Deixamos a previsión das prazas que van convocar no vindeiro concurso de traslados do PERSOAL DE XESTIÓN E SERVIZOS, comunicadas na mesa sectorial de onte. Hai 10 días para alegacións. Só se van ofertar as prazas que están cubertas, deixando sen cubrir as demáis, total para que...

No 061, saen a concurso de traslados, no borrador, 2 prazas do grupo administrativo da función administrativa.

En ourense non convocan as prazas de mantemento:electricitas, calefactores, fontaneiros; estás prazas están dentro do plan de privatización do servizo. Se privatizan para que as van convocar. En Vigo, anuncian, que é o último concurso de traslados que convocan, xa que cociña, lavandería, mantemento...van ser servizos xestionados directamante pola empresa privada. Tamén vai ser o último concurso de celadoras/es e auxiliar administrativo, xa que as prazas vacantes destas categorías ofertaránnas a promición interna ao persoal estatutario dos servizos que privatizan.

Como CIG-SAÚDE esiximos a convocatoria do 100% das prazas, que paralicen as privatizacións e que deixen de facer negocio coa sanidade pública.

 

DESCARGA AQUÍ A PREVISIÓN DE PRAZAS DO CONCURSO DE TRASLADOS DO PERSOAL DE XESTIÓN E SERVIZOS. Clica aquí