A BATALLA POLA EXCLUSIVIDADE

 

 

 Completada a súa 8ª SEMANA, a folga convocada polos sindicatos médicos corporativos para a eliminación da dedicación exclusiva sigue languidecendo, cunha incidencia moi inferior a que presentou a folga convocada a principios de ano polo mesmo motivo. 08/12/2008

No gráfico, enviado polo SERGAS a todos os sindicatos agás a aqueles que convocaron a folga, represéntase a incidencia, en termos absolutos (número de persoas en folga en quenda de mañá), durante as 6 primeiras semanas de folga, correspondentes ao período que vai desde o 13/10/2008 ao 05/12/2008, Ademais, tamén se inclúen os mesmos datos correspondentes as 6 primeiras semanas da folga que, polo mesmo motivo, tivo lugar a principios do presente ano.

 

Ao 73% dos galegos parécelles mal que os profesionais da sanidade pública compaxinen a súa actividade co exercicio privado da medicina, segundo unha enquisa da Unión de Consumidores de Galicia, feita pública o 13/11/2008.

O Parlamento Galego vota a favor de fomentar a exclusividade dos médicos. Diario Médico, 14/11/2008.

Só 20 facultativos secundaron a folga o venres 14/11/2008, último día da 5ª semana de folga, Segundo a información facilitada polo SERGAS, Ese día, na quenda de mañá:

     O maior seguimento foi na provincia de Ourense (no Complexo Hospitalario de Ourense, con 9 facultativos de folga).

     Nas outras provincias o seguimento da folga foi a seguinte:

-       na provincia da Coruña a folga foi seguida por 5 facultativos (3 no Complexo Hospitalario da Coruña, 2 no C.H de Ferrol);

-       na provincia de Lugo seguiron a folga 3 facultativos (2  no C.H. de Lugo e 1 do Hospital de Monforte); finalmente

-       na provincia de Pontevedra a folga foi seguida por 3 facultativos (2 no CHUVI e 1 no CHOP).

     Só 1 facultativo de Atención Primaria fixo folga ese día, e a incidencia foi nula, nos hospitais comarcais e fundacións hospitalarias (coa excepción de Monforte).

A administración semella manterse firme na súa posición de non ceder á reclamación central da folga, a xeralización do complemento de exclusividade, aos médicos que non o perciben porque simultanean o seu traballo na sanidade pública e na sanidade privada. Esta vontade da administración de non ceder está claramente reflectida no documento “Redefinición do complemento específico do persoal licenciado sanitario”, aprobado polo comité executivo do SERGAS o 24/09/2008.

Pola súa banda, os sindicatos médicos corporativos convocantes da folga, resístense a aceptar o escaso seguimento da súa convocatoria e a tendencia decrecente do seguimento da folga; e pretenden ocultar a súa derrota dirixindo as súas reproches, contra a administración e tamén contra ás asociacións de veciños e os sindicatos que manifestamos publicamente a nosa aposta pola defensa da sanidade pública, así como o noso desacordo co seu obxectivo de facer desaparecer os incentivos económicos ligados a dedicación exclusiva dos facultativos.

 

 

Segundo información facilitada polo SERGAS, só 28 facultativos secundaron a folga o venres 31/10/2008, último día da 3ª semana de folga. Ese día, na quenda de mañá:

     O maior seguimento foi no Complexo Hospitalario de Ourense, con 12 facultativos de folga.

     O resto de facultativos en folga ese día se distribuíron do seguinte xeito: 5 no CHUVI, 4 no Complexo Hospitalario da Coruña, 2 no C.H de Ferrol, 2 no C.H. de Lugo, 1 no C.H. de Pontevedra, 1 no C.H.U, de Santiago, e 1 no Hospital de Monforte.

     A incidencia da folga en Atención Primaria foi nula, así como nos hospitais comarcais e fundacións hospitalarias (coa excepción de Monforte).

A administración semella manterse firme na súa posición de non ceder á reclamación central da folga, a xeralización do complemento de exclusividade, aos médicos que non o perciben porque simultanean o seu traballo na sanidade pública e na sanidade privada. Esta vontade da administración de non ceder está claramente reflectida no documento “Redefinición do complemento específico do persoal licenciado sanitario”, aprobado polo comité executivo do SERGAS o 24/09/2008.

Pola súa banda, os sindicatos médicos corporativos convocantes da folga, resístense a aceptar o escaso seguimento da súa convocatoria e a tendencia decrecente do seguimento da folga; e pretenden ocultar a súa derrota dirixindo as súas reproches, contra a administración e tamén contra ás asociacións de veciños e os sindicatos que manifestamos publicamente a nosa aposta pola defensa da sanidade pública, así como o noso desacordo co seu obxectivo de facer desaparecer os incentivos económicos ligados a dedicación exclusiva dos facultativos.

