Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

 

 

http://www.crtvg.es/informativos/traballadores-do-061-protestan-polo-traslado-de-coordinacion-do-sergas-a-estrada-1138330

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/05/07/trabajadores-061-temen-fusion-112-movilizan-contra-traslado/0003_201505G7P11992.htm

http://www.20minutos.es/noticia/2453322/0/personal-061-da-toque-atencion-contra-su-traslado-llevara-sus-demandas-candidatos-santiago/

http://www.lavanguardia.com/local/20150507/54430489845/personal-del-061-da-un-toque-de-atencion-contra-su-traslado-y-llevara-sus-demandas-a-los.html

http://www.europapress.es/galicia/noticia-personal-061-llevara-demandas-candidatos-24m-santiago-20150507144815.html

http://www.economiadigital.es/gles/news_ep/personal-del-061-da-un-toque-de-atencion-contra-su-traslado-y-llevara-sus-demandas-a-los-candidato-10221

http://www.noticieirogalego.com/2015/05/o-persoal-do-061-denuncia-falta-de-informacion-oficial-sobre-o-posible-traslado-da-central-a-estrada/

A Xunta de Persoal celebrou hoxe unha rolda de prensa na Central de Coodinación en San Marcos para denunciar a falla de información sobre o traslado a A Estrada e anunciar unha campaña de mobilizacións en contra.

roldaprensa20150506_1

Deixamos o texto da nota de prensa de esta maña aqui

Aparicións en prensa:

La Voz de Galicia

20 minutos

Economia Digital 

El Correo Gallego

Europapress

El Pais

Faro de Vigo

 

 

CONCENTRACIÓN

ENFRENTE EDIFICIO SERGAS

7 DE MAIO DE 2015 ÁS 12:00H

 NON AO TRASLADO A A ESTRADA

Convocase a tódolos traballadores do 061.

Agradecese a colaboración do personal GSS.

Animase a tódolos traballadores a acudir, o obxectivo é ser un número importante de persoas, para xerar maior presión na protestas.

Asemade, animase a tódolos asistentes a preparar cánticos, levar instrumentos musicais, comida….. cualquera idea ou iniciativa que contribúa a hacer mais amena e levadeira a protesta será bien recibida.

Grazas de anteman a todos

Xunta de Persoal

Na mesa sectorial do pasado 17 de marzo tratáronse algún puntos de importancia para o 061:

Decreto da Oferta Pública de Emprego do 2015: Inclúense 6 prazas de médico coordinador e 2 prazas de médico asistencial.  Aínda que a administración non era partidaria de convocar concurso de traslado, posteriormente a reunión, a CIG-Saúde recordoulle que nestas dúas categorías s nunca se fixera un concurso de traslados polo que agora a administración está a valorar a convocatoria do concurso de traslado para o ano que ven. Este concurso executaríase a par que a OPE 2015.

Itinerarios profesionais:  O sergas presenta un borrador sobre itinerarios profesionais. Este itinerario profesional vai permitir que nos concursos de traslados se reserve un 25% das prazas para que se poidan mover, entre eles, o persoal facultativo fixo con título de medico/a de familia, que presta servizo en atención primaria, urxencias hospitalarias, médica/o coordinador/a e médica/o asistencial do 061. Hai prazo ata o 31 de marzo para presentar alegacións.

Concurso de traslados:  Neste tema plantexamos a perversión que se produce nos criterios de cesamento. O decreto 206/2005 recolle que o cesamento se producirá por orde de prelación nas listas de menor a maior puntuación. Coa taxa de reposición os contratos que se ofertan son servizos determinados en igualdade que as vacantes, polo que de aplicar literalmente os criterios de cesamento, cesarían ás persoas de maior puntuación nas listas de contratacións. A Admón e a maioría das OOSS aceptaron que para os cesamentos os servizos determinados teñan unha consideración asimilada ao desempeño de praza vacante. Os cesamentos do 061 serán por localidade, central de coordinación ou base asistencial. Neste supostos hai que aplicar os criterios xerais do decreto 206, localidade e centro.

Tamén solicitamos que que na próxima reunión de mesa sectorial se abordase a definición do ámbito de negociación 061.

A CIG-Saúde ven de solicitar a Directora de RR.HH. do Servizo Galego de Saúde que se inclúa, entre outros, na orde do día da próxima Mesa Sectorial  a delimitación do ámbito de negociación do 061. Non pode ser que a negociación de temas fundamentais para os traballadores do 061 sexan a pelota qunente do partido de tenis que xogan o 061 e o SERGAS.

 

O pasado 16 de febreiro de 2015 celebrouse unha reunión entre os delegado de persoal e o equipo directivo co seguinte orde do día::

  1. Lectura e aprobación do acta anterior
  2. Análise da ubicación das dependencias administrativas e da Central de Coordinación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
  3. Repercusión na nómina dos gastos de manutención
  4. Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos facemos da reunión:

Ler máis...

 

O pasado 27 de maio de 2014 celebrouse unha reunión entre os delegado de persoal e o equipo directivo co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación do acta anterior
  2. Procedemento mobilidade interna provisional
  3. Cómputo xornada 2014
  4. Situación da Base de Foz
  5. Organización da docencia externa
  6. Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos facemos da reunión:

Ler máis...

O pasado 3 de decembro de 2013 celebrouse unha reunión entre os delegado de persoal e o equipo directivo co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación do acta anterior
  2. Procedemento mobilidade interna provisional
  3. Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos facemos da reunión:

Ler máis...

Máis artigos...