productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2015

Orde Conf. Nóminas

2015

Orde Nominas 2013

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

O 1 de decembro cambia a Xestión da IT Imprimir Correo-e
Luns, 09 Novembro 2015 15:26

CAMBIOS NA XESTIÓN DA INCAPACIDADE TEMPORAL A PARTIR DO 1 DE DECEMBRO ico_pdf

O Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo, polo que se regulaban determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros 365 días da súa duración, introduciu modificacións na xestión da Incapacidade Temporal. O maior cambio que traía ese Real Decreto versaba sobre a expedición dos partes médicos de baixa, de confirmación e de alta. Para desenvolvelo ditouse a Orde ESS/1187/2015, de 15 de xuño, que regula con máis detalle os procesos de tramitación, expedición e funcionamento destes partes médicos, así como o control das situacións de incapacidade temporal. Esta Orde entrará en vigor o 1 de decembro de 2015.

O primeiro a destacar desta Orde é a introdución de novos modelos de partes médicos de baixa/alta e de confirmación da incapacidade temporal, os cales se poden ver nos seus anexos. Doutra banda, tanto o Real Decreto como a Orde clasifican os procesos de IT segundo a súa duración e en base a esta duración estimada (a estimación farase con referencia a unhas táboas elaboradas en función das estatísticas dos últimos anos) establécese cando deben expedirse os partes de confirmación da baixa médica:

PARTE DE BAIXA.

O persoal facultativo terá que escribir a duración estimada do proceso e as baixas clasificaranse en función desa duración:

• moi curta: inferior a 5 días naturais

• curta: de 5 a 30 días naturais

• media: de 31 a 61 días naturais

• longa: mais de 61 días naturais

PARTE DE CONFIRMACIÓN.

Dependendo da duración:

·         Baixas de moi curta duración. O/A traballador/a non terá que ir recoller a alta. O persoal facultativo emite a baixa e a alta no mesmo parte médico. O/A traballador/a poderá solicitar recoñecemento médico para o día da alta, se considera que non está inda recuperado/a.

·         Baixas de máis de 5 días. No parte de baixa sempre figurará a data da próxima revisión.

         •        Curta - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 14 días

         •        Media - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 28 días

         •        Larga - 1º parte máximo 14 días, 2º e sucesivos 35 días

Modificación ou actualización do diagnóstico. Emitirase un parte de confirmación co diagnostico actualizado, a duración estimada e a data de revisión.

Cambio de Servizo Público de Saúde que presta servizos. Emitirase un parte de confirmación no que se recolla o novo servizo e a data da próxima revisión.

PARTE DE ALTA.

Pode ser por curación, melloría, recuperación da capacidade laboral, proposta de incapacidade permanente, inicio da situación de maternidade, ou comparecencia a revisión médica.

TRAMITACIÓN DOS PARTES ALTA/BAIXA E CONFIRMACIÓN.

Presentación na empresa pola persoa traballadora:

·         Parte de baixa e confirmación, en 3 días a partir da data de emisión.

·         Parte de alta, dentro das 24 horas seguintes á emisión.

·         IT de moi curta curación, parte de baixa/alta dentro das 24 horas da data de alta. Se a/o facultativa/o emite o 1º parte de confirmación (se se solicita revisión e a/o facultativa/o estima que non pode haber alta), dentro das 24 horas da emisión.

Desde a CIG-Saúde denunciamos que na tramitación do marco legal da regulación da xestión das Baixas Laborais non se escoitou as e os profesionais e non se teñen en conta os dereitos das e dos pacientes.

Diante da entrada en vigor da reforma están aínda moitos aspectos sen aclarar, como quen e en que momento ten a competencia para emitir a baixa, e en que condicións se fai o seguimento. Tampouco están dispoñibles as táboas de tempos medios de duración das baixas en función dos diagnósticos e das condicións dos postos de traballo, táboas que, ademais, non poden condicionar a capacidade do profesional para establecer a duración da baixa.

Coa posta en marcha desta reforma increméntase a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria coa elaboración de informes repetidos que non garanten un mellor seguimento clínico das e dos pacientes e que só ten xustificación na presunción, non xustificada, de fraude xeneralizado por parte das traballadoras e traballadores.
 
Que xestión clínica queres? a que privatiza e recorta, ou a que che dá voz? Imprimir Correo-e
Domingo, 03 Maio 2015 09:49

QUE XESTIÓN CLINICA QUERES? A QUE PRIVATIZA E RECORTA, OU A QUE CHE DÁ VOZ?

caras_de_sorpresa-2Na literatura científica enténdese a Xestión Clínica coma a ferramenta que permite xestionar a sanidade coma unha empresa do coñecemento, coa participación activa das e dos profesionais, para acadar os mellores resultados baseándose na evidencia científica.

