituciones sanitarias de la Consejería de Sanidad, en relación a la fijación de los complementos específicos porque supera el 30 por ciento de las retribuciones básicas. Diario Médico 11/10/2005.

 

AgM en defensa da Dedicación Exclusiva   (26/03/2004)  è

Os médicos con maior dedicación ao seu traballo son os que só se dedican ao sector sanitario público (El Médico interactivo, 10/01/2003)   è

 

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org