O pasado 26 de Agosto celebrouse unha reunión entre a Dirección da Fundación e o Comité de Empresa. O noso resumo é o seguinte:
Presentación do novo Director.
O director non tiña pensado manter unha reunión co comité de empresa ata despois do padroado onde fora nomeado formalmente, pero como ese padroado non se vai celebrar ata a segunda quincena de setembro, finalmente convocou esta reunión.
Xa ten pensados unha serie de cambios para o 061: redefinir obxectivos, novo organigrama, redistribuir funcións, etc. Pero non vai desvelar máis datos ata despois de ter a autorización do padroado. Tan pronto se celebre o padroado promete convocar outra reunión para informar.
Presentación do dispositivo establecido para a continxencia da gripe A.
O director presentou o dispositivo para a gripe A, que o día anterior presentará a Conselleira de Sanidade.
En canto a protección dos traballadores, informou que o Sergas vai comprar equipos de protección suficientes para tódolos seus traballadores. Na ce ntral de coordinación instalaranse dispensadores de solución hidroalcohólica.
Preguntamos polo plan de continuidade e as medidas concretas, e solicitamos que se elaborara dentro do marco do comité de seguridade e saúde.
Contestaron que nono fixeran porque o Sergas está facendo un para tódolos centros e será o que adoptemos.
Rogos e preguntas.
Os temas pendentes: plan funcional, localizadas, etc, están tamén parados pola dirección ata despois do padroado.