Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Hoxe, 13 de xaneiro de 2016, publicouse a Resolución da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de 13 de xaneiro de 2016, pola que se convoca o procedemento de mobilidade interna provisional do persoal estatutario fixo da categoría de Médico Asistencial do 061.

A Resolución pode ser  consultada na intranet corporativa.

O prazo de presentación de solicitudes exténdese desde o 14 ao 28 de xaneiro de 2016, ambos inclusive.



O D.O.G. publica hoxe, 27  de marzo de 2015, publica: 

  • Concurso de Traslados, destinos definitivos persoal licenciado sanitario. RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF

http://www.sergas.es/Docs/ConcursoTraslados2014/FIDES_PT_150316_ListaDefinitivaDestinos_MedicoFamilia.pdf

  • Concurso de Traslados, destinos definitivos persoal sanitario diplomado e de formación profesional. RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional, convocado por Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF 

http://www.sergas.es/Docs/ConcursoTraslados2014/FIDES_PT_150316_ListaDefinitivaDestinos_Enfermeria.pdf

A Orde do 8 de novembro de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, establecía no seu artigo 4 que  “coa resolución da integración a xerencia expedirá o nomeamento estatutario en que se detallará a categoría e o destino dos profesionais, co carácter definitivo ou provisional, segundo corresponda.

En xuño de 2008 expídense as resolucións da integración ao persoal do 061, mais a día de hoxe nadie do persoal integrado ten o nomeamento como persoal estatutario, polo que a CIG-Saúde iniciou fai meses o proceso para solicitar formalmente este documento e ante  as negativas e o silencio da administración acudimos ao xulgado a reclamar o que é noso.

Inminente publicación no BOE da Lei de Racionalización do Sector Público, que recolle a recuperación do 5º Día de Libre Disposición dos que nos foron roubados

 

O pasado 11 de setembro aprobouse no Congreso dos Deputados a Lei de Racionalización do Sector Público, onde se recolle a recuperación doutro día de Libre Disposición dos que no seu momento nos foron roubados cos recortes amparados na situación de crise.

 

Desde CIG-Saúde queremos lembrar que este Día de Libre Disposición non é un agasallo que se nos fai, senón que é a recuperación dun dereito usurpado, e que inda restan moitos outros dereitos pendentes de recuperar, como outros 4 días de Libre Disposición, a paga extra de decembro de 2012, ou o específico das pagas extras posteriores.

 

Non imos calar, non imos parar!

 Recuperación dos dereitos roubados!

O D.O.G de hoe, 5 de xuñod e 2014 publica as seguintes resolucións:

 

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014.

 

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014.

 

A listas poden ser consultadas na páxina web do sergas ou polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

 

Deixamos a previsión das prazas que van convocar no vindeiro concurso de traslados do PERSOAL DE XESTIÓN E SERVIZOS, comunicadas na mesa sectorial de onte. Hai 10 días para alegacións. Só se van ofertar as prazas que están cubertas, deixando sen cubrir as demáis, total para que...

No 061, saen a concurso de traslados, no borrador, 2 prazas do grupo administrativo da función administrativa.

En ourense non convocan as prazas de mantemento:electricitas, calefactores, fontaneiros; estás prazas están dentro do plan de privatización do servizo. Se privatizan para que as van convocar. En Vigo, anuncian, que é o último concurso de traslados que convocan, xa que cociña, lavandería, mantemento...van ser servizos xestionados directamante pola empresa privada. Tamén vai ser o último concurso de celadoras/es e auxiliar administrativo, xa que as prazas vacantes destas categorías ofertaránnas a promición interna ao persoal estatutario dos servizos que privatizan.

Como CIG-SAÚDE esiximos a convocatoria do 100% das prazas, que paralicen as privatizacións e que deixen de facer negocio coa sanidade pública.

 

DESCARGA AQUÍ A PREVISIÓN DE PRAZAS DO CONCURSO DE TRASLADOS DO PERSOAL DE XESTIÓN E SERVIZOS. Clica aquí 

Máis artigos...