Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 
Ante o traslado do 112 ás instalacións da Estrada na noite do 18 ao 19 de abril e coincidindo coa folga de carácter indefinido dos compañeiros polas penosas condicións nas que se está xestionando devandito traslado, desde a CIG-061 e ante as noticias nesgadas que saen da Xunta de Galicia, queremos expresar primeiramente o noso apoio incondicional aos traballadores do 112. En segundo lugar, desde a Central de Coordinación do 061, estanse detectando incidencias na comunicación co 112, con demoras nalgunha ocasión de máis de 10 minutos, e aparecendo en varias ocasións unha locución para manter a chamada en espera. Tendo en conta que estes problemas non eran habituais e que isto se ven producindo desde o día 19 pola noite, está claro que o traslado do 112 si está a producir incidencias importantes na xestión das urxencias, e que ademais repercuten no traballo do 061, xa que o operador do 061 que precisa comunicar co 112 para solicitar a mobilización dalgún dos seus recursos (FOP, protección civil, bombeiros, etc.) para a correcta atención dunha urxencia ou emerxencia, non o pode facer coa celeridade necesaria, demorándose en 10 ou 15 minutos. Co cal non poder atender outras urxencias ou emerxencias, ademais de que o proceso atendido sofre un atraso que pode poñer en perigo a vida do doente . Recordamos que todas estas chamadas quedan rexistradas en tempo e lugar e poden ser facilmente analizadas. Insistimos en que a xestión das urxencias débese de realizar de xeito sería, e unha espera de 10 minutos a causa do traslado repercute moi seriamente no usuario. Instamos a Xunta de Galicia a sentarse a negociar co persoal en folga para rematar co conflito, este é un problema causado pola xunta e debe ser esta quen o solucione. CIG-sa-ude 061

Considera que a Xunta debe garantir a máxima dispoñibilidade de todos os medios posíbeis para atender as urxencias

 logocig

Compostela, 4 de marzo de 2016.- O vindeiro día 18 de marzo comezará de novo o recorte horario dos helicópteros do 061, porque a partir dese dia, as horas de luz pasan de 12, que son ás que teñen cinxida a súa operatividade. A CIG-Saúde denuncia, máis unha vez, que isto está a limitar a súa dispoñibilidade para atender urxencias e demanda que se garantan todos os medios ao alcance para estes casos, no canto de despilfarrar os cartos en edificios como o da nova sede do propio 061 e do 112, na Estrada.

A CIG-Saúde subliña que os custos de garantir a operatividade dos helicópteros do 061 todas as horas de día serían ridículos, o soldo dun piloto e dun copiloto. Mentres que é inxente o gasto que supuxo a construción do edificio da Estrada e o que ocasionará o traslado dos operativos e do propio persoal do 061 e do 112 a esa nova sede.

Lembra que o servizo ten máis de 25 anos e denuncia que foi cando se traspasou ao 061 cando se reduciu o horario operativo, xa que até ese momento estaba dispoñíbel de orto a ocaso, isto é, todas as horas de luz.

A CIG-Saúde salienta ademais que as comunidades autónomas que usan o sistema das 12 horas, que logo implantou en Galiza o 061, teñen cando menos 3 helicópteros, así que os que quedan operativos cobren o que pecha. Neste sentido, aseguran que se aquí se puxera o terceiro do que tantas veces se falou, na zona de Lugo (pensouse en Vilalba), podería ser factíbel ese horario deslizante, “pero con un en Santiago e outro en Ourense que ninguén diga que a costa da Morte está cuberta despois de que pecha Santiago”.

A CIG-Saúde chama tamén a atención sobre o feito de que estes horarios afectan principalmente ao período estival, cando hai máis afluencia ás praias e cando o tráfico desde a costa cara o interior é máis intenso. “Cremos que non contar con ese medio é unha vergonza”, din.

CIG-Saúde denuncia que o recorte de horarios no servizo de helicópteros do 061 limita a súa operatividade para atender urxencias

A Xunta aplica outro recorte na asistencia sanitaria ao limitar a 12 horas a operatividade dos helicópteros do 061

Comeza a operar o novo servizo de helicópteros do 061 recortado en medios e horas pero máis caro

Sanidade saca a concurso o servizo de helicópteros de urxencias cunha prestación de 394 horas menos ao ano cada un

Persoal do 112 e 061 denuncia que o traslado destes servizos de Compostela á Estrada é unha decisión política e non técnica

Traballadores e traballadoras do 112 Emerxencias Galicia e de Urxencias Sanitarias 061 informamos este xoves, na Praza de Abastos, ás veciñas e veciños de Santiago das consecuencias que terá o traslado destes servizos da capital de Galiza á Estrada.  Estivemos acompañados por Rúben Cela (BNG), Xan Duro (Compostela Aberta) e Paco Reyes (PSdG).

 

http://www.galizacig.gal/avantar/novas/11-2-2016/persoal-do-112-e-061-denuncia-que-o-traslado-de-compostela-a-estrada-deste-servizos-

16-02-11_traslado_112-061_001.grande

16-02-11_traslado_112-061_002.grande

 

O persoal dos servizos de urxencias médicas 061 e emerxencias 112 realizaremos este xoves, 11 de febreiro, unha actividade informativa de rúa na praza de Abastos de Compostela, co obxectivo de informar a veciñanza da cidade sobre os problemas derivados do traslado destes dous servizos á vila da Estrada, en concreto sobre como a deslocalización afectará aos/ás traballadores/as de ambos servizos, os custos económicos que o traslado lle supón á cidadanía e o impacto que sofrerá Compostela en canto á perda de postos de traballo no Concello. 

No D.O.G do 14 de abril de 2015 publicase o DECRETO 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario. Descargar PDF 

 

No D.O.G do 20 de abril de 2015 publicase  CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario. Descargar PDF 

Seguindo o mandato das asembleas de traballadores do 061 celebradas o pasado 23 de marzo de 2015, a Xunta de Persoal do 061 na Área Sanitaria de Santiago de Compostela enviou cartas á Dirección do 061, Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e á Conselleira de Sanidade para mostrar o noso malestar polo anuncio do traslado da Central de Coordinación do 061 a A Estrada e reclamar información sobre este proceso.

Escrito_Traslado_A_Estrada_Dir_RRHH_sergas.pdf

Escrito_Traslado_A_Estrada_Direccin_061.pdf

Escrito_Traslado_A_Estrada_Conselleira.pdf

 

Máis artigos...