Na Consellaría de Sanidade do PP enténdese a Xestión clínica coma a oportunidade perfecta para diminuír prestacións sanitarias, transferindo ao persoal a responsabilidade da política de recortes, a cambio de melloras nas súas retribucións.

Esas retribucións deberían ser acordes coa responsabilidade que se asume, coa entrega e dedicación, coa posta a disposición do sistema dos coñecementos técnicos científicos, que en verdade é o que engade valor á Sanidade Pública.

Desde a CIG-SAÚDE apoiamos a Xestión Clínica coma esa ferramenta, indispensable no Sistema Sanitario Público, onde as/os traballadoras/es teñan unha participación real na toma de decisións, e non unha decisión baseada na chantaxe e nos intereses do goberno que xa sabemos que son:

Dar participación ao capital privado para xestionar a sanidade pública, creando empresas mixtas, nas que as xefaturas serán nomeadas a dedo.

Modificar a lexislación laboral para que o persoal perda a condición de estatutario. Creando vínculos de persoal laboral que poden ser despedidos, segundo a reforma laboral do PP. regulada no Real Decreto 1483/2012, do 29 de outubro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada:

            CAPÍTULO I Normativa aplicable

Artigo 34. Normativa aplicable aos procedementos de despedimento colectivo por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción no sector público.

A CIG-SAÚDE seguirá apostando nunha xestión clínica participativa, sen privatizacións nin recortes. Tal e como veu defendendo todo este tempo.

vota_tira_Vigo

 
Día da Atención Primaria e medidas electoralistas de Feijoo Imprimir Correo-e
Venres, 17 Abril 2015 17:16

No día da Atención Primaria Feijoo decide a posta en marcha do seguimento en atención primaria das altas hospitalarias. Unha medida electoralista de Feijoo que se inicia sen contar cos profesionais da atención primaria e que en moitos casos será moi difícil de aplicar polos recortes que está aplicando o PP.

A Agrupación Médica de CIG-Saúde paticipou na concentración celebrada diante do Centro Concepción Arenal en Santiago o luns 13 de abril, nunha xornada de reivindicación en toda España da figurado médico de familia e da atención primaria.
Xuntanza-primaria-medicos Ademais doutras compañeiras e compañeiros están presentes: Begoña Peiteado, Manuel González Moreira, Marisé López e Moncho Veras en representación da Agrupación Médica de CIG-Saúde

Apoiamos o decálogo reivindicativo proposto polo foro da atención priamria e queremos denunciar desde a Agrupación Médica de CIG-Saúde a falta de consenso na post en marcha por parte do PP do seguimento en atención primaria das altas hospitalarias e anunciar que, dados os recortes aplicados por Feijoo, será practicamente inviable a súa realización en moitos centros de saúde.

O seguimento en atención primaria das altas hospitalarias é unha medida lóxica que xa debera executarse hai moito tempo. É unha das medidas contempladas no Plan de Mellora da Atención Primaria, que foi eliminado ao chegar Feijoo ao goberno, pero precisa recursos e coordinación para poder facerse, ámbolos dous inexistentes neste momento.

O PP considera que con que no hospital se emita un informe á alta do paciente con ‘instrucións’ de seguimento xa está solucionado todo, a enfermeira chamará por teléfono ao domicilio do paciente e resolverá, xunto co médico, todos os problemas do paciente pero a realidade de moitos centros de atención primaria impedirá a súa implementación normal e con garantía de calidade.

A falta de persoal, de substitucións do persoal, a precariedade laboral co abuso das medias xornadas e o aumento de funcións realizado nos últimos anos fai difícil a posta en marcha dun programa deste tipo, que se inicia coa posta en marcha dun informe hospitalario e despois xa atención primaria resolverá como poida.

Un día coma hoxe, de reivindicación da atención primaria, a Agrupación Médica de CIG-Saúde denuncia o electoralismo de Feijoo, por enriba do funcionamento dos centros sanitarios, e considera imprescindible reclamar consenso profesional nas medidas de xestión, dotar os centros de suficientes medios humanos e materiais e de capacidade de decisión para poder realizar unha boa asistencia sanitaria.

