Na mesa sectorial do pasado 17 de marzo tratáronse algún puntos de importancia para o 061:

Decreto da Oferta Pública de Emprego do 2015: Inclúense 6 prazas de médico coordinador e 2 prazas de médico asistencial.  Aínda que a administración non era partidaria de convocar concurso de traslado, posteriormente a reunión, a CIG-Saúde recordoulle que nestas dúas categorías s nunca se fixera un concurso de traslados polo que agora a administración está a valorar a convocatoria do concurso de traslado para o ano que ven. Este concurso executaríase a par que a OPE 2015.

Itinerarios profesionais:  O sergas presenta un borrador sobre itinerarios profesionais. Este itinerario profesional vai permitir que nos concursos de traslados se reserve un 25% das prazas para que se poidan mover, entre eles, o persoal facultativo fixo con título de medico/a de familia, que presta servizo en atención primaria, urxencias hospitalarias, médica/o coordinador/a e médica/o asistencial do 061. Hai prazo ata o 31 de marzo para presentar alegacións.

Concurso de traslados:  Neste tema plantexamos a perversión que se produce nos criterios de cesamento. O decreto 206/2005 recolle que o cesamento se producirá por orde de prelación nas listas de menor a maior puntuación. Coa taxa de reposición os contratos que se ofertan son servizos determinados en igualdade que as vacantes, polo que de aplicar literalmente os criterios de cesamento, cesarían ás persoas de maior puntuación nas listas de contratacións. A Admón e a maioría das OOSS aceptaron que para os cesamentos os servizos determinados teñan unha consideración asimilada ao desempeño de praza vacante. Os cesamentos do 061 serán por localidade, central de coordinación ou base asistencial. Neste supostos hai que aplicar os criterios xerais do decreto 206, localidade e centro.

Tamén solicitamos que que na próxima reunión de mesa sectorial se abordase a definición do ámbito de negociación 061.