Recuperar as institucións de representación dos traballadores e a capacidade negociadora das mesmas. Na Cig-Saúde cremos que o lugar axeitado, para debater os nosos problemas son as asembleas de traballadores e as reunións da Xunta de Persoal, e para negociar coa Dirección as Xuntanzas entre esta e a Xunta de Persoal. Non podemos volver ter outros 4 anos de parón.

Seguiremos a loitar pola creación das prazas de DUE de Coordinación e as correspondentes a Base de Foz, Médico e DUE asistencial. Seguiremos a demandar unha ferramenta de cuantificación de necesidades e dotación de plantillas que permitir facer aflorar prazas somerxidas.

Debese completar as reformas dos centros de traballo pendentes: coa apertura da nova base de Ferrol e o acondicionamento da actual base de Santiago.

Convocatoria das Xefaturas tanto sanitaria como non sanitarias, ocupadas de forma provisoria desde a estaturización, conforme a regulación do SERGAS.

Sigue a actualidade das eleccións sindicais no 061 en http://www.cig-saude.org/061/

Aproveita o teu voto, vota: CIG-SAÚDE

19 de Xaneiro, Eleccións Sindicais no 061