 

 

Menos do 6% (5,97%, 37 profesionais) dos convocados secundaron a folga para a eliminación da dedicación exclusiva dos médicos da sanidade pública convocada polos sindicatos médicos corporativos. 26/10/2008

Mentres a semana pasada a incidencia da folga foi do 13,30%, o día 24/10/2008 esa incidencia foi de só o 5,94% nos grandes hospitais do SERGAS e anecdótica nos demais hospitais (comarcais e fundacións) e en Atención Primaria.

Nova de Prensa: Sanidade verificará se os médicos que traballan na pública e na privada teñen a compatibilidade. La Voz de Galicia. 22/10/2008

Na semana do 13 ao 17 de outubro, a incidencia real da folga para a eliminación da dedicación exclusiva dos médicos da sanidade pública, convocada polos sindicatos médicos corporativos, foi menor do 15%. 17/10/2008

A Consellería de Sanidade aposta por manter as actuais retribucións dos facultativos ligadas á exclusividade, descarta totalmente a xeneralización do complemento específico que lle reclaman os sindicatos médicos corporativos, e manifesta a súa vontade de redefinir nos próximos meses ese complemento.

O  Comité Executivo do SERGAS aprobou o 24/09/2008, o documento titulado “Redefinición do complemento específico do persoal licenciado sanitario”, que fixo chegar ás organizacións sindicais avanzado o mes de outubro, e no que se aposta firmemente por primar a dedicación exclusiva á sanidade pública dos médicos do SERGAS e por non reducir as diferenzas retributivas actualmente existentes entre os facultativos que teñen dedicación exclusiva e os que non a teñen.

A dedicación exclusiva ao servizo público dos profesionais sanitarios do SERGAS. Documento difundido polo SERGAS e datado o 14/10/2008.

En plena ofensiva para a eliminala, CIG-Saúde reafírmase nas súa posicións tradicionais de defender a dedicación exclusiva dos facultativos da sanidade pública galega. 16/10/2008.

Coa folga xa lanzada, os sindicatos médicos corporativos, dan un xiro no aire e agora din que non cuestionan o complemento de exclusividade. Daquela xa non é válido o de “a igual traballo igual salario”, ou é que simplemente decatáronse de que estaban facendo unha utilización demagóxica e fora de contexto dun fermoso e xusto slogan.

CESM y O'Mega presentan un modelo propio para el específico. Coincidindo co comezo da folga convocada polos sindicatos para exixir a xeneralización do complemento específico a todos os médicos, CESM Galicia e O'Mega consensuaron unha proposta que matiza substancialmente a súa formulación inicial: no canto de reclamar a xeneralización do actual complemento específico, piden el incremento do PRD, e que se modifique a denominación do específico por el de exclusividade. Diario Médico, 14/10/2008.

 

 NOVAS DE PRENSA SOBRE A POLÉMICA DA EXCLUSIVIDADE MÉDICA

O Sergas ofrece novos pluses aos médicos que prolonguen a súa xornada. Os especialistas con flexibilidade horaria percibirán unha remuneración adicional segundo a produtividade.  La Voz de Galicia, 17/10/2008.

O complemento por dedicación exclusiva non sufrirá variacións .  La Voz de Galicia, 17/10/2008.

A federación veciñal ameaza con facer pública unha lista de médicos que incumpren a lei. A entidade viguesa rexeita a folga convocada por un sector do colectivo. La Voz de Galicia, 15/10/2008.

A consellería verificará a incompatibilidade laboral de todos os seus médicos. O Servizo Gallego de Saúde (Sergas) confirmoulle a DM que verificará se os médicos que compaxinan o seu traballo na sanidade pública e na la privada teñen a concesión de incompatibilidade. Diario Médico, 15/10/2008

Un total de 107 médicos de los convocados por CESM-Galicia y O’mega siguieron la huelga por la generalización del específico, según el Sergas; mientras los sindicatos resaltan éxito en Orense y La Coruña y la buena respuesta general. El Médico Interactivo, 14/10/2008.

Galicia destinará cinco millones de euros en 2009 al específico. Galicia destinará 5 millones de euros en 2009 a la aplicación del nuevo modelo del específico, que se debatirá mañana en mesa sectorial y al que ha tenido acceso DM. Se mantiene la exclusividad y se ofrece a los médicos la posibilidad de cobrar más aumentando su jornada laboral. Diario Médico,09/10/2008.

 

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org