 
Xornadas profesionais de defensa do Laboratorio do Novo Hospital de Vigo Imprimir Correo-e
Luns, 30 Marzo 2015 09:23

O persoal de laboratorio e servizos centrais de diagnostico do complexo hospitalario universitario de Vigo organizan unha xornada informativa con importantes poñentes en defensa do Laboratorio do Novo Hospital de Vigo, no Auditorio do Concello de Vigo, o día 8 de Abril de 2015, ás 16:30 hs. con entrada libre. ico_pdf

microscopy“O actual proxecto en fase de execución do Novo Hospital de Vigo (NHV) non contará nas súas instalacións con laboratorios de Análises Clínicas, Inmunoloxía, Hematoloxía e Microbioloxía en todo o seu contido e extensión. Unicamente contémplase a presenza dun laboratorio de urxencias. Non comprendemos que criterios se seguiron para tomar esta decisión, que consideramos supón unha merma na calidade, eficacia e eficiencia, con duplicidades de procesos e demoras na transmisión da información e na intercomunicación dos laboratorios co resto de servizos clínicos.

Ineludiblemente suporá un atraso no procesamento de mostras non analizadas no laboratorio de Urxencias, especialmente grave no caso de pacientes críticos, xa que no NHV se situarán as urxencias médicas e cirúrxicas da área, as unidades de coidados intensivos de adultos, pediatría e neonatoloxía, toda a cirurxía complexa, a hematoloxía clínica e os transplantes hematolóxicos, a oncoloxía, xinecoloxía, consultas especializadas, etc. Este atraso pode ter consecuencias sobre a rentabilidade final da mostra e as decisións clínicas no paciente.

Motivo de fonda preocupación para a sociedade é a tentación existente nalgúns Servizos de Saúde de situar os Servizos Centrais de diagnóstico fora do ámbito hospitalario. Numerosos estudos demostran que esta non é a solución en termos económicos, se non que moi ao contrario os gastos aumentan e inflúe negativamente no proceso asistencial ao paciente e na motivación e progreso dos profesionais”.

 
O SERGAS pretende unificar Pediatría de Atención Primaria e FEA de Pediatría. Imprimir Correo-e
Venres, 27 Marzo 2015 10:28

QUE AGOCHA O SERGAS detrás da creación dunha categoría única de área que unifique as dúas actuais de Pediatría de primaria e de hospitalaria?

baby-499976_640Na próxima OPE non sairán prazas de FEA de pediatría. A razón que alegou o SERGAS é a súa intención de unificar as categorías profesionais de Pediatría de Atención Primaria e de FEAs de Pediatría.

Na actualidade existen dúas categorías profesionais de pediatra, co seu correspondente código identificativo na Orde de Confección de Nóminas. Nas OPEs e nos concursos de traslados ata agora convocábanse diferenciadas as prazas de pediatra, e o persoal solicitaba hospital ou centro de saúde, e dentro do centro de saúde quenda de mañá, tarde ou deslizante.

Qué pretenden creando a categoría de pediatra da EOXI? Crear unha única categoría con nomeamento de pediatra de área que a criterio da xerencia preste servizo indistintamente en atención primaria e hospitalaria?

Van permitir que pediatras que aprobaron a súa praza nunha OPE de primaria ou hospitalaria podan optar a un concurso de traslados que inclúa hospitais e centros de atención primaria?

Ou simplemente queren ter o control sobre os/as pediatras que se van incorporar ao sistema nos próximos anos?

Cómo?

  • Obrigando a pediatras de atención primaria a realizar gardas hospitalarias, como xa veñen facendo con algúns contratos eventuais?
  • Movendo as/os pediatras dun hospital da área a outro, de Atención Primaria ao hospital ou de hospital a Atención Primaria segundo as decisión de xefes de servizo e xerentes?
 
Publicados os destinos definitivos do concurso de traslados de persoal sanitario Imprimir Correo-e
Venres, 27 Marzo 2015 10:07

TRASLADOS_SERGASPublícanse hoxe no DOG as resolucións que dan publicidade aos destinos definitivos logo do concurso de traslados de persoal sanitario:

  •  RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF


Tal como se recolle nas propias resolucións a data de cesamento será o día 7 de abril. A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde; no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.

Máis información sobre incorporacións e cesamentos nas  instrucións facilitadas polo SERGAS.

 
Convocatoria OPE Centro de Transfusión de Galiza Imprimir Correo-e
Venres, 27 Marzo 2015 10:03

Publícase no DOG a Resolución que convoca proceso selectivo para o Centro de Transfusión de Galiza. As categorías e número de prazas a convocar son as que seguen:
 
Médica/o especialista en Hematoloxía e Hemoterapia  3 prazas

Médica/o xeral  16 prazas

Técnica/o superior 4 prazas

Responsable de comunicación 1 praza

Enfermeiro/a  23 prazas

Técnica/o especialista laboratorio 11 prazas

Promotor/a da doazón 2 prazas

Auxiliar administrativa/o 1 praza

Auxiliar clínica/laboratorio 2 prazas

Auxiliar de informática 1 praza

Condutor/a-Celador/a 9 prazas

As bases completas aquí:

  • RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2015 pola que se convoca un proceso selectivo para a cobertura de postos de traballo nesta fundación, mediante contratación laboral fixa, e se nomean os membros dos tribunais. Fundación CTG. Convocatoria OPE  Descargar PDF

 
prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte da publicación en DOG, é dicir, desde o 25 de marzo ata o 25 de abril.

