Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 
  • D.O.G. número de 91 de  venres, 13 de maio de 2016.
  • ORDE do 28 de abril de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160513/AnuncioC3K1-060516-0001_gl.html

O D.O.G. de hoxe, 7 de marzo de 2016, pública o  DECRETO 22/2016, do 25 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo  Galego de Saúde para o ano 2016.

 Entre outras  prazas están as seguintes: 

Categoría Total prazas ofertadas Reserva discapacidade xeral Reserva discapacidade intelectual

Médico/a asistencial 061

6

Médico/a coordinador 061

6

Enfermeiro/a

140

8

Grupo auxiliar da función administrativa

85

5

Técnico/a especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información

4

O D.O.G. de hoxe, 8 de xullo de 2015, publica a  RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2014.

Contra as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación.

De conformidade coa base 11.4 da Resolución do 19 de novembro de 2014, os/as concursantes admitidos/as disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais.

http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=63243

O D.O.G. de hoxe, 2 dex uño de 2015, publica a RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal da categoría de enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da súa publicación.

As listas poden consultarse aquí

O D.O.G. do 4 de maio de 2015, publica:

  • Lei de Emprego Público. LEI 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Descargar PDF

  • Ampliación prazas OPE 2013 Médico/a de Familia. RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 10 de decembro de 2014, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, ampliando o número de prazas convocadas. Descargar PDF

  • Ampliación prazas OPE 2013 Enfermaría. RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 10 de decembro de 2014, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, ampliando o número de prazas convocadas. Descargar PDF 

 

Estas duas resolucións  amplian do número de prazas da OPE 2013 das categorías de médico/a de familia e enfermeiro/a, convocado por Resolución do 10 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 18 de decembro) acumulando as prazas aprobadas no Decreto de oferta de emprego público de 2015.

Coa publicación destas resolucións reabrese o prazo dun mes para a presentación de solicitudes de participación (desde o 5 de maio ata o 4 de xuño, ambos incluidos).

Aquelas persoas aspirantes que tivesen presentado a súa solicitude de participación neste proceso no período inicial comprendido entre o 19 de decembro de 2014 e o 30 de xaneiro de 2015, non terán que presentar nova instancia de participación nin achegar ningunha documentación.

Os méritos a ter en conta na fase de concurso valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, 17 de decembro de 2014.

 

O Sergas infórma que está previsto que o próximo martes, 28 de abril, se publique no Diario Oficial de Galicia a relación provisional de admitidos/as e excluidos/as no concurso de traslados de persoal de xestión e servizos. O prazo de reclamación é de dez días hábiles, iniciándose o 29 de abril e finalizando o 11 de maio.

O DOG de 23 de abril de 2014 publica a Oferta de Emprego Público para o ano 2015: 

Oferta de Emprego Público 2015. DECRETO 59/2015, do 16 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2015. Descargar PDF 

Máis artigos...