O D.O.G. de Galicia de hoxe 04/03/2014 publica:
 
 
O persoal de enfermaría que tivese optado no prazo inicial de presentación de  solicitudes a algún destino na Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061 deberá  formalizar unha nova solicitude de participación no proceso co obxecto de  adecuar a súa opción aos termos da presente corrección.
 
Os intereados teñen un prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario  Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.
 
A corrección de erros separa as prazas da Central de Coordinación das da Base de Santiago, e inclúe no listado de resultas o resto de bases do 061.