 
O SERGAS publicará un decreto de OPE 2015, coa idea de unificar prazas das dúas OPEs anteriores Imprimir Correo-e
Luns, 23 Marzo 2015 00:00

O SERGAS anunciou coma se fora algo do outro mundo a publicación da OPE 2015, da cal unha parte das prazas van ser sumadas ás das OPE previamente publicadas.

A directora de RRHH informou que a premura en publicar, agora, o decreto de oferta de OPE 2015 ven motivado porque deste xeito permítelles xuntar as prazas das dúas ofertas, e realizar unha oferta de prazas máis numerosa.

Primeiro van publicar o decreto de oferta da OPE 2015 (mes de abril). Con posterioridade publicarán unha resolución de convocatoria que modifica a resolución anterior da OPE 2013.

Esta nova resolución habilitará un novo prazo de presentación de solicitudes para as persoas que non se inscribiran na anterior convocatoria. O persoal xa inscrito nas OPE 2013, só terán que incorporar os novos méritos que teña.

CATEGORÍAS

OPE 2013

OPE 2014

OPE 2015

TOTAL

Médica/o de Familia

40 prazas

 

42 prazas

82 prazas

Enfermeira /o

125 prazas

 

80 prazas

205 prazas

Matrón/a

 

7 prazas

6 prazas

13 prazas

Fisioterapeuta

 

5 prazas

6 prazas

11 prazas

TCAE

 

64 prazas

60 prazas

120 prazas

E quedarían para unha convocatoria posterior as irrisorias 150 prazas de FEAs, TEF e as poucas categorías de Xestión e Servizos que tiveron a ben incluír nesta oferta 2015.

Como se pode comprobar, esta convocatoria de OPE 2015 afonda na destrución de emprego nas categorías de xestión e servizos, para facilitar a privatización. Non se convoca nin unha soa praza de celadoras/es, pinches, auxiliares administrativos ou PSX.

Como CIG-SAÚDE rexeitamos este decreto de OPE coa seguinte argumentación:

     Exiximos unha convocatoria de OPE co 100%, manter as taxas de reposición só favorece a destrución de emprego público e as privatizacións.

     No periodo 2013-2015 vanse convocar 406 prazas de diplomados/as sanitarios/as e de persoal sanitario de formación profesional. As vacantes producidas deste persoal e neste período foron 1520. Faltan 1.114 prazas por convocar.

     No periodo 2012-2015 vanse convocar 342 prazas de FEAS, o nº de prazas vacantes neste período é de 906 prazas. Faltan por convocar 582 prazas.

     No persoal de Xestión é Servizos vanse convocar no ano 2015 40 prazas, o nº de vacantes producidas desde o ano 2012 é de 1059 prazas. Faltan por convocar 1019 prazas.

     Estes datos son os recollidos nos planos de ordenación de RRHH 2012 e 2013 publicado polo SERGAS. Polo que faltan por convocar 2755 prazas.

 
OPE 2014 Medicina de Familia: convocadas 40 prazas Imprimir Correo-e
Martes, 23 Decembro 2014 10:43

Convocatoria de 40 prazas na OPE de Medicina de Familia.

convocatoria-oposicionsRESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria. Descargar PDF


O prazo de presentación de solicitudes de inscrición remata o 30 de xaneiro.

Esta OPE da miseria foi rexeitada pola CIG-Saúde tanto na presentación da Oferta de Emprego, en novembro do ano pasado, como na da convocatoria propiamente dita.

Desde CIG-Saúde rexeitamos de cheo esta trapallada, exiximos unha vez máis a eliminación de toda taxa de reposición e a convocatoria de OPE e Traslados para todas as categorías e co 100% das prazas vacantes.

 
Puntuacións definitivas OPE FEAs e MUH Imprimir Correo-e
Xoves, 31 Xullo 2014 10:15
    • Puntuacións definitivas OPE FEAs: RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área, convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013. Descargar PDF

    • Puntuacións definitivas OPE MUH: RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013. Descargar PDF
 
Presentado o borrador da convocatoria de OPE de Medicina de Familia Imprimir Correo-e
Xoves, 31 Xullo 2014 09:31

Na reunión da COMISIÓN TÉCNICA DE OPE do 30 de xullo de 2014 presentóusenos o borrador da convocatoria de OPE da categoría de Medicina de Familia.


Categoría

Acceso libre

Promoción interna

Reserva discapacidade

Total

MÉDICA/O DE FAMILIA DE ATENCIÓN PRIMARIA

18

20

2

40


As convocatorias van integrar as bases, os temarios e o baremo. Ábrese un prazo para alegacións ata o 10 de setembro coa intención de publicar as convocatorias en outubro unha vez se aproben en Mesa Sectorial.


Médico/a de Familia. Novidades expostas da convocatoria:

  • Ao igual que nas convocatorias de FEAs e MUH, o proceso de inscrición e presentación de méritos, farase a través do FIDES.

  • Un 5% das prazas ofertaranse pola quenda de discapacidade, un total de 2 prazas.

  • 50% das prazas ofertaranse pola quenda de promoción interna. As prazas que non se cubran por esta quenda, pasarán á quenda libre.

  • Claréxannos que unha vez rematado o prazo de inscrición, non se admitirá a inclusión de novos méritos, soamente a subsanación de erros.

  • Baremos: como norma xeral, propoñen un baremo na liña do empregado para a OPE de FEAs e MUH.

Dende CIG-SAÚDE esiximos a convocatoria do 100% das prazas vacantes. Tamén reiteramos a necesidade de convocar un grupo de traballo para valorar de xeito xeral todos os baremos e ver qué cousas son modificábeis, para non andar con modificacións puntuais e unilaterais con cada convocatoria que non entran no fondo dos problemas de baremo.

Infórmannos tamén de que previsiblemente en setembro-outubro publicarán as listas provisionais de baremación do concurso de traslados de persoal sanitario.

 
Puntuacións definitivas OPE de FEAS e Urxencias Hospitalarias Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Xullo 2014 09:16

O SERGAS informa que está previsto que o 31 de xullo se publiquen no Diario Oficial de Galicia as puntuacións definitivas e o acordo de finalización da fase de oposición do proceso selectivo correspondente ás categorías de facultativo/a especialista de área e médico/a de urxencias hospitalarias.

 
Publicadas puntuacions provisionais da OPE de FEA e MUH Imprimir Correo-e
Venres, 13 Xuño 2014 16:54

oposicionsPublicadas no DOG do 13 de xuño as resolucións que dan publicidade ás puntuacións provisionais dos procesos selectivos das categorías de facultativo/a especialista de área e de médico/a de urxencias hospitalarias, e ao modelo definitivo de respostas aos diversos exercicios.

OPE FEAs
. Resolución do 6 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área, convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013. Descargar

OPE MUH. Resolucion do 6 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013. Descargar

Contra estas resolucións, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

 
Publicadas listas definitivas de médicos/as de familia Imprimir Correo-e
Luns, 09 Xuño 2014 10:09

Publicada no DOG do 9 de xuño a resolución que da publicidade á lista de contratación da categoría de médicos/as de familia coa orde de prelación, as puntuacións definitivas e a relación de aspirantes en posesión do diploma de puericultura.

Listas de contratación médico/a de familia. RESOLUCIÓN DO 2 DE XUÑO DE 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de médico/a de familia e se fai pública a relación de aspirantes en posesión do diploma en puericultura.

As listas entran en vigor o día 10 de xuño e tamén ese día iniciase o prazo de un mes para interpoñer recurso de reposición fronte á resolución, e o de dous meses para interpoñer recurso contencioso-administrativo.

 
OPE de FEAS e MUH en curso Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Xuño 2014 12:38

O s tribunais xa remataron a revisión das impugnacións das preguntas, e van a proceder a lectura automatizada dos exames, con un lector, e de xeito anónimo.
Prevén que na 1ª quincena de xuño poidan publicar os listados coa nota de oposición. Unha vez publicadas estas listaxes abrirase un prazo de reclamación por erro aritmético.


No mes de Xullo prevén publicar o listado definitivo de OPE, remata o proceso de oposición.

Valoración de méritos: o SERGAS vaille pasar aos tribunais uns listados coa ficha individual de baremación de cada opositor recollida no expediente-e. Estes listados conterán a puntuación da formación académica, formación continuada, experiencia profesional.... A baremación do apartado de Innovación e investigación farana os tribunais, isto refírese a todo o relacionado con publicacións e investigación, que non está validado no expediente.

A toma de posesión deste persoal serán en xaneiro do 2015, aproximadamente.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info